Reunión da Valedora do Pobo con representantes da organización AL-ANOM/ALATEEN.

AL-ANOM/ALATEEN son unha irmandade de familiares e amigos de alcohólicos que comparten as súas experiencias, fortaleza e esperanza co fin de atoparlle solución ao seu problema común. Consideran que o alcoholismo é unha enfermidade da familia e que un cambio de actitude pode axudar á recuperación.

Dolores Fernández Galiño recibiu hoxe a dous dos seus representantes, que lle trasladaron  a invisibilización das persoas que conviven no ámbito familiar cunha persoa con problemas de alcoholismo, as dificultades con que se atopan para pedir axuda e a importancia de relacionarse con persoas que están na mesma situación.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest