A Valedora do Pobo intervén na xornada “43 Años de avances de las Mujeres Rurales: Compromiso, liderazgo y empoderamento” organizada pola Asociación de Familias y Mujeres del Medio Rural (AFAMMER).

O pasado sábado celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, e organizada pola Asociación de Familias y Mujeres del Medio Rural (AFAMMER), a xornada titulada “43 Años de avances de las Mujeres Rurales: Compromiso, liderazgo y empoderamento”.

Maria Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, participou na primeira mesa moderada por Lola Rico, coordinadora de AFAMMER-Ourense, co relatorio “Mujeres rurais: entre a norma e a realidade”, analizando as barreiras legais e sociais que aínda enfrontan as mulleres rurais e o papel das institucións na súa protección.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest