Informe Anual 2024. A valedora do pobo comparece no Parlamento de Galicia.

Hoxe Dolores Fernández Galiño, valedora do pobo, interveu no Pleno do Parlamento para dar conta do Informe anual 2024 da institución, que foi presentado o 7 de novembro ao presidente do mesmo e xa debatido na Comisión de Peticións o día 21. O documento contén as estatísticas máis destacadas da anualidade así como unha análise dos asuntos que máis preocuparon aos cidadáns que presentaron queixa.

Despois da exposición da valedora interviñeron Armando Ojeda Bouzo, en representación do Grupo Mixto; Paloma Castro Rey, polo PSOE; Óscar Insua Lema, polo BNG; e, finalmente, Paula Prado del Río, polo PP.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest