Queixa 14844/17: A intervención da valedora do pobo permite acabar coas fochancas dunha rúa de Monforte de Lemos

11 Maio, 2017 Casos resoltos

A valedora do pobo visitou o 30 de marzo deste ano a localidade luguesa de Monforte de Lemos onde mantivo un encontro aberto á veciñanza na casa do Concello. Unha das queixas saídas do mesmo foi presentada pola asociación de veciños de As Lamas, afectada polo mal estado do pavimento da Rúa Manuel Murguía.

A rúa en cuestión ocupa un tramo urbán dunha pista de servizo da canle de regadío do Val de Lemos (marxe dereito do regadío) polo que na súa conservación estaban implicadas dúas administracións: o Concello de Monforte e a Confederación Hidrogtráfica do Miño-Sil.

A falta de acordo entre ambas as dúas administracións impediu manter en condicións este vial durante anos. Para reparar as fochancas, a confederación estaba disposta a costear a reparación integral nese tramos a cambio de que a titularidade do mesmo pasase a ser municipal ao remate das obras. Ao non terse chegado a acordo, os veciños decidiron acudir á valedora do pobo que conseguiu o desbloqueo.

A Confederación Hidrográfica finalmente accedeu ao bacheado do tramo afectado incluíndo o seu custo nos orzamentos para o exercicio 2017. A día de hoxe as máquinas traballan neste punto eliminando as fochancas que levaban anos instaladas nesta vía.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2017.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal