O 22 de febreiro celébrase o o Día Europeo da Igualdade Salarial, unha día a data instaurada en 2008 polo Parlamento Europeo que nos lembra que as mulleres europeas cobran de media un 15% menos que os seus compañeiros homes, polo que deben traballar 418 días para igualar o soldo que os homes reciben nos 365 días dun ano. O que supón que as mulleres terían que traballar ata o 22 de febreiro do ano seguinte.
Debemos lembrar neste día que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas (Axenda 2030) contemplan, no Obxectivo 8: Traballo decente e crecemento económico, a Meta 8.5: “De aquí a 2030, lograr o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todas as mulleres e homes, incluídos os mozos e as persoas con discapacidade, así como a igualdade de remuneración por traballo de igual valor”.
A igualdade de remuneración por traballo de igual valor é o obxecto do Convenio 100 da OIT (1951), que, pola súa importancia, é un dos seus oito convenios fundamentais.
Para alcanzar esta finalidade débense analizar as causas da desigualdade e os prexuízos que as sustentan, reforzar a transparencia das retribucións no emprego público e no sector privado, fomentar a igualdade na negociación colectiva, e crear alianzas estratéxicas entre as institucións públicas e privadas e os axentes sociais.
Nestas e en todas as demais accións a adoptar, a Valedora do Pobo de Galicia manifesta o seu compromiso para a consecución das metas de desenvolvemento sostible marcadas por Nacións Unidas, e da igualdade de xénero fixada pola Unión Europea