Essure, unha historia de Violencia Obstétrica

Xuramento hipocrático: “Exercer voso arte con conciencia e dignidade, Facer da saúde e da vida dos vosos enfermos a primeira das vosas preocupacións.”

Unha saúde sexual e reprodutiva segura, aceptable e de boa calidade, xunto ao acceso aos anticonceptivos é a declaración de intencións da OMS.

Falamos de Violenza Obstétrica ás mulleres afectadas polo dispositivo uterino Essure, ¿sería imaxinable un anticonceptivo así para os homes?

Un dispositivo pensado para ser o noso compañeiro alén dos nosos días, implantado nas trompas de falopio para provocar unha fibrose quística.

Todo un éxito, na súa publicidade Conceptus, o fabricante do Essure nos anos 2002 coa aprobación dende FDA no EEUU até o 2013 cando o mercou Bayer, explicaban que a súa implantación dentro do noso corpo, provocaba unha reacción a corpo estraño, contra a cal reaccionaba creando un tapón en cada trompa, evitando así a concepción.

En Xaneiro do ano 2000 comezou a experimentación ata febreiro do ano 2001, en diferentes países, no corpo dalgunhas mulleres, 20 investigadores de 13 sitios clínicos ubicados en EEUU, Australia, España, Reino Unido e Bélxica.

Realizouse o seguimento durante 4 anos, se ben as vantaxes de non empregar anestesia xeneral, incisión e narcóticos foron decisivas para converter ao Essure na primeira opción e preferible a unha ligadura de trompas.

Mais, sabían que problemas ocasionaría implantar un dispositivo metálico composto de Nitinol nun corpo dunha muller, e nos seus órganos reprodutivos?

Imos desbotar que os seguimentos e os estudos dende os anos 2000 até o 2001 e os posteriores 4 anos foron realizados, e pagados pola propia empresa comercializadora. Existen testemuñas de mulleres sobre todo nos EEUU participantes deste estudo que denuncian que houbo falsificación nestes ensaios.

Se analizamos as trompas de falopio, teñen cilios finos que se moven cara a dentro coa produción de líquido. Prodúcense químicos que precisa o corpo feminino. Teñen tamén receptores para a produción, función e transmisión de hormonas e cofactores. Teñen moitas funcións, incluída a redución de enfermidades reumatolóxicas.

Essure está fabricado con materiais ríxidos, é material non flexible estriado que perfora o tecido. Debido a anatomía e fisioloxía do útero e as trompas este material pode perforar. As trompas móvense continuamente na cavidade uterina, este movemento, máis as relacións sexuais, e incluso o orgasmo provocan que o choque contra o Essure dende o movemento da trompa provoque lesións, infeccións, cicatrices e perforacións.

A pesar que coñecen os riscos de perforación das trompas e sangrado ou manchado, de ter sempre leucocitose, os eosinófilos baixos, debido as reaccións alérxicas, e infeccións. Todo isto indicativo dun proceso inmunolóxico continuo, dende que se produce a oxidación do dispositivo no noso corpo, ata que se extrae. Nunha simple citoloxía pódese comprobar se existe inflamación na pelve.

Por que falamos de Violencia Obstétrica, primeiro o proceso de asesoramento para a elección dun método anticonceptivo debe ser exhaustivo, explicativo dos beneficios e riscos, cunha discusión sobre métodos alternativos. As mulleres implantadas co método Essure non tiveron asesoramento, non había alternativa.

Dende que no ano 2016 as mulleres explicaban os síntomas do rexeitamento dos seus corpos aos facultativos especialistas en Xinecoloxía, hoxe en pleno 2021 e a piques de entrar no 2022, se nos tratásenos en consulta de “MENOPÁUSICAS”, ANSIOLÍTICAS, DEPRESIVAS, e TOLAS. O argumento repetido entre os facultativos é: “Non existe literatura médica nin estudios que indiquen que os síntomas sexan xerados polo dispositivo Essure”. E eu pregunto, onde non existen???, porque todo o descrito anteriormente está en estudios de Finlandia, Holanda, Francia, EEUU, Australia e Países Baixos, dende as súas Universidades e Axencias de Medicamentos.

O dispositivo Essure é o máximo expoñente dunha violencia que afecta exclusivamente ás mulleres, a violencia obstétrica.

resultouche interesante?, comparte este artigo nas túas Redes Sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest