Comunicado 8 de Marzo da Valedora do Pobo, Dores Fernández Galiño

Hai 25 anos a IV Conferencia Mundial de las Mujeres, celebrada en Pequín, elaborou un ambicioso programa de empoderamento das mulleres que marcou o rumbo da política internacional e das políticas internas dos países. España e Galicia sumáronse a ese propósito e aprobaron leis pioneiras sobre a igualdade de xénero, sobre o traballo en igualdade e sobre a protección contra a violencia de xénero.

Desde entón, naceu e formouse unha nova xeración de mulleres e homes cuns niveis de igualdade de xénero ata o de agora nunca alcanzados na historia. Pero ao mesmo tempo son avances aínda lentos que non permiten albiscar a curto prazo a consecución do obxectivo.

Neste contexto dunha tarefa inacabada, a Organización de Nacións Unidas propuxo como lema da celebración do día 8 de marzo de 2020: “Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres”.

“Grazas ao compromiso de todos os homes e as mulleres das novas e vellas xeracións, continuaremos avanzado na igualdade”.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest