INFORME EXTRAORDINARIO DO VALEDOR DO POBO SOBRE A SITUACIÓN DA POBOACIÓN XITANA DE GALICIA EDITA: Valedor do Pobo Imprime: Galigraf Galicia Depósito Legal: C. 2.979-2005 Índice PRESENTACIÓN .................................................................................................. 7 INTRODUCIÓN .................................................................................................... 9 I. APROXIMACIÓN DESDE FONTES SECUNDARIAS: A POBOACIÓN XITANA EN GALICIA .................................................................................... 11 0. INDICACIÓNS PREVIAS ......................................................................... 13 1. A COMUNIDADE XITANA DE GALICIA EN PERSPECTIVA HISTÓRICA................................................................................................. 14 1.1. DESCRICIÓN DEMOGRÁFICA. DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL E ESTRUTURA POBOACIONAL ........................................................... 14 1.2. APROXIMACIÓN AO COLECTIVO. ANTECEDENTES E GRUPOS HUMANOS .......................................................................................... 17 1.3. ESTILO DE VIDA E CAMBIO SOCIAL. PAUTAS CULTURAIS E RELIXIOSAS ........................................................................................ 21 2. A SITUACIÓN DA POBOACIÓN XITANA EN MATERIA DE BENES­TAR ............................................................................................................. 30 2.1. A VIVENDA .......................................................................................... 31 2.2. A SITUACIÓN SOCIOLABORAL......................................................... 36 2.3. A SANIDADE. ....................................................................................... 39 2.4. A EDUCACIÓN. ................................................................................... 42 2.5. A PARTICIPACIÓN SOCIAL E POLÍTICA. ......................................... 48 2.6. AS PRESTACIÓNS SOCIAIS. ............................................................... 52 II. APROXIMACIÓN DESDE FONTES PRIMARIAS: A REALIDADE ACTUAL DA POBOACIÓN XITANA DE GALICIA ..................................... 57 0. INDICACIÓNS PREVIAS. ......................................................................... 59 1. A SITUACIÓN ACTUAL EN MATERIA DE BENESTAR. ...................... 60 1.1. A VIVENDA........................................................................................... 60 1.2. A FORMACIÓN E O EMPREGO......................................................... 65 1.3. A SANIDADE. ....................................................................................... 72 1.4. A EDUCACIÓN. ................................................................................... 75 2. A CULTURA E A PARTICIPACIÓN SOCIAL. .......................................... 79 2.1. A CULTURA XITANA E A RELIXIÓN.................................................. 79 2.2. O ASOCIACIONISMO E A CULTURA POLÍTICA.............................. 84 3. A ACTUACIÓN DOS PODERES PÚBLICOS E DAS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL.................................................................................. 87 3.1. GRANDES LIÑAS DE ACTUACIÓN DESDE A PERSPECTIVA CUALITATIVA....................................................................................... 87 3.2. DESCRICIÓN DE ACTUACIÓNS ESPECÍFICAS............................... 90 3.2.1. A ACTUACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS................ 90 3.2.2. A ACTUACIÓN DAS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL.. 95 III.A DISCRIMINACIÓN SOCIAL. APROXIMACIÓN TEÓRICA E ANÁLISE DE CASOS ...................................................................................... 105 0. INDICACIÓNS PREVIAS. ......................................................................... 107 1. O CONCEPTO DE DISCRIMINACIÓN. ................................................... 107 2. ANÁLISE DE CASOS DE DISCRIMINACIÓN A MEMBROS DA COMUNIDADE XITANA........................................................................... 114 2.1. OS CASOS DE DISCRIMINACIÓN REXISTRADOS POLA FUNDACIÓN SECRETARIADO GENERAL GITANO......................... 115 2.2. O CASO DAS VIVENDAS DO CONCELLO DE O CARBALLIÑO. .... 118 2.3. DENUNCIAS PRESENTADAS PERANTE O VALEDOR DO POBO E ACTUACIÓNS DE OFICIO CON RELACIÓN Á DISCRIMINACIÓN DA COMUNIDADE XITANA................................................................ 125 IV. CONCLUSIÓNS............................................................................................... 129 V. RECOMENDACIÓNS ..................................................................................... 139 BIBLIOGRAFÍA..................................................................................................... 147 Presentación Xorde a idea de levar a cabo este informe a raíz da incorporación á Institución do Valedor do Pobo da vicevaledora dona Olga García Agra. Sensibilizada pola situación actual e pola que debe esperarse das agrupacións xitanas asentadas, dende o non recor­dar, en Galicia, cunhas fortes variacións nese asentamento -o nomadismo viña sendo forma destacada do seu xénero de vida-, esas circunstancias non fixeron fácil acometer un coñecemento fundamentado da comunidade xitana no seu conxunto. Sen embargo, aquel especial sentimento levouna a afrontar calquera dificultade, asistindo, incluso, pola súa decisión a xornadas e foros referidos a tales cuestións, mais aló da comunidade galega, acadando así un estudo serio e amplo sobre as mesmas na normativa europea en publicacións xa feitas, en contactos directos e en solicitude de fornecemento de datos específicos por parte de entidade especialista, agradecendo a colaboración de todos eles. A promotora e autora do informe deixou recentemente a Institución da que viña formando parte, xa que pasou a exercer outros cometidos na Xunta de Galicia, non sen antes rematar aquel traballo ideado e asumido para o Valedor do Pobo, dende onde lle agradecemos canto fixo e se achega como informe especial ó Parlamento de Galicia cos efectos que estime xusto adoitar en prol do ben que se lle debe á comunidade xitana, parte do noso pobo. Santiago de Compostela, outubro de 2005 JOSÉ RAMÓN VÁZQUEZ SANDES Valedor do Pobo Introducción O presente Informe Extraordinario ten por obxecto o coñecemento amplo e deta­llado da poboación xitana de Galicia, da súa evolución máis recente e da súa realidade actual, en especial das dimensións máis estreitamente relacionadas co benestar social para, a partir dese coñecemento, desvelar os ámbitos nos que se producen as eventuais situacións de discriminación social deste colectivo, especialmente con relación á actua­ción dos poderes públicos. Xa que logo, as características inherentes ao coñecemento da realidade social da comunidade xitana revelan a idoneidade de adoptar a perspectiva e os métodos propios da investigación sociolóxica, perspectiva na que se enmarca a elaboración do seguinte documento, estruturado en catro partes diferenciadas: – Na primeira delas, baseada en fontes de información secundaria, desenvól­vese unha aproximación ao colectivo: en primeiro termo, desde unha óptica histórica que combina fundamentalmente a perspectiva demográfica e antro-polóxica, analízase a evolución da comunidade xitana en Galicia ata a actuali­dade; e, en segundo termo, descríbese a súa situación actual nas principais dimensións que configuran o benestar social. – A segunda parte constitúe unha aproximación á realidade actual deste colec­tivo desde o recurso a fontes primarias, isto é, aquelas empregadas especifica-mente para a elaboración deste Informe, e a través das que se pretende ampliar e contrastar a información contida na primeira. Así, nela abórdanse de novo, nos dous primeiros capítulos, tanto os aspectos relacionados co benes-tar social como aqueles máis culturais e antropolóxicos. Por último, un ter-ceiro recolle as actuacións desenvoltas desde os poderes públicos e principais entidades de iniciativa social que centran o seu labor na atención á poboación xitana. A realización de entrevistas en profundidade a persoas expertas infor­mantes na realidade xitana –técnica cualitativa moi utilizada na Socioloxía– e a cobertura duns extensos cuestionarios por parte do persoal dos Servizos Sociais dos Concellos cunha presenza significativa desta comunidade e prin­cipais entidades de iniciativa social, foron as fontes de información emprega-das para a redacción desta segunda parte. – A terceira parte afonda no concepto de discriminación social desde unha pers­pectiva xurídica, para someter logo a análise unha serie de casos nos que a discriminación de membros da comunidade xitana constitúe unha evidencia ou unha virtualidade moi probable. – Ofrécense, a continuación, unhas conclusións nas que se leva a cabo unha recapitulación das principais evidencias respecto da discriminación que padece o colectivo xitano en Galicia. – Por último, pecha o documento un epígrafe que recolle unha serie de reco­mendacións que esta institución dirixe aos poderes públicos instando a erradi­cación do fenómeno discriminatorio sobre a comunidade xitana de Galicia. I APROXIMACIÓN DESDE FONTES SECUNDARIAS: A POBOACIÓN XITANA EN GALICIA 0. INDICACIÓNS PREVIAS Nesta primeira parte do Informe abórdase, desde unha perspectiva diacrónica, a situación e evolución da poboación xitana de Galicia ao longo das últimas décadas. Estrutúrase, á súa vez, en dúas partes claramente diferenciadas: así, o primeiro capítulo serve de aproximación a este colectivo, en canto descrición da súa estrutura demográ­fica e distribución territorial, e nunha perspectiva histórica, como análise da orixe dos distintos grupos humanos que conforman a comunidade xitana residente en Galicia. Nun terceiro apartado abórdanse distintas cuestións relacionadas co seu modo de vida e as transformacións experimentadas nos últimos tempos nas súas formas de organización social e pautas culturais. O segundo capítulo dedícase á descrición da evolución e actual situación da comunidade xitana nos principais ámbitos do que pode denominarse o benestar social –emprego, sanidade, educación, acceso á vivenda e ás prestacións sociais–, así como en materia de participación social e política. Tanto para a redacción do primeiro como do segundo capítulo desta primeira parte do Informe consultouse distinta bibliografía, á vez que, para a elaboración do segundo, tivéronse en conta distintos indicadores referentes, ben ao conxunto da poboa­ción galega, ben ao conxunto da poboación española, co obxecto de poder efectuar unha análise comparativa da situación do colectivo. No entanto, e dada a escaseza de investigacións sobre a poboación xitana de Galicia, cómpre advertir que a meirande parte da información utilizada toma como base os estudos elaborados pola Asociación Chavós e publicados pola Xunta de Galicia: La comunidad gitana en Galicia –1991– e A comunidade xitana de Galicia 1990-2000 –2002–, representando este último, en certo modo, a continuidade temática e a amplia­ción dos contidos abordados na primeira publicación, así como a análise da evolución experimentada polo colectivo ao longo da década dos noventa. Así mesmo, para a ela­boración de cadros comparativos que mostran tamén a evolución dalgúns indicadores de benestar, tivéronse en conta datos da investigación publicada en 1983 polo Secretariado General Gitano e realizada polo Grupo Amat de Sociología –Los gitanos en estado de extrema necesidad en Galicia–. 1. A COMUNIDADE XITANA DE GALICIA EN PERSPECTIVA HISTÓRICA Como se avanzou, o capítulo que se inicia pretende servir de aproximación á poboación xitana de Galicia, ás súas actuais formas de vida, pero tamén desde unha perspectiva histórica, achegarse ao seu pasado e ás distintas comunidades que a confi­guran. Así, tras a análise da súa composición demográfica e da súa distribución no terri­torio da Comunidade galega, realízase unha breve descrición dos grupos humanos que integran a comunidade xitana que reside en Galicia. É tamén nese apartado no que se detallan os cambios máis transcendentais das súas formas de vida: o proceso de sedenta­rización e o abandono progresivo dos antigos oficios. O terceiro e último apartado céntrase xa na evolución máis recente da poboación xitana, na descrición das transformacións socioeconómicas e das pautas culturais e reli­xiosas, que intereactuaron nun acelerado proceso de cambio social desta comunidade. 1.1. DESCRICIÓN DEMOGRÁFICA. DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL E ESTRUTURA POBOACIONAL Segundo o citado estudo, no ano 2000 residían en Galicia á volta de 8.417 per­soas, distribuídas en 46 concellos. Esta cifra só representa o 1,68% do total de xitanos e xitanas residentes en España, que á súa vez constitúen o 1,26% dos cidadáns españois e o 0,31% dos galegos. Cabe falar, ademais, dun crecemento poboacional significativo, pois en compa­ranza cos datos de 1990, dez anos despois habitaban en Galicia 1.663 xitanos máis, o que supón unha taxa de crecemento acumulativa do 2,23% anual, moi superior, pois, á taxa resultante para a Comunidade Autónoma –0,08%– e para o conxunto de España –0,42%–. En canto á distribución territorial do colectivo, evidénciase unha clara concentra­ción nas áreas urbanas da franxa atlántica. A Coruña é a provincia máis poboada, pois nela reside o 46,4% da comunidade xitana galega, aglutinándose, á súa vez, en catro grandes núcleos de poboación: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Ribeira. Ademais destes concellos, tamén presenta unha presenza significativa nos municipios que conforman o hínterland das principais cidades da provincia. Así, a cidade de A Coruña é a que acolle o maior número de poboación, e xunto coa a súa área metropoli­tana –Arteixo, Culleredo e Cambre– alcanza case as 2.000 persoas, o que representa preto da cuarta parte do total de Galicia. Séguelle a comarca de Ferrol Terra, pois nos concellos de Ferrol, Fene e Mugardos residen algo máis de 1.000 persoas. A estes muni­cipios cabe engadir, logo, os de Miño, Betanzos, Pontedeume, Carballo e Ames, onde a presenza de familias xitanas se debe a condicionantes familiares ou laborais. En canto á vila de Ribeira, o asentamento de poboación xitana explícase pola súa importante activi­dade portuaria ligada ao sector pesqueiro. Lugo é, xunto con Ourense, a provincia menos poboada, cun 10,8% e un 11,6% do total, respectivamente. En Lugo cidade concéntrase máis do 60% da poboación da provincia, detectándose un importante núcleo en Viveiro –17%–. A provincia de Ourense presenta unha gran dispersión poboacional: cunha media de 70 habitantes por concello, a comunidade xitana distribúese, nesta provincia, en 13 municipios. A provincia de Pontevedra concentra o 31,3% do total. Os principais núcleos de poboación son Pontevedra, Vigo, Poio e Vilagarcía, aos que se sumarían, coa chegada de xitanos zamoranos, os municipios de Porriño, Tui e Marín. Outros municipios, como O Grove ou Ponteareas, contan tamén con pequenos grupos de familias. En canto á estrutura da poboación, no ano 2000 preto dun 35% dos homes e mulleres eran menores de 16 anos, en tanto que a proporción de persoas maiores de 65 non alcanzaba o 2%. Esta distribución etaria pon de manifesto que se trata dunha pobo-ación nova, cunha alta taxa de natalidade e crecemento vexetativo que contrasta coa pirámide do conxunto da poboación galega, a cal experimenta un proceso de forte enve­llecemento. Á marxe desta descrición xeral, cabe salientar a evolución detectada ao longo das últimas décadas nesa estrutura poboacional: se en 1990 existía unha pirámide cunha ampla base, na que preto do 50% era menor de 16 anos, en 2000, como se indicou, a proporción redúcese a algo menos do 35%, aumentando a poboación con idades com­prendidas entre os 20 e os 55 anos, unha tendencia que xa se observaba en 1990 con res­pecto a 1983. Porén, a poboación maior de 65 anos permanece invariable ao longo des-tes últimos vinte anos. A redución da taxa de natalidade é o principal factor que explicaría esta mutación da pirámide poboacional, un fenómeno que se asocia a unha serie de cambios sociais experimentados no seo da comunidade xitana, aos que se aludirá en próximos apartados. DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL DA POBOACIÓN XITANA DE GALICIA PROVINCIA DE A CORUÑA: PROVINCIA DE LUGO: A Coruña, Arteixo, Culleredo, Lugo, Viveiro, Monforte de Cambre, Ferrol, Fene, Mugardos, Lemos, Ribadeo, Quiroga, Miño, Betanzos, Pontedeume, A Pontenova e Auteiro de Rei Carballo, Ames, Santiago de 1.2. APROXIMACIÓN AO COLECTIVO. ANTECEDENTES E GRUPOS HUMANOS Pódese dicir que a comunidade xitana de Galicia confórmana tres grupos huma­nos: os xitanos galegos –colectivo que engloba os casteláns e asturianos–, os xitanos zamoranos e os xitanos húngaros. Os xitanos galegos constitúen o grupo máis numeroso, representando o 85% do total de persoas desta etnia, aínda que en realidade o integran un 65,5% de individuos de orixe galega e un 19,5% de procedencia castelá. A poboación de orixe galega confór-mana aquelas familias que orixinariamente vivían en Galicia desde hai aproximada­mente douscentos anos e que ata principios dos anos sesenta mantiveron a vida nómade. Durante os primeiros dous terzos do século chegan e aséntanse en Galicia familias xita­nas provenientes de Castela e Asturias, sendo os seus integrantes coñecidos como xita-nos casteláns. Na actualidade, a diferenciación entre estas dúas colectividades, galega e castelá, perdeu o seu sentido orixinal, debido á existencia de lazos familiares entre ambas as dúas. É xa na segunda metade do século XX cando se suman dous novos gru­pos humanos, os xitanos zamoranos e os xitanos húngaros ou xitanos rom. Os xitanos galegos poden encadrarse no ámbito da Península Ibérica dentro do grupo dos xitanos casteláns, fronte aos xitanos béticos, cataláns ou portugueses, aínda que dentro deste forman un subgrupo homoxéneo e diferenciado, cun alto grao de cohe­sión interna alcanzado a través de relacións familiares e de afinidade. Ademais, mentres que os xitanos galegos manteñen relacións de parentesco con xitanos doutras comunida­des autónomas, como Asturias, Castela-León, Madrid, Euskadi, A Rioxa ou Valencia, e mesmo cos que residen na metade norte de Portugal, os lazos con poboacións doutros territorios, como os xitanos andaluces, son menos frecuentes. Como breve apuntamento, e sen que proceda realizar unha descrición polo miúdo das distintas liñaxes, poden iden­tificarse catro grandes liñas familiares entre os xitanos galegos: Paulos, Santos, Gabarres e Salazares, nomes que identifican cada un dos grupos, pero que non necesa­riamente corresponden ao apelido dos individuos que os conforman1. A existencia de moitos lazos matrimoniais entre as catro liñas familiares desde principios de século fai pensar que, polo menos en parte, algunha destas liñas poidan ter unha orixe común. Os xitanos galegos constitúen o colectivo no que se poden apreciar as máis fortes desigualdades desde distintas perspectivas: nivel económico, educativo e integración social. A gran maioría dos chabolistas que viven en Galicia e os que sofren as situacións de marxinalidade máis acusadas son xitanos galegos. Existen, non obstante, familias acomodadas, cun nivel educativo, económico e de integración superior ao doutros gru­pos. Diversos factores poderían explicar esta situación: este grupo humano presenta un 1 Ao fío deste asunto cómpre aludir ao cambio de nome e apelidos, unha práctica moi frecuente entre a poboación xitana como estratexia de supervivencia que facilitaba o seu acceso a servizos ou benefi­cios sociais. menor grao de desenvolvemento das habilidades sociais e de relación que outras comu­nidades residentes en Galicia, pero un máis tardío ou dificultoso acceso á vivenda, unido ao fenómeno do nomadismo, ao que logo se aludirá, terían interactuado como ele­mento limitador desas capacidades. Os xitanos zamoranos, que representan o 12,8% do total, proceden de Castela-León e chegan a Galicia na década dos setenta buscando os mercados da venda ambu­lante. A diferenza dos galegos, non se trata dun grupo nómade, pois polo menos levaban xa tres xeracións asentados en pequenas vilas rurais de Zamora, Valladolid, Palencia ou León. A actividade gandeira era a principal ocupación deste grupo –compravenda de animais de tiro, cría e engorde de gando bovino, etc.–, que complementaban coa realiza­ción de tarefas agrícolas e a venda de artigos téxtiles por parte das mulleres. O éxodo campo-cidade, motivado polo proceso de mecanización da agricultura que ten lugar no conxunto de España, fai que esta comunidade comece a emigrar de xeito masivo, poten­ciando a actividade da venda ambulante. Nese momento, Galicia perfílase como un dos principais focos de atracción, grazas aos prósperos mercados de moitas zonas rurais. A meirande parte deste colectivo reside en Porriño, Tui e Marín, concellos nos que non habitaba ningún xitano galego. Outros asentáronse en Santiago de Compostela2 e Vigo. Se ben a cultura e os costumes deste grupo humano son os mesmos que os dos xitanos galegos, o seu nivel de vida e integración social sería superior. O negocio da venda ambulante, centrado en mercadorías como o calzado, a pel ou o téxtil de calidade é próspero, á vez que a súa convivencia coa sociedade maioritaria é, en termos xerais, satisfactoria, aínda que desde finais da década dos noventa, como se sinala no estudo que a Xunta de Galicia publica en 2002, estean a ser vítimas dalgúns comportamentos intolerantes, como por exemplo, no acceso á vivenda. Aínda que a veciñanza e a amizade entre a comunidade galega e a zamorana é cada vez moito máis frecuente, segue a ser absolutamente excepcional a posibilidade de que se celebren unións matrimoniais entre individuos de ambos grupos. Os xitanos húngaros ou xitanos rom constitúen o grupo humano minoritario –2,3%–. Proceden de Iugoslavia e de toda a rexión dos Balcáns. Chegan a Galicia en torno aos anos sesenta, aínda que a súa presenza na Península Ibérica se remonta a prin­cipios do século XX. De feito, os xitanos húngaros que se asentan en Galicia son xitanos xa nacidos en España. Hai dous pequenos grupos familiares de orixe común en Ribeira e Vilagarcía, así como algunha poboación de descendencia húngara en Ferrol e A Coruña, pero que xa non formarían un grupo étnico, estando practicamente asimilados á poboación maioritaria. 2 Recentemente algunhas familias residentes na capital galega trasladáronse ao Milladoiro, no veciño concello de Ames. Os xitanos húngaros teñen diferentes tradicións culturais e non comparten moitos ritos dos xitanos da Península. No plano laboral, a súa forma de vida tradicional vincú­lase ao mundo artístico: teatro, música, monicreques, atraccións circenses, etc. Na actualidade traballan na venda ambulante, na recollida de chatarra, e nas feiras e festas con atraccións. A pesar de ter unha relación cordial co resto das comunidades xitanas, os lazos matrimoniais con membros doutros grupos son tamén excepcionais. Unha orixe controvertida é a dun grupo de poboación de nacionalidade portu­guesa presente en diversos puntos da Comunidade Autónoma –as sete cidades, xunto coas vilas de Carballo, Ribeira, Muros, Vilagarcía, Marín e Porriño–. Tanto o estudo publicado en 1991 como o de 2002 recollen a tese de que os individuos que integran este grupo humano non serían poboación xitana, condición que tanto eles mesmos como os membros da comunidade xitana de Galicia recoñecen. Segundo estas investigacións, a tradicional identificación da etnia xitana como colectivo marxinal, e non como grupo étnico ou pobo, fai que calquera grupo en condicións económicas precarias sexa asimi­lado á poboación xitana. A este feito contribuíu que os propios integrantes deste colec­tivo se fixesen pasar con frecuencia por membros da comunidade xitana, co obxecto de acceder a recursos e axudas sociais. No entanto, desde o ámbito da antropoloxía existen outras teses que identifican a este grupo como descendente dos ciganos, ziganos ou siganos –a poboación xitana portuguesa–, que a mediados do século XVIII se insiren nun proceso de sedentarización en determinadas zonas de Portugal. De feito, as familias asentadas en Galicia son de orixe rural, procedentes principalmente da rexión de Tras os Montes. Como se indicou, viven en condicións de vida precarias, habitan infravivendas, chabolas, naves industriais abandonadas e traballan na recollida de chatarra, con atrac­cións nas feiras, na venda ambulante e, en ocasións, vense obrigados a recorrer á mendi­cidade ou a actividades como a venda de panos de papel ou a limpeza de parabrisas en rúas e estradas. Como se indicou en páxinas anteriores, a información existente apunta que a gran maioría das familias xitanas que vivían en Galicia a principios do século XX eran nóma-des, a diferenza das zamoranas, que xa residían en vilas e aldeas, ou dos xitanos caste­láns e asturianos, que tamén eran sedentarios ou semisedentarios. Os xitanos galegos desprazábanse en carros ou cabalerías, agrupándose varias familias, rara vez máis de cinco ou seis. Cada un dos grupos familiares existentes tiña un territorio de referencia, comarcas determinadas, con rutas máis ou menos fixas, o que non impedía que tamén se desprazasen ata lugares máis distantes. A sedentarización da poboación xitana galega foi un rápido proceso que comeza a ter lugar nos anos cincuenta e que remata a mediados dos sesenta. A explicación deste fenómeno pode atoparse na converxencia dunha serie de factores asociados aos cambios de orde social e económica que nesa época afectaron ao conxunto da sociedade espa­ñola: o despegue industrial, as migracións campo-cidade, a progresiva mecanización do agro e o desenvolvemento de novas actividades laborais que obrigaban á fixación dun lugar de residencia. É neste momento cando a poboación xitana se incorpora a novos oficios, entre os que se destaca moi significativamente, como máis adiante se verá, a venda ambulante. Pero con anterioridade a estas datas, os xitanos desenvolvían unha serie de ocupacións baseadas no intercambio de bens e servizos coa poboación agraria en cuncas de emprego determinadas. Exercían, pois, oficios artesáns e comerciais como o de afiador, tosquiador, ferreiro, cesteiro, tinxidor, esparteiro, traballando tamén na recollida de pro-dutos hortícolas, e, de forma temporal, na peonaxe agrícola. O chalaneo e a cestería eran os principais oficios que desenvolvían os xitanos galegos antes de sedentarizarse. Outras actividades complementarias ou minoritarias eran, entre outras, o temporeo agrario, a venda de puntillas, o arranxo de somieres ou colchóns e a lectura da man ou cartas. O chalaneo era unha actividade moi vinculada á forma de vida nómade. A com­pravenda e o troco de gando cabalar –cabalos, burros e mulas– era unha ocupación que desenvolvían durante as viaxes e nas feiras gandeiras, entre as que cabe mencionar as de Moeche, Arzúa, Santiago de Compostela, Mondoñedo e Padrón, e, fóra de Galicia, as de Benavente e Cacabelos. A cestería foi un oficio desenvolto maioritariamente por homes, aínda que algunha muller tamén o exercía. A confección de cestas realizábase durante a viaxe, así como en momentos de descanso ou na época de inverno. Polo xeral as cestas non se vendían, senón que se trocaban nas casas por patacas, verduras ou outros alimen­tos e bens. Outras actividades, como o arranxo de somieres e colchóns, ou a lectura de mans e cartas, permitían obter algúns ingresos complementarios, á vez que tamén se ten constancia de que determinadas familias galegas desenvolvían unha ocupación típica dos xitanos húngaros: as atraccións das festas. Os xitanos zamoranos, pola súa banda, exercían maioritariamente como chaláns de gando cabalar e xornaleiros, dedicándose tamén á compravenda de gando vacún. Complementariamente os homes tamén traballaban na elaboración de cestas, peonaxe agrícola, compravenda de antigüidades, doma de cabalos, etc. O paso da comunidade xitana da vida nómade á sedentaria supuxo, dunha banda, a incorporación ao hábitat urbano, pois o asentamento se produciu fundamentalmente nas zonas urbanas, e doutra, a ruptura do seu illamento social e o inicio do establece-mento de relacións co resto da poboación. Pero a transición do mundo rural ao urbano tivo un dobre efecto, xa que se ben conseguiu unha apertura da comunidade xitana ao resto da sociedade, a maior permeabilidade e contacto cos valores propios doutra cul­tura tamén supuxo o debilitamento dos sistemas de control social propios da familia xitana. Noutra orde de cousas, hai que sinalar que un trazo característico da comunidade xitana é a extensión e fortaleza das súas redes de apoio familiar, podendo establecer, unha mesma persoa, relacións ata con douscentos cincuenta individuos, nun radio que pode chegar aos cen ou douscentos quilómetros. Isto explicaría por que unha parte dos mozos e mozas xitanos casan fóra da súa localidade, aínda que, de todos os xeitos, os desprazamentos e cambios de residencia son cada vez menos frecuentes, debido ás transformacións sociais producidas. Así, os propios factores que contribúen á sedentari­zación –o traballo, a vivenda, a escola–, actúan tamén como elemento de maior vincula­ción da poboación xitana aos seus lugares de residencia. Por último, e como breve apuntamento relativo ao proceso de sedentarización, pois o acceso á vivenda e as políticas sociais desenvoltas neste ámbito son obxecto de comentario nun próximo epígrafe desta primeira parte, cómpre sinalar que os procesos de asentamento non foron uniformes, presentando diferenzas asociadas aos distintos grupos humanos e, á súa vez, ás diferenzas de nivel económico existentes entre os mes­mos. Así, os xitanos galegos asentáronse nalgún caso en vivendas de renda baixa, casas ou edificios abandonados do centro e da periferia das cidades, pero outros, carentes de medios económicos, víronse abocados á construción de chabolas en terreos libres. No en tanto, as familias xitanas zamoranas, que abandonaran o nomadismo hai máis dun século, dotadas dun maior poder adquisitivo, mercaron e alugaron pisos e casas nas localidades nas que decidiron residir. 1.3. ESTILO DE VIDA E CAMBIO SOCIAL. PAUTAS CULTURAIS E RELIXIOSAS Neste terceiro apartado realizarase unha aproximación aos aspectos asociados á organización social e ás pautas culturais da comunidade xitana de Galicia. Comezando pola descrición sumaria do seu sistema de organización social e familiar, comentaranse tamén os aspectos máis relevantes respecto das transformacións experimentadas no seu xeito de vida ao longo das últimas décadas no ámbito económico, social e familiar. Por último, e en orde á súa relevancia, coméntanse unha serie de cuestións relacionadas co seu sistema de crenzas e prácticas relixiosas. Así, en canto á organización social e familiar do pobo xitano, cómpre indicar que este se estrutura en comunidades locais de parentes ou patrigrupos autónomos e inde­pendentes. Cada unha destas comunidades, que residen nun mesmo municipio ou área urbana, están integradas por un grupo de familiares ou achegados e os seus descenden­tes, que oscila entre as trinta e as duascentas cincuenta persoas. Polo xeral, trátase dun home ou dunha muller maior e os seus fillos casados, ou un grupo de irmáns maiores xunto con algunha das súas irmás ou cuñados. En xeral, no seo da comunidade xitana distínguense dous factores de poder e autoridade: o xénero e a idade. Así, os homes ocupan un papel predominante fronte ás mulleres, e os maiores teñen recoñecida unha autoridade sobre os seus descendentes. As relacións de parentesco, a pesar de terse visto modificadas nos últimos tempos debido aos cambios demográficos, articúlanse de tal xeito que as comunidades locais de parentes se relacionan cos seus familiares, da mesma ou doutra localidade. Estas rela­cións poden ser máis intensas –fomentadas por un contacto periódico, a cooperación ou a celebración de matrimonios– ou ter un carácter residual, ben pola distancia xeográfica, ben pola debilidade dos vínculos familiares. Polo xeral, os círculos de relación entre os xitanos de orixe galega non vai máis alá da Comunidade Autónoma, mentres que os cas­teláns e zamoranos estenden eses lazos ata a metade occidental de Asturias e o noroeste de Castela-León. Segundo indica Teresa San Román3, a organización política da comunidade xitana mantívose ininterrompidamente acéfala, sen alcanzar ningún nivel de centrali­dade en ningún país do mundo. As relacións políticas entre xitanos estruturábanse, logo, como se sinalou, a partir de grupos de parentes, nos que a preponderancia dos varóns e das relacións entre eles configuraban unha articulación da autoridade arredor dos homes maduros e anciáns competentes, pensada en termos de lealdade aos vínculos de filia­ción. Pero, ademais, existen outros factores que contribuíron á formación desas “fami­lias”, como a propia amplitude do grupo, que a dota de forza física para impoñerse, ou a riqueza e a boa posición para proporcionar recursos de diversa índole, e que, de existir, aglutina ao seu arredor máis familias e clientes, consolidando o seu poder –non necesa­riamente a autoridade– de un ou varios homes que encabezan o grupo. Así, poden ser verdadeiros tíos, isto é, anciáns con autoridade, ou poden ter un poder de máis dubidosa procedencia. O papel de autoridade que xoga un tío se circunscribe ao ámbito do seu propio grupo doméstico, e máis alá del, actúa e decide en conxunto con outros tíos. Alén deses límites, os xitanos non recoñecen autoridade ningunha, aínda que posiblemente no pasado amosaban, en maior medida, reverencia polos seus vellos. Como se dixo, se nun mesmo municipio residen tres comunidades locais e unha delas dobra en número as outras dúas, esta será en principio a que ocupe unha posición de privilexio. Porén, tamén pode ocorrer que unha desas comunidades minoritarias sexa predominante na provincia ou en toda Galicia, e, nese caso, poderá facer valer esa con­dición. De feito, os xitanos galegos sempre ocupan un lugar prevalente sobre os zamora­nos e os casteláns, aínda que estes sexan superiores en número nun determinado conce­llo, pois estes dous grupos humanos non recoñecen Galicia como un territorio propio. Pero, ademais, existen outras formas de poder transversal: nalgúns casos trátase de “alcaldes” ou “presidentes” de barrio e poboados xitanos ocupados por diferentes comunidades locais de parentes, posición que ocupan homes de respecto capaces de representar as demais familias perante as autoridades, pero noutros casos se trata sim­plemente de caciques locais. O fenómeno do caciquismo xorde no momento en que se 3 Vid. “El desarrollo de la conciencia política de los gitanos”. San Román, Teresa. En Gitanos. Pensamiento y cultura. Revista bimestral de la Asociación Secretariado General Gitano. Número 0. Abril de 1999. xeneraliza a intervención social coa poboación xitana e as relacións coas redes de servi­zos. A figura do cacique está representada por un xitano –excepcionalmente unha xitana– con habilidades especiais para as relacións coa sociedade non xitana, que actúa como intermediaria entre a comunidade e algunha institución ou persoa. Poden desen­volver distintas funcións –realizar xestións, exercer como representante perante a Administración Local en materia de vivenda ou feiras e mercados–, ou actuar como interlocutor cunha asociación ou entidade privada; pero nalgúns casos, estes individuos fan desta intermediación o seu traballo, obtendo un beneficio económico ou facendo valer os seus intereses e reforzando a posición do seu grupo familiar fronte aos outros. Ademais, nos últimos anos xurdiron tamén redes de delincuencia relacionada co tráfico e a venda de drogas. De calquera xeito, esta figura non chegou a presentar en Galicia un perfil tan negativo como noutras comunidades autónomas nas que as grandes concentra-cións de infravivenda son máis frecuentes, dado que o seu verdadeiro caldo de cultivo son precisamente os campamentos, sendo o seu principal obxecto a asignación de vivendas e axudas. Por outro lado, cómpre aludir tamén ao clientelismo, que pode definirse como a dependencia da Administración e das axudas que esta concede. A diferenza do caci­quismo, este é un fenómeno moi estendido en Galicia, e máis concretamente entre os xitanos galegos. As comunidades máis integradas, como a zamorana, non recorren, pola contra, a estas axudas. Esta práctica, que ten como base unha concepción comercial das relacións coa sociedade maioritaria, presenta como consecuencia máis perceptible a anulación da vontade de desenvolvemento dun sector dos xitanos. Noutra orde de asuntos, e, sen dúbida, de especial interese para esta aproxima­ción á poboación xitana galega, sitúanse as cuestións asociadas aos cambios experimen­tados no seo da comunidade xitana en todas as súas vertentes: económica, de interac­ción coa sociedade maioritaria, no que atinxe á presenza e mantemento dos valores e tradicións, ás pautas de organización familiar, etc. A comunidade xitana de Galicia sufriu, nun reducido período de tempo, unha serie de transformacións de forte calado, que non poden disociarse das experimentadas polo conxunto da sociedade española e, máis concretamente, da galega. Coincidindo cos anos do desarrollismo, moitos homes e mulleres emprenderon o éxodo campo-cidade, á vez que o fenómeno da emigración, como estratexia de supervivencia, experi­menta un cambio en canto aos destinos, orientándose agora a países europeos. É, pois, tamén nesta época, cando a comunidade xitana comeza a experimentar transformacións sociais determinantes: dun estilo de vida nómade e unha actividade económica baseada principalmente na compravenda de gando cabalar e na cestería, atra­vesa rapidamente un proceso de sedentarización, converxente, á súa vez, nun proceso de urbanización, xa que ese asentamento da poboación xitana foi, desde os seus inicios, predominantemente urbano. De resultas disto, xa en 1990 un 82% da poboación xitana galega –que podería chegar ao 94%– era poboación netamente urbana. A este respecto é importante ter en conta que se todo paso dunha sociedade rural a outra urbana implica cambios culturais de releve, na comunidade xitana este proceso é aínda máis acusado, pois a sedentarización/urbanización supuxo un contacto máis directo co resto da sociedade, sendo este un colectivo de forte cohesión social e tradicio­nalmente pouco permeable ás influencias do contorno. Non obstante, esa impermeabilidade foi, e está a ser, pouco a pouco superada, con consecuencias positivas e negativas, de xeito que a comunidade xitana experimen­tou e está a experimentar cambios no eido das pautas, as crenzas e os símbolos propios da súa cultura, transformación motivadas tanto pola influencia do contorno como polos propios cambios xeracionais. A perda da propia cultura coincide con ese proceso de permeabilidade, cando comezan a asumirse outros valores, que chegan da man do acceso á vivenda, á educa­ción e da influencia dos medios de comunicación audiovisuais. En todo caso, o que podería cualificarse como degradación sociocultural, a perda dos valores, é maior nos núcleos marxinais sen acceso á promoción social. Así, o chabolismo, os baixos ingresos, as carencias educativas, a penetración do consumo da heroína, etc., van acompañados da perda dos valores culturais. Á súa vez, esta tendencia ten incidencia principalmente nas comunidades xitanas urbanas, pois nas zonas rurais as problemáticas mencionadas non aparecen ligadas a ese proceso de degradación cultural. Pola contra, a presenza dos valores culturais e a cohesión grupal alcanzan os seus maiores niveis entre os sectores da poboación xitana máis integrados. Neste sentido, o estudo realizado en 1990 evidenciaba xa que as variables de integración correlacionan positivamente coa conservación dos valores culturais e a cohesión grupal. Tanto estes sectores como as variables consideradas aparecen tamén asociados ás actitudes máis receptivas e expresivas dunha maior confianza nos paios, nas institucións e na socie­dade en xeral. Outros datos de interese relacionados co grao de integración da poboación xitana son os relativos á lingua e á participación política. En canto ao primeiro destes aspectos, e tendo en conta que o pobo xitano da Península adaptou as pautas culturais predomi­nantes dos territorios nos que se asentou –incluída a lingua–, a información recadada apunta a unha progresiva asunción da lingua galega, un fenómeno que se viu potenciado desde os anos noventa, debido fundamentalmente a dous factores: dunha banda, á cre­cente presenza de xitanos en feiras e mercados, que fai que empreguen o galego coa súa clientela, do que se deriva que o uso desta lingua estea máis estendido, precisamente, entre aqueles que se dedican ao negocio da venda ambulante. Doutra banda, cómpre aludir á influencia da escola, pois a incorporación das nenas e nenos xitanos á rede de escolas ordinarias tamén contribuíu á extensión da utilización do galego. En canto á participación política e a pesar do que se puidese pensar, a comuni­dade xitana presenta pautas semellantes ao resto da sociedade. Sen prexuízo dun comentario máis extenso dos comportamentos electorais, que se realiza nun próximo epígrafe, cómpre indicar que os niveis de voto do colectivo xitano son homologables aos do conxunto da poboación: un 63,1% dos xitanos acode a votar habitualmente, por-centaxe que no medio rural ascende ao 70%. O hábitat marca tamén outras diferenzas na cultura política, xa que aínda que o colectivo globalmente considerado realiza un maior seguimento da vida política estatal, en comparanza coa a autonómica e local, entre os xitanos que residen en vilas rurais se detecta un maior coñecemento da vida política do municipio. Á fin, todos os aspectos que se veñen de comentar translocen a complexidade dos procesos de cambio social que vive a comunidade xitana en termos da fractura ou con-flito que supón por un lado, a integración social a través da normalización das súas con-dicións de vida e, por outro, a súa asimilación á sociedade maioritaria. Neste sentido, cómpre insistir, de novo, en que o grao de urbanización constitúe unha variable fundamental para explicar a desestruturación social, a delincuencia e a marxinación, fenómenos cunha maior presenza no medio urbano que no rural, aínda que non exclusivamente relacionados cos que afectan ao pobo xitano en particular, pois todos eles adoitan presentar unha clara correlación coa variable clase social. Noutra orde de cousas, a chegada da democracia supuxo o recoñecemento da súa condición de cidadáns e cidadás de pleno dereito e a xeneralización do acceso ás redes de servizos sociais, educativos e sanitarios, á vez que o Estado comezou a poñer en mar­cha políticas de intervención dirixidas á integración social do colectivo. Porén, no plano socioeconómico, e de xeito sintético, poden detectarse distintas etapas ao longo destes últimos trinta anos. Así, se desde os anos sesenta ata mediados dos setenta a prosperi­dade económica do país supuxo tamén maiores oportunidades laborais para os xitanos en sectores como o da peonaxe portuaria ou a construción; a crise económica internacio­nal que ten lugar a mediados dos setenta fai que a comunidade xitana galega comece a verse inmersa nun período de dificultades que se estende ata finais dos oitenta. A falta de perspectivas laborais explica, en parte, a penetración das drogodependencias, un dos principais elementos que actuou como determinante do mantemento dos prexuízos sobre a comunidade xitana, pois serviu para asociar a poboación xitana ao fenómeno da delincuencia. A venda ambulante, no plano da actividade laboral, e a Igrexa Evanxélica de Filadelfia, da que máis adiante se falará, no plano dos valores e a reacción contra o fenó­meno das toxicomanías, constitúen os factores principais de cambio que fan que desde a década dos noventa a poboación xitana teña visto melloradas substancialmente as súas condicións de vida. Volvendo ao comentario das transformacións producidas nas pautas sociocultu­rais e de interacción da comunidade xitana ao longo das últimas décadas, cómpre refe­rirse á evolución da situación das mulleres xitanas, un claro exemplo dos cambios cultu­ rais que vén experimentando o colectivo globalmente considerado. Como se comentou, a muller xitana ocupou sempre un lugar subordinado ao home, aínda que hoxe en día se evidencia un reforzamento do seu papel dentro da comunidade, froito da crise sufrida no seu seo pola incidencia das problemáticas anteriormente aludidas, o desemprego e as drogodependencias, así como polas transformacións culturais experimentadas. Os roles que se poden identificar no seo da familia xitana corresponden aínda aos propios dunha sociedade tradicional, pois non reproducen as pautas que neste eido des-envolve o resto da poboación, características das sociedades modernas. Opcións ampla-mente asumidas na sociedade maioritaria, como poden ser o divorcio ou a separación, presentan un grao de desenvolvemento moi reducido no seo da comunidade xitana, ou, dito doutro xeito, o recurso a elas é excepcional. Se durante a infancia as mulleres xitanas están sometidas á autoridade dos pais e dos irmáns maiores, cando casan ocupan unha posición de subordinación respecto do home, responsable de tomar as decisións e de exercer un control sobre o seu comporta-mento. Non obstante isto, a idade xoga un papel clave en orde á consideración das mulle­res, de xeito que a medida que pasan os anos a súa figura se vai revestindo de maior autoridade, ao que pode contribuír a súa traxectoria vital ou o número de fillos varóns. Nesa etapa exerce, ademais, a súa autoridade sobre as fillas e as noras, correspondéndo-lle a organización do ámbito doméstico. Excepcionalmente, e se, polo xeral, pertencen a familias fortes, algunhas mulleres poden chegar a ostentar un papel relevante no con-xunto da comunidade. A pesar de que, como se dixo, os roles e a atribución de funcións segundo o xénero non se teñen modificado substancialmente, si se perciben cambios sociais que permiten falar de certo progreso na situación das mulleres xitanas. Por un lado, atra­souse a idade media de casamento, de maneira que aínda que é común que o matrimonio se celebre entre os quince e os dezaseis anos, na actualidade é máis frecuente que teña lugar entre os dezaoito e os vinteún anos. Por outro, malia a que as mozas teñen maiores limitacións que os mozos para elixir con quen casar, raras veces son obrigadas a facelo contra a súa vontade. Outro elemento moi expresivo dos cambios experimentados entre a poboación feminina é o acceso cada vez máis xeneralizado á planificación familiar. Así, se ata hai poucos anos a media de fillos ou fillas superaba os cinco ou seis, hoxe os matrimonios con máis de tres fillos están en claro retroceso. Ademais, as mulleres xitanas comezan tamén a esixir a colaboración dos homes na realización das tarefas domésticas e de coi-dado dos fillos e fillas. No plano doutras pautas relacionais tamén se percibe a evolución producida, o que se reflicte en aspectos concretos como a maior liberdade de movementos ou a maior capacidade de elección da súa vestimenta. Pero, a pesar dos avances comentados, unha eiva importante segue a ser o acceso ao mercado laboral. Salvante no negocio da venda ambulante, onde frecuentemente rexen algún posto ou colaboran cos homes na actividade, son poucas as mulleres que acceden ao traballo asalariado. Así, ao fío desta cuestión, e tendo en conta que a realidade sociolaboral da comu­nidade xitana de Galicia será obxecto dunha descrición detallada nun próximo epígrafe, pode apuntarse que os noventa foron anos de progreso para a comunidade xitana de Galicia, xa que, tras a crise da peonaxe, a venda ambulante aparece como unha alterna­tiva laboral próspera, que permitiu que moitos xitanos e xitanas incrementasen o seu nivel de vida e benestar. De feito, cando se realizou o segundo estudo sobre o colectivo de referencia que publica a Xunta de Galicia, máis do 70% das persoas entrevistadas afirmaba que a súa situación mellorara nos últimos dez anos. Pero o negocio da venda ambulante comeza a amosar signos de saturación e non se perfila como unha alternativa laboral para as novas xeracións, xa que a porcentaxe de poboación que se concentra nesta actividade é moi elevada. O acceso ao emprego segue a ser, pois, o principal reto da poboación xitana, xa que o baixo nivel educativo e a escasa cualificación profesional dificultan a súa inserción no mercado laboral, que, cando se produce, adoita ser emprego precario e de baixa consideración. Se ben as políticas sociais, a intervención das administracións públicas e o traba-llo das asociacións e entidades de iniciativa privada contribuíron a mellorar as condi­cións de vida dos xitanos e xitanas en materia de educación e sanidade, a vivenda foi un factor fundamental da elevación do nivel de benestar da poboación. Así, se en 1990 a metade das familias vivía nunha chabola ou infravivenda4, en 2000 a proporción pasa a ser dun terzo. Nese ano, os campamentos de infravivenda concentraban algo máis do 16% do total da poboación xitana de Galicia. Parte deles, como os de Penamoa, Freixeiro, o Carqueixo e o Vao presentan situacións de extrema desestruturación social. Unha vez perfilados todos estes aspectos, pode xa identificarse o abano, relativa­mente amplo, de situacións socioeconómicas das familias xitanas que máis adiante se comentará, que, en termos xerais, abranguería desde a poboación que vive nas condi­cións máis precarias ata aquela cun nivel de vida semellante ao das clases populares. 4 No ano 1990 a terceira parte dos xitanos de Galicia vivían no que se poden denominar en sentido estrito chabolas. Se se lle suma a poboación que vivía en campamentos de barracóns e casas baixas a porcen­taxe alcanzaba o 50%. Daquela, outro 25% vivía en pisos alugados ou comprados –fundamentalmente os xitanos zamoranos–, mentres que o 25% restante residía en vivendas sociais. Xa para finalizar esta aproximación ás formas de vida da comunidade xitana de Galicia, pásase a describir o seu sistema de crenzas e pautas relixiosas, asunto no que a Igrexa Evanxélica ten, na actualidade, un papel central. A Igrexa Evanxélica de Filadelfia, unha igrexa pertencente á corrente protestante, ten presenza tanto na comunidade xitana como na non xitana, aínda que conta con estru-turas organizativas diferenciadas. Comeza a introducirse en España ao longo da década dos anos sesenta, procedente de Francia, sendo os xitanos cataláns os primeiros en asi­milar esta nova doutrina. A súa implantación en Galicia ten lugar nos primeiros anos da década dos setenta, da man dos xitanos zamoranos. Foi, fundamentalmente, neses pri­meiros momentos cando tivo que enfrontarse á oposición dalgunha comunidade, perante á desconfianza de que esta nova estrutura social puidese substituír a tradicional organización familiar, poñendo en cuestión o poder tradicional dos homes maiores ou xefes de liñaxe. A este respecto hai que sinalar que a pesar de que a Igrexa Evanxélica non ostenta un poder superior á tradicional organización familiar e carece de capacidade de influencia nas decisións de carácter material, si dispón, a través da figura do pastor, de autoridade moral sobre todos os membros, que lles permite establecer normas de convi­vencia e ditar e promover sancións sobre as condutas. Así, a principios dos anos noventa esta confesión relixiosa –á que popularmente os seus fregueses e, por extensión, os profesionais que desenvolven o seu labor coa comunidade xitana denominan “Culto”– tiña unha porcentaxe de rexeitamento signifi­cativo, pois o 31% dos xitanos pensaba que esta doutrina non os axudaba en nada. De calquera xeito, ao longo dos últimos anos evidenciouse un aumento significa­tivo dos seguidores da Igrexa Evanxélica. Se en 1990 o “Culto” estaba presente no 52% dos asentamentos e case o 40% dos membros da comunidade xitana pertencía a el, en 2000 a porcentaxe de xitanos e xitanas situábase no 64%. No grupo dos zamoranos a súa presenza é máis que maioritaria, xa que no ano 2000 máis de 9 de cada 10 persoas desta orixe pertencían a esta igrexa. Así, nese ano o “Culto” estaba implantado xa en case todas as cidades e vilas de Galicia con presenza de comunidades xitanas, presen­tando unha menor extensión na provincia de Ourense. Para explicar esta rápida e intensiva implantación da Igrexa Evanxélica, cabe apuntar, en primeiro lugar, unha serie de datos sobre a relación do pobo xitano coa reli­xión. Hai que ter en conta, pois, que aínda que ao longo da historia os xitanos adaptaron o seu sistema de crenzas ás doutrinas relixiosas das comunidades nas que se asentaron, nunca chegaron a asumir verdadeiramente unha confesión determinada. Así, aínda que en 1990 aínda casaban polo rito da Igrexa Católica un 57% das parellas e nalgúns casos ata bautizaban os seus fillos e fillas, non existía un verdadeiro sentimento de pertenza a esta Igrexa, que fundamentalmente é percibida como unha institución allea ou como un axente máis que desenvolve funcións de carácter social-asistencial. Porén, o Culto Evanxélico intégrano na súa totalidade persoas de orixe xitana e non se considera alleo ao seus sistema de crenzas. De feito, este é máis acorde coa idiosincrasia do pobo xitano que outras igrexas. As súas cerimonias son máis participativas e os seu cánticos acordes coas súas manifestacións artísticas, xa que adopta as formas culturais xitanas de expre­sión dos sentimentos. A celebración do “Culto” é practicamente diaria, pois se realiza entre cinco e seis días á semana e ten unha duración que oscila entre a hora e media e as dúas horas. Esta frecuencia contribúe a explicar a súa forte influencia e papel potencia-dor da cohesión social. Neste sentido, a Igrexa Evanxélica exerce unha triple función no seo da comuni­dade xitana: en primeiro lugar reforza a cohesión social e fomenta á socialización das mulleres, contribúe a reafirmar os valores culturais, que pasan a adquirir unha dimen­sión relixiosa, ademais da tradicional, e xoga un papel clave na loita contra o tráfico e o consumo de drogas. A loita contra o tráfico e o consumo de drogas é o efecto máis visible e comun-mente aceptado e valorado da acción do “Culto”, tanto no seo da comunidade xitana como entre os profesionais dos servizos sociais e, máis en concreto por parte de quen exercen o seu labor na atención ás persoas drogodependentes. Neste sentido, a Igrexa Evanxélica actuou en dúas direccións fundamentais: por un lado, como grupo de pre­sión fronte aos traficantes, doutra, como elemento limitador ou preventivo de determi­nadas condutas. Así, entre as prohibicións desta doutrina cabe mencionar a de fumar, beber alcohol, xogar ás máquinas recreativas, ou aquelas outras relacionadas co entrete­mento nocturno, como saír e acudir ás discotecas. Por outra parte, o “Culto” contribuíu a promover condutas pacíficas e a mellorar as relacións entre os diferentes clans ou gru­pos familiares. Ademais, pretende difundir unha imaxe positiva da comunidade xitana no conxunto da sociedade. A incidencia desta confesión sobre a situación das mulleres é outro aspecto a salientar. Se ben, como se indicou, esta práctica relixiosa contribuíu á socialización do colectivo feminino, xa que a celebración da cerimonia relixiosa se converteu no princi­pal lugar de encontro para as mulleres –de feito, nas comunidades evanxélicas case todos os noivados e pedimentos teñen a súa orixe no culto–; na súa vertente retardataria dos avances sociais, a penetración desta doutrina supuxo tamén un reforzamento do control social da muller, mostrándose reticente á igualdade de oportunidades, e nun terreo máis concreto, opoñéndose, entre outras cousas, a que as rapazas cursen estudos superiores ou vistan seguindo os criterios da moda do momento. Por último, engadir que, no que respecta aos aspectos relacionados coa súa estru-tura e organización, a Igrexa Evanxélica española está dirixida por un corpo nacional integrado por un presidente, un secretario, un caixeiro e os dezasete responsables terri­toriais de cada comunidade autónoma. Polo que atinxe aos datos para Galicia, en 2000 contaba con cen obreiros e pastores, cincuenta candidatos e catro mil ovellas ou mem­bros da Igrexa. Como aclaración destas categorías, cómpre indicar que os pastores son os responsables de dirixir cada culto5, de oficiar as celebracións e dos seus fregueses. Os obreiros son aquelas persoas que están preparadas para exercer de pastores, que puide-ron telo sido no pasado, pero que nese momento están inactivos, mentres que os candi­datos son aqueles membros que se están a preparar para exercer como pastores. Finalmente, denomínanse ovellas a todas as persoas que forman parte da Igrexa Evanxélica. 2. A SITUACIÓN DA POBOACIÓN XITANA EN MATERIA DE BENESTAR A poboación xitana foi, desde sempre, asociada a situacións de pobreza6, e, polo tanto, considerada como un colectivo excluído de todos os circuítos de circulación social, un dato fundamental para entender a existencia dunha secular marxinación social. No entanto, nas últimas décadas estase a producir un achegamento entre esta comunidade e a sociedade maioritaria. Os procesos de cambio social que viviu o pobo xitano e a mellora das condicións socioeconómicas do conxunto da sociedade española, coa implantación de toda unha serie de políticas públicas propias do chamado Estado do Benestar, supuxeron un considerable avance respecto da tradicional situación do pobo xitano e, sobre todo, abriron maiores e mellores posibilidades de integración e respecto para esta minoría étnica. As políticas de benestar atinxen aos aspectos e necesidades básicas do individuo e protexen principalmente, a través de mecanismos como a discri­minación positiva, a aqueles colectivos sociais discriminados e/ou excluídos. A concepción global do benestar humano vén sendo impulsada dende 1969 por Nacións Unidas a través da “Declaración sobre o Progreso e Desenvolvemento Social”. Así, todos os países foron perfilando un proxecto de benestar social, definindo o que serían unhas necesidades sociais básicas, como a educación ou a saúde. O benestar indi­vidual e colectivo comprende, logo, unha serie de elementos básicos que neste apartado, a efectos puramente analíticos, se identificarán cos seguintes: o acceso á vivenda, a situación sociolaboral, a sanidade, a educación, a participación social e política e os aspectos máis directamente relacionados coa percepción de prestacións sociais. Nesta orde de cousas, é indubidable o aumento no número e calidade das políti­cas asistenciais desenvoltas e materializadas en boa medida a través dos servizos sociais, pero, tendo en conta a finalidade do presente Informe, cómpre analizar a situa­ción da comunidade xitana desde o punto de vista do benestar, mais nunha perspectiva comparativa coa sociedade maioritaria, isto é, non limitada á descrición da súa situa­ 5 Cada “Culto” atende unha media de entre cento vinte e cento corenta persoas. 6 Segundo Cáritas, o 21,9% da poboación xitana en España sofre unha pobreza extrema fronte ao 4,4% da poboación española en conxunto, e o 38,8% dos xitanos son cualificados como “pobres moderados” (FOESSA; 1998). ción, senón posta en relación coas condicións xerais do conxunto da poboación. En defi­nitiva, procurar indicadores descritivos, que ademais de ilustrar a situación dos xitanos7 nun determinado ámbito, poidan ser obxecto de comparación co conxunto da poboa­ción. O comentario atenderá, pois, a todos os aspectos que configuran o benestar, ante­riormente aludidos, pois non pretende circunscribirse a unha mera descrición de presta-cións asistenciais. Como se apuntou no capítulo anterior, o grao de integración crecente da comuni­dade xitana e a incorporación ás políticas de benestar vén dado por unha serie de cam­bios sociais experimentados, de carácter endóxeno e esóxeno. Estes cambios poden sin­tetizarse nos xa citados procesos de sedentarización, urbanización e proletarización, procesos que supuxeron unha crise no seu modo de vida tradicional e que deron lugar a problemáticas diversas. Doutra banda, en Galicia, como no conxunto do Estado, as transformacións expe­rimentadas na estrutura económica –ata tempos recentes de base agraria e progresiva­mente substituída pola crecente terciarización–, unido a outros factores, como o achega­mento de elementos democratizadores ou a sucesión de feitos especiais como a integración na Unión Europea, posibilitou un crecemento económico e social que per­mitiu ás administración públicas prestar unha maior atención a grupos desfavorecidos a través da posta en marcha de políticas, programas e accións, que máis alá da prestación dos servizos de carácter asistencial teñen como obxectivo conseguir a integración socio-laboral dos colectivos con dificultades. Xa que logo, o capítulo que agora se inicia ten como finalidade, en sentido amplo, a descrición, seguimento e avaliación do proceso de incorporación desta minoría ás políticas públicas postas en marcha no marco do Estado de Benestar ao longo dos últimos vintecinco anos. 2.1. A VIVENDA Quizais o cambio máis transcendental experimentado no modo de vida da poboa­ción xitana de Galicia durante o último século sexa o proceso de sedentarización que pon fin á tradición nómade que caracterizaba a este pobo; lonxe están pois as imaxes de caravanas e carromatos en camiños rurais. De feito, o estudo da Xunta de Galicia publi­cado en 2002 evidencia que os propios xitanos, obxectiva e subxectivamente, afastá­ronse dos modos de vida nómade. Segundo esta investigación, só entre os maiores de trinta e cinco anos se detecta unha porcentaxe significativa de persoas que naceron “na caravana”. Ademais, na actualidade, a propia poboación xitana non recoñece a posibili­ 7 A efectos analíticos e descritivos, o feito de tratar a comunidade xitana do xeito máis homoxéneo posible non pretende esconder a complexa e heteroxénea realidade deste colectivo. O seu tratamento con-xunto, sen prexuízo do sinalamento das diferenzas existentes entre grupos, ten como base a existencia dunha serie de características culturais e propias desta etnia, así como a histórica situación de marxinación e pobreza da que parten. dade de ter unha vida non sedentaria, xa que o 90% dos adultos xitanos non pensa que o colectivo poida volver ao nomadismo. Como se sinalaba en anteriores epígrafes, o proceso de sedentarización intensifi­couse en Galicia nos anos cincuenta e sesenta, supoñendo, principalmente, o asenta­mento da poboación xitana en áreas urbanas. En Galicia, de feito, o seguimento deste proceso dá lugar á actual distribución xeográfica da comunidade xitana en vilas e cida-des galegas. Neste sentido, e tamén segundo unha enquisa realizada entre persoas xita­nas adultas, 3 de cada 5 individuos cren con seguridade que van permanecer na mesma cidade, un dato homologable ao que se podería rexistrar no conxunto da sociedade. Estes procesos de cambio de hábitat tiveron como resultado, ben o alugueiro ou a ocupación de casas de renda baixa, ben a construción de chabolas, aínda que tamén existen lugares onde coincidiron ambas opcións e se edificaron chabolas arredor de vivendas alugadas ou abandonadas, dando lugar ao nacemento de poboados. Á marxe das particularidades de cada poboado, asentamento ou barrio, o dato realmente rele­vante que cómpre destacar é o das consecuencias deste precario acceso á vivenda: o amoreamento, a infravivenda e o chabolismo, con todas as problemáticas que acompa­ñan a estes fenómenos e que xa foron comentadas8. Así, aínda hoxe a erradicación do chabolismo segue a ser un problema de suma importancia para os poderes públicos, polo extremo das condicións nas que viven os seus habitantes. As primeiras medidas tendentes a erradicar o chabolismo supuxeron a constru­ción de barracóns e campamentos de casas baixas na periferia das cidades, que, tras un rápido proceso de degradación dos seus materiais, convertéronse en campamentos de infravivendas, cuxa creación era considerada como provisional e asumida como unha opción aceptable e realista. Estas casas e barracóns son, en xeral, galpóns e casas baixas de bloques e uralita que carecen das mínimas condicións de habitabilidade urbana: sen rede de sumidoiros, asfaltado ou canalización da auga. Este cambio era unha opción realista na época, pero non fixo máis que paliar de forma parcial o problema do chabolismo, á vez que acrecentaba o fenómeno da infravi­venda9. Cómpre lembrar as cifras xa mencionadas: o 49,2% da poboación xitana de Galicia vivía en 1990 en condicións de infravivenda –agora no seu sentido máis xené-rico–, proporción que dez anos despois se reducía ata un terzo. 8 En 1978 estimábase que en España o 76% dos xitanos vivían en chabolas (ISAM; 1978). 9 Se ben ata o de agora o concepto de infravivenda referíase a todas aquelas moradas que carecen das condicións básicas de habitabilidade, neste contexto, a palabra infravivenda adquire un significado máis específico, referíndose, entón, aos citados barracóns ou casas baixas construídas co obxecto de erradicar o chabolismo. C.1. DISTRIBUCIÓN DA “POBOACIÓN CHABOLISTA” XITANA EN GALICIA CAMPAMENTOS CHABOLISTAS CAMPAMENTOS DE INFRAVIVENDAS NÚMERO PERSOAS MEDIA NÚMERO PERSOAS MEDIA A Coruña 21 846 40,3 7 603 86,1 Lugo 3 60 20 1 246 246,0 Ourense 9 397 44,1 4 135 33,8 Pontevedra 12 196 16,3 2 390 195,0 TOTAL ANO 2000 45 1.499 33,3 14 1.374 98,0 TOTAL ANO 1990 52 2.194 42,2 10 1.130 113,3 Fonte: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. A táboa anterior reflicte a redución experimentada no número de campamentos de chabolas ao longo da ultima década, cun crecemento moi moderado dos campamen­tos de infravivendas. Segundo o último dos estudos publicados pola Xunta de Galicia, hoxe existen 14 campamentos de infravivendas na totalidade das catro provincias gale­gas, nos que residen 1.374 persoas, o que supón un crecemento do seu número respecto a 1990, e que se detecta na provincia de Ourense, coa formación de poboados de peque-nas dimensións. Nesta orde de cousas, convén indicar que as vivendas sociais con presenza xitana máis destacadas construíronse nas cidades de Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Este fenómeno foi posible grazas á posta en marcha de políticas de promoción pública de vivendas que tiveron un especial auxe nos anos oitenta, que supuxeron o acceso a vivendas normalizadas a unha parte moi significativa do colectivo xitano. C.2. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN XITANA SEGUNDO TIPO DE VIVENDA E ANO ANO 1990 ANO 2000 NÚMERO PERSOAS MEDIA NÚMERO PERSOAS Barriadas de VV.SS. 17 1.642 24,3 2.607 31,0 Outros grupos de pisos 26 1.305 19,4 2.937 34,9 Casas baixas 28 479 7,0 1.374 16,3 Campamentos, casase barracons 10 1.130 16,7 Chabolas e casas abandonadas 52 2.194 32,6 1.499 17,8 TOTAL 133 6.750 100,0 8.417 100,0 Fonte: La Comunidad Gitana en Galicia. Xunta de Galicia, 1991; A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. Así, as vivendas sociais xa absorbían en 1990 o 24,3% da poboación xitana, por-centaxe que se incrementa ata o 31% no ano 2000. Doutra banda, o maior crecemento maniféstase con respecto á vivenda ordinaria, que pasa de representar un 26,4% en 1990 a un 34,9% no ano 2000; de feito é o tipo de vivenda que máis xitanos acolle en Galicia, case 3.000. Por vivenda ordinaria enténdese a vivenda adquirida no mercado libre, polo que o dato debe interpretarse como un signo positivo de mellora da situación económica da comunidade xitana, aínda máis se se ten en conta que esta positiva evolución se explica fundamentalmente polo “acceso de matrimonios novos, criados xa dende peque-nos ou dende novos en vivendas normalizadas”10. Así, a poboación xitana de Galicia que reside en vivendas normalizadas se eleva desde o 50% que se rexistraba en 1990 ao 66% no ano 2000, feito que constitúe un indi­cador ben representativo da mellora nas condicións de vida deste colectivo e da crecente normalización da súa situación en materia de vivenda. Pero ademais de analizar a evolución da situación en materia de acceso á vivenda, cómpre atender tamén a outro asunto relevante desde o punto de vista da inter­acción coa sociedade maioritaria: as relacións coa veciñanza e a integración nos barrios. Segundo a información consultada, nas barriadas de vivendas sociais os membros da comunidade xitana representan entre o 10% e o 30% do total de veciños, proporción que evidentemente non se alcanza no caso das vivendas ordinarias. A súa integración no conxunto do barrio presenta múltiples obstáculos, principalmente nos primeiros momentos de convivencia, cando o receo mutuo, os estereotipos e os efectos propios do cambio de hábitos fan que o conflito sexa constante nos seus inicios, para logo presentar diferentes evolucións. Na última década as diferenzas acrecéntanse, se cabe, naqueles barrios que poderían denominarse mixtos, isto é, no que conviven persoas xitanas que 10 Vid. páx. 71 de A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. habitan en vivendas ordinarias con outros membros do colectivo que o fan en infravi-vendas, pois a situación convivencial no entorno destes últimos segue a estar presidida polo conflito permanente. Porén, segundo o estudo máis recente da Xunta de Galicia, nas vivendas ordinarias a convivencia preséntase máis normalizada. A investigación realizada inclúe, de feito, os resultados dunha enquisa realizada a veciños de cinco barrios de vivendas de protección oficial con forte presenza xitana, a cal permitiu clasi­ficar as actitudes da veciñanza fronte á poboación xitana. Así, o 31,7% das persoas entrevistadas amósase bastante proclive á presenza de membros deste colectivo, o 52,2% móstrase, pola contra, crítico, fundamentalmente cos factores de convivencia diaria –limpeza e coidado de espazos comúns, pagamento da comunidade, ruídos e van­dalismo–, e, por último, o 16,1% presenta actitudes claramente contrarias ao comporta-mento dos veciños xitanos. Noutra orde de cousas, cómpre referir unha serie de datos relacionados cos aspectos normativos de facilitación do acceso á vivenda por parte das Administracións Públicas. A Lei 5/89, do 24 de abril, de Erradicación do Chabolismo, define o concepto de infravivenda e prevé unha serie de instrumentos e medidas de integración social para realoxar as familias que vivan nestas condicións, que son obxecto de desenvolvemento a través do Decreto 266/89 do 23 de novembro e dos decretos 195/91 e 343/92 para a erradicación das infravivendas rurais11. Estas accións normativas parten da esixencia recoñecida da elaboración de censos municipais de chabolas, momento a partir do que se habilitan partidas de gasto, que, ao cabo, se mostran pouco operativas12. O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) é o organismo autonómico ao que compete a política da vivenda. Os programas específicos de inclusión social en materia de vivenda, inclúen tanto as axudas para a erradicación do chabolismo como as axudas aos concellos para a infravivenda rural. O programa de erradicación do chabolismo en Galicia baséase na sinatura de convenios entre a Xunta e os Concellos, coa finalidade de que a Administración Autonómica subvencione actuacións das corporacións locais, as cales poden consistir na adquisición de vivenda nova ou usada, na construción de novas vivendas ou na subvención de alugueiros. As axudas oscilan entre un 65 e un 80% do seu custo, segundo o tipo de actuación e a poboación do municipio13. O impacto destes programas de vivenda durante a última década é bastante reducido, dada a escasa impli­ 11 Posteriormente aprobouse o Decreto 195/1996, do 17 de maio, polo que se modifican determina­dos artigos do Decreto 343/1992, do 26 de novembro, de axudas aos Concellos para infravivenda rural. 12 (IGVS). No exercicio de 1999, as obrigacións recoñecidas no subconcepto orzamentario que recolle as actuacións en materia de erradicación do chabolismo ascenden a 290.543.000 pesetas, dun orza-mento inicial de 450.000.000 de pesetas, o que supón un grao de execución dun 65%. Esta baixo nivel de execución pon de manifesto a necesidade dunha maior colaboración e mellor xestión entre o Instituto e os distintos concellos, ao obxecto de erradicar, nun prazo razoable de tempo, estas situacións de necesidade nos colectivos sociais con menor capacidade económica. 13 Vid. IGVS; 2005. “Axudas para a erradicación do chabolismo”: Estas axudas pretenden facilitar o acceso á vivenda e promover a integración social das familias con ingresos que non superen o salario mínimo interprofesional e que vivan a cotío en chabolas, non sexan titulares do dominio ou dun dereito real de uso ou desfrute sobre algunha outra vivenda, e non fosen benefi­ciarias doutras subvencións anteriores, co mesmo obxecto. cación das Administracións Locais na erradicación do chabolismo, como se recoñece tanto na publicación A comunidade xitana en Galicia 1990-2000 como no Informe Extraordinario do Valedor do Pobo Discriminación, marxinación, exclusión social en Galicia. En definitiva, a vivenda digna como elemento básico de integración social e dereito inalienable das persoas é, aínda, un obxectivo lonxe de ter sido alcanzado. Porén, a situación da poboación xitana en Galicia no que atinxe ao acceso á vivenda ten mellorado notablemente, o que se traduciu na redución do chabolismo. Se ben 1 de cada 3 xitanos segue habitando en infravivendas, a dinámica social e as actuacións públicas facilitaron un acceso masivo da poboación xitana á vivenda normalizada, ben a través da construción de promoción pública, ben mediante o acceso no mercado privado en propiedade ou alugueiro. 2.2. A SITUACIÓN SOCIOLABORAL Como xa se comentou no primeiro capítulo, a poboación xitana de Galicia carac­terizábase tradicionalmente, desde o punto de vista ocupacional, polo desenvolvemento de oficios como a cestería e o chalaneo. Estes empregos, con multitude de variantes, hábitos estacionais e xeográficos, entroncan cun modo de vida nómade. Ademais, no traxecto cara ás feiras das vilas, os xitanos realizaban algúns traballos temporais como complemento da venda, en forma ambulante, dos produtos dos seus traballos cesteiros, ferreiros, etc. Enténdese por chabolas aqueles habitáculos que non reunindo as características e condicións de vivendas nin sendo susceptibles de se converteren en tales, estean a ser utilizadas como morada humana. Os concellos de Galicia elaborarán un censo das chabolas existentes nos seus respectivos munici­pios. O censo axustarase ao formulario aprobado por Orde de 11 de xuño de 2001 (DOG do 20 de xuño de 2001). Realizaranse convenios entre a Xunta de Galicia e os concellos afectados nos que se fará constar os recursos achegados por ambas as dúas Administracións e as medidas concretas para o acceso á vivenda, a integración social dos chabolistas, e o saneamento da área de actuación. Adquisición polas entidades locais de vivendas novas ou usadas para o realoxamento dos chabo­listas: subvención de ata o 80% do custo en municipios de menos de 50.000 habitantes e ata o 65% nos res­tantes. Promoción privada de vivendas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en terreos postos a dis­posición gratuitamente polo concello e posterior transmisión ao concello por un prezo que non excederá do 75% do custo de execución. Promoción de vivendas polos concellos: subvencións de ata o 80% do custo en municipios de menos de 50.000 habitantes, e ata o 65% nos restantes. Subvención de alugueiros: ata o 80% do importe do alugueiro nos concellos de menos de 50.000 habitantes, e ata o 65% nos restantes, co límite máximo de 300 euros/mes por vivenda en todos os casos. Solicitude e tramitación: os concellos presentarán ante as oficinas da correspondente xefatura provincial do IGVS os censos debidamente cubertos, así como a proposta das actuacións que van realizar para facilitar o acceso á vivendas dos chabolistas xunto cun esquema dos recursos que achegarán ambas as dúas administracións. A documentación achegada polos concellos será sometida a informe da xefatura pro­vincial correspondente e servirá de base ás correspondentes propostas do convenio de colaboración que redactará o IGVS e que se remitirán aos concellos para que lle presten a súa conformidade. Pero a partir dos anos sesenta prodúcese unha confluencia de factores que orixi­nan a crise irreversible dos oficios tradicionais do pobo xitano: os novos procesos migratorios, o éxodo masivo ás cidades e a conseguinte perda do peso específico do sec­tor agrario, a mellora das comunicacións, etc., dan lugar aos citados procesos de seden-tarización e urbanización que, á súa vez, provocan o cambio de oficios e unha adapta­ción laboral a un modelo económico industrial e urbano que foi especialmente severo cunha poboación historicamente marxinada como a xitana. Nesta perspectiva, tarefas como a recollida de chatarra, a peonaxe industrial e portuaria, a construción, e a adapta­ción do negocio da venda ambulante a un novo panorama, serán os principais eixes ocu­pacionais da poboación xitana. De feito, desde os anos oitenta, a ocupación nos empre-gos tradicionais atinxe a menos do 5% da poboación xitana. Como pode observarse no cadro nº 3, preto de 2 de cada 3 xitanos dedícanse á venda ambulante, ocupación que, á súa vez, presenta o maior índice de crecemento dende 1983. A recollida de chatarra e residuos sólidos urbanos, é, pola contra, unha ocu­pación en declive, aínda que segue a ser o segundo sector de actividade para a poboa­ción xitana –24,3%–. Por último, débense destacar os empregos por conta allea, de xeito que os asalariados representan o 8,3% do total de poboación ocupada. Pero esta estrutura laboral difire da resultante para o conxunto da comunidade xitana española. Así, o peso da venda ambulante é en Galicia moi superior, rexistrando, pola contra, unha menor actividade nas profesións artesás, artísticas e intelectuais, así como nas liberais e técnicas, en comparanza con outras zonas do Estado. C.3. ESTRUTURA OCUPACIONAL DA POBOACIÓN XITANA EN GALICIA 1983 1990 2000 Venda ambulante 38,8 52,0 62,7 Chatarra 42,7 27,0 24,3 Traballo por conta allea 13,1 8,5 8,3 Agricultura – 1,0 – Empregos tradicionais 2,3 3,5 0,8 Marisqueo 2,9 – 2,7 Outros 0,2 8,0 1,2 TOTAL 100 100 100 Fonte: (1983) Los gitanos en situación de extrema necesidad en Galicia. GRUPO AMAT, 1983. (1990) La Comunidad Gitana en Galicia. Xunta de Galicia, 1992. (2000) A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. En canto á afiliación á Seguridade Social do traballo por conta propia detéctase un progresivo incremento ao longo dos últimos anos. Así, en 2000 aproximadamente o 85% dos titulares de licencias de venda ambulante figuraban no réxime xeral para traba-lladores autónomos. Pero a distribución ocupacional xenérica que se vén de describir non reflicte as diversas realidades que conviven dentro dunha comunidade tan heteroxénea como a xitana. Existen, pois, acusados contrastes no plano sociolaboral. Así, por exemplo, os xitanos zamoranos contan, polo xeral, con prósperos negocios, e mesmo poden chegar a abrir establecementos comerciais nas poboacións nas que residen, sen renunciar ao nego­cio da venda ambulante, unha situación que contrasta claramente coa doutros membros que se ocupan en sectores como a recollida de chatarra –principalmente os da comuni­dade galega–, que presentan unhas condicións laborais pésimas, nas que a tónica xeral é a descontinuidade laboral e a consecución dun valor produtivo mínimo. Como consecuen­cia disto, unha parte significativa dos xitanos atópase aínda en situacións de exclusión social. Os déficits formativos, a carencia de competencias profesionais e a falta de hábi­tos propios do traballo por conta allea, limitan a incorporación ao mercado laboral deste colectivo, ao que habería que engadir a influencia dos prexuízos e estereotipos aínda pre­sentes na sociedade maioritaria, que dificultan aínda máis o acceso ao traballo asalariado como produto dunha clara discriminación directa baseada en motivos étnicos. Esta situación demanda unha atención especial e urxente desde a planificación das políticas de formación e emprego para cumprir o mandato constitucional do dereito ao traballo en igualdade de condicións para todos os cidadáns e cidadás, dereito que para boa parte da poboación xitana semella estar aínda lonxe de facerse efectivo. Son moi poucas as persoas xitanas que acceden á oferta de formación profesional normali­zada debido, en gran medida, á falta de adaptación destes cursos á súa situación, carac­terísticas e necesidades. A inserción laboral é afrontada desde diversos tipo de progra­mas, entre os que se destaca o Programa Acceder que a Fundación Secretariado General Gitano está a desenvolver a través da creación de dispositivos de acceso ao emprego en trinta e catro municipios do Estado, catro deles galegos, en concreto, nas cidades de Vigo, Pontevedra, Santiago e Lugo. O programa Acceder (2001-2006) ten promovido a incorporación activa dos xitanos e xitanas aos circuítos económicos, ao mercado de tra­ballo normalizado, maioritariamente por conta allea. En resumo, ao longo dos últimos cincuenta anos a poboación xitana atravesou por un duro proceso de adaptación a novas actividades laborais caracterizado por altas taxas de subemprego e emprego somerxido en actividades como a recollida de chatarra e a venda ambulante, ocupacións exercidas por conta propia, ás que se van sumando outras por conta allea. De calquera xeito, agás polo significado aínda deci­sivo do negocio da venda ambulante, ata hai ben pouco dinámico e próspero, a preca­riedade laboral segue a ser unha realidade para a comunidade xitana, un factor esen­cial se se ten en conta que, en definitiva, o emprego determina as condicións de vida das familias, e máis en concreto aspectos como o acceso á vivenda e a mellora da situación educativa das futuras xeracións. 2.3. A SANIDADE En España, a cobertura sanitaria é universal, dereito que garante a Lei Xeral de Sanidade de 1986. Así, se ben na actualidade o acceso aos servizos sanitarios de carácter público é universal, o pobo xitano, como noutros moitos ámbitos, amosaba unha situa­ción de partida claramente desvantaxosa en relación á sociedade maioritaria. Como pode comprobarse no cadro nº 4, en 1983, 3 de cada 5 xitanos non dispoñían de cober­tura sanitaria, unha situación que no ano 1990 se vería moi mitigada, pero que era aínda superior á do conxunto da poboación, pois a aplicación real da universalidade deste dereito non se materializaría ata a aprobación do Real Decreto 1.088/1989, de 6 de setembro. C.4. EVOLUCIÓN DA COBERTURA MÉDICA FAMILIAR. PESO PORCENTUAL SOBRE O TOTAL DE FAMILIAS XITANAS 1983 1990 Cartilla de Seguridade Social 7,0 36,0 Antiga cartilla de beneficencia/Tarxeta sanitaria 33,0 46,0 Sen cobertura sanitaria 60,0 18,0 TOTAL 100 100 Fonte: (1983) Los gitanos en situación de extrema necesidad en Galicia. GRUPO AMAT, 1983. (1990) La Comunidad Gitana en Galicia. Xunta de Galicia, 1992. A pesar de que a efectividade desta norma non atopa, en xeral, grandes atrancos, seguen a persistir certas desigualdades que xogan en contra das familias xitanas en peo­res condicións socioeconómicas. Existen, pois, diversos estudos que, aínda recollendo información relativa ao conxunto da poboación xitana española, reflicten unha serie de trazos característicos das condicións sanitarias do colectivo obxecto de estudo, que, en principio, poden ser impu­tables a calquera comunidade xitana do Estado. Non obstante, as consideracións que no presente apartado se refiran á poboación xitana española deben ser interpretadas, en cal-quera caso, con prudencia, en tanto caiba hipotetizar algún matiz diferencial para a comunidade galega. Así pois, diversos estudos evidencian que o acceso aos servizos de saúde pre­senta diferenzas segundo a situación socioeconómica ou a clase social. Así, por exem­plo, en España existe un claro patrón de desigualdade na utilización dos servizos den-tais, demostrado en múltiples enquisas de saúde: a pesar de que esta tendencia se vai atenuando progresivamente, a proporción de persoas que acoden ao dentista diminúe a medida que se descende na escala social. En canto aos recursos de Atención Primaria, non se observan diferenzas no que atinxe á utilización dos servizos, pero si respecto das actividades preventivas, como o índice de vacinacións ou de consultas de nenos sans, máis baixos nas clases máis desfavorecidas. Ademais, detéctanse outras limitacións no acceso a determinados servizos sanita­rios para os pacientes socialmente desfavorecidos, en ámbitos concretos como a conti­nuidade de tratamentos e a derivación de pacientes a servizos especializados ou a unida­des de apoio ao diagnóstico. Así, utilízanse termos como “o paciente non colabora”, de xeito que son excluídos de determinados tratamentos que, desta forma, se destinan ás persoas cun nivel cultural e socioeconómico máis favorable, como por exemplo, a diá­lise domiciliaria14. O sistema sanitario debe, entón, experimentar unha substancial transformación, en aras de facilitar unha atención non discriminatoria á poboación xitana. De feito, diversos estudos evidencian que a situación sanitaria desta comunidade en España é cla­ramente deficiente15. Para chegar a esta conclusión, tivéronse en conta toda unha serie de indicadores que, segundo a Organización Mundial da Saúde, revelan as desigualda­des que, neste eido, sofren determinadas poboacións ou colectivos. Os indicadores comunmente utilizados son, pois, o índice de mortalidade, o de morbilidade, indicado­res de saúde percibida, hábitos, limitación de actividade e acceso e uso dos servizos de saúde. Pero a reforma do sistema sanitario require dunha previa comprensión de todos os factores e elementos que interactúan na relación da comunidade xitana coa saúde. Así, deben terse en conta distintos aspectos relacionados coa cultura xitana. En primeiro lugar, hai que partir da premisa de que non se trata dunha relación entre o sistema sani­tario e o individuo, senón entre o sistema, o individuo e o grupo familiar extenso. Esta relación singular ten a súa tradución en diferentes fenómenos, uns máis visibles que outros. Así, por exemplo, un feito habitual é a presenza numerosa de familiares nas con­sultas, nos servizos de urxencia e nos hospitais, pero hai efectos menos visibles, como por exemplo, que as pautas que o profesional pacte co paciente poidan verse alteradas posteriormente no seo da familia extensa. Por outro lado, a detección precoz dos problemas de saúde vese moi obstaculi­zada, debido á percepción da saúde por parte dos membros deste colectivo. Nalgúns sectores da comunidade xitana a saúde non é percibida como unha das necesidades máis prioritarias. Por diante dela sitúanse outras necesidades como a vivenda, a situación económica ou o traballo. Ademais, unha gran porcentaxe de xitanos e xitanas conciben a saúde como ausencia de enfermidade, e esta como unha situación invalidante ligada á 14 Vid. “Desigualdades en salud y exclusión social”. Palanca Sánchez, Inés. Revista Gitanos nº 15. 2002. 15 As seguintes consideracións foron extraídas do informe Salud y comunidad gitana. Análisis de propuestas para la actuación. Dirección General de Salud Pública. Ministerio de Sanidad y Consumo Fundación Secretariado General Gitano (Área de Salud). 2004. morte. Isto provoca que a preocupación por ela comeza cando aparecen síntomas ou consecuencias moi rechamantes. Ademais, outro trazo que caracteriza, en termos xerais, a esta poboación, é que no momento en que se percibe a enfermidade –a persoa ou o seu entorno familiar–, a actuación debe ser inmediata e resolutiva, debido, precisamente, á relación directa que se establece entre enfermidade e morte. Así, cando grazas ao tratamento desaparecen os síntomas, abandónanse as pautas terapéuticas, xa que, desde esa determinada concep­ción da saúde, a enfermidade desapareceu. Todo isto ten consecuencias directas na utilización dos recursos sanitarios, que é, en moitos casos, inadecuada: constátase, como xa se indicou, un uso excesivo dos servi­zos de urxencias, así como unha escasa utilización dos servizos de ambulancias e do servizo de cita previa. Doutra banda, datos recentes relativos á saúde da poboación xitana española apuntan as seguintes evidencias: a mortalidade infantil e 1,4 veces superior á media estatal e a esperanza de vida é de 8 a 9 anos inferior á media e de ata 10 en situacións de marxinalidade acentuada; a vacinación infantil é deficitaria e, en xeral, faise un segui­mento inadecuado dos programas de saúde infantil, especialmente nas zonas con nivel económico precario; detéctanse deficiencias nutricionais, sobre todo entre os menores –o que afecta entre outras cousas á saúde bucodental–; realizan un uso abusivo de medi­camentos; presentan unha maior incidencia de enfermidades infecto-contaxiosas, princi­palmente de hepatite B e C, sendo a vía maternofilial un medio importante de transmi­sión; presentan un maior nivel de accidentes ou lesións involuntarias e configuran un grupo de risco para as malformacións conxénitas, debido a factores xenéticos e culturais –a endogamia–. Pero, se a poboación xitana, considerada no seu conxunto, presenta déficits de saúde, as mulleres, en particular, son un colectivo especialmente vulnerable. Así, no cumprimento da tradicional función de coidado e reprodución, as mulleres xitanas exer­cen de coidadoras de todos os demais membros do fogar, quedando elas relegadas a un plano marxinal. A saúde das mulleres xitanas presenta tamén unha serie de trazos característicos, moitos deles relacionados coa vertente xinecolóxica. De feito, e tendo en conta que todos os temas que atinxen á sexualidade constitúen un tabú, moitos problemas de saúde e patróns de conduta relaciónanse coa dimensión sexual-reprodutiva. Así, as mulleres xitanas contan, en ocasións, con escasa información relacionada coa planificación fami­liar; fan un menor uso dos servizos xinecolóxicos e, asociadamente, unha escasa pre­vención deste tipo de doenzas; e presentan unha elevada taxa de fecundidade, con embarazos e partos a idades moi temperás e ata idades avanzadas. Pero, ademais, adoi-tan padecer outros problemas de saúde, como o envellecemento prematuro, con enfer­midades que non son propias da idade –diabete, doenzas óseas e cardiovasculares–; así como trastornos da saúde mental, como angustia, ansiedade e depresión, derivadas da asunción dun exceso de responsabilidades. E xa para rematar este apartado, e retomando os indicadores dispoñibles para a Comunidade Autónoma de Galicia, convén realizar un breve apuntamento sobre a dimensión hixiénico-sanitaria das condicións de vida do colectivo de referencia, en canto elemento indefectiblemente ligado á saúde. Convén, pois, sinalar que para un terzo da poboación xitana residente en Galicia as condicións sanitarias do hábitat son moi deficientes. O estado hixiénico-sanitario das infravivendas presenta carencias de primeira orde, xa que, por exemplo, no ano 1990 só a metade destas moradas dispoñían de auga corrente, lavabo ou ducha. As condicións de salubridade destes poboados distan moito de ser aceptables: en 2000 só o 40% dispoñía de rede de sumidoiros e o 60% de servizo de recollida de lixo. C.5. CONDICIÓNS SANITARIAS DAS VIVENDAS XITANAS NOS “CAMPAMENTOS CHABOLISTAS”. DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL DISPÓN NON DISPÓN TOTAL Recollida de lixo 60,0 40,0 100 Rede de sumidoiros 40,0 60,0 100 Ducha 52,0 48,0 100 Lavabo 54,0 46,0 100 Auga corrente 60, 40,0 100 Auga potable 40,0 60,0 100 Fonte: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. Aínda que hoxe en día a extensión da cobertura sanitaria é plena, a comuni­dade xitana, como minoría desfavorecida social e economicamente e como colectivo culturalmente diferenciado da sociedade maioritaria, padece unha situación real de desigualdade no ámbito sanitario que a converte, desde a perspectiva da saúde, nun sector de poboación máis vulnerable. Ademais, o elemento da desigualdade de xénero revélase aquí con máis forza, en tanto que as mulleres xitanas son as princi­pais vítimas dun deficiente acceso á saúde, derivado tanto da propia organización familiar, como dos tabús culturais asociados á sexualidade. 2.4. A EDUCACIÓN Nas décadas dos sesenta e setenta a comunidade xitana española presentaba índi­ces de analfabetismo moi elevados, cunha taxa promedio que en 1978 se situaba no 68%16. Perante esta situación, a primeira institución que acometeu un intento sistemá­tico de escolarización dos xitanos foi a Igrexa Católica, que a través da Comisión Episcopal da Emigración, o chamado Apostolado Xitano, impulsou a creación de esco­las-ponte. Este tipo de centros, como o seu nome indica, teñen a finalidade de formar aos nenos e nenas xitanas que, por razóns socioeconómicas, están á marxe do sistema educativo normal, para o seu acceso a este sistema escolar17. Tanto en orixe como des-pois de posteriores transformacións que deron lugar ao recoñecemento destes centros polo Ministerio de Educación en 1978, as escolas-ponte paliaron de maneira determi­nante a situación educativa de partida do colectivo xitano. En 1989, aínda existían en Galicia cinco escolas-ponte, pero a súa integración no sistema escolar normalizado era plena18. Como se pode observar no seguinte cadro, no ano 2000 os 1.600 nenos xitanos atopábanse matriculados en 205 centros escolares da Comunidade Autónoma de Galicia. Nese momento, os centros de titularidade pública absorbían o 94% dos alumnos xitanos, mentres que os centros privados matriculaban o 6% restante19. C.6. MATRICULACIÓN ESCOLAR DA POBOACIÓN XITANA DE 3 A 16 ANOS SEGUNDO TIPO DE CENTRO CENTROS AULAS ALUMNOS/AS N % N % N % Colexios públicos 137 66,8 715 77,4 1.262 78,4 Colexios concertados 28 13,7 95 10,3 165 10,2 Institutos de secundaria 40 19,5 114 12,3 183 11,4 TOTAL 205 100 924 100 1.610 100 Fonte: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. 16 Vid. Los gitanos españoles. ISAM. Secretariado General Gitano, 1978. Por outro lado, en 1983 a publicación do grupo AMAT situaba o nivel de analfabetismo xitano en Galicia no 33%. 17 Vid. Mapa de Servizos Sociais de Galicia. Xunta de Galicia, 1989. 18 Nalgúns casos fixéronse experimentos en escolas exclusivas para nenos xitanos, pero os resulta­dos tampouco parecen ter sido moi positivos, xa que se ben nestas escolas se poden aplicar métodos máis en consonancia coa cultura xitana, córrese o perigo de formar novos guetos que impidan que os rapaces se rela­cionen cos demais nenos e nenas da sociedade maioritaria. 19 Segundo datos do I.G.E., no conxunto da comunidade escolar de Galicia o 23% dos alumnos están en centros de titularidade privada e o 77% en centros públicos. C.7. DISTRIBUCIÓN DE CENTROS E ALUMNADO SEGUNDO O NÚMERO DE ALUMNOS/AS XITANOS/AS % DE CENTROS % DE ALUMNOS/AS De 1 a 2 30,1 6,4 De 3 a 5 26,2 12,9 De 6 a 10 18,7 19,2 De 11 a 15 11,4 17,9 De 16 a 20 5,6 10,4 De 21 a 30 3,5 11,6 Máis de 30 4,5 21,2 TOTAL 100 99,6 Fonte: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. A redución da taxa de analfabetismo é un feito constatado. De todos os xeitos, Cáritas estima que en España a taxa de analfabetismo entre os xitanos que viven na pobreza é aínda bastante elevada –25,7%–, porcentaxe que contrasta coa resultante para o total de españois que son considerados “pobres” –8,9%–. Mentres, a taxa de analfabe­tismo para o conxunto da poboación española é aproximadamente do 2,5%20. En Galicia, durante o ano 2000, aproximadamente 240 homes e mulleres xitanos estaban a cursar estudos de alfabetización, pregraduado, Graduado escolar, Educación Secundaria ou cursos de Técnico/a auxiliar de Formación Profesional, destinados a persoas maiores de 25 anos, que ou ben non acadaron os obxectivos mínimos na ensinanza obrigatoria, ou ben amosan un baixo nivel de lectoescritura, ou son analfabetos21. Hoxe en día, ademais do crecemento do índice de alfabetización, obsérvase unha correlación entre idade e nivel de estudos. Estes feitos son especialmente positivos para a eliminación do analfabetismo. Xunto a este elemento, destaca tamén positivamente o índice de escolarización, que, como se presenta no seguinte cadro, supón a incorpora­ción maioritaria do colectivo á rede ordinaria de ensino obrigatorio. 20 Datos do I.N.E. correspondentes ao ano 2000. 21 Vid. páx. 71 de A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. C.8. MATRICULACIÓN ESCOLAR DA POBOACIÓN XITANA SEGUNDO O NIVEL DE ENSINANZA OBRIGATORIA (DE 3 A 16 ANOS) E. INFANTIL E. PRIMARIA E. SECUNDARIA TOTAL H M T H M T H M T H M T Nº DE ALUMNOS/AS 146 159 305 523 515 1.038 153 114 267 822 788 1.610 TAXA DE MATRICULACIÓN % 59 67 63 86 83 84 45 34 40 72 70 71 Fonte: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. Se ben a taxa de escolarización total se sitúa no 71%22, que coincide coa distribu­ción escolar “normal”, este nivel se reduce ao 63% na Educación Infantil, rexistrando só un 40% no ensino secundario. Estes datos contribúen a identificar os atrancos que se revelan actualmente como máis importantes para a poboación xitana na esfera educa­tiva. Así, nos últimos vinte anos, os principais problemas están relacionados co absen­tismo escolar e un baixo nivel de rendemento escolar. Só 2 de cada 5 nenas e nenos xitanos manteñen unha asistencia regular á escola, mentres que os restantes presentan diversos tipos de problemáticas. No caso extremo sitúanse aqueles rapaces que mesmo chegan a abandonar os estudos, que representan o 6,2% do total. Un 12,2% asiste esporadicamente e o 39,1% mantén unha presenza irre­gular. Este comportamento, igual que o fracaso escolar, parte de condicións sociocultu­rais desvantaxosas para a comunidade xitana. En realidade, os nenos que actualmente están escolarizados forman parte aínda das primeiras xeracións con acceso á educación, o que supón que o ambiente familiar no que se socializan carece polo de agora de hábi­tos e valores que fomenten o estudo e as actitudes favorables a este e, en xeral, valoren a adquisición de formación académica, ao que habería que engadir o feito de que a cultura propia do pobo xitano non se ve reflectida en absoluto nos contidos educativos. C.9. VALORACIÓN DA ASISTENCIA Á ESCOLA DOS/AS NENOS/AS XITANOS/AS SEGUNDO A OPINIÓN DO PROFESORADO % Regular 42,5 Irregular 39,1 Esporádica 12,2 Abandono 6,2 TOTAL 100 Fonte: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. 22 En 1990 este índice era do 69% e en 1983 estimábase no 65%. 45 O baixo rendemento escolar é un feito constatado que se reflicte en diferentes indicadores. Así, segundo indica o propio profesorado, o 75% do alumnado xitano ten un rendemento escolar máis baixo que o do conxunto da aula. Con todo, os datos corres-pondentes ao ano 1990 eran aínda máis alarmantes, pois, como se reflicte no cadro nº 10, só o 1% das rapazas e rapaces xitanos de 14 anos estaban no curso que lles corres­pondía. Este atraso na Educación Primaria condiciona a escasa presenza xitana na edu­cación media e superior; de feito, calcúlase que no conxunto do Estado só existen apro­ximadamente douscentos universitarios de raza xitana, e xa, polo que atinxe á Galicia, o acceso á formación superior por parte de membros da comunidade xitana é un dato anecdótico. C.10. DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO XITANO SEGUNDO CURSO ESCOLAR E IDADE (1990) IDADES 6 7 8 9 10 11 12 13 14 1º EGB 100 48 15 32 60 70 – – – 2º EGB – 52 46 30 – – 3º EGB – – 39 31 85 – 4º EGB – – – 37 27 98 5º EGB – – – – 13 25 61 6º EGB – – – – – 5 8 7º EGB – – – – – – 1 14 8º EGB – – – – – – – 1 1 1º BUP – – – – – – – – 1 TOTAL 100 100 100 100 100 100 100 100 100 Fonte: La comunidad gitana en Galicia. Xunta de Galicia, 1992. A avaliación que o profesorado do ensino obrigatorio fai sobre o alumnado xitano no estudo que a Xunta de Galicia publica en 2002, sinala que 2 de cada 3 alum­nos conseguen os obxectivos, unha proporción baixa se se compara co conxunto do alumnado, pero relativamente optimista en relación a outras variables, como o compor­tamento, a participación dos pais e nais ou o esforzo. Así, a publicación A comunidade xitana en Galicia 1990-2000 define un indica­dor para tipificar o alumnado xitano que está conformado polas avaliacións do persoal docente con respecto á asistencia, rendemento e comportamento dos nenos xitanos. Así, algo máis de 1 de cada 4 alumnos xitanos presenta unha asistencia, rendemento e com­portamento “normal”, mentres que o resto manifestan dous tipos de problemáticas, que, en escala gradual, se reflicten no seguinte cadro. Os valores do grupo C redúcense ata un 15% cando se refiren á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Esta situación non é novidosa, senón que, como xa se sinalou, tamén se detectaba en anteriores medicións, posto que as condicións socioculturais non mudaron significa­tivamente e os mecanismos que se adoptaron para palialas non foron todo o operativos que se quixera. As medidas de apoio á comunidade xitana están garantidas normativa-mente polo Real Decreto 1.174/1983, de 27 de abril, mediante o que se considera a poboación xitana como unha minoría cultural, o que vén facultar o establecemento de medidas de acción positiva en diversos aspectos educativos, entre os que se inclúe a Formación Profesional ou a incorporación de orientadores educativos nas escolas. A nivel autonómico, os mecanismos de igualación son recollidos no Decreto 320/1996; aínda así parte do profesorado pensa que son necesarios máis recursos. C.11. TIPOLOXÍA DE ALUMNADO XITANO SEGUNDO O SEU RENDEMENTO % GRUPO A: Alumnos/as con asistencia, rendemento e comportamento moi deficiente 46,1 GRUPO B: Alumnos/as que asisten regularmente con rendemento mediocre 26,6 GRUPO C: Alumnos/as cunha asistencia, rendemento e comportamento equiparable ao resto 27,3 Fonte: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. A superación destas problemáticas relacionadas co fracaso escolar implica a necesaria eliminación de diversos atrancos sociais, económicos, educativos e culturais que proveñen tanto da propia comunidade xitana, como das institucións educativas e da sociedade maioritaria. Estes problemas orixinan e manteñen unha situación de desigual-dade que contribúe a afianzar, entre a poboación xitana, a idea da falta de utilidade da escola, de que existen “cousas máis importantes que facer”. En termos xerais, nos últimos trinta anos tense conseguido a incorporación dos nenos e nenas xitanos ao marco educativo xeral, primeiramente a través das escolas-ponte, e, nestes momentos, no sistema escolar ordinario, o que se reflicte na normali­zación de parámetros e estatísticas de matriculación. Esta incorporación é determi­nante para explicar o crecemento na taxa de alfabetización de persoas adultas xitanas. Aínda que este acceso ao sistema educativo e a redución do analfabetismo corrixen eivas fundamentais da circulación social normalizada da comunidade xitana, hoxe en día os problemas dos rapaces xitanos relaciónanse coa adaptación ao entorno educativo, o absentismo e o fracaso escolar, fenómenos que, en boa medida, están asociados a unha falta de valoración cultural, por causas complexas, do traballo inte­lectual e mesmo da formación profesional. Deste xeito, tales manifestacións, aínda que non poidan facerse extensibles ao conxunto da poboación xitana, presentan unha clara relación, igual que outros aspectos do benestar, coa situación dos sectores máis desfavorecidos social e economicamente. Así, estas problemáticas só se verán mitiga­das a través da continuidade de políticas de integración, cohesión e intensificación da implicación de pais e nais, persoal docente e institucións educativas. 2.5. A PARTICIPACIÓN SOCIAL E POLÍTICA Na actualidade, os niveis de asociacionismo da comunidade xitana aproxímanse aos do conxunto da sociedade. As súas particularidades históricas e culturais, así como os cambios sociais acontecidos no último cuarto de século, fan que os xitanos recorran en maior medida a distintos mecanismos asociativos. Agora ben, este dato que parte da concepción da familia como referencia individual e colectiva, funciona perfectamente para o establecemento de relacións sociais entre os propios xitanos e para a concepción política dos xitanos dentro da sociedade paia, pero non obstante, a participación social e política presenta un certo déficit como indicador de normalidade de relación e integra­ción da comunidade xitana. Nos períodos anteriores á actual democracia, o asociacionismo da poboación xitana era practicamente inexistente; de feito, as primeiras asociacións xitanas en Galicia foron impulsadas nos anos setenta polo Secretariado Nacional Xitano, cuxa acción, que xa se comentou no ámbito educativo, se estende tamén á intervención social. En Galicia, estas asociacións confórmanas técnicos non xitanos, e desenvólvense en múltiples experiencias locais. Esta tendencia prosegue nos anos oitenta, cando seguen predominando as asociacións con maioría de membros non xitanos, mentres que as integradas por persoas desta comunidade non conseguiron consolidarse. Nestes anos, as asociacións con maior presenza son, dunha banda, a Federación de la Comunidad Gitana de Asociaciones de Promoción Gitana, e doutra, a Asociación Chavós para o Desenvolvemento Sociopedagóxico. Hoxe en día, como xa se apuntou, o panorama é moi diferente grazas á funda­ción de diversas asociacións de xitanos e para xitanos que enriquecen o tecido asocia­tivo galego; así, por exemplo, durante a última década creáronse en Ourense diversas asociacións que se federan creando a Federación Galega de Asociacións Xitanas (FEGAG). En xeral, estas novas asociacións, aínda que non vexan garantida a súa con-tinuidade, son un bo síntoma da normalización e representación do pobo xitano en Galicia. A participación social da comunidade xitana compleméntase coa súa presenza en asociacións de tipo veciñal, educativo ou laboral, aínda que nestes ámbitos os xitanos presentan niveis especialmente baixos en relación coa sociedade maioritaria. De cal-quera xeito, o grao de participación dos xitanos neste tipo de asociacións constitúe un fenómeno que evoluciona en paralelo aos procesos de acceso á vivenda, escolarización e cambio no modelo laboral que está a experimentar este colectivo. Así, respecto da vivenda, o progresivo aumento da participación veciñal cífrase en que o 3,5% dos adul­tos xitanos forma parte dalgunha asociación de veciños23, un tipo de asociacionismo fundamental de cara á completa normalización da súa situación, non só polo mero feito de significar un acceso normalizado á vivenda, senón polo elemento de interacción social que implica, en canto integración na comunidade ou barrio. Nas escolas, o 0,7% do colectivo forma parte de Asociacións de Nais e Pais, unha porcentaxe crecente aínda que moi inferior á que rexistra o conxunto da sociedade espa­ñola24. Noutro tipo de asociacións, como as culturais e as deportivas, estímase unha par­ticipación do 0,9% da poboación xitana en Galicia. Por último, as asociacións concernentes ao mundo laboral presentan para os xita-nos unha dobre finalidade: dunha banda, o achegamento a sindicatos maioritarios, cunha afiliación mínima, supón garantir a presenza sindical do colectivo en conflitos laborais ou na busca de asesoramento en materia de vivenda. Por outra banda, e relacio­nado coa venda ambulante, os xitanos procuran, cada vez máis frecuentemente, o esta-blecemento de mecanismos de representación profesional que garantan os dereitos indi­viduais e colectivos no exercicio deste negocio. C.12. PESO DA POBOACIÓN ASOCIADA SOBRE O CONXUNTO DE REFERENCIA SEGUNDO TIPO DE ORGANIZACIÓN POBOACIÓN XITANA DE GALICIA % POBOACIÓN TOTAL DE GALICIA % POBOACIÓN TOTAL DE ESPAÑA % Asociacións xitanas 15,4 N/P N/P Asociacións veciñais 3,5 N/D 10-25** ANPAS 0,7 6,5 8,0 Asociacións profesionais/afiliación sindical 0,9 17,3* 17,9* Outras 0,9 N/D N/D Fonte: Elaboración propia. * Estas cifras corresponden á porcentaxe de traballadores/as afiliados/as, mentres que os datos da poboación xitana foron calculados sobre o conxunto da súa poboación. ** Trátase dunha estimación. 23 Segundo diversos estudos de ámbito local a porcentaxe de persoas que participan en asociacións veciñais oscila entre o 10% e o 25%, dependendo da cidade. Así, por exemplo, en Granada cífrase no 13,9%, en Zaragoza no 22,9% e en Gandía no 24% (información extraída de diversas páxinas consultadas en Inter­net). 24 Varios documentos consultados a través de Internet estiman que en España, como promedio, un 30% das nais e pais de alumnos forman parte das ANPAS. Extrapolando estes datos ao conxunto de indivi­duos adultos, obtense, como resultado, unha proporción do 8% para o conxunto de España e do 6,5% para Galicia. Outra vertente da participación social é a participación política, concepto que pode definirse como “o conxunto de actos e actitudes dirixidos a influír de maneira máis ou menos directa, ou máis ou menos legal, sobre as decisións de quen ostentan o poder no sistema político ou en cada unha das organizacións políticas, así como na súa mesma selección, con vistas a conservar ou modificar a estrutura, e por tanto os valo­res, do sistema de intereses dominante”25. Esta definición permite examinar, cando menos, as dimensións da participación electoral, a comunicación política e a presenza de persoas xitanas en organizacións políticas. Segundo a información extraída dalgunhas publicacións sobre a situación da comunidade xitana, os niveis de voto deste colectivo son homologables aos do conxunto da poboación; así, como se recolle en A comunidade xitana en Galicia 1990-2000 e se comentou sucintamente en páxinas anteriores, nesta Comunidade Autónoma un 63,1% dos adultos xitanos acode a votar habitualmente, porcentaxe que se eleva ata o 70% no ámbito rural –de feito, nestas zonas tamén se recoñece un maior interese e seguimento da vida política municipal–. Aínda así, en Galicia non existe ata o de agora ningún exemplo de representación política por parte da comunidade xitana no ámbito local, nin, como se verá, en cargos institucionais ou na participación en órganos consultivos; en realidade, tampouco existen organismos de intermediación co colectivo26. Así, en canto á participación electoral activa no conxunto do Estado, a presenza de persoas xitanas en candidaturas electorais continúa a ser moi deficiente. Ata o de agora só Juan de Dios Ramírez Heredia conseguiu unha acta de deputado no Parlamento español27. En Galicia, a presenza en candidaturas é moi limitada e, como se indicou, non existen polo de agora homes ou mulleres xitanos que ocupen cargos públicos no ámbito local ou autonómico. Nesta orde de cousas, convén indicar que o pobo xitano decántase por opcións políticas tradicionais de moi diverso signo. Así, un estudo realizado a nivel estatal sobre dezasete candidatos xitanos revela que os membros deste colectivo son incluídos tanto en listas de partidos de ámbito estatal como en formacións políticas de ámbito menor. Así, desde a óptica do eixe esquerda/dereita, catro dos candidatos presentáronse en can­didaturas de dereita, mentres que trece fixérono en partidos de esquerda. 25 Vid. Manual de Ciencia Política. Pasquino, M. Editorial Arial. Madrid, 1990. 26 Na perspectiva estatal, un bo exemplo deste tipo de organismos é o Consello Municipal Xitano de Barcelona. Este órgano consultivo data de 1998 e estrutúrase en dous niveis, un máis institucional, coa presenza de representantes das distintas administracións da cidade e da comunidade xitana, e outro máis ope­rativo, integrado por parte dos membros do primeiro nivel, e que tamén garante a presenza de todas as agru­pacións, asociacións e federacións xitanas con sede na cidade de Barcelona. As reunións no segundo nivel realízanse cada dous meses e nelas trátanse diversos temas como educación, a sociedade e participación cidadá. Ademais, elabóranse diversos estudos sobre, por exemplo, o aumento da calidade de vida da poboa­ción xitana ou sobre o seguimento dos alumnos xitanos co obxectivo de evitar o fracaso escolar. 27 Máis recentemente, Pilar Heredia Iglesias foi candidata do P.S.O.E. nas Eleccións Xerais cele­bradas en 2004 aínda que non conseguiu acta de deputada. A nivel autonómico, é destacable a presenza dun deputado xitano do P.P. nas Cortes Valencianas. Territorialmente, as candidaturas de membros xitanos concéntranse en Andalucía, a Comunidade Valenciana e Cataluña, aínda que un deles se presentou pola provincia de Ourense. As formacións políticas nas se presentaron foron as seguintes: C.I.U., P.I. de Melilla, P.S.M., P.P., P.S.O.E., P.D.N.I. e E.U./I.C.-Els Verds28. Ademais da incorporación paulatina aos partidos democráticos, cómpre aludir a diferentes organizacións políticas propias. Aínda que estas opcións políticas non teñen unha implantación significativa en Galicia, debe deixarse constancia das diferentes estruturas presentes en España: – A Unión Romaní defínese a si mesma como unha organización non goberna-mental, de carácter non lucrativo, dedicada á defensa da comunidade xitana. Ten como ámbito de traballo o territorio español e participa coa Unión Romaní Internacional nas actividades que perseguen o recoñecemento da cul­tura do pobo xitano como un valor da cultura universal. En Galicia está fede­rada coas seguintes asociacións: en A Coruña, coa Asociación de Integración Xitana; en Lugo, coa Asociación para a Promoción e Integración Xitana; en Ourense, coa Asociación Xitana “Chanela”; en Pontevedra, coa Asociación de Promoción Xitana, en Vigo, coa Asociación Xitana “Kali de Castrelos” e en Vilagarcía de Arousa coa “Asociación Amigos Promoción Xitana”. – Outra opción política relevante é Romipén –Xitaneidade–, organización que presenta o perfil de grupo de presión. Esta asociación busca, entre outras medidas, a creación dunha Oficina de Defensa das Minorías Étnicas, adxunta á institución do Defensor del Pueblo; a inclusión nos textos escolares dos ele­mentos históricos e sociais sobre a comunidade xitana; e a aprobación dun Estatuto do Pobo Xitano que supoña o recoñecemento dun conxunto de derei-tos colectivos, como a creación dunha Asemblea xitana, un Instituto Cultural Xitano, uns medios de comunicación propios e o recoñecemento do romanó como unha lingua máis do Estado. – O Partido Nacionalista Caló –PNCA–. O seu programa político coincide co exposto para as anteriores organizacións, coa diferenza de que esta organiza­ción concorre ás eleccións. Concretamente, nas Eleccións Xerais de 2004 recadou 756 votos. En síntese, a existencia e desenvolvemento destas e outras asociacións políticas, así como a conquista efectiva de calquera espazo de participación política e social, con-tribúe, tanto á defensa dos dereitos da comunidade xitana, como ao respecto da cultura e identidade propias. 28 Vid. “La participación política de los gitanos”. Aguilera Cortés, Pedro. En Gitanos. Pensamiento y cultura. Revista bimestral de la Asociación Secretariado General Gitano. Número 4. Abril de 2000. Nos últimos vintecinco anos a poboación xitana veu desenvolvendo plataformas de carácter social e político para representar os seus propios intereses, e, ao tempo, incrementando a súa participación noutras de significado máis xeral, como, por exem­plo, as centradas na vivenda ou na educación. No primeiro dos casos, este aumento da dinámica asociativa, que permite afirmar que, en Galicia actualmente, o asociacio­nismo xitano é un fenómeno en expansión, non nega eivas considerables expresadas nunha notable debilidade estrutural daquel. No segundo tampouco se traduce, as máis das veces, nun nivel de integración e protagonismo equiparable ao da poboación xeral, debendo concluírse unha aínda escasa presenza xitana nas organizacións e ámbitos de participación ordinarios, é dicir, en espazos asociativos comúns coa sociedade maiorita-ria, como as ANPAS, os sindicatos e partidos, e o movemento veciñal. 2.6. AS PRESTACIÓNS SOCIAIS Noutra orde de cousas, e para finalizar este capítulo no que se analizou a situa­ción da comunidade xitana desde a perspectiva dos distintos elementos que configuran o benestar social, coméntase a continuación a evolución recente das cuestións asociadas á percepción das prestacións sociais, mecanismo definido para contribuír nese sentido, característico do Estado do Benestar. Como é sabido, as minorías étnicas en xeral, e os xitanos e xitanas, en particular, atópanse en situacións de desvantaxe social e económica fronte ao conxunto da poboa­ción xeral. A realidade en Galicia non difire en absoluto desta descrición xeral, a pesar de que as condicións de pobreza e exclusión social que sofre boa parte do pobo xitano están a ser actualmente paliadas con políticas que teñen por finalidade a inserción paula­tina da comunidade xitana na sociedade, dentro do respecto á súa cultura. Así, en primeiro lugar, cabe indicar que as prestacións sociais de garantía de ingresos mínimos constitúen mecanismos de integración, puramente económicos, desti­nados a garantir recursos de subsistencia e acceso laboral a todas aquelas persoas que se atopan en situación de necesidade, ben a través dunha renda, ben mediante axudas de pago único. A definición e descrición do impacto destes programas na comunidade xitana será o cometido do presente epígrafe. A nivel estatal, a aprobación e desenvolvemento da Lei 26/90, de 20 de decem­bro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, supón a extensión e mellora deste tipo de pensións, é dicir, das prestacións de carácter econó­mico, asistencia médico-farmacéutico gratuíta e servizos sociais complementarios para cidadáns en situación de xubilación, invalidez e/ou estado de necesidade. A nivel autonómico, a Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, desenvolta polo Decreto 374/1991, do 24 de outubro, regula a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), unha prestación social destinada a garantir os recursos económicos de subsistencia ás persoas que carecen deles, así como a súa autonomía e integración nor­malizada a través dun proxecto personalizado de inserción, que se articula a través de dous tipos de medidas: – Unha prestación económica: que se determina como a combinación dun sub­sidio básico, un complemento por membro adicional e un complemento de inserción. – Un proxecto de inserción: configurado como o verdadeiro eixo do programa e constituído por un conxunto de accións tendentes a mellorar a integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral, das persoas afectadas polas diferentes formas de exclusión e/ou marxinación. NORMATIVA REGULADORA No ano 2000, a RISGA tiña máis de catro mil beneficiarios directos e case quince mil beneficiarios indirectos. Estes datos certifican a extensión deste programa de garan­tía de ingresos mínimos. De cara á poboación xitana o impacto é fundamental, aínda que desigual, desde a perspectiva dos distintos grupos humanos que conforman o colectivo. Así, mentres que a dependencia dos salarios sociais por parte dos xitanos galegos é ben significativa, a incidencia entre a comunidade zamorana é moito menor. C.13. POBOACIÓN BENEFICIARIA DA RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA A 31 DE DECEMBRO DE 2000 Beneficiarios/as directos/as 4.157 Beneficiarios/as indirectos/as 14.549 Fonte: Plan Galego de Inclusión Social 2001-2006. Xunta Galicia, 2001. En conxunto, no ano 2000 as prestacións económicas de carácter complementa­rio, as prestacións de carácter non contributivo e a RISGA, supoñían ingresos para algo máis de 3 de cada 5 familias xitanas, o que supón un forte incremento con respecto a 1990, cando a proporción de persoas beneficiarias era de 2 de cada 5. C.14. EVOLUCIÓN DAS PRESTACIÓNS SOCIAIS ENTRE A POBOACIÓN XITANAS 1990 2000 Familias xitanas perceptoras de prestacións sociais 40,0 62,1 Percepción media mensual por unidade familiar 72,1€ 157,5€ Fonte: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. O cadro nº 15 sinala os diferentes tipos de axudas e o seu peso entre as familias xitanas. Nel pode comprobarse que a RISGA constitúe o tipo de prestación máis esten­dida –29,5%–, outras pensións non contributivas son percibidas por un 27,4% das fami­lias e só un 5,2% dos xitanos ingresan directa ou indirectamente pensións para as que contribuíron previamente. C.15. UNIDADES FAMILIARES XITANAS SEGUNDO PERCEPCIÓN DE PRESTACIÓNS SOCIAIS % Pensións non contributivas 27,4 RISGA 29,5 Pensións contributivas 5,2 Sen prestacións 37,9 TOTAL 100 Fonte: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Xunta de Galicia, 2002. Os Programas de garantía de ingresos mínimos foron aprobados para as per­soas en estado de necesidade, e, neste sentido, como pon de manifesto o Informe FOESSA de 1998, as familias xitanas sofren situacións de pobreza máis acusadas que as que padecen o conxunto de persoas que son convencionalmente consideradas “pobres”29. Dende 1990, o significado dos mecanismos asistenciais incrementouse en Galicia, tanto en número como en contía económica. Así, no ano 2000, 3 de cada 5 xitanos percibían algún tipo de axuda que supoñía unha retribución media por uni­dade familiar de 157,5 euros mensuais. Se ben as prestacións económicas evolucio­naron positivamente, os proxectos de inserción necesarios para completar a integra­ción social e laboral adoecen de diversas eivas que impiden facer un balance plenamente positivo deste tipo de prestacións sociais. 29 PROPORCIÓN DE FOGARES E PERSOAS EN DISTINTOS NIVEIS DE POBREZA SOBRE O TOTAL DE FOGARES E PERSOAS POBRES: NIVEL DE POBREZA Poboación española xeral Poboación española xitana Fogares Poboación Fogares Poboación Extrema 2,8 4,4 17,8 21,9 Grave 9,1 12,3 26,7 29,8 Moderada 36,1 42,8 39,9 38,5 Precariedade 52 40,5 15,6 9,5 TOTAL 100 100 100 19,7 Fonte: Informe FOESSA. 1998. II APROXIMACIÓN DESDE FONTES PRIMARIAS: A REALIDADE ACTUAL DA POBOACIÓN XITANA DE GALICIA 0. INDICACIÓNS PREVIAS Se a primeira parte do Informe constitúe unha aproximación á situación da pobo-ación xitana de Galicia desde a perspectiva das fontes secundarias, as principais publi­cacións da Comunidade Autónoma sobre o colectivo así como outro tipo de documenta­ción varia, esta segunda parte comprende a realizada desde as fontes de información primaria, isto é, daquela elaborada ad hoc e obtida mediante o emprego de distintos métodos de recollida de información propios da investigación sociolóxica. Esta segunda parte estrutúrase, pois, en tres capítulos: os dous primeiros abordan a situación actual da poboación xitana tomando como referencia o discurso das persoas expertas informantes para a redacción do presente Informe Extraordinario. Así, realizá­ronse unha serie de entrevistas en profundidade a informantes cualificados na temática obxecto de indagación30, que, ben pola súa responsabilidade á fronte de organizacións que desenvolven o seu labor con este colectivo, ben desde cargos de responsabilidade política e/ou administrativa, ou, simplemente por contar cunha dilatada experiencia no traballo coa comunidade xitana, achegan información que fai posible realizar unha des-crición da realidade actual desta poboación, información que entraría en diálogo, desde unha perspectiva de contraste, con aquela extraída de fontes secundarias e exposta na primeira parte do Informe. Deste xeito, o primeiro destes capítulos describe a situación actual en materia de benestar, atendendo as súas principais dimensións: a vivenda, a formación e o emprego, a sanidade e a educación. O segundo deles céntrase nos aspectos máis culturais: as tradi­cións e costumes xitanas, a relixión, o asociacionismo e a cultura política. Por último, o terceiro capítulo toma como base dúas fontes de información: nun primeiro nivel, de novo desde o discurso dos informantes cualificados, e nunha perspec­tiva valorativa, coméntase a actuación dos poderes públicos e as entidades de iniciativa social dirixida á poboación xitana; mentres que nun segundo nivel, baseándose nos datos facilitados mediante cuestionario, se describen, de xeito pormenorizado, as accións desenvoltas ao longo dos últimos anos polas Administracións Locais dos conce­llos que contan cunha presenza significativa de poboación xitana31, así como as levadas a cabo polas principais entidades que centran o seu labor na atención ao colectivo. 30 Ao final do documento inclúese, como anexo, a relación das persoas informantes que prestaron a súa colaboración para a redacción do Informe. 31 Do mesmo xeito, ofrécese como anexo a relación dos Concellos colaboradores. 1. A SITUACIÓN ACTUAL EN MATERIA DE BENESTAR 1.1. A VIVENDA O acceso á vivenda segue a ser unha das principais problemáticas que afectan á poboación xitana. De feito, todos os informantes consultados mencionan este factor como unha das trabas máis importantes de cara á normalización da situación do colec­tivo. Como se sinala na primeira parte do Informe, ao longo das últimas décadas e sobre todo nos últimos dez anos, o acceso á vivenda normalizada por parte da poboa­ción xitana, veuse, en efecto, incrementado, polo que pode dicirse que o balance global arroxa un saldo positivo. Non en tanto este segue a ser o ámbito no que mellor se apre­cia a situación de desigualdade que afecta a este colectivo. O chabolismo e a infravivenda, fenómenos que seguen afectando a aproximada­mente un terzo da comunidade xitana, representan a máxima expresión desta desigual-dade; campamentos como O Vao en Pontevedra, Penamoa en A Coruña e o Carqueixo en Lugo, nos que se concentran cifras significativas de poboación, son os exemplos máis visibles das situacións de pobreza, marxinación e exclusión social na que aínda vive unha proporción importante de familias xitanas. De feito, aínda que en termos absolutos as cifras non parezan especialmente elevadas, si son porcentualmente signifi­cativas se se comparan coa taxa resultante para o conxunto do Estado. Pero o achegamento á realidade da comunidade xitana en materia de vivenda require dun comentario detallado que atenda ás distintas modalidades de acceso: a vivenda en propiedade, tanto a ordinaria –á que se accede no mercado libre– como a de promoción pública, e a vivenda en aluguer. Comezando por esta última, o seu acceso é, a xuízo de toda a información reca­dada, un dos principais terreos nos que se manifesta a discriminación que padece o colectivo, un asunto cunha importancia non menor que o da vivenda en propiedade, pois, como logo se comentará, as dificultades existentes no acceso á compra dunha vivenda fan que o aluguer sexa unha solución para moitas familias xitanas. De feito, existen indicadores que evidencian que as trabas que padece este colectivo superan, en proporcións significativas, a aquelas ás que deben facer fronte as persoas inmigrantes á hora de alugar un inmoble, así como ás que tamén se evidencian en materia de acceso ao emprego por conta allea. Este é, ademais, un dos eidos de maior indefensión xurídico-administrativa para o colectivo, en termos de poder revelar a existencia de situacións claramente discrimi­natorias. En todo caso, a unanimidade entre os informantes consultados é plena: as per­soas de etnia xitana non acceden á vivenda en aluguer en igualdade de condicións que o resto dos cidadáns e cidadás. O coñecemento e ata a experiencia propia de multitude de casos, nos que individuos de etnia xitana e as súas familias non poden alugar unha vivenda no momento en que se evidencia a súa pertenza á esta etnia32 é unha constante na realidade cotiá da poboación xitana de Galicia. Deste xeito, o aluguer das vivendas realízase fundamentalmente grazas a intermediación de organizacións, administracións ou individuos que non pertencen a esta comunidade. Se ben o aluguer dunha vivenda é un acto que, enmarcado na esfera do Dereito Privado, ten lugar no ámbito do mercado, do acceso a bens e servizos de carácter pri­vado; a acción das Administracións Públicas si podería contribuír á erradicación destas situacións discriminatorias. Así, neste sentido, parece necesario mellorar o funcionamento da Bolsa de Aluguer do Instituto Galego de Vivenda e Solo que, ata o de agora, e segundo a infor­mación recadada, non ten un impacto real no mercado. A súa xestión a nivel autonómico faina escasamente operativa para ofrecer unha solución de vivenda de aluguer a persoas integrantes deste colectivo. Doutra banda, suxírese tamén a posta en marcha dunha política de vivenda de promoción pública en aluguer. De feito, as políticas públicas desenvoltas en España en materia de vivenda social centráronse, ata o de agora, exclusivamente na construción de inmobles destinados á compra. Este cambio enmarcaríase nun contexto de transforma-cións sociais xeneralizadas que fan preciso o deseño e construción de vivendas adapta­das ás novas formas de vida e aos novos modelos familiares. Pero, como se indicou, as familias xitanas atópanse tamén con numerosos obstá­culos á hora de poder comprar unha vivenda, en calquera das súas modalidades de acceso: • En canto ao acceso á vivenda ordinaria, a modalidade que máis poboación xitana acolle en Galicia –no ano 2000, preto de 3.000 persoas–, o que debe interpretarse positivamente como un indicador da mellora no nivel de vida do colectivo, detéctanse, non obstante, obstáculos importantes: – En primeiro lugar hai que aludir aos prezos da vivenda, un factor que se ben afecta ao conxunto da sociedade, na comunidade xitana representa, na maior parte dos casos, un impedimento de primeira orde. – A concesión de hipotecas é un dos ámbitos nos que tamén se denuncia a existencia de situacións discriminatorias pero que, sen chegar a ese 32 Nun primeiro momento, o simple contacto telefónico non evidencia a pertenza destas persoas á etnia xitana, pero o encontro con elas ou o coñecemento dos seus apelidos conducen a un rexeitamento inme­diato, e á denegación da oferta de aluguer da vivenda. extremo, representa en si mesma un obstáculo, pois en moitos casos e dada a principal actividade económica do colectivo, a venda ambulante, son moitas as dificultades para poder acreditar uns ingresos fixos ou máis ou menos constantes. – Xa noutro plano, tamén se recolleron alusións ás relacións de veciñanza, na liña da denuncia de comportamentos racistas por parte de membros da sociedade maioritaria, que se traducen en distintas accións ou prácticas tendentes a evitar a compra dun piso por parte de familias xitanas. • Así, a vivenda social ou de promoción pública, que debería constituír unha alternativa real para a comunidade xitana, tampouco é, ou polo menos non na medida desexable, unha saída para moitas familias: – En primeiro lugar, polo escaso número de promocións ofertadas polas dis­tintas Administracións, feito que en maior ou menor medida foi a nota característica dos últimos quince anos. Precisamente, unha crítica compar­tida que se realiza neste sentido alude á macropolítica que en materia de vivenda se leva aplicando no conxunto do Estado ao longo desta última década, baseada, de feito, nun conxunto de medidas fiscais tendentes a beneficiar as clases medias e medias-altas, en detrimento das clases sociais con menor poder adquisitivo e, polo tanto, con escasas posibilida­des de acceso á vivenda no mercado libre. Xunto a isto, a xa mencionada política de vivenda social baseada exclusivamente no réxime de propie­dade. – En segundo lugar, e a diferenza do que ocorreu fundamentalmente nos anos oitenta, o acceso á oferta de vivendas de promoción pública está suxeita ao cumprimento dunha serie de requisitos de difícil cumprimento para moitas familias xitanas; por unha parte a imposibilidade de moitas delas para acreditar o mínimo de ingresos establecido; por outra, a dificul­tade para xustificar ingresos procedentes do traballo, pois se esixe a pre­sentación de xustificantes de cotización á Seguridade Social –incluídos os autónomos–, así como o cumprimento das obrigas correspondentes coa Administración Tributaria. As dificultades descritas, tanto no acceso á vivenda en aluguer como en propie­dade, teñen consecuencias de diversa índole, entre as que cabe destacar as seguintes: – A xa aludida persistencia de núcleos de marxinalidade, os citados campamen­tos chabolistas e de infravivenda, nos que se ven abocadas a habitar familias de moi escasos ingresos, sen perspectiva de acceso a unha vivenda nas míni­mas condicións de habitabilidade. – Polo que atinxe ás familias que si accederon a vivendas sociais en décadas anteriores, e ante a imposibilidade de que as xeracións máis novas accedan a unha vivenda normalizada –en aluguer ou en propiedade–, constátase o amo-reamento de moitos membros nun mesmo piso. Ademais, e como tendencia moi recente, tamén comezan a apreciarse situacións en que algunhas parellas novas que abandonan o fogar familiar só poden acceder á infravivendas. Pero a situación da poboación xitana nesta materia foi tamén abordada desde a perspectiva da convivencia e das relacións de veciñanza. A este respecto apréciase un consenso importante en canto que, se ben a convivencia é en termos xerais aceptable, determinados aspectos relacionados cos bens en común, como por exemplo os gastos de comunidade, son fonte de conflito. Ademais, segundo a información facilitada, tamén xorden problemas de convivencia cando nun mesmo edificio coinciden varias familias xitanas, pois os conflitos son frecuentes entre eles, así como o desenvolvemento de hábitos e comportamentos ruidosos e, por tanto, molestos para o resto da comunidade. A este respecto, cómpre aludir a dúas recomendacións que reúnen o consenso de diversos informantes: – A importancia de desenvolver procesos de formación previos ao desenvolve­mento de calquera política de realoxamento, que prepare as familias para a convivencia en comunidade. – A conveniencia de distribuír a poboación xitana, nos proceso de adxudicación de vivendas sociais ou de promoción pública, en distintos edificios ou mazás, en aras de evitar a conformación de guetos nas barriadas. Con independencia da análise que, na perspectiva da identificación de situacións discriminatorias que afectan neste eido á comunidade xitana de Galicia, se realiza nou­tra parte do presente Informe, o discurso dos expertos informantes recolle, dun xeito ou doutro, que as Administracións Públicas non poden eludir a responsabilidade, no marco das súas respectivas competencias, no que se refire ao acceso á vivenda por parte da poboación xitana de Galicia; pois é un feito constatado que este acceso constitúe unha vía de cara á normalización noutros niveis. É evidente, pois, desde este discurso, que o acceso á unha vivenda digna é un instrumento que retroalimenta a normalización da situación do colectivo en ámbitos como a escolarización dos rapaces e rapazas ou o acceso ao emprego. Non debe, entón, prescindirse do papel que as institucións poden xogar nesta materia, e neste sentido o Concello de Santiago de Compostela representa un bo exem­plo e un modelo a imitar por parte doutras Administracións Locais, pois non cabe dúbida que o labor desempeñado desde os Servizos Sociais Municipais durante as pasa­das décadas foi clave, constituíndo un modelo a imitar, promovendo e facilitando desde todos os eidos o acceso á vivenda normalizada de moitas familias xitanas: xestión das solicitudes de acceso a vivendas sociais, desenvolvemento dun traballo previo de for­mación ás familias en aspectos relacionados coa habitabilidade en pisos, a convivencia en comunidade, etc., ou a intermediación con outros organismos, como o Instituto Galego da Vivenda e Solo para aceptar determinadas solicitudes cando as fontes de ingresos non estaban totalmente garantidas. Como se indicou, a pesar de que o fenómeno do chabolismo vaise reducindo pro­gresivamente, aínda é unha problemática relevante nalgúns concellos, como A Coruña, a cidade que concentra a comunidade xitana máis numerosa de Galicia e que conta tamén co maior número de campamentos chabolistas e de infravivenda; que precisa da vontade decidida dos responsables políticos municipais para, en colaboración con outras Administracións, conseguir a erradicación de guetos que constitúen auténticos focos de problemáticas asociadas á marxinalidade. Ao fío destas cuestión, é importante subliñar que a acción das distintas Administracións non ten por que circunscribirse á construción de vivendas de promo­ción pública. Á marxe da mencionada orientación ao réxime en propiedade, a Administración Autonómica conta, como se indicou, cun servizo especializado, a Bolsa de Aluguer, que debería ser obxecto de modificacións, en aras de contribuír a súa efi­ciencia. Ademais, as Administracións Locais poderían tamén desenvolver accións diri­xidas a facilitar o aluguer e mesmo a compra no mercado da vivenda de segunda man, un mercado que cada vez conta cunha maior oferta, a través da creación dun fondo de garantía que se ocupe da concesión de avales bancarios ou da xeración de crédito que apoien a compra de vivenda por parte de persoas de etnia xitana. Por último, e non menos importante, cómpre reflexionar sobre a oportunidade e conveniencia de modificar a Lei para a erradicación do chabolismo33, unha lei que deu cabida á posta en marcha de políticas de realoxamento en campamentos de infraviven-das carentes dos servizos máis imprescindibles e nas mínimas condicións de habitabili­dade. A Lei carece das garantías necesarias á limitación e prohibición da construción de campamentos segregados sen dotación dos equipamentos máis básicos e afastados dos núcleos urbanos. Na actualidade o acceso á vivenda segue a constituír unha das principais trabas á normalización da situación da poboación xitana, sendo expresión dun dobre fenó­meno: a desigualdade e a discriminación social que padece o colectivo. Así, os actuais mecanismos administrativos para facilitar o acceso a este ben básico revélanse como claramente insuficientes: as tradicionais políticas de promo­ción pública de vivendas, cada vez máis escasas á vez que centradas case en exclu­ 33 Lei 5/1989, do 24 de abril, de medidas para a erradicación do chabolismo no ámbito da Comuni­dade Autónoma de Galicia. siva na compra dos inmobles, evidéncianse a día de hoxe e por razóns diversas como ineficaces. Por outro lado, precísase dunha clara e decidida colaboración entre as dis­tintas Administracións de cara a fornecer solucións neste ámbito, centrando os esfor­zos na erradicación do chabolismo, fenómeno que, lémbrese, segue afectando a apro­ximadamente un terzo da poboación galega xitana. A forte discriminación social que padece o colectivo no que atinxe ao acceso á vivenda de aluguer, terreo no que a indefensión xurídico-administrativa é notoria, tamén pon de manifesto a necesidade dunha urxente intervención dos poderes públi­cos, dando cumprimento ao mandato constitucional que os insta a promover as condi­cións que fagan posible a igualdade de todos os cidadáns e cidadás. 1.2. A FORMACIÓN E O EMPREGO O acceso ao emprego e, relacionada de xeito moi estreito, a formación, é outra das grandes temáticas que, asociada ao benestar dos individuos, son agora obxecto de atención en relación coa situación da comunidade xitana galega, tomando como fonte a información fornecida polas persoas expertas consultadas para a elaboración do pre­sente informe. Neste sentido, e por máis que no discurso de boa parte dos entrevistados a abor­daxe destes temas, a formación e o emprego, fose realizada conxuntamente, de seguido, serán obxecto dun comentario diferenciado, aos simples efectos dunha maior claridade expositiva dos argumentos recollidos. Así, considerando a información relativa ás accións formativas que se veñen des-envolvendo na nosa Comunidade Autónoma, pode afirmarse que, en termos de diagnose da situación actual dos xitanos e xitanas de Galicia a este respecto, evidéncianse progre­sos significativos, sendo, no entanto, un dos eidos no que se detectan carencias notorias e avances máis modestos. Así, e entendendo xenericamente por “formación” a participación en procesos formativos de carácter non regrado, é dicir, á marxe das cuestións relacionadas co ensino regrado –aspectos que se tratarán en relación coa situación do colectivo en mate­ria de educación–, sinaláronse unha serie de fallas importantes no sistema formativo actual, así como outros aspectos de menor relevancia, pero tamén susceptibles de mellora, que en boa medida corresponde corrixir a todas aquelas Administracións Públicas con competencias en materia de formación e emprego: en primeiro lugar, a Administración Autonómica, responsable da rede de formación e emprego desde a década anterior, unha vez transferidas as políticas activas neste eido34, pero tamén os 34 A xestión das políticas pasivas permanece en mans da Administración Central, concretamente no Instituto Nacional de Emprego –INEM–. Concellos, cada vez cun maior protagonismo na articulación das políticas de emprego a nivel local. Así, en canto ás accións formativas de carácter xeral, é dicir, as dirixidas ao con-xunto da poboación, refírense os seguintes inconvenientes, que representan trabas ou dificultades para membros do colectivo xitano: • En primeiro lugar, cómpre indicar que, con frecuencia, os procesos formati­vos nos que participan teñen unha longa duración –tres meses ou máis– o que para os membros da comunidade xitana supón un obstáculo desde o momento en que se esas accións non son remuneradas estase a dificultar a asistencia diaria ás clases. O absentismo, tamén neste eido, é un fenómeno habitual, tal e como apuntan boa parte dos informantes consultados. Como se indicou na primeira parte do Informe, a venda ambulante constitúe a principal actividade socioeconómica, o sector de ocupación máis importante para a poboación xitana, no que adoitan empregarse varios membros da unidade familiar. Así, a participación en actividades formativas, concibida como un recurso potencial para o acceso a un emprego –fundamentalmente por conta allea– constitúe, non obstante, un claro inconveniente, pois aínda que algunhas destas accións son adaptadas para persoas con dificultades horarias, o máis frecuente é que sexan impartidas durante a mañá, coincidindo coas horas nas que se desenvol-ven as principais actividades do colectivo; a venda ambulante e a recollida de chatarra. As consecuencias disto son, pois, evidentes: derivan na perda de ingresos económicos para as familias. • Nesta orde de cousas, a Renda de Integración Social de Galicia –RISGA– é tamén, nalgún caso, obxecto de crítica desde o punto de vista da súa funciona-lidade como proceso de inserción laboral dos colectivos desfavorecidos en xeral, e da poboación xitana en particular. Os procesos formativos vinculados á percepción desta prestación –en ocasións inexistentes– carecen da planifica­ción desexable, en canto que non se configuran como un itinerario de profe-sionalización efectivo para os seus perceptores. As accións desenvoltas res­ponden a actuacións illadas, que non facilitan unha progresión real nos itinerarios de formación e de acceso ao emprego. Ademais, dado o carácter obrigatorio que tales actividades formativas presentan, é dicir, vinculante para a percepción desta renda de ingresos mínimos, a motivación do alumnado é con frecuencia nula. No entanto, no estudo elaborado pola Asociación Chavós e publicado pola Xunta de Galicia –A comunidade xitana en Galicia 1990-2000– indícase que o principal valor da RISGA relaciónase, precisamente, co esforzo formativo realizado. Así, naqueles lugares nos que se leva a cabo un seguimento e implantación rigorosa dos proxectos de inserción, fixo posible incorporar ás actividades de formación educativa, formación integral –hábitos e habilidades sociais– e formación prelaboral, a moitos homes e mulleres xitanos. Ademais, a existencia do requisito previo da escolarización dos fillos para o acceso á renda económica, permitiu exercer unha certa presión naqueles ambientes nos que existían situacións de absentismo escolar. Este esforzo formativo reper­cute, ademais, a medio prazo, na mellora da empregabilidade e nos niveis de integración social de toda a comunidade. • Ata aquí referíronse, pois, trabas que poden cualificarse como obxectivas ou externas, e susceptibles de corrección por parte das Administracións respon­sables; pero, ademais, existen outro tipo de obstáculos cun carácter máis sub­xectivo ou interno, a saber: – En moitos casos, a falta dunha formación de partida, dun nivel educativo básico –o que se relaciona directamente coa importancia que debe conce­derse á consecución do Graduado escolar– desincentiva a asistencia conti­nuada ás actividades formativas, en tanto que para a poboación xitana supón, obxectivamente, un maior esforzo de comprensión e asimilación de información e, ademais, desde un punto de vista máis interrelacional, unha falta de empatía co resto do alumnado non xitano, en termos de integra­ción social no grupo. – Desde a perspectiva antropolóxica, de descrición das tradicións e costu-mes do pobo xitano, no que existe, en moitos sentidos, unha concepción xenuína sobre o traballo, distinta á da sociedade maioritaria, así como un maior grao de motivación perante determinados tipos de oficios ou profe-sións, como son as que se desenvolven ao aire libre e que implican un maior grao de liberdade persoal; derívase que, mentres que algúns cursos de formación como os de mecánica de automóbiles, xardinería, albanele-ría, etc., teñen unha boa acollida entre os seus membros, os relacionados con outras profesións que implican un contacto máis estreito cunha supe-rioridade xerárquica, ou que se realizan en espazos pechados, non conse­guen motivalos en igual medida. – Doutra banda, cómpre aludir á especial situación do colectivo feminino neste ámbito: se, como se comentou, a posición das mulleres xitanas no que atinxe ao emprego por conta allea é, aínda, unha cuestión espiñenta na que se están a dar os primeiros pasos en termos de incorporación ao mer­cado laboral, a súa participación en procesos formativos vese tamén limi­tada. Se ben desde o discurso das persoas que fornecen maior información sobre a temática de formación e emprego, implícita ou explicitamente se aposta pola participa­ción do colectivo xitano en procesos formativos de carácter xeral, isto é, dirixidos ao conxunto da poboación, tamén se considera necesario manter accións especificamente orientadas a el, tanto de tipo formativo como de mellora da empregabilidade. Deste xeito, sinálase, en primeiro lugar, que os programas de formación e emprego deberían ir acompañados de medidas de discriminación positiva. Nalgúns cen­tros de formación vinculados á rede pública, de feito, a atención á diversidade e o esta-blecemento de actuacións tendentes á compensación das necesidades formativas son escasas. A flexibilidade que caracteriza a rede pública de formación e emprego, en ter­mos de orientación desa formación á demanda existente no mercado laboral, que, ao cabo, se traduce en maiores posibilidades de integración laboral para os seus usuarios, supón, non obstante, un obstáculo para os colectivos sociais máis desfavorecidos: a carencia de información suficiente, derivada de barreiras culturais e sociais de acceso a este sistema, así como os requisitos de admisión que establecen algúns destes centros –a través dos que se prima a presenza de alumnado con maior nivel formativo, mesmo uni­versitario–, constitúen trabas evidentes para a integración formativa e laboral da comu­nidade xitana; de aí a importancia da introdución de medidas orientadas á superacións destes obstáculos, como por exemplo, a reserva de prazas para aquelas persoas que por circunstancias relacionadas coas barreiras educativas existentes no pasado, contan cun nivel inferior ao Graduado escolar. Non obstante, como excepción ao dito, hai que alu­dir aos programas de formación en alternancia co emprego –escolas obradoiro, casas de oficio e obradoiros de emprego–35 e aos denominados programas de cooperación –para a realización de obras ou servizos de interese social–. Outra das demandas realizadas, extensible á optimización da funcionalidade dos programas de acceso ao emprego e de mellora da empregabilidade, sitúase na liña de modelizar itinerarios de formación e emprego, isto é, que sirvan como modelo imitable para os membros do colectivo xitano. Se non se aposta realmente polo deseño e desen­volvemento de modelos formativos e de acceso posterior ao emprego, a poboación xitana dificilmente se verá motivada para participar en accións que a leven a ocuparse en actividades laborais alternativas á venda ambulante. Nesta orde de cousas, tamén se sostén, precisamente, que a participación de membros do colectivo xitano en programas de acceso ao emprego arroxa un balance positivo, en canto que nos últimos anos persoas de etnia xitana conseguiron incorpo­rarse ao emprego por conta allea. Este balance é favorable en termos cualitativos –xa que cuantitativamente as cifras non son tan relevantes– e, sobre todo, porque, mentres que, por un lado, se contribúe á integración e a normalización laboral do colectivo, dou­tra, actúan como referentes para outros xitanos e xitanas. Por último, outros requirimentos formulados sitúanse na liña de corrixir o acceso á profesionalidade daquelas persoas que xa están integradas no mercado de traballo, e, 35 Algúns deles incluídos no Plan Autonómico de Desenvolvemento Xitano, no marco do cal desen­volven distintas accións algúns Concellos de Galicia. como exemplo concreto, o establecemento dos mecanismos necesarios para acreditar a cualificación profesional da actividade da venda ambulante. En síntese, a participación de persoas xitanas en procesos formativos auspiciados polas Administracións Públicas, en termos globais, positivamente valorada, precisa, non obstante, da introdución de melloras na liña das suxestións recollidas: aplicación de cri­terios de discriminación positiva no acceso á formación, deseño e planificación de itine­rarios formativos, profesionalización das actividades existentes e, sen prexuízo das accións de carácter xeneralista que faciliten a participación de poboación xitana desde presupostos respectuosos coa atención á diversidade, o mantemento de accións específi­cas dirixidas a este colectivo. En canto á segunda das dimensións a abordar no presente capítulo, o emprego, termo a través do que se vai referir a situación laboral actual da poboación xitana desde a perspectiva das persoas informantes que, xitanas, ou non, coñecen a fondo esta reali­dade, cómpre indicar que: – Desde a perspectiva da información recadada detéctase un consenso unánime en canto que a situación laboral da comunidade xitana, e falando sempre en termos xerais, mellorou de xeito significativo nos últimos vinte anos, e, como se sinala na primeira parte do Informe, grazas fundamentalmente á expansión da actividade da venda ambulante. – A mellora das condicións de vida da poboación xitana dedicada á venda ambulante –en especial a comunidade zamorana– é un feito incuestionable que, porén, presenta, como xa se apuntaba no estudo realizado pola Asociación Chavós no ano 2000, signos de saturación, tendentes agora a con-verterse no que podería denominarse crise estrutural. Esta crise, que tampouco hai que valorar de xeito catastrofista, vai máis alá, pois, do conxuntural, e pode explicarse pola conxunción de diversos factores: – Dunha banda, a competencia que supoñen as mercadorías de orixe chinesa. A venda ambulante, tradicionalmente asentada na compra de téxtil ou calzado a prezos moi competitivos –no primeiro caso, mediante a adquisición de pren­das, moitas delas imitacións, fabricadas no norte de Portugal–, vese agora superada pola penetración do xénero chinés, que presenta, para a súa compra no bazar, prezos máis económicos que nos mercados de venda ambulante. – Pero a introdución de mercadoría chinesa competitiva, o problema máis perentorio detectado nestes momentos, non explica por si soa a crise do sector e a súa situación de esgotamento. Hai que ter en conta, tamén, que na actuali­dade está a incorporarse ao mercado laboral unha nova xeración, moi nume­ rosa; ou dito doutro xeito, a pesar da redución da natalidade, o número de vendedores ambulantes segue aumentando, polo tanto, a competencia interna. – A demanda social implícita da introdución de cambios e modernización dos mercados, o que supón a modificación das estratexias de venda. O cambio no propio concepto de mercado, perfilándose agora non só como un centro de venda de prendas e calzado a prezo económico, senón co engadido dun novo elemento, como espazo de lecer, de composición “étnica” ou multicultural. – Por último, desde o propio sector da venda ambulante a crise actual, funda­mentalmente debida á competencia chinesa, tamén se explicaría pola suba das taxas municipais que deben abonarse para o exercicio da actividade. Os factores aludidos poñen de manifesto que a crise que atravesa esta actividade económica vai máis alá do meramente conxuntural; así, á marxe da competencia externa –a das mercadorías chinesas– ou internas – a dos vendedores autóctonos e, fundamen­talmente a de membros do propio colectivo–, outros elementos apelan á necesaria rede-finición do sector de cara ao futuro, orientada á súa modernización e profesionalización. De feito, como se indicou ao fío das cuestións relacionadas coa formación, sería necesa­rio e conveniente articular os mecanismos necesarios para cualificar profesionalmente o exercicio de actividade, a actividade comercial. Pero, como se indica na primeira parte deste Informe, aínda que a venda ambu­lante constitúe o principal sector de actividade da poboación xitana de Galicia –62,7%, segundo datos do ano 2000–, a recollida e venda de chatarra, sendo unha ocupación en declive, era hai cinco anos a segunda actividade, dato que se volve confirmar agora a través da realización desta serie de entrevistas a expertos. Neste sentido, outro feito que agora se corrobora é que, sendo os xitanos de orixe galega os que principalmente se dedican a ela, segue este a ser un colectivo en clara situación de exclusión social, ao que afectan condicións de pobreza, polo xeral, severas. O emprego por conta allea, continúa sendo, pois, unha realidade claramente minoritaria no colectivo de referencia. Da información recadada extráese que a poboa­ción xitana asalariada se emprega, fundamentalmente, e polo que atinxe aos homes, no sector da construción, na carga e descarga, e noutras actividades como a reparación de vehículos. As mulleres que traballan por conta allea, un fenómeno aínda residual, se empregan sobre todo na hostalería –rara vez en postos cara ao público– e no de limpe-zas. O acceso ao emprego por conta allea segue a ser unha das principais barreiras á normalización plena da situación da comunidade xitana de Galicia. Factores xa comen­tados, como a falta de formación e de competencias profesionais, unidos á falta de hábi­tos asociados ao traballo asalariado, dificultan o seu acceso. Non son estes, en calquera caso, os únicos obstáculos. Segundo a información recadada hai que engadir outros ele­mentos, a saber: – A carencia de redes de apoio familiar e social. Na práctica, a principal forma de acceso ao emprego para os membros da sociedade maioritaria, da que a comunidade xitana carece case por completo. A escasa presenza no mercado laboral por conta allea e as practicamente inexistentes relacións coa comuni­dade paia, atópanse na base desta falta de contactos sociais. De feito, cando algunha persoa xitana accede a un posto de traballo asalariado, pode dicirse que “vai abrindo mercado”, en termos de facilitar a contratación de familiares ou persoas achegadas. – A falta de formación non constitúe unicamente un obstáculo de tipo externo, pois moitos traballos non requiren unha cualificación especial para o seu des-envolvemento. Existen, pois, trabas de carácter interno, asociadas aos xeitos de vida e á idiosincrasia xitana: os baixos salarios e o número elevado de horas, condicións que habitualmente acompañan os empregos de baixa cuali­ficación, determinan que a poboación xitana se incline polas clásicas opcións laborais vinculadas ao emprego por conta allea. – Por último, e aínda que será obxecto dunha descrición máis detida nun pró­ximo apartado, hai que aludir á existencia de actitudes discriminatorias por parte da sociedade maioritaria. Os prexuízos fronte aos membros da comuni­dade xitana, aínda existentes, dificultan enormemente o seu acceso ao emprego. Trátase dunha discriminación directa, pois é unha barreira funda­mentada na orixe étnica, e non tanto en criterios de competencia profesional das persoas. En definitiva, as consideracións expostas neste epígrafe deben levar á reflexión en varios sentidos: se a participación da poboación xitana en accións formativas segue a ser un reto de futuro, situación que se vén sumar aos déficits educativos que se describi­rán, e se, ademais, a principal actividade económica do colectivo mostra signos de satu­ración, podendo estar nos inicios dunha crise de carácter estrutural, cómpre ter en conta que os mecanismos correctores que se articulen, tanto no plano formativo como no laboral, deben ser postos en marcha con urxencia. En calquera caso, a responsabilidade non é exclusiva dos poderes públicos, pois a diferenza doutras dimensións obxecto de análise no presente Informe, a educación e a formación son ámbitos nos que o elemento de responsabilidade da propia comunidade xitana xoga un papel clave: só desde a asun­ción da mesma –tanto no que atinxe ás vindeiras xeracións como a dos rapaces e rapazas actuais–, respecto do valor que debe concederse á educación e, de xeito máis concreto, á necesidade de que poidan acreditar niveis formativos mínimos, garantirase unha situa­ción de partida apta para acceder ao emprego por conta allea, que, á marxe da necesaria superación de barreiras discriminatorias, constitúa unha alternativa real á actividade da venda ambulante. A pesar dos avances experimentados no plano formativo, este segue a ser un dos eidos nos que se evidencia un progreso máis ben discreto. Distintos obstáculos, de carácter subxectivo que afectan ao colectivo, como os déficits educativos de par­tida ou a desmotivación en determinados campos profesionais, pero tamén esóxenos, como o deseño e planificación dos itinerarios, a organización horaria das accións for­mativas, etc., impiden que se poida facer un balance en termos plenamente satisfacto­rios. Xa que logo, máis alá do elemento de responsabilidade da propia comunidade xitana no que atinxe á asunción do valor da educación e a formación dos individuos, corresponde ás Administracións Públicas o establecemento de medidas de discrimi­nación positiva que faciliten o seu acceso ás accións formativas e de mellora da empregabilidade, así como o desenvolvemento dunha adecuada planificación de iti­nerarios formativos. En canto ao emprego, a venda ambulante, principal actividade económica da comunidade xitana, comeza a verse inmersa nunha crise estrutural á que cómpre dar resposta. A profesionalización e modernización desta actividade comercial constitúe, de feito, un reto a curto prazo. O emprego por conta allea debe perfilarse como unha alternativa real á venda ambulante, realidade que aínda segue a ser minoritaria entre o colectivo, debido a moi diversos factores, pero tamén, sen dúbida, á persistencia de barreiras discriminatorias. 1.3. A SANIDADE A universalización da cobertura sanitaria a través da aprobación da Lei Xeral de Sanidade en 1986 supuxo o acceso xeneralizado da poboación xitana ao sistema de saúde. O avance que nestas dúas décadas representou este feito fai que poida facerse un balance global positivo, aínda que a situación do colectivo amose tamén luces e som­bras. As persoas expertas consultadas para a elaboración deste Informe coinciden á hora de afirmar que o acceso xeneralizado da comunidade xitana ao sistema sanitario público vese reflectido na mellora da saúde dos individuos, á vez que comeza a eviden­ciarse un incremento da esperanza de vida media. Este avance que se detecta en termos globais é especialmente perceptible en dous ámbitos concretos: a saúde infantil e a saúde reprodutiva das mulleres. Así, a extensión do dereito á sanidade pública, unido, loxicamente, a outros factores da propia dinámica social, contribuíron a un maior con­trol e seguimento nestes ámbitos: hoxe en día a realización de controles pediátricos e o seguimento das vacinacións son pautas amplamente asumidas, en tanto que no que á saúde feminina se refire, tamén se constata a realización de maiores revisións xinecoló­xicas, control da natalidade mediante métodos anticonceptivos e seguimento durante o embarazo, parto e post-parto. No entanto, os progresos noutros ámbitos non foron tan significativos, ou dito doutro xeito, a interacción da poboación xitana co sistema público de saúde prodúcese fundamentalmente cos servizos de Atención Primaria, en especial, como se acaba de sinalar, coa atención pediátrica. Así, a poboación masculina non conta, ata o de agora, con hábitos de acceso á sanidade, e polos motivos que se explican na primeira parte do Informe: a carencia dunha cultura sanitaria e a concepción da saúde como ausencia de enfermidade, e esta como unha situación invalidante ligada á morte. Así, non é fre­cuente que os varóns, se non padecen algún tipo de enfermidade crónica con manifesta­cións perceptibles ou dolorosas, ou se non están ou estiveron vinculados a un consumo de estupefacientes, visiten os servizos de medicina de familia. Pero a pesar de terse producido avances evidentes nos ámbitos mencionados, hai que seguir falando dun acceso desigual, é dicir, non equiparable ao da sociedade maiori­taria. As barreiras deste acceso relaciónanse con dous factores fundamentais: a posición de exclusión social, en tanto que boa parte do colectivo ocupa –ou ocupaba– unha posi­ción económica desfavorecida, cando non de marxinalidade; e o factor cultural, que ten en materia de saúde unha especial incidencia, maior que noutros ámbitos como o da vivenda, o emprego ou a educación. Así, e aínda que aparentemente entre en contradi­ción co comentado con anterioridade, hai que indicar que a pesar das melloras produci­das no que atinxe á saúde xinecolóxica, as mulleres seguen a ser o grupo máis prexudi­cado polas desigualdades existentes en materia de saúde, debido, precisamente, ao peso do factor cultural, visibilizado a través dos tabús sexuais que lles impiden ter un acceso normalizado a estes servizos, en termos de equiparación ao resto das mulleres. Así, por exemplo, os controles de tipo xinecolóxico ou a planificación familiar teñen avanzado nos últimos vinte anos de xeito moi significativo, sobre todo entre as mulleres máis novas, porén, outro tipo de revisións médicas, como poden ser as mamografías, presen­tan unha evolución menos notoria. As mulleres son, pois, neste sentido, como xa se comenta na primeira parte deste Informe, un grupo especialmente vulnerable, xa que, como noutros moitos colectivos socialmente desfavorecidos, o xénero vén engadir un elemento máis de desigualdade. Así, factores ligados ás condicións de vida están na orixe de determinadas doenzas cró­nicas ou problemas de saúde que padecen as mulleres xitanas, en ocasións, a idades temperás: obesidade, diabetes, artrose –esta última derivada das condicións de habitabi­lidade das vivendas–, etc. Doutra banda, cómpre indicar que o consenso dos informantes é manifesto cando se trata de sinalar o principal reto ao que se enfronta a comunidade xitana no plano da saúde: a prevención. O colectivo xitano non só carece de cultura sanitaria, en termos de hábitos de acceso ao sistema de saúde moderno, senón que tampouco conta polo de agora con hábitos de coidado da saúde e prevención de enfermidades, en ningunha des-tas dúas vertentes: – O seguimento de hábitos de vida saudables, en especial no que atinxe á nutri­ción. Gran parte das persoas expertas consultadas insisten na falta dun mínimo de coñecementos nutricionais que impide que, sempre falando en ter­mos xerais, teñan unha alimentación equilibrada. – Relacionado co dito anteriormente, a persistencia dunha percepción da saúde como a ausencia de enfermidade, que dificulta que, salvante no que respecta aos controles pediátricos e xinecolóxicos mencionados, as consultas ou revi­sións médicas con outros especialistas se realicen con carácter preventivo. Así, a experiencia sanitaria de moitos membros adultos da comunidade xitana restrínxese ás hospitalizacións e á utilización dos servizos de urxencias. De todo o comentado ata aquí pode extraerse que, en efecto, existe un acceso desigual ao sistema sanitario, isto é, non equiparable ao do resto da poboación, pero non cabe falar, pola contra, de atención ou trato discriminatorio cara ao colectivo por parte da Administración Sanitaria. En termos xerais, é dicir, á marxe da constatación de casos nos que, efectivamente, algún profesional sanitario facilita un trato discriminatorio, non pode afirmarse que a comunidade xitana estea a ser discriminada na prestación directa da atención, así como no acceso aos distintos servizos. Segundo algúns informantes esta non é, porén, unha percepción xeneralizada entre os membros do colectivo. Se ben o estudo elaborado pola Asociación Chavós e publicado pola Xunta de Galicia en 2002 indicaba que o 90% das persoas xitanas entre­vistadas estaban satisfeitas ou moi satisfeitas co trato recibido nos distintos servizos sanitarios, algún dos expertos informantes –unha destas persoas, membro da comuni­dade xitana– aluden á insatisfacción con distintos aspectos da asistencia: os prexuízos que detectan entre o persoal, o trato discriminatorio, a falta de información médica ou, polo menos, a súa prestación en termos comprensibles. Segundo estes informantes, a percepción deste trato que, como mínimo, cualifi­can de desigual, conduce a que unha parte do colectivo prefira recorrer á sanidade pri­vada, tanto para a realización de consultas como para a hospitalización. Desde este discurso máis crítico demándase a introdución de reformas no sistema sanitario na liña das seguintes propostas, coas que se finaliza este apartado: – Formación do persoal sanitario en materia de atención á diversidade cultural. A este respecto suxírese a importancia de incorporar uns coñecementos míni­mos aos contidos formativos específicos dos distintos profesionais en aras de proporcionar un trato respectuoso coas culturas minoritarias presentes en España. – Habilitación de espazos nos centros hospitalarios para a estadía dos acompa­ñantes. Este é un asunto asociado aos conflitos máis evidentes da interacción da poboación xitana co sistema sanitario, un tópico do comportamento xitano no acceso á sanidade. Trátase dun factor de diferenciación cultural: a ausencia de mecanismos para mostrar a solidariedade perante a enfermidade doutro xeito que non sexa a través da proximidade física coa persoa doente. A universalización do acceso ao sistema sanitario público fixo posible a mellora da saúde dos membros da comunidade xitana, avance que se reflicte en dis­tintos indicadores, como o incremento da esperanza de vida, así como na maior reali­zación de controles pediátricos e xinecolóxicos; noutros terreos, porén, os progresos son menos significativos. É por iso que o principal reto ao que se enfronta o colectivo no plano da saúde é o da prevención, tanto no que respecta ao seguimento de hábitos saudables, especialmente no que atinxe á nutrición, como con relación á realización de revisións médicas periódicas; ambos aspectos claramente condicionados pola ausencia dunha cultura sanitaria precedente. Por outro lado, salvante episodios concretos por parte do persoal sanitario, non pode falarse de discriminación cara o colectivo desde o sistema sanitario, aínda cons­tatándose un acceso desigual en termos comparativos co resto da poboación, espe­cialmente entre a poboación feminina. De feito, e sen entrar en contradición co sina-lado anteriormente con relación ao plano xinecolóxico-reprodutivo, as mulleres constitúen un colectivo especialmente vulnerable, e, de feito, o máis afectado por ese desigual acceso. 1.4. A EDUCACIÓN A incorporación da comunidade xitana ao sistema educativo é un dos progresos máis significativos experimentados nas últimas décadas no seo deste colectivo. Na actualidade, a práctica totalidade das nenas e nenos xitanos con idades correspondentes aos niveis de Educación Primaria están escolarizados na rede ordinaria de ensino obri­gatorio. As dimensións deste cambio son, en termos cualitativos, de forte calado, se se ten en conta a situación de partida que, a esfera educativa, presentaba ata hai só vinte-cinco anos, cunha elevada taxa de analfabetismo. Así, e en perspectiva diacrónica, a información facilitada por parte das persoas expertas consultadas permite facer un balance positivo, pois os avances experimentados son notables. O tempo de permanencia nos niveis de Primaria viuse incrementado moi significativamente ao longo da última década, de resultas disto, cada vez é maior o número de xitanos e xitanas con seis anos de escolarización. Non obstante, os obstáculos e problemáticas aos que debe facer fronte a comuni­dade xitana neste eido son importantes e determinantes para o futuro das próximas xera­cións. A normalización da súa situación no plano da educación é o principal reto ao que se enfrontan, e como sinalan as persoas expertas que desenvolven o seu labor con pobo-ación xitana, o factor que vai condicionar moitas outras dimensións da realidade social do colectivo. Se ben, como se indicou, non cabe facer un balance global da situación educativa da poboación xitana de Galicia en clave negativa, si hai elementos que deben levar á reflexión e a toma de decisións por parte das Administracións competentes. En primeiro lugar, a implantación da LOXSE representou a extensión da obrigatoriedade do ensino desde os catorce ata os dezaseis anos, feito que nos grupos sociais máis desfavorecidos, e non só no colectivo xitano, tivo –contra a propia filosofía da Lei– o que podería cuali­ficarse como un efecto perverso do sistema. A reorganización do sistema educativo á que deu lugar a posta en marcha da LOXSE ten como consecuencia que, unha vez finalizada a Ensinanza Primaria, isto é, aos doce anos, o alumnado debe proseguir os estudos correspondentes á Ensinanza Secundaria Obrigatoria, o que na maioría dos casos, e polo que se refire á rede de cen­tros escolares de carácter público, se traduce nun cambio de centro educativo. Este feito tivo, na comunidade xitana e, sobre todo entre as rapazas, efectos negativos, tal e como indican todos os profesionais consultados. O cambio de centro educativo aludido atopa entre esta poboación un forte rexeitamento: as nais e pais, xeralmente remisos á escola­rización dos seus fillos en institutos, pois, en contraposición aos colexios, perciben neles unha ausencia de protección dos rapaces por parte do profesorado, agrávase no caso das rapazas, que, desde a visión xitana, non deben establecer contacto cos rapaces en xeral e cos paios en particular. Así, aínda que se proceda á súa matriculación como alumnas nos centros de ensino secundario obrigatorio, o absentismo é a tónica domi­nante. En definitiva, se o sistema educativo anterior garantía a permanencia das rapazas na escola ata os catorce anos, idade coa que coincidía a fin da Educación Xeral Básica, a implantación da Ensinanza Secundaria Obrigatoria produce un corte no período de escolarización que coincide cos doce anos, o que cabe interpretar como un retroceso sobre os avances conseguidos nas últimas décadas. De xeito máis pormenorizado e, ao fío destas cuestións, hai que sinalar que: • O absentismo escolar é, pois, un problema estendido na comunidade xitana que se detecta precisamente, as máis das veces, rematada a Primaria e no ini­cio da Ensinanza Secundaria Obrigatoria. Na maior parte das ocasións, este desemboca no abandono definitivo dos estudos. • Doutra banda, o fracaso escolar presenta certos trazos característicos cando se produce no seo desta comunidade que van máis alá do que representa unha problemática educativa con maior incidencia entre os grupos sociais máis desfavorecidos: – Neste sentido, non hai que esquecer que historicamente a comunidade xitana non tivo acceso á educación, e que tan só as xeracións máis recentes foron escolarizadas e contan, polo menos, con habelencias de lectoescri-tura. O ambiente familiar actual dos rapaces e rapazas fai, que desde este punto de vista, as condicións de partida sexan claramente desvantaxosas, en comparanza coa media da poboación. Así, o rendemento escolar destes rapaces é, loxicamente, menor. – A esta ausencia dunha bagaxe cultural e educativa –lémbrese, ademais, que se trata dunha cultura historicamente ágrafa– hai que engadir outros elementos relacionados coa atribución de roles no seo da organización familiar, que dificultan a continuidade no sistema educativo: dunha banda, os rapaces, que chegados a adolescencia queren desenvolver o rol mascu­lino que observan no seu pai, irmáns, primos, etc.; doutra, as rapazas, cuxa función tradicional unha vez finalizada a nenez é o coidado dos irmáns e a realización de tarefas domésticas. En síntese, analizar os distintos factores que interactúan na problemática educa­tiva que presenta a poboación xitana require ter presente que non se trata simplemente dun grupo social e/ou económica desfavorecido, senón que se trata dun colectivo que, polo de agora, non concede valor á educación. Poderían referirse distintos argumentos para explicar esa desvalorización da edu­cación no seu sentido máis amplo, pero, sen dúbida, hai que mencionar os seguintes: – A idiosincrasia xitana conta, entre os seus atributos, co da inmediatez. Posiblemente asociado ao seu histórico nomadismo, a ausencia dunha planifi­cación vital foi un trazo característico dos individuos desta comunidade; hoxe en día isto pode verse reflectido en condutas e comportamentos que eviden­cian a ausencia dunha perspectiva a medio-longo prazo. Neste sentido, a pers­pectiva “cortoplacista” impide que se poida valorar a educación e considerala como un investimento de futuro. – A ausencia de modelos ou referentes exitosos no seo da propia comunidade. Como se indicou na primeira parte do estudo, o número de xitanas e xitanos universitarios non é moi numeroso no conxunto do Estado, destacándose, en todo caso, pola súa proporción, Andalucía. En Galicia a cifra é anecdótica: dúas persoas, en concreto mulleres e irmás. – Así, a formación universitaria asóciase á sociedade maioritaria e, por tanto, á cultura paia. O común é xeneralizado no seo da comunidade xitana é, neste sentido, identificar o acceso á educación, especialmente á superior, coa perda da propia cultura, dos valores xitanos, e a asunción daqueles propios da socie­dade maioritaria, de aí o xurdimento dunha expresión moi habitual “estar apaiado/a”. Eses referentes, homes e mulleres universitarios pero que conservan os valores propios da cultura xitana poderían contribuír, neste sentido, ao recoñecemento do valor da educación. Por último, e non menos importante, hai que aludir á ausencia de referencias á cultura xitana nos contidos educativos. Trátase dun colectivo que non valora suficiente­mente a educación pero que, ademais, como minoría social, non atopa no ensino nin-gunha referencia á historia e cultura do seu pobo. Unha vez constatados os avances experimentados neste terreo e identificados os principais atrancos á plena normalización da situación educativa do colectivo xitano, hai que insistir na necesidade da actuación administrativa, precisamente, nos puntos febles detectados. É responsabilidade dos distintos poderes públicos, e no marco das súas respecti­vas competencias, poñer en marcha todos os mecanismos necesarios destinados a impe­dir a desescolarización que na práctica se está a detectar na etapa correspondente ao ensino secundario. Para iso, é fundamental converter nunha prioridade absoluta a obten­ción do título de Graduado en ESO. AAdministración educativa debería realizar un maior investimento en educación, intervención que debe concentrar os esforzos nos puntos críticos nos que se evidencia a retirada real do sistema educativo. Á vista do comentado, o tránsito da Educación Primaria á Secundaria debe ser obxecto dunha intervención decidida por parte da Administración. Por outra parte, tamén debe facerse unha diferenciación entre as medidas propias do que se denomina Educación Especial e aqueloutras máis relacionadas co que debe constituír a Educación Compensatoria. En Galicia non existe unha diferenciación entre estes dous conceptos, o que supón que os menores con dificultades educativas de carác­ter sociocultural, como é o caso do colectivo xitano, son, desde o punto de vista admi­nistrativo, obxecto da mesma política deseñada para aqueles con problemas de aprendi­zaxe relacionados co desenvolvemento psicomotriz ou intelectual. Cómpre, ademais, deseñar políticas educativas en clave de diversidade cultural para todos os colectivos minoritarios, en lugar de establecer medidas que fundamental­mente inciden, como no caso da poboación estranxeira, na vertente lingüística da diver­sidade36. Tendo en conta a situación de partida, cabe facer un balance positivo do que supuxo a incorporación da comunidade xitana ao sistema escolar. O cambio experi­mentado en materia educativa nas últimas dúas décadas foi máis que notable, téndose incrementado moi significativamente o tempo de permanencia nos niveis de Educación Primaria. No entanto, o menor rendemento escolar e o absentismo conti­núan sendo os principais obstáculos para a normalización do colectivo neste eido, este último, con especial incidencia no tránsito da Educación Primaria á Secundaria. Corresponde, pois, ás distintas Administracións, especialmente á competente en materia educativa, articular todos os mecanismos necesarios destinados a impedir esa retirada do sistema escolar que ten lugar, se non de xeito formal, si na práctica cotiá. Así mesmo, a perspectiva da diversidade cultural debe impregnar os deseños das políticas educativas, contemplando contidos que inclúan referencias á historia e á cultura do pobo xitano. 2. A CULTURA E A PARTICIPACIÓN SOCIAL 2.1. A CULTURA XITANA E A RELIXIÓN Neste último apartado coméntanse diversas temáticas relacionadas co estilo de vida e as pautas culturais da poboación xitana, asuntos tamén abordados nas entrevistas realizadas. A súa inclusión neste Informe pretende, por un lado, servir de contraste entre a información facilitada polo conxunto de persoas consultadas e aquela de carácter secun­dario exposta na primeira parte do documento, e por outro, ser unha ferramenta contex­tualizadora da realidade actual do colectivo e a súa eventual discriminación social. Así, o coñecemento da situación actual a este respecto, ademais de fornecer por si mesma unha maior información, contribúe a contextualizar a situación da poboación xitana de Galicia desde unha perspectiva global, facilitando posibles explicacións ás eventuais situacións de discriminación. A cultura xitana, non tanto en termos de identificación dos seus elementos ou tra­zos máis característicos, senón como descrición da súa evolución e estado actual, na 36 Este é o caso das actuacións recollidas na Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro no marco do Plan para a Atención á diversidade cultural posto en marcha pola Consellería de Educación. perspectiva de interacción coa cultura da sociedade maioritaria é o primeiro asunto obxecto de comentario ao longo das seguintes páxinas. Así, en primeiro lugar e en canto ás transformacións culturais experimentadas no seo da comunidade xitana, cómpre aludir a un discurso común, non ao conxunto de informantes, senón ás persoas responsables de organizacións que desenvolven o seu tra­ballo con poboación xitana, que se sitúa plenamente na liña dos argumentos expostos na aproximación realizada desde a información secundaria. Seguindo esta liña argumental, a poboación xitana de Galicia atópase inmersa nas últimas décadas nun proceso de transformación cultural de forte calado. Esta transformación, como se comentou, é pro-duto de diversos factores: – Dunha banda, os cambios culturais que afectan en xeral á sociedade contem­poránea, caracterizada por transformacións rápidas e constantes, que poderían asociarse xenericamente ao fenómeno da globalización. – Doutra, os cambios propios das transicións xeracionais, que en calquera grupo ou sociedade dan conta dun contraste nos modos de vida, actitudes, etc. – Por último, o cambio cultural –que non necesariamente aculturación–, deri­vado da maior interacción da cultura xitana coa propia da sociedade maiorita-ria. Neste sentido, o fío condutor da explicación relativa á conservación dos valores propios da cultura xitana, fronte a un proceso de aculturación ou de asimilación cultural aos patróns dos valores propios da sociedade maioritaria toma como elemento central a variable clase ou situación socioeconómica: en efecto, como sinalan os estudos realiza­dos, no momento actual segue a constatarse que os grupos ou individuos que presentan un maior nivel de “integración” –entendendo por esta unha situación de normalización social máis consolidada–, situación que vai indefectiblemente asociada a unha mellor posición socieconómica, son os que presentan patróns máis perfilados de mantemento da propia tradición cultural. Pola contra, o cambio cultural como proceso de acultura­ción, como perda dos signos de identidade e adaptación dos patróns da sociedade maio­ritaria, son característicos daquelas comunidades ou grupos máis empobrecidos, en situación de exclusión ou marxinación social. Este é un fenómeno presente en toda España que, en Galicia, en particular, é facilmente perceptible se se toma como elemento de diferenciación os grupos humanos, é dicir, se se atende ás diferenzas entre a comunidade zamorana ou castelá37 e a comuni­ 37 En canto á clasificación por grupos humanos, a gran maioría dos informantes non efectúan a diferenciación que realiza a Asociación Chavós na publicación A comunidade xitana en Galicia 1990-2000 entre xitanos galegos, casteláns e zamoranos; isto é, as persoas consultadas consideran os zamoranos e os individuos procedentes doutras partes de Castela como o mesmo grupo humano. dade galega. A primeira, cun estilo de vida máis asimilado á sociedade maioritaria, é, porén, a que presenta pautas de maior cohesión grupal e conservación da tradición xitana. Esta é, en todo caso, a comunidade que, en termos xerais, conta cun maior nivel socieconómico e cultural. Na comunidade galega, pola contra, onde abondan as familias en situación de pobreza e exclusión social é perceptible a degradación sociocultural, a perda dos valores propios da tradición xitana e a súa substitución pola subcultura propia da marxinación e a pobreza. A este respecto, a Igrexa Evanxélica de Filadelfia vén xogando un papel fundamental, ao que máis adiante se aludirá con maior detalle. En conclusión, se se parte do presuposto de que o conxunto das sociedades con­temporáneas se encontran inmersas nun contexto de constante transformación, a comu­nidade xitana, considerada no seu conxunto, non pode permanecer allea a estes cambios e á penetración de novos valores, pautas e estilos de vida. No entanto, o respecto pola tradición e a conservación dos valores propios da cultura xitana presentan unha clara correlación coa variable clase social. Como se indicou, a importancia deste asunto, ade­mais de exercer de elemento contextualizador, pode servir ademais de variable explica­tiva para entender aqueles eventuais fenómenos discriminatorios que se produzan, tanto no plano das relacións sociais entre individuos, como na perspectiva da acción da Administración, no sentido dunha errónea identificación entre a subcultura propia da marxinalidade e a exclusión social, coa cultura xitana38. Ao fío destas cuestións, detéctanse, ademais, dúas liñas de discurso encontradas: por un lado, e desde posicións externas –é dicir, por parte de informantes non pertencen-tes á comunidade xitana–, alúdese á progresiva desaparición da cultura xitana en termos de perda de costumes, tradicións e patróns de comportamento positivamente valorados. Así, o respecto aos maiores, a especial dedicación ás persoas máis débiles do grupo –infancia, persoas maiores, enfermas, etc.–, a solidariedade inter e intrafamiliar, son argumentos que espontaneamente xorden no discurso para expresar o que se considera como unha perda progresiva dos elementos diferenciais –sempre cun sesgo favorable– da tradición xitana, e a introdución de elementos propios da sociedade maioritaria, inter­pretados estes en clave negativa. Pola contra, e nalgúns casos de xeito moi evidente, os informantes pertencentes á etnia xitana insisten na conservación dos costumes e de elementos característicos do seu xeito de vida, a pesar de que tamén constatan a introdución de elementos propios da cul­tura paia, que, en todo caso, son interpretados como elementos de modernización. A situación das mulleres xitanas39 é outro dos asuntos que entroncan coas impor­tantes transformacións detectadas no seo da comunidade xitana de Galicia. O consenso 38 É importante sinalar que toda a información recadada a este respecto sitúase na liña dun discurso que avoga pola convivencia intercultural ou a normalización diferencial. De feito, o termo integración é moi-tas veces rexeitado, por identificarse coa asimilación da cultura maioritaria e a renuncia á propia tradición. 39 Refírese aquí a situación da muller en canto á súa posición no seo da comunidade, é dicir, funda­mentalmente desde una perspectiva de identificación de cambio no rol na estrutura familiar e social. A situa­ é evidente en canto a sinalar os avances relevantes producidos neste terreo, pois se cons­tata que, en efecto, estas gozan agora dunha maior liberdade e autonomía persoal. No entanto, se este é un argumento común en perspectiva diacrónica, a descrición da reali­dade actual varía xa no que respecta a unha actitude máis ou menos catastrofista en comparanza coa situación do resto da poboación feminina. De calquera xeito, vólvese coincidir en que este avance é imparable, debido ás inercias propias das constantes transformacións sociais –e a pesar de presentar certos elementos que poden xogar en contra, como a posición do Evanxelismo a este respecto– e comparativamente máis rápidos que os producidos na sociedade maioritaria. Cómpre, non obstante, incidir no necesario fomento de todos os valores inheren­tes á igualdade entre sexos entre as propias mulleres xitanas, ao cabo as educadoras e transmisoras de pautas de comportamento, roles e estereotipos establecidos en función do xénero, no seo da comunidade. Noutra orde de cousas, un dos principais axentes responsables das fondas trans­formacións culturais que se están a producir no seo da comunidade xitana é a Igrexa Evanxélica de Filadelfia. Así, a implantación e constante crecemento desta confesión en Galicia non pode ser explicada exclusivamente como un fenómeno relixioso, senón tamén cultural e social. A Igrexa Evanxélica de Filadelfia tivo, pois, unha rápida implantación nas Comunidades da España setentrional desde a súa introdución nos anos sesenta; de feito, a súa presenza é maior nesta zona que na metade sur de España, onde a Igrexa Católica segue a ter un peso significativo no colectivo xitano, influencia que adoita asociarse a un maior arraigo ao territorio e, por tanto, un menor grao de nomadismo. Para explicar o enorme éxito e o rápido crecemento desta doutrina cómpre aludir a diversos factores: – En primeiro lugar, e como condicionante externo ou de partida, hai que desta­car a escasa influencia da Igrexa Católica na comunidade xitana de Galicia. Un argumento compartido neste sentido é que a Igrexa Católica, máis alá do desenvolvemento de funcións de carácter social-asistencial, exerceu un redu­cido poder de atracción entre o colectivo, cuestión que mesmo se formula en clave de autocrítica por parte de informantes que na actualidade ou nun momento anterior desenvolveron o seu labor desde distintas estruturas vincu­ladas ou integradas a esta Igrexa. – Noutra perspectiva, o Evanxelismo serviu para reforzar a cohesión interna do colectivo. Aínda que a súa presenza é maior na comunidade castelá –de feito a ción das mulleres noutros ámbitos máis concretos foi abordada, de xeito transversal, na análise das principais temáticas analizadas. súa introdución en Galicia veu da man dela–, o Culto constitúe un espazo de reunión e relación para os distintos grupos e familias, á marxe da súa orixe40. A dispersión territorial, derivada do acceso á vivenda normalizada para moi-tos membros do colectivo, supuxo tamén a separación física de moitas fami­lias. Neste sentido, o Culto constitúe un instrumento fundamental para o man-temento do contacto familiar e as relacións de parentesco. – Ademais, e na liña do argumentado respecto da interacción entre a tradición xitana e a cultura maioritaria, a Igrexa Evanxélica constitúe un elemento moi importante para a preservación da identidade propia fronte á expansión de todo tipo de influencias provenientes do resto da sociedade. – Por outro lado, o Evanxelismo, que actúa como inhibidor e freo de todo tipo de condutas que consideran “desviadas”, desenvolve un papel clave na con­tención do consumo e o tráfico de drogas. Esta é, para moitas persoas, o prin­cipal papel desta Igrexa e, de feito, a súa faceta máis visible. Se estas son as súas principais funcións, que ademais explican a súa rápida e exi­tosa acollida, o Evanxelismo xitano presenta, noutro plano, aspectos favorecedores da normalización do colectivo e aspectos retardatarios dese avance social. Así, entre os efectos potenciadores desa normalización, hai que destacar que a Igrexa Evanxélica ser-viu para reforzar o sentido de autoridade, unha dimensión básica na organización da comunidade xitana que se vira afectada, sobre todo nos anos oitenta, coa desestrutura­ción social derivada de factores como o desemprego e a crise económica e no punto álxido no consumo e o tráfico de drogas. Ademais, a doutrina evanxelista reforza o seguimento de aspectos éticos como o respecto ás normas, as boas formas, a conviven­cia pacífica, o mantemento de relacións cordiais co resto da sociedade, etc. No entanto, esta confesión relixiosa presenta tamén aspectos segregadores e retardatarios do cambio. Segundo a información recadada, se ben o Culto constitúe o principal espazo de socialización, tamén o é de control social. O seu carácter practica-mente diario fai que sexa tamén, igual que os mercados, un lugar de control para as dis­tintas familias e os seus membros. Este control social, exercido sobre todos os seus membros, que se manifesta, por exemplo, na prohibición ou limitación41 das principais expresións artísticas da cultura xitana, o cante e o baile, que só son permitidas na cele­bración do Culto, afecta de maneira especial á poboación feminina. Así, aínda sendo o principal espazo de socialización para as mulleres, a través do Evanxelismo exércese un férreo control sobre as mulleres, desde presupostos relixiosos limitadores da súa auto­ 40 Se ben nalgún caso pode apreciarse certa segregación, pois en localidades onde hai máis dun Culto pode darse o caso de que a comunidade galega e castelá acudan a Cultos distintos, este é, en xeral, un espazo para a convivencia de ambos grupos humanos. 41 Neste punto tampouco poden establecerse afirmacións categóricas, pois con frecuencia unha maior ou menor liberdade nos comportamentos depende sinxelamente dunha actitude máis permisiva ou, pola contra, máis restritiva, do pastor. nomía e unha concepción moi restritiva de todos os aspectos relacionados coa sexuali­dade. Xa para finalizar, outro argumento crítico recadado alude a certos elementos de perigosidade, en termos de fomento de posicionamentos fundamentalistas que se detec­tan na propia doutrina: en parte de forma deliberada –suprimindo os elementos de maior racionalidade da relixión e introducindo os menos racionais, como o don de linguas ou as milagres–, en parte a causa das deficiencias educativas e culturais evidentes, tanto entre os fregueses como entre os pastores, cunha formación moitas veces moi elemental que fai necesario empregar mensaxes con contidos moi sinxelos e claros. A crecente interacción coa sociedade maioritaria, os constantes cambios da sociedade contemporánea e aqueles propios das transicións xeracionais, fan que a comunidade xitana se vexa inmersa nun intenso proceso de transformación cultural. O cambio cultural como sinónimo de proceso de aculturación é, no entanto, caracte­rístico daquelas comunidades ou grupos en situación económica precaria ou de exclusión social, mentres que, pola contra, o respecto pola tradición e a conservación dos signos de identidade propios da cultura xitana están, en termos xerais, máis pre­sentes nos grupos que ocupan unha mellor posición socioeconómica. O Evanxelismo é, neste sentido, un dos principais axentes responsables desta fonda transformación; non é, pois, un fenómeno exclusivamente relixioso, en canto dimensión espiritual, moral e cultual, senón tamén, de xeito ben directo, cultural e social, que presenta luces e sombras, en tanto se configura como portador de elemen­tos favorecedores da normalización do colectivo, pero tamén segregadores e retarda-tarios do avance social. 2.2. O ASOCIACIONISMO E A CULTURA POLÍTICA Na aproximación á realidade da comunidade xitana de Galicia efectuada a través da realización desta serie de entrevistas a informantes cualificados, indagáronse tamén dimensións relacionadas coa participación social do colectivo: o nivel de asociacio­nismo e a participación política. Na actualidade o nivel de asociacionismo xitano en Galicia é aínda reducido, a pesar de que nos últimos anos se están a constituír as primeiras asociacións. Ademais, a maior parte das asociacións existentes son iniciativas tuteladas pola Administración Local, que con frecuencia, perduran mentres esta as apoia, de non ser así, tenden a des­aparecer. No entanto, a fórmula asociativa é reivindicada como o método máis idóneo de defensa dos intereses colectivos da comunidade, especialmente perante a Administración, é dicir, que exista un único interlocutor válido fronte a ela, unha estra­texia pola que avogan persoas expertas, mesmo as que desenvolven o seu traballo desde a Administración Pública. Existen diversos factores que explicarían este feble asociacionismo: – En primeiro lugar, a falta dunha conciencia de unión no seo do propio move­mento xitano. Esta é quizais a principal explicación, pois a prevalencia da organización social tradicional do pobo xitano dificulta unha superestrutura de defensa colectiva dos intereses de toda a comunidade. Así, pode dicirse que o colectivo xitano segue a formular as súas demandas desde a posición da defensa dos intereses da pequena comunidade, clan ou grupo familiar. En suma, non desenvolveron aínda as habelencias axeitadas para o establece-mento dunha estratexia común de defensa dos intereses do seu pobo. – Doutra banda, a falta de formación característica desta poboación fai que o funcionamento asociativo resulte complicado, demasiado burocrático, de aí a tutela comunmente exercida desde a Administración ou outras entidades de iniciativa social. Pero a dependencia das instancias administrativas non só abrangue esta tutela procedimental, senón que fai que o modelo asociativo se asente na cultura da subsidiación por parte das Administracións. Ademais, e xa para rematar, como sinala un dos informantes, o modelo asocia­tivo xitano, máis que en clave de etnicidade, debería articularse arredor da idea de cida­danía, é dicir, que propugne a defensa dos intereses colectivos, a igualdade real de derei-tos co resto da poboación e a non discriminación. E, non obstante, ao fío daquela defensa de intereses en clave grupal –clan, familia– e da dependencia mesma do apoio das Administracións, agroma en determinados casos concretos, máis ou menos intensa­mente, un discurso vitimista, en última instancia segregador, arraigado naquela cultura de subsidiación e que demanda, implicitamente, un trato de favor. A participación política, outra das dimensións da participación cidadá, foi outro dos asuntos abordados, tanto na perspectiva da política activa como do nivel de partici­pación en procesos electorais. En canto á primeira destas cuestións, semella que a participación activa na activi­dade política é unha das demandas menos identificadas ou recoñecidas no seo do colec­tivo xitano, pero existente, participación que, polo menos desde os discursos manexa-dos, non se vincula a un partido político propiamente xitano, senón que se asocia á participación a través dos partidos cunha presenza significativa na Comunidade Autónoma. No outro plano, a participación en procesos electorais semella que está a aumen­tar progresivamente, o que pode constituír un indicador da crecente normalización social do colectivo. Así, a participación electoral, aínda que crecentemente asociada aos procesos máis vinculados á proximidade do poder, só é inexistente naqueles grupos situados na exclusión social e a marxinalidade máis patente. En canto á orientación do voto, a información facilitada apunta, en primeiro lugar, a unha clara inclinación polas formacións políticas con presenza dalgún membro da comunidade xitana42. Por outra parte, tamén pode afirmarse que o pobo xitano adopta un comportamento conservador nas súas preferencias electorais, conservadurismo que non debe interpretarse na pers­pectiva do posicionamento ideolóxico, de inclinación cara ás formacións de corte con­servador, senón como o rexeitamento dos escenarios sociopolíticos de risco, de forma-cións reivindicativas en exceso. Ademais, tamén se detecta un comportamento de voto deferente –o que se orienta ao partido no poder precisamente por ostentalo–, así como a existencia de prácticas caciquís nas que a orientación do voto nunha comunidade con­creta vén determinada polas condutas clientelares ou mesmo de presión por parte de individuos xitanos relacionados con persoas no poder. Concluíndo, as transformacións sociais experimentadas nos últimos anos no seo da comunidade xitana tiveron, pois, un impacto directo nos patróns propios da tradición e cultura xitanas, impacto que se presenta como un reto a afrontar nos próximos anos, na perspectiva de reformulación dos seus valores, símbolos, crenzas, patróns de comporta-mento e estilos de vida, ao cabo, todos os elementos que conforman o concepto de cul­tura, e sen que esta readaptación supoña unha perda dos seus elementos característicos e unha completa asimilación da cultura maioritaria. Neste sentido, os poderes públicos teñen a obriga de garantir a convivencia inter-cultural, fomentando o respecto e a preservación dos valores e costumes propios das culturas minoritarias; sen que, por outra parte, caiba eximir tampouco de responsabili­dade a propia comunidade xitana, na perspectiva dos riscos que implica unha defensa dos valores e as tradicións desde un discurso de etnicidade, e que en certo xeito implica a autoexclusión da categoría de cidadanía, cos mesmos dereitos e deberes que o resto dos cidadáns e cidadás. A pesar de que nos últimos anos se constituíron as primeiras asociacións pro­piamente xitanas, aínda cabe falar dun feble movemento asociativo na nosa Comunidade, na medida que, por motivos diversos que insisten na súa debilidade estrutural, depende en exceso da tutela das Administracións Públicas. En canto á cultura política, apréciase un aumento progresivo da participación nos procesos electorais, o que constitúe un indicador da crecente normalización social do colectivo. 42 Como se indica na primeira parte, esta é unha das principais razóns dun certo sesgo, a nivel do conxunto do Estado, na opción de voto ao P.S.O.E., formación na que figuraba como parlamentario Juan de Dios Rodríguez Heredia. 3. A ACTUACIÓN DOS PODERES PÚBLICOS E DAS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL 3.1. GRANDES LIÑAS DE ACTUACIÓN DESDE A PERSPECTIVA CUALITATIVA Á marxe das consideracións expostas en relación coa acción das respectivas Administracións competentes nas materias consideradas –vivenda, formación e emprego, sanidade e educación–, as persoas expertas consultadas formularon, a xeito de balance, unha valoración das actuacións dos poderes públicos dirixidas á poboación xitana, así como, en xeral, de todas aquelas que repercuten na situación do colectivo. Así, no conxunto de información fornecida aprécianse distintas liñas de discurso. En primeiro lugar, hai que referirse á dos informantes que inciden na faceta administra­tiva da atención á cidadanía facilitada desde distintos servizos públicos, como por exemplo os Rexistros Civís ou os departamentos municipais responsables do Padrón Municipal de Habitantes. Denúnciase, a este respecto, unha certa desidia por parte dos traballadores públicos á hora de realizar distintos trámites a membros do colectivo e, en ocasións, un trato discriminatorio. Sen ser esta unha opinión xeneralizada, si é mencio­nada espontaneamente por algunha das persoas consultadas. Desde outra perspectiva, outra liña argumental é a que se centra nas políticas de actuación vixentes que inciden na situación da poboación xitana. Así, por exemplo, e dado que as referencias á vivenda ocupan un lugar central na información recadada, como elemento clave para a normalización da situación do colectivo, insístese, de novo, na necesidade de reformular a Lei para a erradicación do chabolismo. Á marxe da demandada reforma dunha lei que non prohibe expresamente a construción ou aplica­ción de actuacións tendentes a dar continuidade aos campamentos de infravivenda, tamén se coincide en afirmar que se ben se trata dunha disposición que conta cunha ade­cuada dotación orzamentaria, ten, porén, unha deficiente implementación. Xa no ámbito do deseño e posta en marcha de políticas especificamente dirixidas ao colectivo, en concreto daquelas que se desenvolven no marco do Plan de Desenvolvemento Xitano, recolléronse unha serie de críticas que apuntan á necesidade de súa reformulación, críticas que a continuación pasan a comentarse, non sen antes facer unha descrición do citado Plan. A Comunidade Autónoma de Galicia, participa, a través do Plan Autonómico de Desenvolvemento Xitano e en confinaciación co Ministerio de Asuntos Sociais, no Plan Nacional de Desarrollo Gitano, posto en marcha polo Goberno Central en 1989. A parti­cipación neste plan materializouse, nun primeiro momento, na concesión de subven­cións a programas elaborados por Corporacións Locais e organizacións non goberna­mentais, pero en 1994 o Plan sofre unha modificación orzamentaria que fai que só sexa posible financiar os proxectos presentados polos Concellos. En 2004 forman parte do Plan un total de quince municipios: cinco na provincia de A Coruña– A Coruña, Culleredo, Narón e Santiago de Compostela–; tres na provincia de Lugo –Lugo, Quiroga e Viveiro–; cinco na provincia de Ourense –Ourense, Maceda, Verín, Xinzo de Limia e a Mancomunidade de Concellos do Carballiño– e, por último, dous na de Pontevedra –Pontevedra e Porriño–, estimándose un total de 3.338 persoas beneficiarias destes quince proxectos. En canto á dotación orzamentaria, o financiamento total tradúcese do seguinte xeito: o Ministerio de Asuntos Sociais contribúe con de 213.488,39 euros, a Comunidade Autónoma con 166.583,00, e as Corporacións Locais participantes43 con 16.658,30 euros, que fan un total de 396.729,69 euros. Os primeiros proxectos de intervención social que se levaron a cabo incluían actividades máis básicas: clases de alfabetización de persoas adultas, escolarización de menores, formación da mocidade, etc. Os proxectos vixentes na actualidade, aínda que manteñen moitas das actividades dos primeiros tempos, tales como as clases de alfabeti­zación de persoas adultas, adquiriron unha maior dimensión: da escolarización de menores pasouse ás clases de apoio e ao seguimento escolar, ou cursos de informática –por exemplo–, da asistencia sanitaria evolucionouse ata o desenvolvemento de progra­mas de prevención e de colaboración cos servizos médicos locais, etc.. Segundo a información fornecida desde a Administración, debido á falta dun orzamento máis amplo, os proxectos que se aproban veñen sendo de continuidade, ano tras ano, dos distintos Concellos participantes, polo que non se pode atender a demanda doutras Corporacións, como as presentadas no ano 2004 polos Concellos de Arteixo e Pontedeume. Pero, como se indicou, o Plan de Desenvolvemento Xitano é obxecto de crítica, na liña das consideracións que de seguido se expoñen: – Considérase un plan obsoleto e susceptible dun substancial reenfoque. Baseándose nestas críticas cabería pensar, de feito, na existencia dunha certa rutina na planificación das accións a desenvolver, é dicir, que os proxectos que se aproban reproducen accións que, en virtude da información recadada, non presentan xa, como nos seus inicios, un carácter de intervención esencial. – Desde o ámbito das entidades apúntase que os proxectos que se aproban no marco do Plan carecen dun diagnóstico rigoroso da situación que xustifique a intervención, así como de medidas acordes cos obxectivos establecidos. Pero, ademais, o Plan sostén economicamente tanto proxectos moi ambiciosos 43 Os Concellos deberán participar no financiamento do proxecto polo menos cun 10% do total financiado pola Comunidade Autónoma. como outros que, na liña do comentado anteriormente, reproducen de xeito rutineiro unhas accións pouco efectivas e que levan a intuír o desenvolve­mento de prácticas clientelares. No marco das políticas especificamente dirixidas á poboación xitana, a Administración Autonómica debe, pois, a xuízo da información recadada, desenvolver actuacións máis consistentes, que respondan a unha planificación previa baseada nunha análise exhaustiva de necesidades. Isto supón, loxicamente, un nivel de coordinación importante coas distintas Corporacións Locais, a quen correspondería a avaliación das necesidades da poboación xitana dos seus respectivos municipios. Os Concellos deben, para isto, prescindir dunha visión puramente localista que identifique unha realidade social cos límites municipais estritamente administrativos, pois, precisamente, parte dos asentamentos xitanos aínda existentes emprázanse nos lindes dos concellos, circunstan­cia da que se benefician tanto as comunidades xitanas como as propias Administracións Locais que, en ocasións, tenden a eludir o problema. O papel da Administración Autonómica é, polo tanto, fundamental para a abordaxe deste tipo de problemas. Noutra orde de cousas, indagando o grao de coñecemento do labor desenvolto desde a Oficina do Valedor do Pobo, subxace como idea –que nalgún caso se expresa abertamente– a idoneidade de que desde a devandita institución se leve a cabo unha defensa dos dereitos da cidadanía, xa non simplemente perante un eventual menoscabo por parte das Administracións, senón tamén daqueles que se poidan ver vulnerados nun contexto xeral, no marco das relacións entre individuos; cuestión que será obxecto dun comentario máis exhaustivo no capítulo correspondente á análise do concepto de discri­minación. Finalmente, en canto á acción das entidades de iniciativa social ou organizacións non gobernamentais que desenvolven o seu labor con poboación xitana, recadáronse distintos argumentos, todos eles en clave crítica ou de suxestión de melloras, a saber: – Na liña do comentado á hora de valorar o asociacionismo xitano, afírmase que en Galicia existe un feble sector social en xeral, en comparanza con outras Comunidades do Estado, característica que tamén hai que imputar ás organizacións que traballan con poboación xitana. – Demándase tamén unha maior implicación destas entidades nos ámbitos nos que se aprecian as necesidades máis perentorias da poboación xitana: o acceso ao emprego e á vivenda. – Con independencia de se se trata de organizacións proxitanas, os membros do colectivo deben ter unha ampla presenza e participación na toma de decisións que, ao cabo, afectan á súa comunidade. – Por último, o modelo organizativo dalgunhas entidades, xitanas ou proxita­nas, tamén resulta cuestionado, en tanto que o excesivo peso da dimensión ideolóxica impide a asunción de modelos de xestión máis actuais, importados dos sistemas de xestión propios da empresa privada –Management–, que desde un punto de vista pragmático e instrumental se revelan con frecuencia máis eficientes que os clásicos sistemas organizacionais. As actuacións dos poderes públicos dirixidas á poboación xitana deben ser, a xuízo das opinións críticas recadadas, obxecto dunha fonda remodelación, máis en concreto a Lei para a Erradicación do chabolismo e o Plan de Desenvolvemento Xitano, este último cuestionado por reproducir actuacións rutineiras que non respon­den a un diagnóstico da situación e que non presentan xa un carácter de intervención esencial. Así mesmo, ínstase á colaboración entre as distintas Administracións, a unha maior coordinación entre a Administración Autonómica e os entes locais co obxecto de achegar respostas efectivas ás distintas problemáticas que afectan á comunidade xitana, concentrando os esforzos na erradicación do chabolismo, para o cal deben superarse, ademais, as visións estritamente localistas que impiden a abordaxe efec­tiva do problema. 3.2. DESCRICIÓN DE ACTUACIÓNS ESPECÍFICAS Se no anterior apartado abordábase a actuación dos poderes públicos e as entida­des de iniciativa social desde a óptica da información fornecida polos expertos infor­mantes entrevistados, o que agora se inicia recolle a descrición daquela que, desde unha perspectiva descritiva e cuantificadora, considera as distintas accións postas en marcha desde as Administracións Locais e as entidades que desenvolven o seu labor coa poboa­ción obxecto de estudo, segundo os datos facilitados polos Concellos galegos cun peso significativo da comunidade xitana44 e as principais entidades que traballan co colec­tivo. 3.2.1. A actuación das Administracións Locais Todos os Concellos que contan cun peso significativo de poboación xitana desen­volven algún tipo de actuación dirixida a este colectivo, evidenciándose, non obstante, contrastes na intensidade ou amplitude de tales actuacións, máis alá das diferenzas inhe­rentes á cifra de membros da comunidade residente en cada un dos municipios de refe­ 44 Os Concellos que remitiron a información solicitada foron os seguintes: A Coruña, Arteixo, Narón, Ferrol, Ribeira, Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, Maside, Maceda, O Carballiño, Pontevedra, Poio, Marín, Vilagarcía de Arousa, Vigo e O Porriño. rencia. A este respecto, hai que indicar que se estima que a poboación beneficiaria dos concellos considerados rolda as 5.000 persoas. De seguido analízase a información recollida, atendendo aos distintos ámbitos considerados: • Obxectivos. En primeiro lugar, en canto ao/s obxectivo/s principal/is dos Servizos Sociais consultados en materia de actuación co colectivo, detéctanse distintos graos de especificación. Así, todos eles teñen por obxecto a integra­ción ou inserción social da poboación xitana, incidindo en distintos aspectos –a prevención da marxinación e a exclusión social, a cobertura das necesida­des básicas dos membros do colectivo en situación de risco ou exclusión, etc.–, e, nalgún caso, cun maior grao de detalle, como se indicou, como por exemplo cando se sinala “o acceso a servizos normalizados, vivenda, norma-lización educativa, promoción da saúde, prevención do fracaso escolar, inser­ción laboral e fomento das relacións interétnicas” –Concello de O Porriño–. • Colaboración e participación. Segundo a información recadada, o asesora-mento e orientación a outras entidades ou institucións, así como a participa­ción nas accións doutras entidades é –ou foino nalgún momento– frecuente, sendo as máis aludidas Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Secretariado General Gitano. Destácase tamén a colaboración coa Federación Galega de Asociacións Xitanas, a Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo, a Asociación Chavós e asociacións xitanas de ámbito local. • Estudos e investigacións. Ningunha das Corporacións Locais consultadas procedeu á publicación das investigacións realizadas sobre a poboación obxecto de estudo, a excepción do Concello de Ferrol, que no ano 1992 editou o Diagnóstico de necesidades en materia de Servizos Sociais do Concello de Ferrol, un estudo realizado con financiamento municipal e autonómico. No entanto, a meirande parte dos Concellos de referencia teñen elaborado, nalgún momento ao longo dos últimos anos, censos da poboación xitana que reside no municipio. Tamén se alude a máis dun estudo de necesidades en materia de vivenda, ou máis xenéricos, relativos ás condicións de vida –Concellos de Vigo e Ourense– e doutro tipo, como o “Estudo sobre minorías en exclusión” realizado polo Concello de Narón ou o “Diagnóstico da escolarización e absentismo escolar” do Concello de Pontevedra. • Accións de sensibilización social. Neste eido desenvólvense actividades de diversa índole: no plano da sensibilización institucional destácase a organiza­ción de charlas informativas dirixidas a profesionais da propia Administración Local ou asociacións de todo tipo –veciñais, ANPA´s, etc.– e a sensibilización de concellos limítrofes en materia de interculturalidade ou realidade xitana; actividades dirixidas a centros escolares, centros de saúde e centros de atención ao drogodependente; exposicións e xornadas sobre a cul­tura xitana –Concello de Ourense–; ademais, destácase a realización de activi­dades formativas, entre as que poden mencionarse as Xornadas realizadas en dúas ocasións polo Concello de Verín en colaboración coa Fundación Comarcal: “Axudas á contratación de minorías étnicas”, dirixida ao empresa-riado da zona, co obxecto de informar sobre as axudas existentes neste terreo; ou, no mesmo concello, o I e II “Curso de seguimento e apoio escolar a mino­rías étnicas”, dirixido ao profesorado que traballa con minorías étnicas co obxectivo de informar sobre a integración xeral do colectivo, así como dos contidos e liñas xerais sobre a cultura xitana e a súa adaptación á escola. No plano dos medios de comunicación, o programa de radio do concello de O Carballiño “Polo teu benestar. Liña aberta”, aborda a problemática do colec­tivo. • Axudas socioeconómicas vixentes na actualidade. A este respecto45, e con­siderando os datos relativos ao ano 2004, cómpre sinalar que a Renda de Integración Social de Galicia –RISGA– e as pensións non contributivas, son os tipos de prestación máis referidos, seguidos polas Axudas de Emerxencia Social46. Deste xeito, mentres que en concellos como Ferrol, Monforte, Verín, Maside, Pontevedra e Marín, a prestación con maior número de perceptores directos en 2004 foi a RISGA; en O Carballiño, Xinzo de Limia, Vilagarcía de Arousa e Ribeira concedéronse maior número de pensións non contributi­vas. Nos concellos de Arteixo e Ourense a cifra máis elevada de prestacións corresponde, porén, ás Axudas de Emerxencia Social. Outras das máis aludi­das son tamén, as axudas concedidas pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado –de Apoio á familia (integración do menor) e Axudas por nacemento– e outras axudas dos propios Concellos. • Actividades socioculturais. No ámbito da organización de actividades socio-culturais todos os Concellos de referencia detallan unha relación daquelas máis destacadas ao longo dos últimos anos. Algunhas delas teñen por destina­taria a poboación xeral, como é o caso das Xornadas de interculturalidade organizadas nos concellos de Ourense, Verín e Xinzo de Limia, a Xornada gastronómica xitana e concerto de música –concello de Ribeira–, ou a cele­bración de festas tradicionais –magosto, entroido, festa dos Maios–; aínda que outras se dirixen a colectivos concretos, destacándose as destinadas á poboa­ción infantil e á mocidade –cursos deportivos, excursións, visitas, actividades de verán–. Así, tamén se constata a organización de actividades –como cursos de costura ou manualidades– dirixidos a mulleres xitanas. Gran parte destas 45 Cómpre advertir que se trata de estimacións, pois para a concesión destas axudas non é necesario precisar que se trata de individuos pertencentes a unha minoría étnica, e, de feito, algúns Concellos manifes­ taron non dispoñer desta información. 46 Todas elas prestacións concedidas pola Administración Autonómica, pero xestionadas desde os Servizos Sociais Municipais. actividades teñen por obxecto fomentar a interculturalidade e a convivencia entre as comunidades xitana e paia, polo que a participación é diversa. • Accións de carácter socioeducativo. As actuacións desenvoltas neste campo presentan, nunha perspectiva comparativa, unha maior homoxeneidade. Ademais, este tipo de accións diríxense á poboación xitana en exclusiva, a diferenza doutras que teñen como destinataria a poboación xeral, aínda desta­cándose a presenza do colectivo xitano. Deste xeito, todos os Concellos reali­zan, con carácter anual –uns cunha experiencia máis dilatada, noutros casos, menor–, actividades de apoio e seguimento educativo en distintos niveis de ensinanza –Infantil, Primaria e Secundaria–. Ademais do reforzo escolar, o seguimento educativo propiamente dito concrétase en accións dirixidas a combater o absentismo e o abandono escolar, organizándose tamén charlas entre profesorado e nais e pais membros do colectivo. Os cursos ou clases de alfabetización con poboación maior de dezaseis anos, con baixo ou nulo nivel de lecto-escritura, son outras das actuacións máis aludidas, actuacións que, como outras das que se realizan neste ámbito, son frecuentemente desenvoltas en colaboración con entidades de iniciativa social. Outras actividades referi­das son, tamén en materia de educación para adultos, a impartición de clases para a obtención do permiso de condución tipo B, clases de Educación Vial, e noutro plano, cursos de Nutrición, de Educación para a Saúde ou programas de hixiene desenvoltos en campamentos chabolistas. • Accións desenvoltas no ámbito sociolaboral. Neste ámbito, as actividades das Administracións Locais presentan, pola contra, maior diversidade. Tendo en conta os distintos tipos de actuación que poden desenvolverse neste ámbito, cabe destacar os seguintes aspectos: – En canto ás actividades de sensibilización do colectivo en materia de inserción laboral, a poboación diana dos distintos concellos é diversa. En primeiro lugar porque algúns Concellos aluden como destinataria destas accións á poboación xeral, isto é, non só ao colectivo xitano; doutra banda, porque se dirixen maioritariamente a grupos desfavorecidos definidos de xeito diverso –persoas beneficiarias de prestacións sociais, persoas desem­pregadas con escasos recursos, membros do colectivo xitano en precaria situación de desemprego, desempregados en risco de exclusión social ou persoas con cargas familiares– e, por último, por incidir en segmentos de idade tamén diversos: homes e mulleres de 20 a 30 anos, de 18 a 45, de 16 a 40, de 16 a 35, etc. En canto ao xénero, o máis frecuente é que estas accións se dirixan tanto a homes como a mulleres, se ben nalgún caso se especifica que os principais destinatarios son varóns de etnia xitana. – Por outro lado, todas as Corporacións Locais derivan a membros da comu­nidade xitana a outras entidades en materia de inserción laboral e amplia­ ción do nivel formativo básico –preformación-: ao INEM, ao Servizo Galego de Colocación ou centros asociados, empresas de traballo tempo­ral, gabinetes de inserción laboral, á Asociación Chavós, á Fundación Secretariado General Gitano, a Cáritas, etc.. Os Concellos de Vigo e Pontevedra a través de convenios de colaboración derivan, de feito, todas as accións en materia sociolaboral ao Programa Acceder, dependente da Fundación Secretariado General Gitano. – En canto á formación profesional organizada desde estas Administracións, a información facilitada dá conta dunha gran variedade de cursos, cunha duración moi variable –cun mínimo de 30 horas e un máximo en torno ás 900– dirixidos exclusivamente á poboación xitana ou, como se indicou, á poboación en xeral cunha presenza significativa de membros desta comu­nidade: cantería, corte e confección, xardinería, albanelería, electricidade, estruturas metálicas lixeiras, bixutería, confección, tapizado, recuperación de mobles antigos, hostalería, axuda a domicilio, fontanería, etc. Os cursos céntranse, por un lado, en profesións tradicionais da comunidade xitana: recuperación de mobles antigos, cestería e vimbio, etc., así como en alter­nativas á venda ambulante –curso de bixutería realizado no concello de Verín–, e profesións que contan cunha demanda significativa no mercado de traballo actual –por exemplo, as relacionadas coa hostalería e a axuda a domicilio no caso das mulleres, e construción ou electricidade e montaxe no caso da poboación masculina–. Moitos Concellos, proporcionan, ademais, formación en habilidades sociais, dirixida fundamentalmente aos membros do colectivo en situación de exclusión social. – A meirande parte dos Concellos referidos realizan, ademais, tarefas de información, orientación e asesoramento técnico. Os postos de traballo máis demandados no caso dos homes atópanse no sector da construción, seguido da industria, fundamentalmente como obreiros non cualificados; e para as mulleres a hostalería, a confección e os servizos de limpeza. Á marxe do sector da construción, citado en todos eles, a demanda para outros postos de traballo relaciónase directamente cos sectores produtivos de cada respectiva zona xeográfica, por exemplo, en Ribeira a descarga do peixe é unha activi­dade na que se demanda poboación masculina, mentres que as conserveiras precisan da poboación feminina e en Narón atópase oferta de traballo nas empresas metalúrxicas. O seguimento da traxectoria laboral mediante con­tacto telefónico e entrevistas persoais é tamén unha función habitual desen­volta desde os Servizos Sociais municipais consultados. – Finalmente, tamén se sinalaron as principais problemáticas que afectan á comunidade xitana á hora de participar en procesos formativos e inserirse 94 no mercado laboral: á marxe da discriminación social que tamén se sinala, a desmotivación, a falta de formación e cualificación, as dificultades para aceptar horarios e integrarse nos grupos, o absentismo e a inadaptación laboral son os motivos máis referidos. Resta indicar que, do conxunto de Concellos referidos non se inclúen no Plan de Desenvolvemento Xitano os seguintes: Ferrol, Arteixo, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Poio e Marín. É por isto, que algún deles contan con plans ou programas propios, de financiamento municipal: Por exemplo, no primeiro dos citados desenvolven o Programa Solamu –Programa Sociolaboral de intervención coa muller xitana–, en con­venio coa Asociación Chavós; en Vilagarcía de Arousa, o Programa “Educar para a con­vivencia”; e no Concello de Arteixo, o “Programa de Atención e Promoción integral das familias xitanas no Concello de Arteixo”, integrado á súa vez no Programa básico de inserción social do Concello de Arteixo”. 3.2.2. A actuación das entidades de iniciativa social. Reproducindo a estrutura expositiva empregada na análise da información facili­tada polos Concellos con presenza significativa de poboación xitana, descríbense neste apartado as accións desenvoltas desde as principais entidades de iniciativa social que centran o seu labor na atención á comunidade xitana de Galicia. As entidades contacta­das para a solicitude desta información foron a Asociación Chavós para o Desenvolvemento Sociopedagóxico, a Fundación Secretariado General Gitano, a Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo, Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e, na perspectiva da descrición dun programa de intervención educativa, o Colexio Virxe da Milagrosa, situado no municipio de Maceda. Cómpre advertir, entón, que estas dúas últimas entidades, Cáritas Diocesana de Santiago e o citado colexio, serán obxecto dun comentario específico, dada a peculiaridade das actuacións que realizan. Atendendo, entón, aos distintos ámbitos considerados no requirimento de infor­mación, e con respecto á actividade desenvolta desde a Asociación Chavós, o Secretariado General Gitano e a Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo, destácanse os seguintes aspectos: • Obxectivos. Un trazo a salientar, característico destas tres organizacións, é o énfase que na definición dos seus obxectivos poñen, alén da plena incorpora­ción social do colectivo xitano, na perspectiva da interculturalidade, no res­pecto á súa identidade cultural ou, dito doutro xeito, na “normalización dife­renciada”. Desde esta base, e con financiamento fundamentalmente de carácter público –Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Xunta de Galicia, Concellos e Deputación de A Coruña–, as citadas entidades veñen desenvol­ vendo o seu labor na Comunidade Autónoma desde principios dos anos oitenta. • Ámbito de intervención. En total, a poboación xitana obxecto das accións que levan a cabo estas organizacións se cifra á volta das 5.450 persoas, en tanto que a que participa directamente das súas actividades é aproximada­mente de 3.230, proporción ben significativa se se ten en conta que a poboa­ción xitana galega podería roldar as 9.000 persoas. Desde o punto de vista xeográfico, a actuación das tres entidades desenvólvese nos seguintes conce­llos: – A Asociación Chavós, de ámbito autonómico, centra a súa intervención nos municipios de Ferrol, Narón e Santiago de Compostela. – O Secretariado General Gitano, organización de ámbito estatal pero que, a efectos deste informe foi considerada na súa acción no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, faino principalmente nas cidades de Lugo, Pontevedra, Vigo e Santiago. – A Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo, de ámbito provincial, dirixe a súa acción a todos os concellos da provincia con pre-senza da comunidade xitana: Lugo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Rábade, Outeiro de Rei, Sarria e Monforte de Lemos. • Colaboración e participación. Segundo a información recadada, a colabora­ción coas Administracións Públicas, especialmente as Locais –tal e como se deduce do anterior epígrafe– e institucións como o Valedor do Pobo, é desta­cada polas tres entidades, e que se materializa principalmente en asesora-mento, participación en programas e apoio a accións concretas. Ademais, colaboran tamén con outras entidades, entre outras: Cáritas –Secretariado General Gitano–; Cruz Vermella, Cogami, Unión Romaní –Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo–; organizacións sindicais, centros educativos ou a propia Asociación Estatal de Ensinantes con Xitanos, no caso da Asociación Chavós e da que forma parte. Ademais, tamén é frecuente a colaboración do Secretariado General Gitano e Chavós coa Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo. • Estudos e investigacións. Os estudos e investigacións realizados por estas entidades son: – A actividade da Asociación Chavós neste eido é especialmente destacada: -En 1988-89 elabora uns cadernos de traballo para o alumnado de pri­meiro ciclo de Primaria baixo o título de “Centros de interese: oficios tradicionais da comunidade xitana”. Non foi publicado. -En 1991 publícase o estudo A comunidade xitana en Galicia, obra de referencia para a elaboración da primeira parte do presente Informe, editado pola Xunta de Galicia. -En 1996-97 elaboran os Materiais para unha práctica intercultural. Traballo e cultura na comunidade xitano-galega, publicados en Edicións Xerais –última edición: 1999–. -En 2002 a Xunta de Galicia publica o principal estudo de referencia deste Informe: A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. -En 2005, estando prevista a súa publicación polo Consello Escolar de Galicia, a asociación elabora un estudo sobre a situación educativa da poboación xitana de Galicia en perspectiva diacrónica ao longo da última década: A escolarización da comunidade xitana ao longo da última década. – A Fundación Secretariado General Gitano, circunscribíndose ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia publicou en 1983 Los gitanos en estado de extrema necesidad en Galicia, no marco dunha ampla serie de estudos promovidos pola entidade no conxunto do Estado. – Finalmente, a Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo realiza anualmente un Censo de poboación xitana de todas as familias que residen na provincia de Lugo. Non é publicado. • Accións de sensibilización social. Neste ámbito, as tres entidades desenvol-ven unha actividade significativa: todas elas levan a cabo accións de sensibili­zación institucional –dirixidas aos Concellos e á Administración Autonómica–, que se materializan fundamentalmente na realización de entre­vistas con responsables da posta en marcha de políticas públicas, para favore­cer unha maior atención ao colectivo e propoñendo, no seu caso, liñas de intervención. En canto ás accións de sensibilización social cómpre referir, entre outras, actos públicos, exposicións, desfiles –Asociación Chavós–, a campaña, con presenza nos medios de comunicación “Coñéceos antes de xul­galos”, do Secretariado General Gitano, e charlas diversas sobre a realidade xitana –Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo–. No plano das accións de sensibilización dirixidas a colectivos concretos hai que destacar o Curso de formación do voluntariado da Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo –impartido anualmente e dun total de 200 horas–, as charlas e os cursos dirixidos aos profesionais da interven­ción social e laboral, desenvoltos tanto pola Asociación Chavós como polo Secretariado General Gitano, destinados a promover o coñecemento e as acti­tudes favorables á comunidade xitana, e que, ademais, resultan positivamente valoradas polas persoas que participan neles. • Actividades socioculturais. Neste apartado, a Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo destaca a realización dunha actividade dirixida á poboación xeral que desenvolven en diversos concellos da provincia de Lugo durante todo o ano, coñecida como “Promoción da cultura xitana”, que ten como obxectivo lograr o recoñecemento social da mesma; o Secretariado General Gitano a organización en Vigo da Semana Cultural Gitana; mentres que a Asociación Chavós refire a realización de diversas actividades, como excursións e campamentos de verán, ou a ludoteca, na que participan 355 rapaces e rapazas xitanos dos concellos de Narón e Santiago de Compostela. O obxectivo destas actividades, ademais de promover habilidades de relación entre os menores e desenvolver formas alternativas de aproveitamento do tempo libre, é o de servir de reforzo da asistencia a actividades de apoio esco­lar. • Accións de carácter socioeducativo. As tres organizacións consideradas rea­lizan actividades de apoio e seguimento educativo de rapaces e rapazas do colectivo xitano, pero cómpre precisar o desenvolvemento desta e outras actuacións: – A Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo vén organi­zando distintas actividades formativas desde o ano 1987, destacando “Orientación cultural para mestres”, desenvolta en distintos concellos da provincia de Lugo, co obxectivo de asesorar e orientar o profesorado na cultura e realidade xitana. Financiada pola Xunta de Galicia e achegas de socios protectores foi avaliada positivamente. Tamén desde ese ano reali­zan actividades de apoio e seguimento educativo a rapaces do colectivo dos niveis de Infantil, Primaria e ESO, así como de formación non regrada. En concreto, durante o ano 2004-2005 traballaron cun total de 300 alumnos de 70 colexios. – A Asociación Chavós, de clara orientación ao ámbito educativo, desen­volve distintas actividades con diversos colectivos: -En primeiro lugar, hai que aludir ás actividades de apoio á formación regrada, dirixida ao alumnado de todos os niveis de centros públicos e privados co obxectivo de incrementar o rendemento escolar dos meno­res xitanos. Lévase a cabo nos concellos de Ferrol e Santiago e conta cunha duración de 360 horas. -En materia de apoio e seguimento educativo, que veñen realizando desde 1994, destacan dúas actividades desenvoltas durante o curso 2004-2005: “Alumnado de centros públicos e privados”, baseada na coordinación cos centros educativos das cidades de Ferrol e Santiago para o seguimento do proceso educativo, intermediación coas familias, resolución de conflitos, control de asistencia e apoio escolar. Realízase nos locais da Asociación e conta coa colaboración de mestres, traballa-dores sociais e un educador social. Igual que nas actividades de apoio educativo, participaron no último curso un total de 356 rapaces e rapa­zas. “Alumnado de centros públicos de atención á primeira infancia”, consistente no transporte á gardería infantil, seguimento da asistencia e evolución e mediación coas familias. Participan 8 nenos/as e, como as anteriores actividades, é financiada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Xunta de Galicia. -Pero, ademais, levan a cabo accións dirixidas a outros colectivos: tendo como poboación destinataria as mulleres xitanas, desenvolven na actualidade o Proxecto Romi, co obxectivo de impulsar accións ten­dentes a favorecer a inclusión feminina na vida social, a través de con-tidos de educación sexual, coeducación, autoestima, educación fami­liar e comunicación. Lévase a cabo nos concellos de Ferrol e Santiago. Cunha duración de 320 horas, é financiada polo Servizo Galego de Igualdade, e participan nel 50 mulleres. As mulleres xitanas son, ade­mais, as destinatarias dos cursos de Nutrición, Alimentación e Consumo, co obxectivo de mellorar os hábitos familiares de alimenta­ción. Cunha duración de 150 horas, realízanse en Ferrol, con financia-mento da Deputación de A Coruña e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, e neles participan 26 mulleres. -Todas as accións referidas, avaliadas a través de indicadores de segui­mento, resultan valoradas en termos ben positivos. • Accións desenvoltas no ámbito sociolaboral. Sendo moitas e diversas as accións levadas a cabo neste terreo, detállase a continuación a actividades destas organizacións atendendo aos distintos tipos de actuación: – En canto ás actividades de sensibilización, as tres entidades confirman o seu desenvolvemento, aludindo, non obstante, a diferentes poboacións diana: mentres que a Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo realiza este tipo de accións co conxunto da poboación activa –entre 16 e 65 anos–, a Asociación Chavós atende fundamentalmente á mocidade que finalizou os seus estudos e presenta dificultades de acceso ao primeiro emprego, así como a persoas desempregadas de longa duración e percep­tores de prestacións económicas como a RISGA e a RAI, e as persoas con ocupación por conta allea e ingresos irregulares. O Secretariado General Gitano, pola súa banda, incide fundamentalmente na inserción laboral da mocidade e a poboación feminina. – Por outra parte, as tres entidades derivan a outros organismos e entidades: centros de Formación Ocupacional, escolas-obradoiro, obradoiros de emprego, programas de formación das Administracións Locais, centros de formación dos sindicatos, entidades sociais, organizacións empresariais, etc. – As tres entidades organizan cursos en habilidades sociais e de ampliación do nivel formativo básico –preformación-: a Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo realiza cursos de alfabetización e de obten­ción do permiso de conducir, principalmente con mulleres; mentres que a Asociación Chavós realiza cursos de 9 meses de duración, principalmente dirixidos a adultos que abandonaron a formación de xeito prematuro. O Secretariado General Gitano organiza tamén este tipo de cursos, dirixidos a toda aquela persoa que queira mellorar as súas competencias, sendo os cursos de duración variable, segundo as características das persoas partici­pantes. – En canto ás accións de información, orientación e asesoramento técnico, desenvoltas polas tres entidades consideradas, teñen por obxecto as profe-sións máis demandadas: construción, limpeza, xardinería, postos de reparto, postos de mozo de almacén, hostalería, téxtil e outros traballos non cualificados no emprego público. No terreo do traballo autónomo, a meirande parte das iniciativas empresariais céntranse na venda ambulante. No período 2004-2005, a Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo logrou empregar, baixo esta fórmula, a un total de 90 per­soas. – Doutra banda, no que respecta á formación profesional, a Asociación Chavós destaca a realización durante o curso 2004-2005 de 2 cursos da rama de patronaxe industrial dirixido a mulleres beneficiarias da RISGA, cunha duración mínima de 12 semanas e máxima de 30. O Secretariado General Gitano realizou, neste mesmo período, un total de 9 cursos: lim­peza, construción, automoción, cociña, soldadura, comercio, axuda a domicilio e transporte nas cidades con presenza do dispositivo Acceder, cunha duración mínima de 2 semanas e máxima de 12. – A intermediación laboral, o contacto e a sensibilización empresarial son destacadas pola Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo e o Secretariado General Gitano, destacando a primeira destas, a maior receptividade das empresas de construción, limpeza e xardinería. – Por último, en canto ás principais problemáticas que afectan á comunidade xitana á hora de participar en procesos formativos e inserirse no mercado laboral, sinálase, á marxe da discriminación do colectivo tanto por parte de empregadores como formadores, a falta de autoestima, a desconfianza cara o descoñecido, a carencia de habilidades instrumentais básicas e a falta de hábitos de traballo. – Cómpre indicar, ademais, que as accións descritas neste eido se desenvol-ven, no caso da Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo no marco de dous programas: Plan de Inclusión Social: “Programa de acompañamento ao emprego” e, como subvencións do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais –I.R.P.F. 2005–, “Programas de formación e promoción laboral da muller xitana”. A Fundación Secretariado General Gitano, pola súa banda, puxo en mar­cha, no ano 2000, o Programa Acceder, no marco do Fondo Social Europeo e coa colaboración da Xunta de Galicia e os Concellos de Pontevedra e Vigo. Posteriormente se incorporaron tamén ao proxecto as cidades de Lugo e Santiago de Compostela. O seu obxectivo é impulsar, a través de accións centradas no acceso á formación profesional e ao emprego, a inclusión social da poboación xitana. Durante o ano 2003 par­ticiparon nos Programas Acceder un total de 254 persoas xitanas. • Ademais das accións referidas, a Asociación para a Promoción e Integración Xitana de Lugo conta cun Programa de busca de vivendas para o colectivo xitano, dirixido a persoas con minusvalideces, poboación chabolista e persoas novas, actuación que tamén se realiza desde o Secretariado General Gitano. • Resta comentar unha das principais accións desenvoltas desde a Fundación Secretariado General Gitano, a cal pode denominarse “Loita contra a discri­minación da poboación xitana”. De feito, nun próximo apartado do presente Informe realízase unha análise dos casos de discriminación que rexistra desde a Área de Promoción da Igualdade de Trato da organización desde o ano 2004. Esta organización asumiu a loita contra a discriminación como un dos seus eixes de intervención prioritarios, incorporándoa aos métodos de traba-llo, enfoques e principios orientadores das súas accións. A estratexia de inter­vención en materia de igualdade de trato pode resumirse en: – Sensibilizar as Administracións Públicas, organizacións sociais e comuni­dade xitana a través da formación de axentes clave na loita contra a discri­minación –forzas da orde pública, profesionais da xudicatura, Administracións, etc.–. – Asesorar e acompañar as vítimas de discriminación por motivos étnicos nos procesos de defensa dos seus dereitos, a través dun dispositivo espe­cializado para prestar asistencia ás vítimas, organizacións sociais e outros servizos públicos que o demanden. – Fomentar a política social para a promoción da igualdade de trato mediante o seguimento da normativa antidiscriminatoria, especialmente o proceso de transposición da Directiva 2000/43 ao ordenamento xurídico español e a creación do Consello para a promoción da igualdade de trato. Noutra orde de cousas, e no ámbito de actuación de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, cómpre referir as accións realizadas por Cáritas Interparroquial de A Coruña e Cáritas Interparroquial de Arousa, que exceden o tradi­cional marco de actuación desta entidade con poboación social e economicamente des­favorecida: • Cáritas Interparroquial de A Coruña, cun ámbito de intervención que, ademais da cidade, se estende aos concellos de Arteixo e Betanzos, atende a unha poboación xitana que, segundo as propias estimacións, ascende a 2.000 per­soas. Ademais da realización de actividades habituais desta entidade, como a concesión de axudas económicas, desenvolve as seguintes actuacións: – Colabora e participa das accións doutras entidades e realiza tarefas de ase-soramento e orientación a asociacións e institucións: de maneira habitual colabora coa Consellería de Asuntos Sociais e o Secretariado General Gitano, de xeito esporádico e puntual faino co Concello de A Coruña, a Universidade e o Centro de Drogodependencias da mesma cidade. Esta colaboración oriéntase ao desenvolvemento de cursos e actividades forma­tivas, apoio escolar e apoio ao voluntariado. – En materia de sensibilización social realiza accións de sensibilización ins­titucional –de novo coa Universidade de A Coruña–, de cara á captación de voluntarios e colaboradores. Destácase tamén a organización dunhas “Xornadas Interétnicas”, dirixidas á poboación xitana e inmigrante, que incluían charlas, exposicións de artesanía e degustacións de comida típica e na que participaron 100 persoas. – No ámbito socieducativo, realizaron diversos cursos, entre os que cabe mencionar o de formación de nais novas, para a abordaxe de aspectos rela­cionados coa hixiene, a saúde e a educación, e no que participaron 40 mulleres. – Por último, no plano formativo levan a cabo derivacións a outros servizos de formación e emprego. En colaboración co INEM realizaron cursos de formación, na actualidade de corte e confección. • Cáritas Interparroquial de Arousa, cun ámbito de intervención que abrangue o conxunto da Mancomunidade, cifra a poboación xitana potencial en 200 per­soas, das que se benefician á volta de 50. Ademais das axudas socioeconómi­cas habituais –alimentos e roupeiro, axudas de emerxencia para o pago de bens e servizos como a auga, a luz, o propio aluguer, etc.–, leva organizando desde 1993 un curso de alfabetización de persoas adultas dun total de 189 horas, dirixido á comunidade xitana e cigana de Arousa. No ámbito sociolaboral efectúan derivacións a Concellos, centros do INEM e Seguridade Social. Outras das súas actividades teñen como principal poboa­ción destinataria a mulleres desempregadas en idade laboral: tanto a sensibili­zación en canto á inserción laboral como a organización de cursos de amplia­ción do nivel formativo básico –cunha duración de aproximadamente 9 meses–. Realizan tamén actividades de información, orientación e asesora-mento técnico a persoas sen cualificación e baixo nivel académico, así como un seguimento persoal da traxectoria laboral dos demandantes. • Como se indicou, e como experiencia de fomento da interculturalidade, o Colexio Virxe da Milagrosa do concello de Maceda, desenvolveu, no período 2000-2002, un programa de intervención educativa coa comunidade xitana. Se ben o apoio e seguimento educativo dos rapaces xitanos remóntase a hai trinta anos, é nese período cando se leva a cabo o programa “Intervención educativa para a integración da minoría xitana”. Os seus obxectivos son xerar unha dinámica de traballo en materia de educación intercultural e atención á diversidade e fomentar e apoiar a introdución de cambios que contribúan a diminuír os procesos de discriminación e fagan efectivo o desenvolvemento dunha educación intercultural en favor da tolerancia e do respecto á diversi­dade. O programa forma parte do Proxecto Curricular de Centro –P.C.C.– e do Proxecto Educativo de Centro –P.E.C.– e comprende o desenvolvemento de distintas accións: selección e elaboración de materiais de reforzo, de apoio e de traballo para a integración do alumnado xitano; traballo coas familias para a formación en coidados hixiénicos, de saúde, de alimentación e vestido das nenas e nenos, etc. A consideración en conxunto da acción dos Servizos Sociais municipais estu-dados, aqueles correspondentes a concellos cunha presenza significativa de poboa­ción xitana, leva a constatar, en primeiro termo, unha notable participación cuantita­tiva no conxunto de programas e prestacións que, falando con carácter xeral, tales servizos xestionan con orientación ao conxunto da poboación, indicando, ao tempo, unha normalización no acceso aos mesmos, pero tamén unha dependencia expresiva por parte dos xitanos. Sobre desta base emerxe un conxunto de accións específicas amplo e variado, xa ao abeiro do Plan de Desenvolvemento Xitano, xa no marco de iniciativas propias. Se o grao de formalización de obxectivos é diferente, é frecuente a colaboración con entidades de iniciativa social e escasa a realización de estudos e indagacións específicas, así como dispersas e incipientes as accións de sensibiliza­ción social en orde á interculturalidade. Máis significación teñen as de carácter socioeducativo –acaso as que definen estratexias de intervención máis novidosas– e sociolaboral, estas últimas, de novo e principalmente, no marco de políticas xerais destinadas a poboacións desfavorecidas. As entidades de iniciativa social, da súa parte, nomeadamente aquelas cunha orientación específica cara este colectivo, interveñen desde un discurso teórico ben definido, o que se denominou “normalización diferenciada”. Tamén neste caso os volumes poboacionais, máis aínda que no anterior, son moi significados. Desde a súa vocación, pois, específica, levan a cabo actuacións estimables de colaboración con outros entes e coas Administracións; dentro dunha certa modestia, desenvolven, ou teñen desenvolto, esforzos de investigación sobre a realidade xitana, efectuando intervencións notables de sensibilización social e das propias Administracións, e rea­lizando actividades socioculturais. Estas últimas constitúen a base dun amplo elenco de accións socioeducativas, de formación e integración sociolaboral e de loita contra a discriminación, debendo salientarse o alto nivel de estruturación das mesmas e o integral do seu enfoque. Como balance xeral, reconsiderando alén do descritivo o conxunto de infor­mación vertida neste capítulo, cabe proxectar a impresión de que a acción dos Servizos Sociais municipais sobre o colectivo xitano é significativa, en canto que este, cunha proporción expresiva de individuos e grupos familiares en situación de desfavorecemento, se beneficia de actuacións dirixidas aos grupos sociais que, dentro da poboación xeral, se encontran en tal situación, pero, tomada en conxunto, adoece-ría, na mesma variedade que ofrece, de falta de carácter orgánico e integral de con­creción en estratexias específicas, principalmente de carácter socioeducativo e socio-laboral. Unhas estratexias que, precisamente na súa especificidade, non negan o desexable dun acceso normalizado, en pé de igualdade, ás prestacións, programas, etc. dos Servizos Sociais, pero que, presumiblemente, a medio prazo, contribuirían a reducilo en termos cuantitativos, sinalando ámbitos e mecanismos de intervención nos que a experiencia dos entes de iniciativa social resulta unha referencia digna de tomarse en conta. III A DISCRIMINACIÓN SOCIAL. APROXIMACIÓN TEÓRICA E ANÁLISE DE CASOS 0. INDICACIÓNS PREVIAS Esta terceira parte do Informe ten por obxecto afondar na realidade da poboación xitana de Galicia desde a perspectiva da discriminación. Así, nun primeiro capítulo ana­lízase o concepto de discriminación, desde un enfoque xurídico que desentraña as nocións de discriminación directa e discriminación indirecta, atendendo ás disposicións normativas existentes tanto no ordenamento xurídico interno como no europeo. O segundo capítulo recolle a descrición dunha serie de casos paradigmáticos de discrimi­nación contra o colectivo: os rexistrados durante o ano 2004 pola Fundación Secretariado General Gitano; os acontecementos relacionados co Programa de Erradicación do Chabolismo que en 1996 pretendía desenvolver o Concello de O Carballiño e, por último, e por último os que constitúen a relación de queixas rexistradas na Oficina do Valedor do Pobo referidas a actos discriminatorios contra a comunidade xitana. 1. O CONCEPTO DE DISCRIMINACIÓN A discriminación social pode definirse como unha actitude e disposición de ánimo que tende a dar un trato de inferioridade a unha persoa ou colectividade por moti­vos raciais, relixiosos, sociais, políticos, económicos, culturais, biopsicolóxicos, de idade, etc.. A discriminación é un produto social, resultado da aprendizaxe de determi­nadas pautas vixentes no medio sociocultural. Nos últimos tempos, o Dereito Comunitario ten como obxectivo conseguir que as discriminacións se reduzan de forma sensible, con fin de erradicalas do espazo europeo, especialmente en materia de emprego. A evolución do Dereito neste ámbito é, pois, sig­nificativa, xa que, ademais do desenvolvemento da propia xurisprudencia, as institu­cións europeas emprenderon a tarefa de definir os conceptos de discriminación directa e discriminación indirecta, labor que se materializou na aprobación de tres directivas comunitarias: – A Directiva do Consello 2000/43/CE, de 29 de xuño de 2000, relativa á apli­cación do principio de igualdade de trato das persoas independentemente da súa orixe racial ou étnica. – A Directiva do Consello 2000/78/CE, de 27 de novembro de 2000, relativa ao establecemento dun marco xeral para a igualdade de trato no emprego e na ocupación47. – A Directiva do Consello 2002/73/CE, de 23 de setembro de 2002, que modi­fica a Directiva 76/207/CEE do Consello, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres no que se refire ao acceso ao emprego, á formación e á promoción profesionais, e ás condicións de traballo. Segundo estas disposicións, a discriminación directa ten lugar cando se trata a unha persoa de maneira menos favorable que a outra, nunha situación análoga, por motivos de orixe racial ou étnica, relixión ou convicións, discapacidade, xénero, idade ou orientación sexual. Pero, dado que a discriminación adoita presentar formas máis sutís, menos evidentes, desenvolveuse o concepto de discriminación indirecta. A discriminación indirecta orixínase cando unha disposición, criterio ou prác­tica aparentemente neutros poden ocasionar unha desvantaxe a persoas polos motivos anteriormente aludidos, excepto que esa disposición, criterio ou práctica poida xustifi­carse obxectivamente cunha finalidade lexítima. Analizando máis polo miúdo esta última definición, e segundo establecen as tres directivas, a discriminación indirecta prodúcese cando: 1. Unha disposición, un criterio ou unha práctica –unha regra ou un uso en vigor na empresa ou no Estado–, 2. aparentemente neutros –que fan referencia a un criterio–, 3. son susceptibles de implicar unha desvantaxe particular para as persoas que respondan a un ou máis criterios, incluíndo aquelas particularmente fundamentadas no xénero; 4. excepto que esa disposición, criterio ou práctica sexan xustificados obxectiva-mente por un obxectivo lexítimo e os medios sexan apropiados e necesarios48. 47 O seu obxecto é establecer un marco xeral para loitar contra a discriminación por motivos de reli­xión ou convicións, de discapacidade, de idade ou de orientación sexual no ámbito do emprego e a ocupa­ción. 48 A este respecto, segundo o Convenio 111 da Organización Internacional do Traballo de 1958, relativo á discriminación en materia de emprego e ocupación, ratificado por España en 1967, constitúen medidas discriminatorias aquelas que obedecen ás cualificacións esixidas para un emprego determinado, as destinadas a salvagardar a seguridade do Estado e as motivadas por imperativos especiais de protección –é dicir, aquelas dirixidas a atender necesidades específicas no ámbito da saúde de homes e mulleres– ou de asistencia –é dicir, medidas positivas ou de adaptación–. As tres directivas tenden, pois, cara a unha definición única da discriminación indirecta, marcando a unicidade do concepto de discriminación. Deste xeito, cando se cumpren as tres primeiras condicións existe unha presunción de discriminación indirecta, que, por definición, non ten en conta a intención do autor, senón tan só o resultado, xa sexa o realizado, é dicir, o efecto discriminatorio, xa sexa o susceptible de realizarse. Unha vez definidos os conceptos de discriminación directa ou indirecta, cómpre analizar en profundidade o contido da Directiva 2000/43/CE do Consello, de 29 de xuño de 2000, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato das persoas independentemente da súa orixe racial ou étnica, polo seu interese específico para o presente Informe. A devandita disposición normativa, unha vez precisadas as correspondentes defi­nicións de discriminación directa e indirecta por motivos de orixe racial ou étnica nos termos anteriormente descritos, e considerando o acoso como unha forma de discrimi­nación cando teña como base a orixe racial ou étnica da persoa, establece no seu artigo 3 que a Directiva será de aplicación a todas as persoas, tanto no sector público como no privado, con relación a: – As condicións de acceso ao emprego, á actividade por conta propia e ao exer­cicio profesional, incluídos os criterios de selección e as condicións de contra­tación e promoción, independentemente da rama de actividade e en todos os niveis da clasificación profesional. – O acceso a todos os tipos e niveis de orientación profesional, formación pro­fesional, reciclaxe e experiencia laboral práctica. – As condicións de emprego e traballo, incluídas as de despido e remuneración. – A afiliación e a participación nunha organización de traballadores ou empre­sarios, ou en calquera organización na que os seus membros desempeñen unha profesión concreta. – A protección social, incluída a Seguridade Social e a asistencia sanitaria. – As vantaxes sociais. – A educación. – O acceso a bens e servizos dispoñibles para o público e a oferta dos mesmos, incluída a vivenda. Garántese, doutra banda, a capacidade de acción positiva –comunmente denomi­nada discriminación positiva–, isto é, que o principio de igualdade de trato non impida que un Estado membro manteña ou adopte medidas específicas para previr ou compen­sar as desvantaxes que afecten as persoas dunha orixe racial ou étnica concreta. Ademais, os Estados membros velarán pola existencia de procedementos xudi­ciais e administrativos, e mesmo, cando o consideren oportuno, establecerán procede-mentos de conciliación, para esixir o cumprimento das obrigas establecidas en cumpri­mento da Directiva, para todas as persoas que se consideren prexudicadas pola non aplicación, no que a elas se refire, do principio de igualdade de trato, mesmo tras a con­clusión da relación na que supostamente se teña producido tal discriminación. Adoptarán tamén, conforme ao seu ordenamento xurídico nacional, as medidas necesarias para garantir que corresponda á parte demandada a carga da proba, agás nos procedementos de orde penal, sen que tampouco estean obrigados a aplicar estas medi­das aos procedementos nos que a instrución dos feitos relativos ao caso corresponda aos órganos xurisdicionais ou a outro órgano competente. Os ordenamentos xurídicos debe­rán adoptar tamén as medidas que resulten necesarias para protexer as persoas contra calquera trato adverso ou consecuencia negativa que poida producirse como reacción ante unha reclamación ou perante un procedemento destinado a esixir o cumprimento do principio de igualdade de trato. Os Estados membros deberán velar, ademais, para que as disposicións adoptadas en virtude da presente Directiva, ademais das disposicións correspondentes xa en vigor, sexan postas en coñecemento das persoas ás que lles sexa aplicable, por todos os medios adecuados, en todo o seu territorio, xunto con outras disposicións vixentes xa adoptadas. É importante sinalar, por outro lado, que, segundo esta disposición normativa, cada Estado membro designará un ou máis organismos responsables da promoción da igualdade de trato entre todas as persoas sen discriminación por motivo de orixe racial ou étnica. Estes organismos poderán formar parte dos servizos responsables a nivel esta­tal da defensa dos dereitos humanos e da salvagarda dos dereitos individuais. Entre as competencias destes organismos deberán figurar as seguintes: prestar asistencia inde­pendente ás vítimas de discriminación á hora de tramitar as súas reclamacións por dis­criminación, realizar e publicar informes independentes e formular recomendacións. Para o cumprimento desta Directiva, os Estados membros deberán adaptar o seu ordenamento interno, velando para que se derroguen as disposicións legais, regulamen­tarias e administrativas contrarias ao principio de igualdade de trato, incluíndo as dispo­sicións relativas a contratos individuais, convenios colectivos, regulamentos internos das empresas, e normativa das asociacións e organizacións sindicais e empresariais. Tamén deberán establecer o réxime de sancións en caso de incumprimento das disposi­cións estatais adoptadas na aplicación da Directiva. As disposicións legais para dar cumprimento ao establecido deberán realizarse antes do 19 de xullo de 2003, podendo confiarse aos interlocutores sociais, a petición conxunta destes, a regulación en materia de convenios colectivos. Xa que logo, deixando a un lado a Directiva 2002/73, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres, que ten como prazo máximo para a súa transposición o 5 de outubro de 2005, cómpre analizar a transposición reali­zada en España das outras dúas directivas antidiscriminación, 2000/43 e 2000/78. Ambas as dúas directivas foron traspostas ao Dereito interno español a través da Lei 62/2003, de 30 de decembro, de medidas fiscais, económicas e de orde social –coñecida como Lei de acompañamento dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2004–, sendo obxecto de desenvolvemento no Capítulo III –“Medidas para a aplicación do principio de igualdade de trato”–, do seu Título II –“Do social”–. A lectura das disposicións que recolle este texto legal permite comprobar que a transposición da normativa antidiscriminación ao Dereito español é insuficiente, cando non discordante co contido das citadas directivas. Así, en primeiro lugar, e como defec­tos de forma, hai que sinalar que a transposición foi realizada con atraso, pois o prazo máximo para a transposición da Directiva 2000/43 era, como se indicou, o 19 de xullo de 2003, mentres que para a 2000/78 a data límite era o 2 de decembro de 2003. Por outro lado, e dado que a transposición non estaba incluída no anteproxecto de Lei do Goberno, os seus contidos non foron sometidos á consulta do Consello de Estado e do Consello Económico e Social, o que impediu que a primeira destas institucións puidese sinalar as discordancias respecto do texto das directivas, e que os axentes sociais, desde a segunda, puidesen pronunciarse sobre a mesma. En canto ao seu contido, efectuouse o que se pode cualificar como unha transpo­sición de mínimos, pois, en liñas xerais, a Lei vén reproducir o contido das dúas directi­vas. Non só non amplía as liñas de acción, senón que se presenta máis restritiva en cer-tos aspectos, como no que atinxe á protección contra as represalias no ámbito laboral. Un asunto clave, ademais, é a abordaxe da creación do organismo especializado respon­sable da loita contra a discriminación por motivos de orixe racial e étnica. Mentres que a Directiva 2000/43 alude ata tres veces á independencia deste organismo na descrición das súas funcións, a Lei 62/2003 omite este termo, ao tempo que lle outorga un carácter netamente administrativo. Así, segundo sinala o artigo 33, o Consello para a promoción da igualdade de trato e a non discriminación das persoas pola orixe racial ou étnica con-figúrase como un órgano colexiado dos previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que estará adscrito ao Ministerio de Asuntos Sociais. Ademais, formarán parte do Consello os ministerios con competencias nas materias referidas no apartado 1, no que se detallan os ámbitos de actuación deste organismo, entre as que se contemplan a educación, a sanidade, os servizos sociais, a vivenda e o emprego. Así mesmo deberá asegurarse a participación das comunidades autónomas, das entidades locais, das orga­nizacións sindicais e empresariais máis representativas e aquelas que representen intere­ses relacionados coa orixe racial ou étnica das persoas. A determinación da composición e funcionamento deste Consello corresponderá ao Goberno, mediante a aprobación dun Real Decreto, que será aprobado polo Consello de Ministros no prazo de tres meses desde a entrada en vigor da Lei. O disposto neste artigo enténdese sen prexuízo das competencias atribuídas por lei ao Defensor do Pobo, o cal poderá establecer co Consello os mecanismos de cooperación e colaboración que considere oportunos. Noutra orde de cousas, cómpre indicar que, tras a aprobación das citadas Directivas, o Consello da Unión Europea adoptou, o 27 de novembro de 2000, unha Decisión pola que se establece, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2006, un programa de acción comunitario de loita contra a discriminación, destinado a promover medidas para combater todo tipo de discrimina­ción directa, indirecta, simple ou múltiple, por motivos de orixe racial ou étnico, reli­xión, crenzas, discapacidade, idade ou orientación sexual. De acordo coa Decisión, os obxectivos deste Programa de Acción Comunitario de loita contra a discriminación son: – Mellorar a comprensión das cuestións relacionadas coa discriminación, ampliando os coñecementos sobre a mesma e avaliando a eficacia das políti­cas e das medidas prácticas. – Aumentar a capacidade para previr e para enfrontarse á discriminación con eficacia, especialmente fortalecendo os medios de acción das organizacións e mediante o apoio ao intercambio de información e de boas prácticas, e a crea­ción a tal efecto de redes a escala europea, tendo en conta ao mesmo tempo as particularidades das distintas formas de discriminación. – Promover e difundir os valores e prácticas en que se basea a loita contra a dis­criminación, incluídas as actividades de sensibilización. Este Programa de Acción Comunitario apoia e complementa os esforzos despre­gados pola Comunidade e os Estados membros para promover medidas de prevención e loita contra a discriminación directa e indirecta polos motivos referidos, pois a Comunidade debe utilizar todos os instrumentos dos que dispón, seguindo unha estrate­xia coordinada e integrada na loita contra a discriminación. Neste sentido a lexislación é unha compoñente clave desta estratexia, pero non a única. Os esforzos da Comunidade por promover a igualdade de tato e a igualdade entre homes e mulleres puxeron de manifesto que a loita contra a discriminación esixe tamén cambios nas prácticas e as actitudes e unha mobilización de todos os axentes pertinentes. A experiencia internacional tende a demostrar que historicamente a discrimina­ción deu lugar a escasas accións legais, detectándose os seguintes obstáculos na aplica­ción efectivas das disposicións sobre discriminación: – Asistencia institucional inadecuada aos denunciantes individuais, – Custo elevado da apertura e conclusión satisfactoria das accións legais, – Falta de avogados e outros representantes formados e motivados, – Solucións inadecuadas, ben para indemnizar plenamente a persoa desde o punto de vista financeiro, ben para que a persoa goce do beneficio do dereito que se lle denegara de maneira discriminatoria, – Coñecemento inadecuado das normas sobre discriminación por parte das autoridades nacionais ou os xuíces que impide que as vítimas obteñan a repa­ración que lles corresponde, – Falta de información adecuada destinada aos denunciantes reais ou poten-ciais. Como se sinala no documento da convocatoria de propostas de actuación49, algúns destes obstáculos só poderán superarse mediante accións políticas ou legais; non obstante, igual que para outras barreiras detectadas, todos os axentes pertinentes poden e deberían adoptar medidas espontaneamente. Neste sentido, o programa lexislativo de loita contra a discriminación está orien­tado á progresiva elaboración de lexislación en materia de discriminación tanto a nivel europeo como en cada país da Unión, contribuíndo á elaboración de normas novedosas, a definición dos dereitos dos cidadáns e cidadás a non ser discriminados e o desenvolve­mento do profesionalismo no ámbito xurídico. No marco deste programa fináncianse as seguintes accións: – Formación de profesionais europeos e nacionais de ámbito xurídico –xuíces, fiscais, avogados, funcionariado xurídico, persoas expertas, intérpretes xura-dos e outros profesionais do sector xurídico–. – Formación de profesionais da avogacía europea ou nacional que defendan ou representen os dereitos das vítimas da discriminación. – Creación de redes de información entre os organismos sobre igualdade espe­cializados con vistas a garantir unha interpretación e aplicación coherentes e comúns da lexislación na Unión Europa. 49 Programa de Acción Comunitario de Loita contra a Discriminación 2001-2006. “Convocatoria de propostas VP/2003/006 relativa aos labores de preparación de accións trasnacionais de cara ao desenvol­vemento de respostas políticas ou xurídicas á discriminación por motivos de orixe racial ou étnica, relixión ou crenzas, discapacidade, idade e orientación sexual”. – Creación de redes informais sobre cuestións contempladas na lexislación comunitaria sobre discriminación que sexan de interese común para as asocia-cións xurídicas ou institutos de investigación a nivel europeo ou nacional. – Desenvolvemento dos argumentos favorables á recollida de datos sobre dis­criminación a nivel europeo e nacional. – Desenvolvemento de instrumentos de vixilancia e avaliación. – Desenvolvemento dunha estreita cooperación entre as autoridades públicas a todos os niveis e a sociedade civil no seu conxunto con vistas a integrar a igualdade en todas as políticas. Cómpre facer fincapé na oitava actividade obxecto de financiamento neste pro­grama, que engloba todas as accións favorables á integración da comunidade xitana na educación e o emprego. O número de persoas de etnia xitana que viven actualmente en Europa, principalmente en Europa Central e Oriental estímase en polo menos oito millóns. Tras a ampliación da Unión Europea, a comunidade xitana constitúe un dos maiores grupos étnicos minoritarios da Unión. Neste sentido, a Comisión acolle favora­blemente propostas destinadas a determinar as políticas e os programas que poidan tra­tar eficazmante os problemas de discriminación sistémica dos xitanos de cara a unha reforma, especialmente nos ámbitos da educación e o emprego. Sen prexuízo de que se presenten propostas en todos os ámbitos prioritarios, a Comisión alenta o desenvolve­mento de accións en materia de identificación e promoción de políticas educativas des­tinadas a crear as condicións necesarias para que os nenos e nenas xitanas alcancen o mesmo nivel de desenvolvemento que os seus compañeiros; a organización de semina­rios e accións de formación para o conxunto do funcionariado que traballan en progra­mas dirixidos á poboación xitana, líderes xitanos e representantes de organizacións non gobernamentais, e o aumento da capacidade das actividades de información ao público para cambiar a imaxe negativa que unha parte da sociedade ten do colectivo xitano, e transmitirlles información sobre esta minoría. 2 ANÁLISE DE CASOS DE DISCRIMINACIÓN A MEMBROS DA COMUNIDADE XITANA Tras a análise realizada desde a perspectiva xurídica sobre o concepto “discrimi­nación”, así como da produción normativa existente nesta materia no marco da Unión Europea, cómpre agora achegarse á realidade da poboación xitana no que atinxe ás situacións discriminatorias, a través dunha análise de casos. Para efectuar esta aproximación á realidade cotiá das persoas pertencentes á comunidade xitana, na óptica das eventuais situacións de discriminación que poidan padecer, desenvólvese ao longo das seguintes páxinas un proceso de análise da informa­ción que, aínda que limitado a un número de casos reducido e baseado en distintas fon-tes xa aludidas, pretende desentrañar todos os condicionantes e elementos que interve­ñen nos casos de discriminación revelados. Así, en primeiro lugar, efectúase de xeito conciso unha descrición e clasificación tipolóxica dos casos de discriminación en coñecemento da Fundación Secretariado General Gitano durante o ano 2004. Nun segundo apartado, e de xeito máis particulari­zado, realízase a análise dun caso, polémico no seu momento desde o punto de vista de todos os actores implicados e da súa repercusión social: o intento do Concello de O Carballiño, en 1996, de realoxar en vivendas de aluguer a varias familias xitanas que habitaban nun campamento chabolista. A descrición dos acontecementos a el asociados responde a un intento de ilustrar o fenómeno que se vén de describir en páxinas anterio­res, e a súa selección, entre outros posibles, xustifícase pola facilidade de acceso á infor­mación e a un amplo seguimento xornalístico. Por último, péchase este capítulo cun epígrafe no que se efectúa unha descrición sumaria da relación de queixas rexistradas na Oficina do Valedor do Pobo referidas á poboación xitana. 2.1. OS CASOS DE DISCRIMINACIÓN REXISTRADOS POLA FUNDACIÓN SECRETARIADO GENERAL GITANO A Fundación Secretariado General Gitano conta, desde principios de 2004, cun rexistro de casos de discriminación, dependente da Área de Promoción da Igualdade de Trato desta organización. A través deste rexistro preténdese, dunha banda, dispoñer de información o máis precisa e completa posible sobre os casos de discriminación á pobo-ación xitana en calquera ámbito da sociedade española e, doutra, desenvolver as accións oportunas, en aras da defensa dos dereitos das persoas vítimas de discriminación. Así, cada un dos dispositivos cos que conta esta entidade en distintas localidades españolas leva un rexistro de casos, no cal, a través dun modelo de ficha estruturada en diversos apartados –datos do denunciante, datos de identificación do caso, breve descri­ción e comentario–, recádase a información máis precisa posible sobre os feitos, as prin­cipais características da vítima, o ámbito e o axente discriminatorio e, en orde á clasifi­cación xurídica existente, a súa identificación como casos de discriminación directa ou indirecta. Esta ficha de rexistro é remitida á Área de Promoción da Igualdade de Trato, a cal, baseándose nos datos recollidos nese expediente deseña unha estratexia de actua­ción, a desenvolver desde o dispositivo da correspondente localidade. Este seguimento de casos por parte da citada Área é tamén rexistrado nunha ficha ad hoc, na cal, ademais da estratexia deseñada, isto é, as recomendacións ao dispositivo que informa da situa­ción, plásmanse todas e cada unha das actuacións realizadas no marco da intervención da organización, a cal baséase fundamentalmente en labores de interlocución e media­ción entre a vítima e o axente da discriminación. Cómpre, entón, indicar, que ao longo do ano 2004 a citada entidade rexistrou en Galicia un total de quince casos de discriminación a persoas de etnia xitana, casos, na súa meirande parte, de clara discriminación directa. Os ámbitos da discriminación son diversos, destacándose o da vivenda, o emprego, o policial e o dos medios de comunica­ción. As persoas afectadas son homes e mulleres, sen diferenzas destacadas segundo o xénero; individuos ou grupos. En total, resolvéronse tres dos quince casos. O estudo das fichas de rexistro e seguimento de casos fornece información de interese, que cómpre destacar, atendendo ao obxectivo deste Informe, isto é, desvelar as eventuais situacións de discriminación que afectan á poboación xitana, na óptica de cada un dos eidos nos que estas situacións se producen. Así, en primeiro lugar, e na liña da información extraída das entrevistas en profundidade realizadas a expertos informan­tes, o acceso á vivenda de aluguer e o emprego son ámbitos nos que moi frecuentemente se detectan situacións discriminatorias de membros do colectivo xitano. Ambos os dous tipos engloban casos de discriminación directa. Con respecto ao primeiro, o acceso ao aluguer de vivendas, constátanse situacións de clara discriminación directa, isto é, de familias ás que se lles impide alugar unha vivenda por pertencer á etnia xitana, sen que medie outro tipo de razón. A escasa efectividade que podería ter a intervención por parte dos membros da entidade, ou a falta de medios que proben o acto discriminatorio, fai que este tipo de situacións presenten difícil solución. Doutra banda, debe terse en conta que aínda que se trata de casos que, producíndose na esfera privada afectan á orde xuris­dicional civil e poden ser obxecto de denuncia, correspondendo á parte demandada a carga da proba, é dicir, a “achega dunha xustificación obxectiva e razoable suficiente­mente probada das medidas adoptadas e da súa proporcionalidade”50, en España non existe aínda unha práctica xudicial –e polo tanto, unha xurisprudencia–, que facilite a denuncia deste tipo de casos e a aplicación real e efectiva das medidas contempladas na Directiva 2000/43, tal e como se sinala en relación co Programa de Acción Comunitario de Loita contra a Discriminación 2001-2006. Por outro lado, no eido do emprego os casos rexistrados revelan tamén unha moi evidente discriminación directa por motivos étnicos: no ámbito privado tívose coñece­mento de situacións nas que se rexeita expresamente a contratación de persoas xitanas, simplemente polo feito de selo. Non se argumentaba, xa que logo, outro tipo de motivos que puidesen xustificar esas actuacións. No outro caso, os antecedentes remóntanse ao ano 2002, aínda que, segundo a información recadada a través da prensa, a situación discriminatoria persiste na actualidade. Os feitos que se denuncian teñen lugar no ámbito público, en concreto na Administración Municipal, onde un traballador xitano 50 Vid. Artigo 36 da Lei 62/2003, de 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social. era –e seguía sendo en 2004– obxecto de actitudes despectivas e humillacións constan­tes por parte dun superior xerárquico. Segundo a Directiva 2000/43 e a súa transposi­ción á Lei 62/2003, estase non só ante un acto discriminatorio, senón ante un caso de acoso, tal e como ademais se define no artigo 28 da citada Lei: “toda conduta non desexada relacionada coa orixe racial ou étnica, a relixión ou convicións, a discapaci­dade, a idade e a orientación sexual dunha persoa, que teña como obxectivo ou conse­cuencia atentar contra a súa dignidade e crear un entorno intimidatorio, humillante e ofensivo”. Esta conduta, xa sancionada no ano 2002, foi confirmada en 2004 en senten­cia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; a sanción, que fora tipificada como “leve”, pasaría a converterse en “grave” de seren cometida de novo. Por outra parte, e tamén no ámbito da Administración Pública, tívose coñece­mento de casos de discriminación directa á poboación xitana; dunha banda, no campo de actuación dos Corpos de Seguridade –en concreto da Policía Local–. As situacións rexistradas dan conta de actos discriminatorios, como rexistros e interrogatorios que, pola forma en que foron efectuados constitúen unha vulneración de dereitos fundamen­tais, como o de dignidade da persoa –artigo 10 da Constitución Española de 1978– ou os dereitos ao honor e a intimidade das persoas, recoñecidos no artigo 18 do texto constitu­cional e obxecto de desenvolvemento na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de Protección do Dereito ao Honor, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe. Estas actuacións policiais son cualificadas como discriminatorias en tanto que non foron efec­tuadas cos mínimos legais esixidos. Doutra banda, e como único rexistro relacionado co sistema sanitario público, tívose coñecemento dun caso de discriminación directa, no que se refire como nun cen­tro de saúde se facilitaba un trato discriminatorio a membros da comunidade xitana, esi­xíndose maiores requisitos que ao resto da poboación para a súa inclusión na lista de pacientes usuarios ou para a asignación dun profesional médico concreto. O acto discri­minatorio é claro, pois non se xustifica por un motivo de saturación xeral do centro, senón que de maneira verbal se motiva expresamente por un “exceso de persoas xitanas no centro”. De novo, este acto de discriminación, ademais de ter lugar no ámbito da Administración Pública, supón unha violación de diversos dereitos fundamentais cons­titucionalmente recoñecidos, como a dignidade persoal ou o dereito á vida e á integri­dade física e moral. Por último, e como exemplo da discriminación latente ou solapada aínda presente na sociedade, convén aludir ao tratamento informativo que desde distintos medios de comunicación se facilita á narración dos feitos nos que se ven implicadas persoas de etnia xitana. O acto discriminatorio prodúcese en tanto que a pertenza ao colectivo non resulta relevante para a información que se pretende transmitir. Este tipo de actuacións, que se detectan tanto en prensa como noutros medios, contribúen á persistencia de este­reotipos no seo da sociedade que son imputados ás persoas xitanas, entre outros, a aso­ciación entre a pertenza a esta comunidade e a problemática da delincuencia. Déixase constancia, pois, de diversas situacións nas que se dispensa un trato dis­criminatorio a persoas pertencentes á comunidade xitana, todos eles casos de discrimi­nación directa por motivos de orixe étnica, producidos tanto no ámbito do sector público ou das relacións coas distintas Administracións e os seus axentes, así como na esfera privada das relacións entre individuos. 2.2. O CASO DAS VIVENDAS DO CONCELLO DE O CARBALLIÑO O caso que se narra ao longo das seguintes páxinas ilustra, na liña da información exposta en anteriores apartados, a discriminación que padece a comunidade xitana, en especial no acceso a determinados bens e servizos, e neste en concreto no acceso á vivenda de aluguer. Pero, ademais, exemplifica a acción da Administración –neste caso a Local–, orientada á normalización social do colectivo, desde o presuposto de que a convivencia en vivendas normalizadas permitiría acadar ese obxectivo. Os feitos que de seguido se analizan revelan, ademais, o “papel” desempeñado polos distintos actores sociais implicados: A Administración Local, as familias xitanas, a poboación xeral, individual e corporativamente considerada, e outros colectivos, como Cáritas: O 6 de outubro de 1995 o Concello de O Carballiño e o Instituto Galego da Vivenda e Solo asinan un convenio de colaboración en materia de erradicación do cha­bolismo. Conforme ás disposicións recollidas na Lei 5/1989 do 24 de abril, de medidas para a erradicación do chabolismo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, escollendo a modalidade de aluguer de vivenda durante un período non superior aos tres anos, aportando o IGVS a cantidade máxima estipulada por vivenda de 17.500 pesetas ao mes, e o Concello de O Carballiño o resto do importe ata un total de 25.000 pesetas –7.500 pesetas–. O Concello de O Carballiño pretendía levar a cabo un Programa de Erradicación do Chabolismo, acolléndose a este convenio, que contemplaba as seguintes medidas: – Contrato de aluguer dunha duración máxima de tres anos e pago do mesmo polas citadas Administracións. – Pago por adiantado ao propietario da vivenda por un ano no momento de asi­nar o contrato. – Rescisión do contrato en caso de estragos ou problemas derivados do aluguer, así como a mala convivencia entre as partes. – Seguimento e “control” profesional, en termos de vixilancia do proceso de adaptación á nova situación, co obxecto de impedir que se produzan situa­ cións de abandono da vivenda ou da súa utilización con outros fins distintos aos predeterminados, mediante a intervención inmediata dos Servizos Sociais municipais. A finalidade deste Programa Municipal de Erradicación do Chabolismo era a “integración” social e cultural de seis familias chabolistas que habitaban no poboado de A Pena desde hai máis de vintecinco anos, o que supón, ademais de facilitar o acceso a unha vivenda digna das persoas que viven en infravivendas, recuperar o contorno das áreas degradadas polo chabolismo, intentando impedir a reprodución do problema no futuro, así como a súa extensión ao contiguo municipio de Maside, onde este fenómeno presenta especial incidencia, ao contar cun poboado no que na actualidade residen apro­ximadamente cento trinta e cinco persoas e que se sitúa moi próximo ao citado asenta­mento de A Pena51. Os acontecementos que van ser descritos constitúen unha boa mostra das dificul­tades dunha Administración Pública no seu intento de erradicar o chabolismo, facilitar a convivencia intercultural e acadar a normalización do colectivo a través do acceso á vivenda. Desde a sinatura do citado convenio, o equipo profesional do Departamento de Servizos Sociais do Concello emprende a busca de vivendas de aluguer en todo o muni­cipio, sen descartar as emprazadas en barrios da capital da localidade, pero de xeito especial nas parroquias rurais, en casas de planta baixa con curral nas que puidesen ter os seus aparellos e animais. Esta busca intensiva que se levou a cabo durante aproxima­damente tres meses resultou, ao cabo, infrutuosa, debido ben ao rexeitamento dos pro­pietarios de vivendas destinadas ao aluguer, ben á oposición das comunidades veciñais nas que se pretendía realoxar as familias xitanas. Exponse, a continuación, a narración dos feitos, en secuencia temporal, tomando como referencia fundamental noticias publicadas en prensa, que explican o fracaso do citado Programa Municipal para a Erradicación do Chabolismo, no que se revela o papel desempeñado polos distintos actores sociais implicados: – No poboado xitano de A Pena vivían, a principios do ano 1996, catro familias, xa que o resto das que anteriormente estaban alí asentadas anteriormente se trasladaran ao polígono de vivendas sociais de A Uceira, mentres que unha o fixo ao asentamento chabolista de A Fontela, moi próximo e situado no con-cello de Maside. Un forte temporal sufrido en Galicia a principios do mes de xaneiro derrubou o día 11 dese mes unha das chabolas do poboado de A Pena, o que precipita os acontecementos en termos de acelerar as xestións munici­ 51 De feito, a particularidade do contorno do municipio de Maside fai que o campamento chabolista de A Fontela veña a emprazarse por preto no que aínda constitúe o centro urbano do concello de O Carba-lliño. pais relacionadas co daquela recentemente aprobado Programa de Erradicación do Chabolismo. Ante o derrube dunha das chabolas, debido aos fortes ventos e á chuvia, e o serio risco de afunde das restantes, as catro fami­lias vense obrigadas a abandonar o asentamento: unha delas, a máis nume­rosa, é realoxada transitoriamente nunha das vivendas sociais de propiedade municipal emprazada no barrio de Uceira, mentres que as tres restantes son acomodadas, en colaboración con Cáritas, en varios hostais da vila, en tanto o Concello non atope unha solución alternativa52. – Ao día seguinte, os Servizos Sociais municipais vense obrigados a albergar as tres familias xitanas inicialmente aloxadas en hostais no antigo matadoiro municipal, debido aos problemas de adaptación que, sobre todo, sufrían os rapaces. Xa neste momento, o Concelleiro responsable argumentaba que, por motivos de seguridade, o Concello non ía permitir a reconstrución das chabo­las. Tamén é aquí cando, perante as dificultades para atopar vivendas de alu­guer, conforme aos obxectivos do Programa de Erradicación do Chabolismo, o Concello de O Carballiño pasa a contemplar a posibilidade de construír casas unifamiliares cun pequeno terreo arredor mediante a adquisición de solares ou fincas. Por outro lado, os responsables técnicos e políticos do departamento de Servizos Sociais denuncian a falta de solidariedade dos cida­dáns da vila e a persistencia de prexuízos sobre a poboación xitana, así como a súa negativa ao aluguer de vivendas para estas familias por parte dos propie­tarios, a pesar das favorables condicións ofrecidas desde a Administración Municipal –anteriormente referidas–. A pesar disto, realizan chamamentos á poboación, demandando a súa colaboración, ao tempo que as traballadoras sociais intensifican a busca de vivendas de aluguer53. – Malia insistencia do Concelleiro responsable da área de Servizos Sociais advertindo das escasas condicións de habitabilidade das chabolas tras o tem­poral, dúas das familias aloxadas no antigo matadoiro municipal deciden regresar ao poboado. Neste momento comezan a xurdir voces de rexeitamento entre os veciños do barrio de vivendas sociais de Uceira. Se ben neses momentos residían nesa barriada tres familias xitanas que accederan ás viven-das cumprindo as condicións establecidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, familias que conviven perfectamente co resto da veciñanza, a xunta directiva da Asociación de Veciños expresaba o seu rexeitamento ao aumento da poboación xitana no barrio, ante o realoxo provisional dunha das familias afectadas. As razóns aducidas non se sitúan na liña dos eventuais problemas de convivencia, senón que se basean nun eventual tratamento de favor cara a esa familia, que non cumpría os requisitos de acceso ás vivendas de promo­ción pública54. 52 La Voz de Galicia e La Región, 12 de xaneiro de 1996. 53 La Voz de Galicia e Faro de Vigo, 13 de xaneiro; La Región, 17 de xaneiro. 54 La Región, 19 de xaneiro. – O 21 de xaneiro a Asociación de Veciños do barrio de Uceira celebra unha asemblea, na que se desata a tensión, a causa do realoxo temporal desa familia e a intención do cabeza de acceder a esa vivenda e residir nela con carácter definitivo, facendo fronte aos pagos correspondentes. Entre os argumentos expresados pola comunidade “paia”, houbo quen aludiu ás dificultades ás que se enfrontaban algúns veciños para pagar a mensualidade que lles corres­ponde, debido á escaseza de recursos e a situacións de desemprego, polo que rexeitaban un trato de favor cara a aquela55. – O Concelleiro de Servizos Sociais confirma que foron moitos os contactos establecidos con propietarios de vivendas e que o 23 de xaneiro eran cinco os pisos que se barallaban para realoxar as familias do asentamento de A Pena. De conseguirse este obxectivo existía, porén, un obstáculo engadido: o alto custo desas vivendas, que roldaba as 45.000 pesetas, cantidade que desbor­daba por completo o orzamento previsto polo Concello, que, como se indicou, fixaba un tope máximo de 25.000 pesetas mensuais por vivenda. Ante esta eventualidade, desde a Corporación Local confiábase en que as propias fami­lias puidesen costear parte deste aluguer, á vez que se estaban mantendo con­versas con responsables de Cáritas, que estudarían a posibilidade de contri­buír cunha achega económica56. – O 24 de xaneiro, a familia aloxada provisionalmente no antigo matadoiro denuncia perante á Policía Local ter sido obxecto de ameazas e insultos, así como de pedradas contra a citada edificación na madrugada da fin de semana anterior –feitos que a Policía non puido corroborar–, motivo polo que decidi-ron abandonar o antigo matadoiro e regresar ao poboado de A Pena, onde impediron que operarios do Concello retirasen os escombros da chabola que derribara o temporal, a pesar dos intentos por convencelos, por parte dos con-celleiros de Urbanismo e Servizos Sociais, para que non reconstruísen a súa chabola. En palabras textuais dun dos xitanos afectados “isto non é vida, non podemos ir a pisos de aluguer para sentirnos ameazados. Aquí no poboado pasamos moito frío e cáense as chabolas, pero polo menos estamos tranquilos e por iso preferimos vivir aquí”. As declaracións do Concelleiro de Servizos Sociais orientábanse tamén en defensa do colectivo afectado: “eles non poñen ningún obstáculo, máis ben todo o contrario, e segundo dixeron na reunión pola mañá non permitiron a retirada de escombros porque estaban asustados pensando que lles tirarían as chabolas que lles quedan”. Por outro lado, sucé-dense as manifestacións en contra da convivencia con membros da comuni­dade xitana: no antigo barrio de Flores unha boa parte dos veciños reacciona ante os rumores de que unha casa sería alugada a unha das familias xitanas, aducindo que nesa zona existe xa bastante inseguridade cidadá, sobre todo na 55 La Región, 22 de xaneiro. 56 La Región, 23 de xaneiro. fin de semana; un rumor que o Concelleiro de Servizos Sociais tivo que des­mentir. Xorden tamén protestas individuais desde algúns dos edificios que se barallan para albergar a unha das familias afectadas. O Concelleiro de Urbanismo, pola súa banda, afirma que foi posible chegar a un principio de acordo coas familias afectadas: non se opoñen ao derribo, sempre e cando se lles consiga antes as vivendas57. – O Concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais volve apelar á sensibilidade da cidadanía, lembrando que o contrato de aluguer das vivendas se realizaría co Concello, que tamén se faría responsable de calquera estrago que puidese pro­ducirse. Ademais, lembra que o aloxamento no barrio de Uceira dunha das familias afectadas é só de carácter temporal, ao non reunir os requisitos legais de acceso a esa vivenda en propiedade. En todo caso, é importante destacar que tamén se constatou o apoio ao proxecto do Concello desde sectores da poboación xeral: o alumnado do Instituto de Formación Profesional de O Carballiño decidía donar a recaudación dun recital de poesía aos Servizos Sociais Municipais para facer fronte a esta problemática, xesto que foi aplau­dido desde esta Administración58. – Anúnciase xa o fracaso do Plan municipal de erradicación do chabolismo, perante a imposibilidade de que o equipo de profesionais dos Servizos Sociais atopen propietarios dispostos a alugar as súas vivendas. O 8 de febreiro, tres familias xa estaban vivindo de novo no asentamento de A Pena, e a cuarta per­manecía nunha das vivendas sociais de A Uceira. A mostra máis evidente deste rexeitamento púxose de manifesto coa presentación dun escrito por parte de case medio centenar de veciños do barrio de Flores, no cal manifesta­ban a súa total oposición ao aloxamento de familias xitanas nesa barriada. Este barrio, que pode considerarse o casco antigo de O Carballiño, foi durante anos un continuo foco de conflitos, con forte presenza de toxicómanos que visitaban as casas deshabitadas, o que provocou un incremento da inseguri­dade cidadá e movilizacións en demanda dunha maior presenza policial. Neste punto, desde o Concello empézase xa a pensar na posibilidade de cons­truír vivendas no mesmo poboado, alternativa que a Lei para a Erradicación do Chabolismo da Xunta de Galicia permite59. – O 16 de febreiro, co fin de mellorar a convivencia entra as comunidades xitana e paia, a Concellaría de Sanidade e Servizos Sociais organiza un debate-conferencia baixo o título de “Etnia xitana: convivamos coa dife­renza”. Os obxectivos da charla son “ a proxección dunha imaxe digna e res-pectable da comunidade xitana, así como o fomento da comprensión e o res­ 57 La Voz de Galicia e La Región, 25 de xaneiro. 58 La Voz de Galicia, 26 de xaneiro. 59 La Región, 8 de febreiro. pecto intercultural (...) reflexionando en conxunto sobre as posibles solucións de convivencia que atinxen a toda a cidadanía”60. – O Valedor do Pobo decide abrir unha investigación de oficio sobre os proble­mas de integración do colectivo xitano no concello de O Carballiño a raíz dos intentos da Corporación por reinserir as familias que habitan o poboado de A Pena. O Valedor do Pobo dirixe un escrito aos responsables municipais no que argumenta a súa decisión de intervir de oficio, por tratarse dun problema que afecta a dereitos fundamentais como a non discriminación por razón de raza e o dereito a unha vivenda digna. O Valedor explicaba no escrito dirixido ao Alcalde de O Carballiño que “as informacións publicadas en La Región en días pasados daban conta das graves dificultades que está atopando nesa vila o xusto intento de integrar aos cidadáns de etnia xitana, concretamente no terreo da vivenda”, facendo referencia ao escrito presentado por medio cente­nar de veciños do barrio das Flores por temor a que o Concello aloxase a familias xitanas nas vivendas da zona. Nese escrito, o Valedor do Pobo pre­gunta aos responsables municipais cales son as principais dificultades para a integración do colectivo, que medidas se tomaron e cales cren que sería nece­sario poñer en marcha, así como eventuais colaboracións desde outras admi­nistracións ou institucións61. – Desde o Concello de O Carballiño respóndese a este escrito, explicando os compromisos desta Administración para levar a cabo o Programa para a Erradicación do Chabolismo e os motivos que dificultan a súa aplicación. Suxírense, tamén, unha serie de actuacións: a necesidade prioritaria de con-cienciación da comunidade veciñal, a través das entidades veciñais e o Consello de Saúde Municipal, entre outros colectivos, e a adquisición de vivendas normalizadas en barrios e aldeas, a través das xestións pertinentes co Valedor do Pobo, Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Ministerio de Asuntos Sociais e Instituto Galego de Vivenda e Solo, rexeitando frontal-mente a construción dun novo poboado, por consideralo contrario aos dereitos humanos máis básicos das persoas e perpetuar as situacións de estigmatiza-ción, segregación e gueto deste colectivo. Tras o fracaso deste plan, en 1996, pode dicirse que as actuacións da Administración Local dirixidas a solucionar a situación da poboación xitana do Concello en materia de vivenda se ven paralizadas. Non é ata o ano 2001, xa cun novo Goberno Municipal, cando se decide retomar a cuestión, pero agora de xeito menos ambicioso. Considerouse, pois, que a adquisición de vivendas para o aluguer sería, nesa época, igual de dificultoso que cinco anos atrás, polo que se decidiu optar polo derrube das chabolas, para a construción, no mesmo asentamento de A Pena, dun total de cinco 60 La Voz de Galicia e Faro de Vigo, 16 de febreiro. 61 La Región, 20 de febreiro. vivendas de planta baixa, con bloque á vista, divididas no seu interior en varios dormito­rios, cociña e baño. Contarían, ademais, cunha pequena horta na que poderían ter ani­mais e gardar os seus aparellos, solución que convence as familias, que se amosaban reticentes a abandonar o asentamento debido ao seu céntrico emprazamento e á súa pro-ximidade ao centro de saúde, ao que, segundo a información facilitada, acoden con moita frecuencia. Desde 2001, todos os anos tramítanse axudas de Emerxencia Social da Xunta de Galicia para melloras de habitabilidade desas vivendas, axudas a través das que se insta­laron quentadores de auga, calefactores, etc. O caso narrado representa, pois, unha boa mostra da discriminación que padece a poboación xitana, neste caso concreto, no acceso á vivenda, pero tamén constitúe un exemplo da actuación dos poderes públicos en varios sentidos: como política municipal, en colaboración coa Administración Autonómica, dirixida á integración do pobo xitano, aínda que tamén como exemplo dunha formulación e deseño de políticas públicas que pon en evidencia a necesidade de articular mecanismos de coordinación interadministrativa que excedan o ámbito estritamente local, se se ten en conta que lindando co municipio de O Carballiño e moi próximo ao poboado de A Pena se sitúa o asentamento de A Fontela, no Concello de Maside, no que, segundo información do propio Concello, residen centro trinta e tres persoas que habitan en condicións de marxinación e pobreza severa. A pesar de que ao longo dos últimos anos houbo varios intentos desde a Administración Local para erradicar definitivamente o chabolismo nesta localidade, as xestións realizadas non se materializaron, polo de agora, no desmantelamento do poboado de A Fontela e na achega dunha solución en materia de vivenda para as dezanove familias que nel habitan. De xeito sumario, relátanse a continuación as actuacións levadas a cabo desde as Administracións Públicas na busca dunha solución a esta problemática: – En 1995 o Concello de Maside baralla distintas alternativas para a erradica­ción do chabolismo: desde a posibilidade de buscar pisos de aluguer en cal-quera concello da comarca para albergar as familias que residen no asenta­mento de A Fontela, ata a adquisición de terreos para a construción de vivendas mediante axudas do IGVS. – A finais de 1998, as dezanove familias de A Fontela chegan a un acordo co Concello para desfacer o poboado e trasladarse a futuras vivendas construídas pola Administración Autonómica. Se ben nun principio intentaran negociar a obtención dunha cantidade económica para poder establecerse pola súa conta, acaban aceptando a solución proposta pola Administración Local: a constru­ción de vivendas nun terreo adquirido polo Concello62. – O 9 de xuño de 2000 o Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial e o Alcalde de Maside mostraron o proxecto de construción das vinte vivendas, cun investimento de 1.502.530,26 euros –250 millóns de pesetas–. Segundo o proxecto: as vivendas serían construídas nun terreo adquirido polo Concello de Maside de 10.000 metros cadrados con carácter municipal; os inmobles serían ocupados en réxime de aluguer e os habitantes disporían de varios servizos. As familias terían capela para o Culto e un lugar de traballo para a chatarra –principal ocupación da maior parte das familias do poboado-63. – En 2002, desde a Consellería de Política Territorial manifestábase que a cons­trución das vivendas estaba á espera da recualificación dos terreos que debía levar a cabo o Concello de Maside no marco do seu Plan Urbanístico64. 62 La Región, 24 de novembro de 1998. Debe insistirse, de novo, na relevancia da coordinación entre administracións e a superación de presupostos puramente localistas para facer fronte á problemática do cha­bolismo en concellos tan próximos como, por exemplo, Maside e O Carballiño. Cabería tamén reflexionar sobre a funcionalidade das Mancomunidades, entes de carácter supra­munipal que en ocasións se revelan ineficientes, ben por responsabilizar da maior parte das achegas económicas ao concello de maiores dimensións, ben por condicionar even­tualmente as decisións á filiación políticados grupos de Goberno dos Concellos inte­grantes. 2.3. DENUNCIAS PRESENTADAS PERANTE O VALEDOR DO POBO E ACTUACIÓNS DE OFICIO CON RELACIÓN Á DISCRIMINACIÓN DA COMUNIDADE XITANA A Oficina do Valedor do Pobo rexistra un total de nove actuacións relacionadas coa comunidade xitana de Galicia. Tres delas a través da presentación de denuncias –unha delas invalidada debido á duplicidade co Defensor do Pobo–, e as restantes quei­xas de oficio formuladas pola propia institución. Excepto unha destas actuacións, a recomendación legal que o Valedor do Pobo realiza ao Concello do Carballiño en 1996 para desenvolver o Programa de integración da comunidade xitana, todas as demais relaciónanse con dous ámbitos concretos: a edu­cación e a vivenda, dimensións do benestar social que, como se desprende da lectura deste Informe, constitúen ámbitos fundamentais de cara a acadar a normalización social do colectivo. 63 La Voz de Galicia, 5 de xaneiro de 2001 e 18 de abril de 2002. 64 La Voz de Galicia, 18 de abril de 2002. • En materia de educación as actuacións desenvoltas foron as seguintes: – En 1996 o Valedor do Pobo actúa de oficio, a raíz da publicación dunha noticia no xornal El Progreso, na que se informa de que na cidade de Lugo unhas nenas xitanas foron obrigadas a baixar dun autobús escolar por parte do condutor porque “ían cantando e bailando”. O caso deuse por pechado cando a Consellería de Educación comunicou a súa decisión de poñer unha persoa acompañante para viaxar no vehículo e evitar así que se pro-ducisen alborotos como o que deu lugar a ese incidente. – No mesmo ano, e neste caso tomando como referencia unha noticia publi­cada no xornal La Región, O Valedor do Pobo insta ao Concello de Verín a solucionar o importante problema de absentismo escolar detectado, pois a meirande parte dos cincuenta rapaces de etnia xitana escolarizados non acudían a clase. Pechouse o caso co compromiso do Concello de Verín de poñer en marcha campañas de sensibilización entre nais e pais, alumnado e profesorado, facilitar clases de apoio e realizar un seguimento do pro­ceso. – Por último, e a raíz dunha nova publicada en La Voz de Galicia no ano 2002, na que se indicaba que o absentismo escolar entre os menores xita-nos elevábase ata o 50% da poboación en idade escolar, o Valedor do Pobo actúa tamén de oficio, efectuando un recordatorio á Consellería de Educación verbo dos deberes legais relacionados co ensino obrigatorio e a non discriminación. Nesta liña suxírese a necesidade dunha maior dota­ción de recursos –política de bolsas, etc.–. • No eido da vivenda realizáronse as seguintes actuacións: – En 1996 a Asociación Chavós e a Asociación para a Promoción e Integración da Poboación Xitana de Lugo presentan unha denuncia ante esta institución referida á exclusión de cinco familias xitanas da relación de adxudicatarios de vivendas sociais por parte da Comisión Provincial de Lugo, dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo, argumentando que estas familias non alcanzaban os ingresos mínimos, ao non serlle con­tabilizadas como fonte de ingreso as pensións non contributivas. Ademais, segundo a información facilitada por persoas responsables dunha das citadas asociacións, a exclusión, aínda que argumentada neste motivo, non afectou tampouco á totalidade de familias xitanas que presen­taran a solicitude, senón unicamente a aquelas que polos seus apelidos, habituais entre a poboación xitana, foron identificadas nas listas de acceso. Tívose coñecemento tamén, da existencia de presións á Comisión Provincial por parte de asociacións veciñais. Presentada a denuncia, o Valedor do Pobo decide actuar, instando ao Delegado do IGVS a que actuase con obxectividade ao establecer os bare­mos para o acceso a esas vivendas. O IGVS alegou que as familias xitanas afectadas carecían dos ingresos mínimos esixidos xa que a totalidade dos mesmos derivaban de pensións non contributivas. O Valedor do Pobo dis­crepou deste argumento e lembrou que estas pensións constitúen un dereito65 e supoñen unha periodicidade. – No mesmo ano, o Valedor do Pobo actúa de oficio, a raíz dunha noticia publicada no xornal El Progreso, realizando tamén unha recomendación legal, neste caso ao Concello de Lugo, para que facilitase de inmediato os equipamentos urbanísticos mínimos no poboado das Lamas, onde non existían as mínimas condicións de salubridade –chan sen pavimentar, tra­ída de auga, etc.–, así como para que a curto prazo facilitase o acceso desta poboación a vivendas sociais. – Tamén en 1996 o Valedor do Pobo volve actuar de oficio, baseándose nunha noticia do xornal El Progreso, instando á busca dunha solución a un conflito acontecido no municipio de Palas de Rei, onde unha familia xitana asentárase ilegalmente nunha parcela mercada por ela. O Alcalde iniciou conversas cos afectados, indicándolles que esa ocupación desti­nada a vivenda era ilegal, e finalmente se lles ofrece a posibilidade de legalizar a situación. – Nese mesmo ano, a institución actúa de oficio, a raíz das noticias publica­das no xornal La Región, con relación aos problemas xurdidos no Concello de O Carballiño no seu intento de levar a cabo o seu Programa de Erradicación do Chabolismo, analizado en profundidade no epígrafe ante­rior. – Por último, o Valedor do Pobo inicia accións, no ano 2000, por denuncia interposta por varios mestres aludindo á intención do Concello de Carballo de proceder á demolición por orde xudicial, de varias chabolas no lugar de Canedos, e a consecuente situación de desamparo que afectaría a trinta e unha persoas, das que dezaoito eran menores. Finalmente, chégase a un acordo entre o Concello e os afectados. 65 Na actualidade este dereito regúlase no Decreto 257/2004, do 29 de outubro, sobre réxime xurí­dico das vivendas de promoción pública, locais de negocio e solo de promoción pública. Vid. artigo 37. Como puido comprobarse, non son moitas os casos rexistrados na Oficina do Valedor do Pobo en orde á denunciar casos de discriminación contra a poboación xitana. Isto debe levar a reflexionar en dous sentidos: En clave de autocrítica, na necesidade dunha maior implicación desde a propia institución que determinen un maior grao de iniciativa para actuar de oficio perante os casos de discriminación de membros do colectivo. Tamén, a necesidade dunha maior concienciación dos profesionais que desde os servizos públicos manteñen un contacto habitual con poboación xitana, especialmente desde os Servizos Sociais, así como unha implicación máis intensa desde as entidades de iniciativa social, de cara á denuncia deste tipo de situacións. IV CONCLUSIÓNS O conxunto de información analizada, principalmente a proveniente da análise de casos e a que se extrae da lectura conxunta das entrevistas en profundidade realizadas a persoas expertas na materia, converxen en evidenciar a discriminación que padece o colectivo xitano en Galicia. Deste xeito, retomando o discurso dos distintos informantes, confírmase a persis­tencia de situacións discriminatorias en diferentes planos, así como tamén en moi dis­tinta medida ou intensidade: En primeiro lugar, no ámbito da Administración Pública, e fundamentalmente na perspectiva da atención facilitada ao colectivo polos distintos organismos e áreas –dependencias administrativas, ensino e sistema sanitario–, recoñécese a existencia de situacións discriminatorias, cuestión, non obstante, sobre a cal cómpre facer as seguin-tes matizacións: – Se ben poden constatarse algúns casos de discriminación directa no acceso aos distintos servizos públicos, non é esta, tampouco, a tónica xeral. Tal é o discurso compartido pola maior parte dos informantes, pero, como se indicou, tamén se recolleron argumentos que aluden a comportamentos e pautas de actuación discriminatorias coa poboación xitana, directas e indirectas, como se verá. – De calquera xeito, aínda por parte daqueles que aluden á discriminación no eido da acción da Administración, o consenso é pleno cando se trata de indi­car que o principal terreo para a detección deste tipo de situacións é a esfera privada, en materia de acceso a bens e servizos. Así, pois, como sociedade de mercado, ese acceso aos bens e servizos e as rela­cións de intercambio entre os individuos son os ámbitos nos que teñen lugar a maior parte de tales situacións discriminatorias: • O acceso á vivenda de aluguer é, sen dúbida, o tipo de discriminación máis aludido. Existe un consenso claro a este respecto, aínda que se trate dunha problemática non visibilizada suficientemente polas seguintes razóns: – Con frecuencia, debido ás dificultades dos membros do colectivo para dis­tinguir e verbalizar o tipo de discriminación que padecen. – A maior importancia desde o punto de vista social e mediático que se con­cede ao acceso á vivenda en propiedade de promoción pública. • O acceso ao emprego é outro dos ámbitos máis referidos cando se trata de denunciar a discriminación que padece o colectivo. A contratación normali­zada de persoas xitanas segue a constituír un reto de futuro; confírmase, pois, o rexeitamento que sofren moitos xitanos e xitanas á hora de acceder a un tra­ballo por conta allea. Podería argumentarse, non obstante, que as dificultades de acceso se deben á escasa formación ou cualificación profesional caracterís­tica destes individuos, pero boa parte deste rexeitamento ten lugar na oferta de postos de traballo que requiren dunha baixa ou nula formación. • Se estes son, a xuízo de todas as persoas expertas consultadas, os principais ámbitos de discriminación da poboación xitana de Galicia, tanto pola súa importancia capital na vida das persoas, como por ser aqueles nos que con maior frecuencia semella producirse este tipo de situacións, no entanto, as persoas xitanas se senten tamén discriminadas ou rexeitadas no acceso a determinados servizos ao público, como son os establecementos comerciais ou os espectáculos. Ao cabo, a denuncia destes feitos pon de manifesto a existencia de situacións de rexeitamento de persoas xitanas en distintos campos, discriminación, en canto o ata aquí sinalado, as máis das veces directa, aínda que se manifeste en distinto grao, que dá conta da persistencia de prexuízos que se transforman en actitudes racistas e discriminatorias cara aos membros do colectivo. Así, a pesar de que a sociedade maioritaria non faga facilmente explícitos os seus prexuízos étnicos, a realidade, tal e como se acaba de poñer de manifesto, contradí esta afirmación. A poboación xitana segue a ser obxecto de rexeitamento por parte dun sec­tor da sociedade, rexeitamento que basicamente se sustenta nas seguintes actitudes: – Na imputación á comunidade xitana de todo un conxunto de estereotipos her-dados, formulados en clave negativa: os seus membros son “vagos”, “malean­tes”, “delincuentes”, etc. – Na identificación da totalidade dos xitanos e xitanas e da súa tradición co sec­tor máis pobre e marxinal do colectivo e, polo tanto, coa subcultura propia da marxinalidade, presente en calquera grupo humano que sufra situacións de pobreza e exclusión social extremas e que constitúen o caldo de cultivo para a reprodución da anomia e de condutas delincuentes. En síntese, da información manexada tírase que a poboación xitana é obxecto de distintas formas de discriminación directa por parte da sociedade maioritaria, isto é, no marco das relacións entre os individuos –no ámbito escolar, no acceso á vivenda, ao emprego e a outro tipo de bens e servizos–. A discriminación exercida desde as instan­cias públicas, producida nunha medida moi inferior e circunstancialmente de carácter directo, pode ser cualificada as máis das veces como indirecta. Tal e como se definiu en páxinas anteriores, a discriminación indirecta orixínase cando unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutros poden ocasionar unha desvantaxe a persoas por distintos motivos –neste caso, pola orixe étnica–, excepto que esa disposición, criterio ou práctica poida xustificarse obxectivamente cunha finali­dade lexítima. Esta excepción é de importancia central para a cualificación dunha acción determinada como discriminación indirecta, cuestión que en cada caso particular pode ser obxecto de controversia, dada a sutileza de moitos elementos de xuízo que poden entrar en xogo e que dificultan que se poida discernir se se trata ou non dunha situación discriminatoria. Así, por exemplo, no eido da formación, a introdución de determinados requisi­tos de selección –en forma de estándares formativos– para a participación en accións de Formación Ocupacional e de mellora da empregabilidade, en aparencia neutros, ocasio­nan unha desvantaxe ás persoas de etnia xitana, que polo xeral, presentan un baixo nivel educativo. Outro exemplo de discriminación indirecta por parte da Administración, agora en materia de educación, atópase no que atinxe á aprobación do Plan para a atención á diversidade cultural, un plan basicamente orientado á dotación de profesorado de idio­mas como medida compensatoria de apoio lingüístico dirixida á poboación inmigrante. Esta política educativa pode considerarse como un caso de discriminación indirecta, en tanto que o citado Plan, ao centrarse exclusivamente na vertente lingüística, non ten realmente en conta a diversidade cultural, deixando ao colectivo xitano á marxe da apli­cación de medidas de educación compensatoria. En canto ao acceso á vivenda de promoción pública, e á marxe dos casos de dis­criminación directa que se poidan revelar66, cabería pensar que os requisitos esixidos para a súa solicitude –principalmente, que as persoas solicitantes destas vivendas acre­diten que os ingresos ponderados anuais correspondentes á unidade familiar ou de con­vivencia se atopen entre 0,7 e 2,5 veces o indicador público de rendas de efectos múlti­ples, e a acreditación de ingresos económicos mediante a presentación da declaración do imposto sobre a renda e patrimonio e a declaración do cumprimento de cotizacións á Seguridade Social no caso dos traballadores autónomos-67, requisitos aparentemente neutros, á vez que xustificables obxectivamente, en tanto que son necesarios para poder 66 A xa descrita exclusión sistemática de cinco familias xitanas no acceso a vivendas de protección oficial de promoción pública por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo na provincia de Lugo; situación que deu lugar á presentación dunha denuncia perante o Valedor do Pobo en 1996. 67 Vid. Decreto 257/2004, do 29 de outubro, sobre réxime xurídico das vivendas de promoción pública, locais de negocio e solo de promoción pública. garantir a solvencia da unidade familiar e, así, o pago da vivenda; ocasionan unha des-vantaxe a gran parte da poboación xitana, especialmente no que respecta á xustificación de ingresos, se se ten en conta que se trata dun colectivo con importantes obstáculos no acceso ao emprego por conta allea, que exerce fundamentalmente o traballo por conta propia, e moi frecuentemente cun escaso nivel de ingresos que os leva a traballar na opacidade, é dicir, na economía somerxida. Se ben en termos de cumprimento de obrigas cidadás, concretamente no que atinxe á contribución económica a través dos impostos directos e da cotización ao sis­tema da Seguridade Social, non cabería considerar en ningún caso como medida de dis­criminación positiva cara á poboación xitana a tolerancia do seu impago, particular­mente en materia de acceso á vivenda a súa esixencia podería presentar certos trazos de discriminación indirecta, en tanto que a clara e fortísima discriminación directa que padece o colectivo no seu acceso no mercado libre podería xustificar a aprobación de medidas de reforzo que compensen eses obstáculos. Non é menos certo, porén, que a poboación xitana nas situacións máis precarias se beneficia dunha serie de axudas con­templadas na Lei 5/1989, do 24 de abril, de medidas para a erradicación do chabolismo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia –ademais das doutro tipo, como a de fillos a cargo, etc.– que veñen compensar esa situación de precariedade. É difícil, pois, dilucidar cando se produce discriminación indirecta, concepto que, como se ve, ten un amplo potencial para abarcar as discriminacións sistémicas, que son o resultado de prácticas aplicadas nunha empresa, área de emprego, sector de activi­dade, institucións, etc., é dicir, a sociedade no seu conxunto. Estas prácticas son o froito de estereotipos ou de mecanismos aparentemente neutros e de uso máis ou menos explí­citos. Neste contexto, o sistema produce discriminación, discriminación que pode ser o resultado de axentes que teñen intencións discriminatorias, pero tamén de mecanismos macrosociais e institucionais, podendo combinarse ambos. En todo caso, a discriminación non opera sobre unha poboación xitana que esgote a súa descrición característica nun abstracto de trazos étnico-culturais; pola con­tra, a realidade deste colectivo en Galicia está marcada por expresións e signos eviden­tes de desfavorecemento abundantemente ilustrados ao longo deste documento e mesmo agora xa aludidos neste capítulo. Lembrando algúns, poden citarse: – As dificultades no acceso á vivenda normalizada, expresadas dramaticamente no terzo de poboación xitana que segue habitando en chabolas e infraviven-das. – Aquela baixa incidencia comparativa do emprego por conta allea, cando o acceso ao traballo é un dereito recoñecido, e a conseguinte baixa salarización das economías familiares. – As elevadas taxas de fracaso, absentismo e abandono escolar, incidindo xa non só na cobertura plena dos treitos da formación académica obrigatorios, senón, acaso máis trascendentemente, na prosecución de estudos alén dos mesmos, retroalimentando en perspectiva xeracional esa deficiente inserción escolar e coutando, ao cabo, unha mellor inserción laboral. – A máis deficiente cultura sanitaria, en termos de prevención ampla, e o menor acceso ao sistema cando menos para controles preventivos, debuxando parti­cularmente unha desigualdade notoria no seguemento xinecolóxico-reprodu­tivo das mulleres. – A elevada incidencia comparativa na poboación xitana da condición de usua­ria dos Servizos Sociais, de xeito que supón unha parte significativa e caracte­rística da atendida polos de nivel comunitario e dependencia municipal, así como da beneficiaria de programas sociais de rendas mínimas: Axudas de Emerxencia Social, RISGA e Pensións non Contributivas, nomeadamente. Xa que logo, hai que concluír inequivocamente que a situación actual da poboa­ción xitana en Galicia e as perspectivas da súa evolución se definen na encrucillada dun expresivo desfavorecemento social e económico e dunha discriminación patente, confi­gurando ambos e dous factores un complexo no que retroalimentan mutuamente nun círculo vicioso. Así, nesa perspectiva, hai cinco evidencias incontestables que deben proclamarse con absoluto rigor e obxectividade: – Os xeitos de vida e circulación social cristalizados nas expresións de desfavo­recemento que se subliñaron, e que aquela imaxe social estereotipada á que se aludiu asocia caracteristicamente aos xitanos –desde o chabolismo á venda ambulante, por mencionar apenas dous destes trazos–, non son en por si datos de raíz antropolóxica e cultural, senón expresións circunstanciais, por máis que persistentes no tempo, de modos de vida nas marxes ou na periferia do sistema social e económico, e, por tanto, fenómenos adaptativos a este. Desde este punto de vista, en xustiza, cabe afirmar, falando grosso modo, que nunha evolución histórica desde o nomadismo á plena sedentarización, a comuni­dade xitana desenvolveu tales estratexias adaptativas –certo é que determina­das polos condicionamentos culturais da sociedade maioritaria e dos xitanos mesmos–, que se concretaron en expresións peculiares, moitas delas social­mente sentidas como marxinais, tendendo a perpetuarse retroalimentadas pola discriminación e a informar nalgunha medida as pautas de comportamento do colectivo. Daquela, non constitúen unha opción libre e deliberada; menos aínda unha orixinalidade, naquel plano antropolóxico cultural, digna de pre­servarse; máis ben unha interpelación sobre o carácter verdadeiramente democrático da nosa sociedade, en xeral ao conxunto da mesma, e en particu­lar aos axentes máis directamente concernidos neste asunto: as Administracións, a iniciativa social organizada, o colectivo xitano e, especial­ mente, as súas organizacións con vocación representativa, sen esquecer aos cidadáns, privadamente e no exercicio da súa actividade profesional, na medida que participan, conscientemente ou non, en ningún caso de xeito neu­tro, na dinámica social descrita. – En segundo lugar, pois, na medida en que as políticas sociais, sexan estas en materia de vivenda, educativa, sanitaria, laboral, de servizos sociais, etc., prescinden de tomar en conta a argumentada interdependencia entre exclusión social e desfavorecemento, dunha banda, e discriminación, doutra, constitúen en si propias expresións indiscutibles de discriminación indirecta e factores de perpetuación daquel círculo vicioso. – Derivadamente, a complexidade causal e expresiva dos factores e fenómenos en xogo, a súa multidimensionalidade, demandan non só unha inequívoca toma de conciencia e asunción do anterior, senón o deseño e desenvolve­mento de políticas integrais –e debe afirmarse que hai referencias das que par­tir ben alentadoras neste sentido– que deben fundamentarse nun coñecemento rigoroso e exhaustivo da realidade; nunha definición estratéxica ambiciosa e coherente, plasmada en medidas concretas, realistas, graduais, solidamente articuladas, e susceptibles de observación e rexistro sistemático de cara ao seu control e avaliación. – A partir disto, e insistindo na necesaria cooperación e sinerxia das Administracións e a iniciativa social organizada, é, xustamente en canto a esta última, que o papel das asociacións xitanas debe subliñarse, xa que resulta imprescindible, e isto cae no campo da súa responsabilidade exclusiva, se esforcen por aumentar a súa representatividade e dinamismo participativo, e por superar vestixios, cando non expresións puras, dun discurso vitimista e que apela ao paternalismo ou á posible mala conciencia da sociedade maiori­taria e das institucións, reclamando un trato de favor que, ao cabo, na medida que implica segregación de feito, constitúe un factor retardatario da plena nor­malización social. – Non quixera deixar de sinalarse que os mesmos xitanos e xitanas, no plano da súa dinámica interna, familiar e como grupo social, deberán facer un esforzo por considerar criticamente certas actitudes e pautas propias en dimensións como a importancia concedida á formación académica, ou o protagonismo e autonomía das mulleres, por citar dúas ben salientables. Porén, non é menos certo que os avances cara a unha circulación social normalizada traerán de seu unha positiva evolución neste sentido. Desde estas aseveracións é xa posible volver de novo, con absoluta literalidade, sobre o obxecto principal deste informe, a discriminación, para se referir a outra eviden­cia: a insuficiencia de mecanismos xurídicos para combatela con plena eficacia. Como se indicou no apartado correspondente á análise do concepto xurídico de discriminación, segundo a Directiva do Consello 2000/43/CE, de 29 de xuño de 2000, relativa á aplicación do principio de igualdade de trato das persoas independentemente da súa orixe racial ou étnica, os Estados membros da Unión deben designar un ou máis organismos responsables da promoción da igualdade de trato entre todas as persoas, sen discriminación por motivo de orixe racial ou étnica; organismos que poderán formar parte dos xa existentes a nivel estatal para a defensa dos dereitos humanos e a salva-garda dos dereitos individuais. En España, a institución do Defensor do Pobo encarna estas funcións e, circunscrito ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o orga­nismo de referencia é o Valedor do Pobo. Á marxe da irregular transposición ao ordenamento interno español, desde o punto de vista procedimental, das Directivas 2000/43 e 2000/78, efectuada a través da Lei 62/2003, de 30 de decembro, de medidas fiscais, económicas e de orde social, incúmprese unha importante condición relativa ao organismo especializado responsable da loita contra a discriminación por motivos de orixe racial e étnica: garantir a súa inde­pendencia, facultade sinalada ata tres veces na Directiva 2000/43, e que a Lei 62/2003, contradicíndoa, outorga ao devandito organismo un carácter administrativo: o Consello para a promoción da igualdade de trato e a non discriminación das persoas pola orixe racial ou étnica, que se configura como un órgano colexiado adscrito ao Ministerio de Asuntos Sociais. Xa que logo, o cumprimento da citada disposición comunitaria esixe que se dote de independencia ao citado organismo, é dicir, eliminando a súa dependencia de instan­cias ou órganos da Administración Pública. As vías posibles para emendar a actual situación serían, entón: – A creación dun novo ente independente dedicado á garantía do dereito de igualdade entre as persoas e de loita contra a discriminación por motivos étni­cos ou raciais. – A ampliación das atribucións propias das institucións xa existentes, Defensor e Valedor do Pobo, que ata o de agora se circunscriben á protección dos derei-tos fundamentais, individuais ou colectivos, e as liberdades públicas dos cida­dáns perante o seu eventual menoscabo por parte das distintas Administracións68, o que se traduciría nunha extensión das súas funcións para 68 No caso concreto da institución do Valedor do Pobo, correspóndelle a garantía dos dereitos fun­damentais e as liberdades públicas recoñecidos na Constitución, dos dereitos individuais e colectivos emana­dos do Estatuto de Autonomía de Galicia, especialmente os sancionados no Título Preliminar, e supervisar a actividade da Administración da Comunidade Autónoma, dos seus entes e empresas públicas ou dependen-tes, así como a da Administración Local naquelas materias que son competencia da nosa Comunidade Autó­noma. Vid. Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, modificada pola Lei 3/1994, do 18 de xullo e pola Lei 1/2002, do 26 de marzo. garantir a non discriminación das persoas por motivos étnicos ou raciais, mediante a correspondente asignación dos recursos necesarios. A introdución de reformas nalgunha das liñas que se veñen de referir, ademais de garantir per se o citado carácter independente e neutral do organismo responsable69, per­mitiría exercer unha vixilancia efectiva das accións que, tanto no ámbito da Administración Pública como na esfera das relacións privadas entre individuos, puide-sen ser identificados como casos de discriminación, especialmente daquela de carácter indirecto, máis susceptible de xerar dúbidas na súa interpretación. Ademais, esta reforma fornecería un marco interpretativo sobre a discriminación que contribuiría a suplir o baleiro ata agora existente, en materia de práctica xurídica e produción de xuris-prudencia sobre a discriminación baseada nestes motivos, en especial daquela que se orixina no ámbito das relacións privadas. 69 Cómpre indicar que no momento en que se entrega ao prelo o presente documento, foi aprobado, concretamente o 22 de xullo, o Real Decreto 891/2005, polo que se crea e regula o Consello Estatal do Pobo Xitano, un órgano colexiado de carácter consultivo adscrito ao Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais a través da Secretaría de Estado de Servizos Sociais, Familias e Discapacidade; órgano que aínda non está constituído. V RECOMENDACIÓNS En razón do contido neste informe cómpre formular, como corolario do mesmo, as seguintes recomendacións: 1ª) En primeiro termo, e como elementos de base para o desenvolvemento orgá­nico de medidas de orde particular, cómpre atender aos seguintes: – A constitución dun órgano de garantía no plano autonómico, dos dereitos de igualdade entre as persoas e de loita contra a discriminación por motivos étni­cos ou raciais, con carácter independente da Administración, corrixindo así, neste ámbito aquela deficiente transposición das Directivas 2000/43 e 2000/78 concretada na Lei 627/2003, de 30 de decembro; dotándoo das com­petencias e recursos precisos. Este órgano, que ben podería ter o seu núcleo nesta institución do Valedor do Pobo, acomodaríase ben á prevista reforma dos órganos de garantías no plano estatal que se contempla se concreten na creación dunha Fundación Pública de carácter así mesmo independente, xes­tionada polo Ministerio de Asuntos Sociais. – Ao fío disto, mesmo como condición previa, cumpriría a expresa ampliación das atribucións desta institución do Valedor do Pobo, coa conseguinte asigna­ción de recursos, para intervir especificamente na garantía da non discrimina­ción das persoas por motivos étnicos ou raciais. – Asemade, sería pertinente a creación dun órgano de carácter consultivo e de coordinación e seguimento, en orde á definición de políticas, á colaboración no desenvolvemento das actuacións e medidas derivadas das mesmas e ao seu control e avaliación. Nese órgano deberían estar representadas, cando menos, as distintas instancias das Administracións Autonómica e Local con actua­cións nos ámbitos de xestión e prestacións de servizos aos cidadáns onde se concreta de xeito peculiar, en termos de desigualdade, a problemática do colectivo xitano que as páxinas precedentes comentaron polo miúdo: a vivenda, o traballo, a educación, a saúde, os Servizos Sociais, a igualdade entre homes e mulleres; as entidades de iniciativa social cunha intervención significativa na promoción da poboación xitana; as entidades con representa-tividade contrastada conformadas por esta para o seu desenvolvemento social e a defensa dos seus dereitos. 2ª) En segundo lugar, e con non menos importancia, é precisa e urxente a reforma do Plan de Desenvolvemento Xitano, para convertelo nun instrumento máis significa­tivo e eficaz. Esta reforma en canto criterios xerais, debería contemplar os seguintes: – Facelo comprensivo do conxunto de medidas tendentes á promoción social do colectivo, por tanto en dous niveis: da loita contra a discriminación e da igual-dade de oportunidades; así como en dous planos: o das políticas sociais e o da provisión de servizos no mercado. – Consecuentemente, dotalo especificamente dun carácter integral, respon­dendo a aquela articulación sinalada en termos dunha definición estratéxica –Vid. páx. 141– ambiciosa e coherente, traducida en medias concretas, realis­tas e progresivas, definida e solidamente articuladas, posibles de ser observa­das, rexistradas, mensuradas e avaliadas. – Xa que logo, farase preciso informalo con diagnósticos previos, de situación e necesidades, establecidos de xeito rigoroso a escala municipal. – Referilo, nos oportunos termos administrativos, no seu deseño, execución e seguimento, ao órgano consultivo e de coordinación antes mencionado, incor­porando así corresponsablemente aos distintos actores con intervencións determinantes sobre o colectivo de referencia. – Dotalo dun carácter administrativamente vinculante para as partes que inter­veñan na súa xestión. – Precisamente en razón daquel carácter integral apuntado, e sen mingua da necesaria autonomía municipal, deberá garantirse a coherencia e converxen­cia das estratexias e medidas no marco territorial do conxunto da Comunidade Autónoma. Xa que logo, noutro nivel, tales coherencia e converxencia debe­rán esixirse aos distintos axentes que a el se vinculen en atención ao criterio exposto no parágrafo antecedente. Non correspondendo pois a este documento a definición precisa de estratexias, medidas e procedementos, si que, en troques, é pertinente, partindo da información e dos xuízos nel recollidos previamente, sinalar liñas de acción nese sentido, completando esta emisión de recomendacións co enunciado das que seguen: 3ª) En materia de vivenda convirá: – Particularmente, en canto erradicación do chabolismo, e ao abeiro do sinalado con anterioridade, en canto a necesaria coordinación no nivel autonómico das accións nesa liña, prestar unha singular atención aos poboados situados nos límites administrativos de varios concellos. – Deberá así mesmo, considerarse a reformulación do texto actual da Lei para a erradicación do chabolismo, na medida que deixa aberta a posibilidade de efectuar actuacións de construción ou mellora parcial de carácter paliativo, tendentes a dar continuidade aos asentamentos de infravivenda. – Sen merma do anterior, cómpre mellorar a eficiencia na aplicación da partidas orzamentarias asignadas ao Plan para a Erradicación do Chabolismo. – Deberá, xa noutra orde de cousas, mellorarse a xestión da Bolsa de Alugueiro en canto á oferta de vivendas á poboación xitana. – Asemade, convirá contemplar medidas de descentralización cara aos conce­llos e mesmo de xestión delegada ou intermediada polas organizacións sociais da Bolsa devandita. – No sentido concreto de posibilitar un maior acceso á vivenda en propiedade, convirá revisar os requisitos de acceso á de promoción pública, particular­mente en canto á acreditación de cotización á Seguridade Social por parte dos autónomos, contemplando a súa posible substitución por outro tipo de garan­tía de ingresos regulares. – No mesmo plano sería aconsellable a creación dun fondo de garantía que se ocupe da concesión de avales bancarios ou da xeración de crédito que facilite a mesma de vivendas de segunda man. – Igualmente, tanto no horizonte do acceso á vivenda normalizada por vía de alugueiro ou merca, no contexto do carácter integral das accións que se recla­mou, convirá xeneralizar o desenvolvemento de procesos de formación, pre­vios e/ou simultáneos aos programas de realoxamento, que preparen ás fami­lias xitanas para a convivencia en comunidades veciñais. 4ª) En materia de emprego e de formación para o mesmo, deberían, da súa parte, tomarse en consideración as liñas seguintes: – A organización, por parte das entidades de iniciativa social que interveñen sobre a poboación xitana, incluíndo naturalmente ás formadas por membros deste colectivo, de accións de formación prelaboral orientadas a paliar e suplir na medida do posible as carencias educativas que dificultan a circulación laboral dos xitanos. – O deseño de intinerarios de profesionalización que permitan secuenciar accións formativas orgánicas e progresivas que os materialicen, evitando o carácter illado e, por tanto, limitado daquelas. – Na organización de actividades formativas especificamente destinadas a xita-nos, ou cun acceso previsiblemente significativo por partes destes, xunta-mente coas demandas do mercado laboral, e no marco definido polas mesmas, será prudente considerar como referencia aquelas profesións, oficios e dedica-cións para as que os xitanos amosan unha maior motivación. – A consideración na organización horaria dos cursos de formación e mellora de empregabilidade da idoneidade das tardes para a poboación xitana, en razón dalgunhas das súas actividades características, como a venda ambulante ou a recollida de chatarra particularmente. – No caso concreto doa programas de formación e emprego dirixidos ao con-xunto da poboación deberá contemplarse a consideración de criterios de dis­criminación positiva, indicándose expresamente a reserva de prazas para per­soas cun nivel inferior ao graduado escolar, na medida que este trazo opera, a día de hoxe, como factor efectivo de restrición do acceso dos xitanos a tales programas. – Para alén do anterior faise preciso tamén o establecemento administrativo de mecanismos que permitan acreditar unha cualificación profesional no exerci­cio da venda ambulante. – Igualmente procede o deseño e desenvolvemento de campañas de sensibiliza­ción dirixidas aos empresarios en xeral, e ás súas organizacións representati­vas en particular, de cara á normalización da contratación en pé de igualdade de persoas de etnia xitana. 5ª) No ámbito concreto da educación escolar, de xeito análogo, recoméndase: – De maneira singular a través das organizacións de iniciativa social, especial­mente das constituídas por xitanos, o desenvolvemento de programas e accións específicas para sensibilizar ao colectivo de referencia, concreta­mente aos pais e nais de familia, respecto do valor da formación académica, subliñando a importancia da consecución dos niveis establecidos con carácter obrigatorio para o conxunto da poboación. – Paralelamente, establecidos previamente os mecanismos de coordinación pre­cisos entre a Administración Autonómica, competente en materia educativa e de asuntos sociais, e os Servizos Sociais municipais, desenvolver accións co obxecto de garantir a asistencia a clase dos rapaces e rapazas –especialmente– xitanos, insistindo, nos casos en que cumpra, na vinculación entre a obriga nese sentido, por parte de pais, nais ou titores, e o cumprimento dos proxectos de reinserción asociados á percepción da RISGA. – Instar á Administración Autonómica, competente en materia educativa, para que no deseño de políticas, planos, contidos, etc., no marco do Plan para a atención á diversidade cultural, se contemple a mesma no caso concreto das precisas referencias á historia, cultura e significado social do pobo xitano, e se arbitren, eventualmente, medidas singulares de reforzo e compensación. – Realizar campañas de divulgación e sensibilización sobre a necesaria convi­vencia intercultural, dirixíndoas a pais, nais, profesorado e alumnado, dos Centros de Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza Secundaria Obrigatoria con presenza de poboación xitana. 144 6ª) No ámbito da sanidade, destacando, igual que nos casos anteriores, as pers­pectivas máis evidentes, será conveniente: – Insistir na formación do persoal sanitario, tanto a través dos mecanismos regrados de acceso ás súas titulacións como a través de accións específicas para aquel xa en exercicio efectivo, en canto sensibilizalo e capacitalo para a atención á diversidade cultural. – Instar a Administración Autonómica, como competente na materia, para o desenvolvemento de programas locais, no ámbito dos centros de atención pri­maria de referencia para continxentes significativos da poboación xitana, de promoción do acceso desta aos mesmos en orde a un recurso normalizado e regular aos controles preventivos habituais na poboación xeral, incidindo sin­gularmente nos da saúde bucal e da xinecolóxico-reprodutiva das mulleres. No marco xeral que se define, a corresponsabilidade das entidades de inicia­tiva social en tales programas, singularmente daquelas constituídas por xita-nos, sería crucial para o seu éxito. 7ª) Na esfera propia dos Servizos Sociais, alén das consecuencias máis evidentes que nacen das conclusións deste documento e das recomendacións ata aquí formuladas, convén significar ademais: – A necesidade de que sexan os Servizos Sociais de dependencia municipal, a partir dos precisos mecanismos de orientación e asesoramento técnico e da facilitación dos recursos precisos, quen desenvolvan as accións pertinentes en orde ao establecemento da base diagnóstica sinalada no terceiro parágrafo específico da Recomendación 2ª. – O interese de establecer, no marco da reformulación proposta do Plan de Desenvolvemento Xitano, a precisión de incorporar a aqueles servizos, dotán­doos por tanto nese sentido, na medida que son axentes claves do mesmo tal como aquí se concibe, modulando tal incorporación con criterios poboacio­ nais, profesionais dedicados especificamente á mediación cultural e a inter­vención socioeducativa. 8ª) Xa por último, nun plano amplo de sensibilización, falando de dous niveis ben distintos, proponse: – O desenvolvemento de convenios de colaboración entre o Servizo Galego de Igualdade e as entidades de iniciativa social que traballan con poboación xitana en orde ao fomento da igualdade de oportunidades entre os homes e mulleres dese colectivo. – Que, por parte das Administracións e institucións correspondentes se progra­men e leven a cabo accións de sensibilización dos traballadores dos organis­mos e servizos públicos para que se facilite en todos os casos un trato non dis­criminatorio aos membros da comunidade xitana. Formuladas estas recomendacións, enténdese satisfeito o obxectivo deste Informe Extraordinario que se dá así por concluído. BIBLIOGRAFÍA Los gitanos en estado de extrema necesidad en Galicia. Grupo Amat de Sociología. Secretariado General Gitano. Serie Cuadernos Técnicos nº 1. 1983. La comunidad gitana en Galicia. Asociación Chavós. Consellería de Traballo e Servizos Sociais. Xunta de Galicia. 1992. A comunidade xitana en Galicia 1990-2000. Asociación Chavós. Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Xunta de Galicia. 2000. Discriminación, marxinación, exclusión social en Galicia. Informe Extraordinario do Valedor do Pobo. Novembro de 1998. Jornadas de estudio sobre servicios sociales para la comunidad gitana. Secretariado General Gitano. Serie Cuadernos Técnicos nº 3. 1985. Asentamientos gitanos en Andalucía Oriental. Grupo P.A.S.S.. Secretariado General Gitano. Serie Cuadernos Técnicos nº 5. 1986. La comunidad gitana del Gran Bilbao. Grupo P.A.S.S.. Secretariado General Gitano. Serie Cuadernos Técnicos nº 8. 1987. La comunidad gitana de Donostialdea. Grupo P.A.S.S.. Secretariado General Gitano. Serie Cuadernos Técnicos nº 9. 1987. Mapa de Servizos Sociais de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar Social. Xunta de Galicia. 1989. I Plan Galego de Inclusión Social 2001-2006. Consellería de Sanidade e Servizos Sociais. Xunta de Galicia, 2001. Las condiciones de vida de las población pobre en España. Informe General. FOESSA. Ed. Fundación FOESSA. Madrid, 1998. “¿Que determina la afiliación a los sindicatos en España?”. Hipólito, J. Simón. En Revista del Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, nº 41. 2003. Los gitanos españoles. 1978. ISAM. Secretariado General Gitano. Madrid, 1978. Manual de Ciencia Política. Pasquino, M. Editorial Arial. Madrid, 1990. La promesa de la mediación. Cómo afrontar el conflicto a través del reconocimiento y el fortalecimiento de los otros. Bush, R.A.B. e Folger, J.P. Editorial Granica. 1996. “El desarrollo de la conciencia política de los gitanos”. San Román Espinosa, Teresa. En Gitanos. Pensamiento y cultura. Revista bimestral de la Asociación Secretariado General Gitano. Número 0. Abril de 1999. “La participación política de los gitanos”. Aguilera Cortés, Pedro. En Gitanos. Pensamiento y cultura. Revista bimestral de la Asociación Secretariado General Gitano. Número 4. Abril de 2000. “Desigualdades en salud y exclusión social”. Palanca Sánchez, Inés. En Gitanos. Pensamiento y cultura. Revista bimestral de la Asociación Secretariado General Gitano. Número 15. Junio de 2002. Salud y comunidad gitana. Análisis de propuestas para la actuación. Dirección General de Salud Pública. Ministerio de Sanidad y Consumo. – Fundación Secretariado General Gitano (Área de Salud). 2004. “Los conceptos de discriminación directa e indirecta”. Miné, Michel. Texto revisado da presentación realizada no marco da Conferencia “Loita contra a discriminación: as novas directivas de 2000 sobre a igualdade de trato”. 31 de marzo-1 de abril de 2003. Trèves. Convenio 111 da Organización Internacional do Traballo, relativo á discriminación en material de empleo e ocupación, de 1958. Directiva 2000/43/CE do Consello, de 29 de xuño de 2000, relativa á aplicación do prin­cipio de igualdade de trato das persoas independentemente da súa orixe racial ou étnica. Directiva 2000/78/CE do Consello, de 27 de novembro de 2000, relativa ao establece-mento dun marco xeral para a igualdade de trato no emprego e a ocupación. Programa de Acción Comunitario de Loita contra a Discriminación 2001-2006. “Convocatoria de propostas VP/2003/006 relativa aos labores de preparación de accións trasnacionais de cara ao desenvolvemento de respostas políticas ou xurí­dicas á discriminación por motivos de orixe racial ou étnica, relixión ou crenzas, discapacidade, idade e orientación sexual”. Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, modificada pola Lei 3/1994 e a Lei 1/2002. Lei 62/2003, de 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social. Lei 5/1989, do 24 de abril, de medidas para a erradicación do chabolismo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 257/2004, do 29 de outubro, sobre réxime xurídico das vivendas de promoción pública, locais de negocio e solo de promoción pública. Orde do 20 de febreiro de 2004 pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro. Real Decreto 891/2005, de 22 de xullo, polo que se crea e regula o Consello Estatal do Pobo Xitano.