Transparencia é a posibilidade de acceso que ten a cidadanía a toda a información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, orzamentaria e estatística das institucións e organismos públicos.
Como Valedor do Pobo promovemos a transparencia da actividade pública, velamos polo cumprimento das obrigas de publicidade, salvagardamos o exercicio do dereito de acceso á información pública e garantimos a observancia das disposicións de bo goberno na comunidade galega.
ALTOS CARGOS DA INSTITUCIÓN DO VALEDOR DO POBO
Segundo o disposto no artigo 8 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, “O valedor do pobo estará auxiliado por un adxunto en quen poderá delegar as súas funcións e que o substituirá no exercicio destas”.
A institución conta por tanto con dous altos cargos: a valedora do pobo e o seu adxunto.
Dolores Fernández Galiño
– Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1981-1986).
– Diplomada en Práctica Xurídica pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1986).
– En 1989 superou as oposicións de ingreso na Carreira Xudicial e tamén as oposicións de ingreso na Carreira Fiscal.
– Na Carreira Fiscal dende o seu ingreso, coa categoría de avogada fiscal – situación de excedencia.
– Na Carreira Xudicial foi destinada, de 1990 a 1992, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción 1 de Ponteareas – Pontevedra.
– Ascendeu en 1992 á categoría de Maxistrada, con destino de 1992 a 2001 no Xulgado do Social 2 de Pontevedra.
– Dende 2001, destinada na Sección 2ª da Audiencia Provincial de A Coruña.
– Especializada de Dereito Civil de Galicia, e o coñecemento da lingua galega; nativa bilingüe.
María Xosé Porteiro
Retribución altos cargos (outubro 2018)
Valedor/a. Soldo: 74.801,30 . Gastos de representación: 10.960,80 . Gastos de libre disposición: 10.960,80 . Total/ano: 96.722,90
Adxunto/vicevaledor. Soldo: 55.963,04. . Gastos de representación: 8.407,44. Gastos de libre disposición: 8.407,44. Total ano: 72.777,92.
A valedora do pobo pertence á MUFACE (Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado) co que conta cun réxime especial de aseguramento, de caráter mutualista, diferente do Réxime Xeral da Seguridade Social.
O adxunto pertence ao Réxime Xeral da Seguridade Social.
Non perciben ningunha indemnización por esta razón.
O Capítulo II (artigos 6 e 7) da Lei 6/1984, de 18 de xullo, do Valedor do Pobo, establece o réxime de prerrogativas e incompatibilidades para o valedor do pobo, extensibles ao seu adxunto.
Artigo 6
1. O valedor do pobo de Galicia non estará suxeito a ningún mandato imperativo. Non recibirá instrucións de ningunha autoridade. Desempeñará as súas funcións con autonomía e segundo o seu criterio.
2. O valedor do pobo gozará das prerrogativas e garantías necesarias para o cumprimento da súa función, de acordo coa lexislación vixente.
Artigo 7
1. A condición de valedor do pobo é incompatible con todo mandato representativo, cargo político ou actividade de propaganda política, coa permanencia en servizo activo de calquera Administración Pública; coa condición de membro de partido político ou co desempeño de funcións directivas nun partido, sindicato, asociación ou fundación, ou co emprego ao servizo destes; co exercicio das carreiras xudicial e fiscal ou de calquera actividade profesional, xudicial, mercantil ou laboral.
2. O valedor do pobo deberá cesar na situación de incompatibilidade na que se encontre antes de tomar posesión do cargo. No caso contrario entenderase que non acepta o nomeamento.
3. No suposto de incompatibilidade sobrevida, entenderase que renuncia ao cargo na data en que se teña producido aquela.
Non perciben ningunha compensación por esta razón.
Relación de postos de traballo: RPT (BOPG 17 de outubro de 2017): RPT 2017
Todo o persoal ao servizo do Valedor do Pobo pertence ao Réxime Xeral da Seguridade Social, agás dous funcionarios que pertencen á MUFACE (Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado) co que contan cun réxime especial de aseguramento, de caráter mutualista, diferente do Réxime Xeral da Seguridade Social.
Retribucións do persoal eventual e funcionarios, actualizado con data de setembro de 2018
Por tratarse a institución do Valedor do Pobo dun alto comisionado do Parlamento de Galicia, o persoal que traballa ao seu servizo ríxese polas condicións de traballo da Cámara galega:
Non existe na actualidade autorizacións ou recoñecemento de compatibilidade que afecten ao persoal do Valedor do Pobo.
O Valedor do Pobo carece de oferta pública de emprego.
O persoal específico do Valedor do Pobo carece na actualidade de representación sindical propia.