Recordatorio de deberes legais dirixido ao Concello de Cerceda para que realice as inspeccións que considere necesarias para a comprobación de si as obras e usos do solo, son conformes coa normativa que lle é de aplicación, iniciando se procede, e previa audiencia de terceiros interesados, os procedementos que correspondan para o mantemento da disciplina urbanística
Suxestión dirixida á Deputación da Coruña para que valore revisar o expediente da interesada atendendo ás razóns expostas na Resolución
Recomendación dirixida ao Concello de Padrón no sentido de anular a débeda requerida ao interesado, toda vez que o mesmo non podía ter licencia de venta ambulante no periodo que se lle reclama
(Q/8889/21) Suxestión remitida á Consellería de Facenda e Administración Pública para que valore a revisión dun expediente e a posibilidade de acceder á sua petición de adaptación do tempo para o proceso selectivo, visto que cumpre o requisito do 33% de discapacidade
(Q/7006/21) Recomendación dirixida ao concello de Vigo para que acceda á división da liquidación que a Lei Xeral Tributaria permite, dado que o concello coñecía a existencia de dous cotitulares e contaba cos datos dos mesmos
(Q/6725/21) Suxestión dirixida dirixido ao concello de Cangas do Morrazo para valorar o reintegro de cuotas da piscina municipal por motivos médicos comprobados e xustificados
(Q/4582/20) Suxestión á Axencia Tributaria de Galicia sobre cita previa
(Q/1065/21) Recordatorio de deberes legais o Concello de Pontevedra para que se cumpra o disposto regulamentariamente na lexislación de tráfico de modo que, cando para facilitar a interpretación dos sinais, engádese unha inscrición nun panel complementario rectangular colocado debaixo daquelas ou no interior dun panel rectangular que conteña o sinal, esas indicacións escritas que se inclúan ou acompañen aos paneis de sinalización das vías públicas, e inscricións, figurarán en idioma castelán e, ademais, en galego como lingua cooficial de Galicia
(Q/7906/21) Recomendación dirixida á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en determinadas circunstancias persoais e familiares debidamente acreditadas, e previo análise da situación polos órganos competentes da Administración –a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade–, as autorizacións excepcionais concedidas a usuarios escolares tiveran carácter permanente, en tanto non varíen as circunstancias que as xustificaron, sen teren que ser renovadas polo centro educativo curso por curso.
(Q/7628/21) Recomendación dirixida á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que se avalíen as circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, permitindo o traslado de centro durante o curso, sen cambio de localidade, por existir prazas vacantes no centro público solicitado, ao considerar que pode favorecer o proceso educativo e emocional da menor sen ocasionar ningún prexuízo á administración educativa.
GABINETE DE COMUNICACIÓN
Rúa do Hórreo, 65 15700 Santiago de Compostela A Coruña Teléfono [+34] 981 56 97 40 FAX [+34] 981 57 23 35
comunicacion@valedordopobo.gal