Minuto de silencio na memoria da última vítima galega da violencia machista

Unha representación da institución, encabezada pola Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, participou esta mañá na concentración silenciosa convocada polo Parlamento de Galicia na condea da violencia machista en memoria da vítima asasinada en Vilalba nas últimas horas.

O minuto de silencio celebrouse na entrada principal do Parlamento de Galicia ás 10.00 horas. Nel tomaron parte o presidente da Cámara e a Valedora do Pobo, así como voceiros e representantes dos grupos parlamentarios galegos e persoal que traballa ao servizo de ambas as dúas institucións.

Un aplauso pechado puxo fin ao acto de condea na memoria de María del Carmen Vázquez, muller de 47 anos presuntamente asasinada na súa casa a mans do seu ex marido, que se quitou a vida tras o acontecido.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest