A Valedora do Pobo participa no acto da presentación por EAPN do Informe sobre o Estado da Pobreza en Galicia 2025.

O pasado venres  17 de outubro e coincidindo co Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, EAPN Galicia presentou no Parlamento de Galicia  o informe sobe o estado da pobreza nesta comunidade en 2025, que revela unha redución significativa da pobreza e exclusión social durante 2024 con respecto aos datos do 2023. Segundo expón EAPN, este fenómeno débese en parte aos avances nas políticas sociais e medidas de protección que se poden levar a cabo grazas á boa sintonía que teñen as distintas formacións políticas que integran o Parlamento, onde non hai cabida para o odio.

O acto contou coas intervencións do presidente do Parlamento Miguel Ángel Santalices, a Valedora do Pobo, Mª Dolores Fernández e de EAPN Galicia representada pola súa presidenta, Ana Pardo, o director, Xosé Cuns e a responsable de investigación, Nerea Rivero.

O informe adianta que a taxa de pobreza infantil alcanza o seu mínimo na serie histórica, sinala como factores da redución da pobreza en Galicia o aumento da renda media e a inclusión sociolaboral da poboación migrante, e destaca o factor clave das administracións públicas. Lembra, por outra banda, que a vivenda segue a ser un factor de empobrecemento

A Valedora do Pobo remarcou que a loita contra a pobreza é responsabilidade de todas e todos e que é preciso combater os discursos de odio que encerran prexuízos das persoas en pobreza.

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest