A valedora do pobo asiste ao Acto de Entrega dos Recoñecementos Meninas 2025.

O pasado venres o Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela acolleu a entrega dos Premios Meninas que outorga a Delegación do Gobierno en Galicia e que se recoñecen a persoas e entidades polo seu compromiso na erradicación da violencia de xénero, o apoio ás vítimas e a loita pola igualdade.

Este ano os galardóns recaeron na ONG de loita contra a trata ACCEM Galicia, na Deputación da Coruña, na Asociación Penal Concepción Arenal, no IES Chivite de Verín e na decana de Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo Enma Torres-Romay.

Dolores Fernández Galiño, valedora do pobo, entregou ao equipo EMUME da Comandancia da Garda Civil da Coruña unha mención honorífica.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest