A entrada en vigor o 7 de marzo de 2016 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno que, no seu capítulo V, regula os mecanismos de control necesarios para o cumprimento das obrigas de transparencia, atribuiu á institución do Valedor do Pobo responsabilidades nesta materia. A norma implica dobremente á institución do Valedor do Pobo ao lle encomendar as funcións propias do Comisionado de Transparencia e ao adscribirlle a denominada Comisión da Transparencia como órgano colexiado independente que resolve as reclamacións relacionadas cos problemas de acceso á información pública.
Como Comisionado de Transparencia, a institución do Valedor do Pobo ten a misión de investigar posibles incumprimentos nos que poidan incorrer os poderes públicos no desenvolvemento das súas obrigas de publicidade activa de información pública, ben a iniciativa propia ou por denuncia da cidadanía.
RESPONDER A CONSULTAS: dar resposta ás consultas que, con carácter facultativo, lle sexan formuladas polas administracións e institucións públicas afectadas pola lei.
RECOMENDAR: adoptar recomendacións para o mellor cumprimento das obrigas legais en materia de transparencia e bo goberno, oída a Comisión da Transparencia.
ASESORAR: asesorar en materia de transparencia do dereito de acceso á información pública e bo goberno.
INFORMAR por medio dunha dobre vía: emitir informes previos sobre proxectos de lei ou de regulamentos en materia de transparencia e bo goberno (oída a Comisión da Transparencia) e incluír no informe ordinario anual do Valedor do Pobo ao Parlamento de Galicia unha epígrafe específica sobre a aplicación e cumprimento da lei galega de transparencia.
VIXIAR O CUMPRIMENTO DAS OBRIGAS DE PUBLICIDADE ACTIVA: Efectuar, por iniciativa propia ou por mor de denuncia, requirimentos para a emenda dos incumprimentos que se poidan producir das obrigas establecidas en materia de publicidade activa previstas na lei.
PUBLICITAR: o informe anual que o Valedor do Pobo presente no Parlamento de Galicia porase a dispor da cidadanía na web institucional e no portal autonómico de transparencia e goberno aberto
Pode denuncialo ante o Valedor do Pobo que actúa como Comisionado da Transparencia
Polas canles habituais de tramitación de queixas ante o Valedor do Pobo.
1.Por internet: por medio do formulario web dispoñible en www.valedordopobo.gal
Por fax ao número: 981 572 335
Por carta dirixida a: Valedor do Pobo. Rúa do Hórreo 65. 15700 Santiago de Compostela
En persoa, sen cita, nese mesmo enderezo en horario de 9-14 e 16-19 horas.
O escrito deberá responder como mínimo as seguintes cuestións:
Contra que órgano da Administración da Comunidade Autónoma, concello, entidade ou empresa pública desexa presentar a súa queixa e cal é o motivo da mesma.
A Comisión da Transparencia é un órgano colexiado independente adscrito á institución do Valedor do Pobo
RESOLVER as reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública
Co actual marco normativo e coa Comisión da Transparencia xa en funcionamento, dáse resposta a algunha das preguntas que pode facerse a cidadanía
Pode reclamar ante a Comisión da Transparencia
O seu escrito, que debe chegar asinado, debe incluír obrigatoriamente o seu nome completo, un correo electrónico ou dirección postal e unha breve explicación acerca do problema detectado no exercicio do seu dereito de acceso á información pública.
Nesta información deberá especificar as datas do ocorrido, o nome do organismo, ou unidade administrativa afectada e o lugar onde se produciron os feitos.
Pode achegar canta información documental considere relevante para poder tramitar a reclamación.
Imprescindible: Achegar copia do DNI/NIF/NIE ou Pasaporte, do contrario non se poderá tramitar a reclamación.
Ten un prazo dun mes desde o día da resolución por parte do organismo afectado
A Comisión da Transparencia ten habilitados varios mecanismos (algún aínda pendente de poñer en funcionamento).
Pode dirixirse:
Un prazo máximo de tres meses. Se non se realiza nese prazo, entenderase a reclamación como desestimada pola Comisión da Transparencia e só impugnable en vía contencioso-administrativa.
Está presidida polo titular do Valedor do Pobo.
A Vicepresidencia é do adxunto ao Valedor do Pobo.
Conta con 4 vogalías que representan a:
-Xunta de Galicia (dirección xeral de avaliación e reforma administrativa)
-Consello Consultivo
-Consello de Contas
-Federación Galega de Municipios e Provincias