A Valedora do Pobo participa no Acto de Presentación da Declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e á aporofobia” organizado por EAPN-Galicia, con motivo do Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de odio.

A xornada organizada por EAPN-Galicia acolleu a decenas de organizacións de todos os eidos que levan asumido e asinado a Declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e á aporofobia”, unha pequena representación dos 161 asinantes entre os que se atopan entidades galegas, colexios profesionais, universidades, sindicatos, organizacións empresariais, organizacións culturais, entre outros. Tamén contou coa presenza de grupos parlamentarios, da Xunta de Galicia e a Valedora do Pobo.

A Declaración foi lanzada hai un ano e está baseada nos principios da Declaración Institucional do Parlamento de Galicia, aprobada por unanimidade nesa cámara o 20 de outubro do 2020, deixa claro que:

  • As persoas non son culpables da súa pobreza.
  • Ninguén é culpable do seu sufrimento.
  • Ningunha persoa é inútil.

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest