Visita da Escola Rural de Saúde da Limia

Recibimos na sede da institución a unha ampla representación da Escola Rural de Saúde da Limia. A súa presidenta, Lola Rico, así como Rosa Trujillo e demais asociadas compartiron coa Valedora as súas inquietudes e intereses, principalmente no ámbito do coidado. Unha das última actuacións da asociación foi poñer en valor o labor da “partureira” Genoveva Vázquez Calviño, que exerceu a súa actividade de entrega aos demais asistindo aos partos das mulleres da comarca durante máis de medio século, e que será homenaxeada  coa colocación  dunha placa na súa honra.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest