Inauguración na sede da Valedora do Pobo da exposición da Fundación Érguete “Miradas sen receos, a pobreza non se elixe”.

Coincidindo co día adicado aos Dereitos Humanos, a Fundación Érguete-Integración inaugurou hoxe na Sede da Valedora do Pobo a exposición titulada “Miradas sen receos, a pobreza non se elixe”, co obxectivo de situar o foco na falta de recursos e vulnerabilidade que sofren as persoas sen fogar, derrubando prexuízos e ofrecendo unha oportunidade de achegarse á súa realidade.

No acto, presentado pola Valedora do Pobo, interviñeron Rubén Cagigao Avendaño, presidente da Fundación, Deli Uri Corrales e Nuria Cuña Torrell, responsables de programas na área de intervención social e o fotógrafo Andrés Terraza Pérez, autor das imaxes que compoñen a exposición.

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest