No Valedor do Pobo reforzamos nos últimos anos a nosa presenza nas principais redes de traballo de defensores de todo o mundo. Formamos parte de organizacións internacionais de ombudsman e colaboramos con diversas entidades que, como nós, traballan na defensa dos dereitos humanos.
Tamén estamos en permanente contacto cos nosos colegas doutras defensorías autonómicas españolas e do Defensor del Pueblo. Buscamos coordinar as nosas actuacións sobre problemas comúns que nos formulan os cidadáns.
Nesta liña seguimos traballando. Queremos participar nas liñas de debate sobre problemas que afectan á nosa sociedade.
International Association of Language Commisioners-IALC
Formamos parte da Asociación internacional de comisarios de lingua (IALC) que ten a misión de defender e avanzar nos dereitos lingüísticos, a igualdade e a diversidade en todo o mundo.
Federación Iberoamericana de Ombudsman (FIO)
Somos membros da Federación Iberoamericana de Ombudsman (FIO), unha agrupación que, constituída en Cartaxena de Indias (Colombia) en 1995, reúne a defensores, procuradores, provedores, raonadores, comisionados e presidentes de comisións públicas de dereitos humanos dos países iberoamericanos dos ámbitos nacional, estatal, rexional, autonómico ou provincial.
Rede europea de defensores del pueblo
A Rede europea de defensores agrupa máis de 99 oficinas en 35 países europeos. Na rede participan os valedores do pobo nacionais e rexionais, e órganos similares dos estados membro da Unión Europea, dos países candidatos a formar parte da UE e algúns outros países europeos, así como o ombudsman europeo, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. Os defensores nacionais e órganos similares da rede designan un axente de enlace como persoa de contacto cos demais membros da rede. Colaboramos estreitamente con ela.
Alto Comisionado sobre Dereitos Humanos da ONU
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos
Comisionado para os Dereitos Humanos do Consello de Europa
Comité europeo para a Prevención da Tortura
Comisión Interamericana de Dereitos Humanos
Corte Interamericana de Dereitos Humanos
Comisión Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos