Xantar coa Asociación Empresarias Galicia.

 

A Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño e a Adxunta, Maria Xosé Porteiro, acudiron onte a un xantar en Vigo organizado pola asociación Empresarias Galicia,  que loita pola igualdade de oportunidades da muller no sector empresarial. Ao xantar tamén acudiu María Méndez, Presidenta da asociación Xornalistas de Galicia.

Susana Pérez Iglesias, Presidenta, e demais integrantes da asociación, compartiron as súas inquedanzas coa Valedora e coñeceron da súa man o labor da Institución.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest