A valedora acode á XVIII EDICIÓN PREMIOS SOLIDARIOS GRUPO SOCIAL ONCE

O pasado día14 Dolores Fernández Galiño, valedora do pobo,  acudiu na Coruña  á Gala Solidaria organizada polo Grupo Social ONCE, na que se premia o esforzo por unha sociedade máis xusta, máis inclusiva e de iguais.

Durante o desenvolvemento da gala interviñeron, entre outras autoridades, Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Patricia Sanz, vicepresidenta da ONCE; Fabiola García, conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia;  Carlos Fernández, presidente da ONCE en Galicia; Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social Participación e Igualdade do Concello de A Coruña; Dolores Fernández Galiño, valedora do pobo; e Manuel Martínez, delegado da ONCE en Galicia. Estiveron acompañados por outros responsables políticos e sociais, así como por representantes da discapacidade e da sociedade galega.

Os premiados e premiadas deste ano foron a Asociación STOP, Solidarios cos Maiores, Marisol Soengas, Nauterra e o Parlamento de Galicia. A valedora do pobo entregou o premio ao presidente de Nauterra- Grupo Calvo, Chano Calvo.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest