MARÍA XOSÉ PORTEIRO (1952) licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Desde 2018, dirixe o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega e desde 2019 é adxunta á Valedoría do Pobo.
Entre 1987 e 2009 foi, en diferentes etapas, concelleira en Vigo; parlamentaria galega; deputada nas Cortes españolas, membro das Asambleas parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental e primeira delegada da Xunta de Galicia no exterior (Arxentina e Uruguai). Como xornalista, desde 1972 ata 2019 traballou en prensa, radio, tv e comunicación corporativa. Como xestora cultural foi directora xerente de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da comunicación corporativa da Fundación de los Ferrocarriles Españoles. Como escritora publicou Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas, Akal, 1981. Quen é quen no primeiro parlamento galego, EE.Xerais, 1981; Vine ví y hablé, las mujeres frente al discurso público, Ed. Auga, 2012; #taméneu, Ed. Lar Libros, 2021.Covardes, Ed. Ir Indo, 2001; Sándalo, Ed. Galaxia, 2019; Buscando a Clara, Ed. Elvira, 2019; Novelas para Julia – Libres e Vivas, Ed. Galaxia, 2020; Cobardes, Ed. Belagua, 2021.
Segundo a Lei 6/1984, de 5 de xuño, da Valedora do Pobo, esta estará auxiliada por unha adxunta en quen poderá delegar as súas funcións e que a substituirá no exercicio destas.
A Comisión de Peticións do Parlamento de Galicia propoñeralle á valedora do pobo o nomeamento da adxunta. O nomeamento e o cesamento correspóndenlle á valedora do pobo e publicaranse no Diario Oficial de Galicia
A adxunta deberá reunir as condicións establecidas no artigo 3.1 da mesma lei, gozará durante o exercicio das súas funcións de todas as prerrogativas e garantías recoñecidas no artigo 6, e estará sometida ao réxime de incompatibilidades preceptuado no artigo 7.
O Regulamento de organización e funcionamento da Valedora do Pobo preceptúa que a adxunta corresponderanlle as competencias seguintes:
Corresponderalle acordar á valedora do pobo ou a adxunta, nos supostos de delegación ou substitución, a admisión, o rexeitamento e a resolución última das queixas formuladas.
A valedora do pobo poderá en todo momento avocar para si o coñecemento, a dirección ou o tratamento de calquera queixa ou investigación.