Reunión da Valedora do Pobo e a Adxunta da Institución coa Presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia.

O pasado martes tivo lugar na institución un encontro entre Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, Maria Xosé Porteiro, Adxunta á Valedora e María Méndez, Presidenta da Asoaciación de Xornalistas de Galicia. A reunión desenvolveuse  con ocasión da proximidade  do 25 N, Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller,  e os  20 anos da Lei Orgánica  Integral contra a Violencia de Xénero.  Tamén se falou da importancia de boas prácticas no tratamento e comunicación da información así como a maior exposición das mulleres periodistas a comentarios sexistas en redes.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest