Presenta a túa queixa

    Motivo da queixa

    Achegar arquivos

    Fixo algunha reclamación ou interpuxo algún recurso contra a actuación descrita anteriormente?

    En caso afirmativo indique o órgano da queixa

    Algún xulgado ou tribunal ditou sentenza ou ten en trámite algún procedemento contra a actuación á que se refire na queixa?

    En caso afirmativo indique o órgano

    Reclamou por este mesmo asunto ante outra defensoría autonómica ou o defensor do pobo?

    En caso afirmativo indique o órgano autonómico

    Calquera outro dato de interese

    Cubre agora os teus datos

    Nome*

    Apelidos*

    DNI/NIE/Pasaporte*

    Fecha de nacemento*

    Enderezo*

    Código Postal*

    Cidade*

    Provincia*

    País*

    Teléfono*

    Correo electrónico*

    INFORMACÍON BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS: RESPONSABLE: Valedora do Pobo FINALIDADE PRINCIPAL: O correo electrónico proporcionado incluirase nun ficheiro de tratamento de datos de carácter persoal cuxa finalidade é a de dar contestación á súa consulta. LEXITIMACIÓN: Consentimento do interesado. DESTINATARIOS: Non se cederán datos a terceiros, salvo autorización expresa ou obrigación legal. DEREITOS: Acceder, rectificar e suprimir os datos, portabilidad dos datos, limitación ou oposición ao seu tratamento, transparencia e dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas. INFORMACIÓN ADICIONAL: Pode consultar a información adicional e detallada sobre a nosa Política de Privacidade.

    Descarga os nosos formularios

    Se o prefires podes descargar os nosos formularios para enchelos máis tarde e facérnolos chegar mediante fax, carta, correo electrónico ou en persoa.

    Formulario para queixas

    Formulario ampliación de datos

    Como presentar as queixas?

    As queixas poden chegarnos de múltiples maneiras. Para poder valoralas has de ter en conta que necesitamos unha información mínima para poder darlles trámite. Coñecer os detalles da situación exposta, así como os teus datos de contacto permitiranos valorala e axilizar a súa resolución.

    Cumprimente o formulario que atopará nesta páxina, encha os seus datos persoais e toda a información asociada a súa queixa da forma máis completa posible. Pode tamén achegar documentación.

    Envíe un fax a:

    Valedora do Pobo

    N. fax: 981 572 335

    O documento debe incluír os seguintes datos:

    • Nome, apelidos e DNI do reclamante.
    • Dirección postal.

    O escrito deberá responder como mínimo ás seguintes preguntas:

    • Contra que órgano da administración da comunidade autónoma, concello, entidade ou empresa pública desexa presentar a súa queixa?
    • Cal é o motivo da súa queixa?

    Pode completalo (xa opcional) respondendo os seguintes interrogantes:

    • Fixo algunha reclamación ou interpuxo algún recurso contra a actuación descrita anteriormente?
    • Algún xulgado ou tribunal ditou sentenza ou ten en trámite algún procedemento contra a actuación á que se refire na queixa?
    • Engadir calquera outro dato que considere de interese para o estudo do seu problema.

    * Os datos recolleitos nos nosos ficheiros informatizados, a partir dos facilitados por vostede, son confidenciais e só poderán ser utilizados para a investigación da súa petición e para o envío de información en relación coa mesma.

    De acordo con a Instrución do Valedor do Pobo do 24 de Marzo de 1997 (DOG 18-04-1997), conforme ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, vostede ten dereito a solicitar que lle sexan consultados, actualizados ou cancelados todos os datos facilitados.

    Teña en conta que a presentación dunha queixa ante a Valedora do Pobo:

    1. Non interrompe os prazos para interpor os recursos posibles en vía administrativa, ante o correspondente organismo público, ou en vía xudicial, ante os tribunais de xustiza.
    2. Non suspende nin interrompe a execución das resolucións ou actos aos que se refire a queixa.

    Envíe unha carta a:

    Valedora do Pobo

    Rúa do Hórreo 65

    15700 Santiago de Compostela

    A carta debe incluír os seguintes datos:

    • Nome, apelidos e DNI do reclamante.
    • Dirección postal.

    O escrito deberá responder como mínimo ás seguintes preguntas:

    • Contra que órgano da administración da comunidade autónoma, concello, entidade ou empresa pública desexa presentar a súa queixa?
    • Cal é o motivo da súa queixa?

    Pode completalo (xa opcional) respondendo os seguintes interrogantes:

    • Fixo algunha reclamación ou interpuxo algún recurso contra a actuación descrita anteriormente?
    • Algún xulgado ou tribunal ditou sentenza ou ten en trámite algún procedemento contra a actuación á que se refire na queixa?
    • Engadir calquera outro dato que considere de interese para o estudo do seu problema.

    * Os datos recolleitos nos nosos ficheiros informatizados, a partir dos facilitados por vostede, son confidenciais e só poderán ser utilizados para a investigación da súa petición e para o envío de información en relación coa mesma.

    De acordo con a Instrución do Valedor do Pobo do 24 de Marzo de 1997 (DOG 18-04-1997), conforme ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, vostede ten dereito a solicitar que lle sexan consultados, actualizados ou cancelados todos os datos facilitados.

    Teña en conta que a presentación dunha queixa ante a Valedora do Pobo:

    1. Non interrompe os prazos para interpor os recursos posibles en vía administrativa, ante o correspondente organismo público, ou en vía xudicial, ante os tribunais de xustiza.
    2. Non suspende nin interrompe a execución das resolucións ou actos aos que se refire a queixa.

    Pode dirixirse á sede da Valedora do Pobo, onde será amablemente atendido.

    Rúa do Hórreo, núm. 65

    Santiago de Compostela

    Horario de 9.00 h. a 14.00 h de luns a venres e de 16.30 a 19.00 horas de luns a xoves

    Que é a Valedora?

    É a Valedora do Pobo de Galicia. Unha alta comisionada do Parlamento de Galicia ao servizo do cidadán, para garantir, con independencia, os dereitos constitucionais e estatutarios e o principio de boa administración.

    Se che negan un dereito, sénteste discriminado ou es vítima de abuso, pídenos axuda, podemos defenderte.

    Que pode facer por min?

    Defender os teus dereitos como cidadán, e investigar se a administración pública galega cometeu contigo algunha irregularidade, erro, abuso, arbitrariedade ou neglixencia.

    No caso de que así sexa, pode intervir para que o órgano afectado (concello, consellería, deputación, universidade etc.) corrixa a súa actuación.

    Podemos realizar tamén suxestións ou recomendacións para que os poderes públicos realicen melloras que beneficien a todos.

    Como actúa?

    A Valedora do Pobo ofrece un servicio gratuito de atención ás persoas que asiste a todo o mundo que se acerca a el para realizar unha consulta ou presentar unha queixa.

    Escoitamos sempre á xente que se dirixe á institución e estamos en permanente contacto con entidades que representan a colectivos necesitados de atención.

    Abrimos as nosas investigacións a propia iniciativa ou a través das vosas queixas. En función das mesmas podemos solicitar informes ás partes e emitir resolucións para corrixir actuacións das administracións galegas, en caso de ser necesario.

    Como alta comisionada do Parlamento de Galicia, estamos obrigados a enviar e resumir ante o pleno da Cámara un informe anual da actividade e/ou os que con carácter extraordinario (sobre temas socialmente alarmantes) podamos emitir en cada momento.

    En que casos podo acudir?

    “Non puiden matricularme na universidade por un erro no sistema informático”

    “Non podo ocuparme do meu fillo discapacitado e non me conceden axudas cando as merezo”

    “Teño problemas de mobilidade e vivo nunha rúa moi pouco accesible”

    «Estou en lista de espera para unha operación desde hai meses”

    «O meu concello sancionoume por estacionar mal e equivocouse”

    «Presentei un escrito ao concello e non me fan caso”

    “Estou desesperado porque vou perder a miña vivenda hipotecada e non atopo unha solución”

    “Estou a esperar por un xuízo desde hai meses”

    Estes son só algúns exemplos de situacións coas que nos atopamos cada día na nosa relación cos cidadáns.

    Como presento a miña queixa?

    Simplemente necesitas identificarte e describir o teu problema ben en persoa na sede da Valedora (Rúa do Hórreo número 65 de Santiago de Compostela) ou remitirnos o teu caso polas seguintes vías:

    • Por carta á dirección: Valedora do Pobo. Rúa do Hórreo 65. 15700 Santiago de Compostela.
    • Por fax ao número: 981 572 335
    • Se chámasnos ao 981 569 740 tomaremos nota da túa reclamación.
    • Cubrindo o formulario dispoñible nesta web

    Ten en conta que:

    A presentación dunha queixa ante a Valedora do Pobo:

    1.- Non interrompe os prazos para interpor os recursos posibles en vía administrativa, ante o correspondente organismo público, ou en vía xudicial, ante os tribunais de xustiza.

    2.- Non suspende nin interrompe a execución das resolucións ou actos aos que se refire a queixa.

    A Valedora non pode intervir:

    1.- Cando non exista intervención algunha de ningunha administración pública.

    2.- Cando a queixa a tramitar atópese pendente dalgún procedemento xudicial ou cando se trate de asuntos xa xulgados.

    3.- Cando transcorra máis dun ano desde o momento en que o cidadán tivese coñecemento dos feitos do obxecto da súa queixa.

    4.- Cando se trate de queixas anónimas, ou sen pretensión concreta, ou nas que se aprecie mala fe ou aquelas cuxa tramitación poida carrexar prexuízos ao lexítimo dereito de terceiros.