Recordatorio de deberes legais dirixido ao Concello de Sada referido a que tódolos membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función, tendo en conta que a solicitude de exercizo deste dereito haberá de ser resolta motivadamente nos cinco días naturais seguintes a aquel no que se houbera presentado. Cando non poda facilitarse a información no momento da notificación da resolución de solicitude da mesma, deberá facilitarse, en cualquiera caso, nun prazo non superior a dez días.
Recomendación dirixida ao Concello de Marín para que se proceda a comprobar a realidade dos feitos denunciados e, no seu caso a duración e a intensidade do son das campás da Parroquia de xxxxxx, adoitando, se fose necesario, as medidas adecuadas e razoables dentro dos límites tolerables de conformidade coas ordenanzas municipales e os usos locais.
Recomendación dirixida ao Concello de Muros para que se leven a cabo os “axustes razoables” e, consecuentemente as oportunas actuacións, a fin de habilitar unha praza de estacionamento para discapacitados que permita a accesibilidade de XXXXXX á Praia de Espadanal ( Concello de Muros ) de forma análoga aos demais membros da sociedade
(Q/5085/20) Recordatorio de deberes legais dirixido ao Concello de Laxe para que realice as inspeccións que considere necesarias para a comprobación das obras ou usos do solo, co fin de constatar e iniciar os procedementos que correspondan, constatar se o solicitante da licencia é o propietario do inmoble ou o é a persoa denunciante que se opón á concesión da mesma, e adoptar as medidas necesarias para o mantemento da disciplina urbanística. Así mesmo, debe dar resposta expresa ás solicitudes de información presentadas pola interesada
(Q/386/21) Recordatorio de deberes legais dirixido ao Concello de Bergondo para que.resolva á maior celeridade sobre unha solicitude de Licencia de primeira ocupación
(Q/4339/20) Suxesión ao Concello de Ourense sobre obriga de ditar resolución expresa e notificala nos prazos legalmente establecidos
(Q/6197/21) Recordatorio de deberes legais dirixido a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación debido a que na tramitación dos expedientes deberá actuar de acordo cos principios de eficacia, economía e celeridade establecidos no artigo 103 de la Constitución estando obrigado a ditar resolución expresa nos prazos legalmente previstos
(Q/4797/20) Recordatorio de deberes legais dirixida á Consellería do Medio Rural Recordando que na tramitación dos expedientes deberá actuar de acordo cos principias de eficacia, economía e celeridade establecidos no artigo 103 da Constitución estando obrigado a ditar resolución expresa nos prazos legalmente previstos
(Q/6051/21) Recordatorio de deberes legais dirixido á Comisión Interuniversitaria de Galicia para que, en garantía do exercicio dos dereitos lingüísticos da cidadanía recoñecidos nas leis, os contidos e servizos da paxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia figuren en ambas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, adoptando a Comisión Interuniversitaria de Galicia as medidas necesarias dirixidas a facer efectivo o exercicio de tales dereitos
(Q/6041/19) Suxestión dirixida á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que sinale prazos máximos para avaliar as necesidades e establecer as adaptacións e recursos precisos nas escolas oficiais de idiomas para o alumnado que no momento da matrícula o solicite e achegue a documentación acreditativa da súa discapacidade
GABINETE DE COMUNICACIÓN
Rúa do Hórreo, 65 15700 Santiago de Compostela A Coruña Teléfono [+34] 981 56 97 40 FAX [+34] 981 57 23 35
comunicacion@valedordopobo.gal