Onte visitounos na sede da institución, da man da Fundación Esplai -entidade sen ánimo de lucro que ten como misión promover o empoderamento cidadán e o seu compromiso coa mellora da sociedade, desde a perspectiva dos dereitos, a inclusión e a transformación- un grupo de persoas maiores co obxectivo de achegar á Valedora do Pobo as súas inquedanzas relacionadas principalmente coa fenda dixital que sofre este colectivo. Amosaron a súa preocupación pola dixitalización da sociedade, e a indefensión que se deriva, manifestando a importancia da formación en competencias dixitais que lles axuda no seu día a día, é un medio de combater a soidade non desexada, e achégalles independencia.
E encontro desenvolveuse na biblioteca, onde estes días móstrase a exposición “Miradas sen receos, a pobreza non se elixe”, da Fundación Érguete.