Con motivo do terceiro aniversario do naufraxio do “Vlilla de Pitanxo” os familiares das vítimas celebraron o pasado sábado unha homenaxe na súa lembranza. En total, 21 persoas perderon a vida nese naufraxio o 15 de febreiro de 2022 cando estaban a 450 kilómetros da costa de Terranova en Canadá. Os seus familiares loitan para que non se lles olvide e para que se coñeza a verdade e se faga Xustiza: “siempre con nosotros aunque sin vosotros”.
No acto interveu a Valedora do Pobo que recordou aos 21 falecidos e a débeda que a sociedade ten coa xente do mar e cos homes que perderon a vida facendo o seu traballo. Tamén destacou esa loita das familias representadas por Maria José de Pazo que desde o primeiro momento permaneceron unidas e para os que tivo palabras de ánimo.
Despois de tres anos está a causa penal na Audiencia Nacional.