Charla en Friol dentro da actividade EduReferentes da Asociación de Executivas de Galicia.

O pasado venres, a Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, e a Responsable de varias áreas da institución, María del Mar Barcón Sánchez, acudiron ao CPI Dr. López Suárez de Friol para impartir senllas charlas dentro da actividade EduReferentes que organiza a asociación Executivas de Galicia, e onde falaron aos alumnos de 3ª e 4º de ESO da súa traxectoria profesional. Ambas forman parte do directorio de Referentes de Executivas de Galicia.

Na foto aparecen acompañadas de Susana Pérez Crespo, coordinadora do Proxecto de EduReferentes, da orientadora Silvia Souto, e da profesora de pedagoxía terapéutica Sara Alvarez

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest