Hoxe nas nosas instalacións celebrouse unha xornada sobre intelixencia artificial e nesgo de xénero organizada pola institución da Valedora do Pobo e a Asociación de Mulleres no Sector Público (AMSP)
Verónica Bolón, profesora titular do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da información da UDC impartiu un relatorio sobre o tema, advertindo da importancia de que os datos fonte do algoritmo que toma as decisións que é a intelixencia artificial, non teñan nesgos, e na necesidade da diversidade dos equipos que achegan eses datos para evitalos.
Posteriormente tivo lugar un interesante coloquio no que xunto á relatora participou María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia, moderado por Ana Ramos, Secretaria de Administración Local e membro de AMSP en Galicia.
O acto foi inaugurado por Dolores Fernandez Galiño, Valedora do Pobo e por Patricia Iglesias Rey, Letrada do Consello de Contas de Galicia e coordinadora de AMSP.