Reunión da Valedora do Pobo co Delegado do Goberno

Esta mañá a Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño recibiu na sede da institución ao Delegado do Goberno, Pedro Blanco Lobeiras.

No transcurso da reunión abordaron cuestións de interese para a sociedade galega e na que están a traballar ambas institucións, na liña do diálogo fluido que manteñen.

Tanto a valedora como o delegado coincidiron na importancia da colaboración e a cooperación entre administracións para atender de maneira eficaz ás necesidades e demandas dos galegos e galegas.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest