15 de outubro. Día Internacional das Mulleres Rurais. Exposición “Mulleres Símbolo do Rural” .

Con motivo do día internacional das Mulleres Rurais, temos na sede da institución  a exposición titulada  “Mulleres Símbolo do Rural”  organizada pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, que convidamos a visitar.

Dita mostra, como manifestan desde a asociación,  ten como obxectivo investigar e difundir a presenza e a participación das mulleres do rural de Galicia.

Xorde tamén como a posibilidade de realzar e fortalecer a autoestima das mulleres, e empézase a realizar nos lugares onde a Asociación ESCOLA RURAL DE SAUDE DÁ LIMIA xa vén facendo un traballo de promoción da igualdade e a saúde desde 2011.

 

 

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest