O día 8 de marzo no que se pon o foco a nivel internacional nos dereitos das mulleres, debe que estar presente na conduta diaria da sociedade.
Esta institución ten como aceno de identidade no seu actual mandato un decálogo no que a igualdade de xénero, a loita contra a violencia de xénero, o acoso sexual e en xeral contra a discriminación, constitúen puntos fundamentais da súa actuación. Con este fin cóntase cunha área específica en igualdade, unha sección especializada na nosa páxina web, “Falamos de Feminismo” e uns premios que valoran os mellores traballos fin de grao e fin de master en materia de igualdade e dereitos das mulleres. No labor diario procurouse integrar a igualdade de xénero na resolución de todas as queixas e demais actuacións, tentando avanzar nos compromisos que hoxe nos lembra o Día Internacional da Muller. Con todo iso pretendemos achegar o noso gran de area a unha sociedade máis xusta e equitativa.