A valedora do pobo amadriña a III Xornada Interxeracional Centro de Día A Rúa-Colexio Pablo VI.

Dolores Fernández Galiño, valedora do pobo, tivo a satisfacción de amadriñar as III Xornadas Interxeracionais que, coordinadas pola profesora Gloria Chimeno do colexio Pablo VI e Carmen Estévez, directora do Centro de Día, realizáronse na Rúa de Valdeorras o pasado venres. «Pegadas grandes, pasitos pequenos: cada xesto conta», foi o lema elexido este ano.

Este proxecto, que une a persoas maiores e alumnado, busca fortalecer a convivencia, o respecto e a aprendizaxe mutua, deixando pequenas accións que constrúen grandes experiencias compartidas.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest