Reunión da Valedora do Pobo coa relatora especial das Nacións Unidas sobre a extrema pobreza e os dereitos humanos e representantes de EAPN (Rede europea contra a pobreza).

A institución da Valedora do Pobo acolleu unha interesante reunión aproveitando a presenza en Santiago de Compostela de Elena Díaz Galán relatora especial das Nacións Unidas sobre a extrema pobreza e os dereitos humanos.

Buscábase ademais de poñer en común as diferentes preocupacións no ámbito da loita contra a pobreza, identificar e coñecer as diferentes estratexias e liñas de traballo dos e das participantes.

A reunión comezou coa exposición da relatora das Nacións Unidas, que deu conta das liñas sobre as que se está traballando na actualidade: cidades e pobreza (sen esquecer o mundo rural ) e a loita contra a feminización desta. Entre outras intervencións, o presidente de EAPN España y EAPN Europa, Carlos Susías, fixo fincapé no interese que teñen en que na lexislación apareza o termo ou o seu contido, dado que o que é definido é máis sinxelo de ser identificado e pódense realizar políticas adecuadas. Insiste en que é necesario que se coñeza a aporofobia, isto é, a discriminación por motivos socieconómicos, e que se recolla nos informes das Defensorías do Pobo.Pola súa banda, a presidenta de EAPN Galica, Ana Pardo, chamou a atención sobre a necesidade de coordinación nas políticas, que fai que as medidas resulten máis efectivas, introducindo a oportunidade de medir a aporofobia, vinculada os delitos de odio. A valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño advertiu sobre o impacto que poden ter a IA e as redes sociais sobre este problema, e Xosé Cuns, director de EAPN Galicia, puxo en valor a necesidade de simplificación dos trámites burocráticos, para evitar a denominada “violencia administrativa”.

 

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest