Transparencia é a posibilidade de acceso que ten a cidadanía a toda a información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, orzamentaria e estatística das institucións e organismos públicos. A lei 1/2016, de transparencia e bo goberno de Galicia (complementaria da lei básica 19/2013) teñen por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos.
Este marco normativo prevé que información deben publicar as administracións públicas para coñecemento da cidadanía, como poden pedir as persoas información ás administracións e cales son as regras de bo goberno.
Como Valedor do Pobo promovemos a transparencia da actividade pública, velamos polo cumprimento das obrigas de publicidade, salvagardamos o exercicio do dereito de acceso á información pública e garantimos a observancia das disposicións de bo goberno na comunidade galega.
A posibilidade de creación e organización dunha institución similar ao Defensor del Pueblo recóllese no Estatuto de Autonomía de Galicia, en concreto, no seu artigo 14. Esta posibilidade fíxose efectiva a través da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo.
Pode acceder aquí a toda á información de relevancia xurídica da institución na súa versión consolidada.
Organigrama da institución do Valedor do Pobo. Descargue aquí.
Pode acceder aquí a toda á información de relevancia xurídica da institución:
Milagros Otero Parga
Pablo Cameselle Martínez
Fernando Luís de Andrés Alonso
Beatriz González Moreno
Santiago González Serrano
Submaterias que leva: emprego público
Persoa responsable: Nuria Palmero Sande
Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda
Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre
Persoa responsable: Beatriz González Moreno
Submaterias que leva: industria, gas, defensa do consumidor, comercio e turismo
Persoa responsable: José Ramón Cólera Leirado
Persoa responsable: José Ramón Cólera Leirado
Persoa responsable: Fernando Luís de Andrés Alonso
Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda
Persoa responsable: Nuria Palmero Sande
Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda
Submaterias que leva: tributos, impostos, contribución territorial e transportes, bancos, seguros.
Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre
Submaterias que leva: estradas, portos, costas, expropiación forzosa
Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre
Submaterias que leva: servizos municipais e dominio público municipal, protección civil
Persoa responsable: José Ramón Cólera Leirado
Persoa responsable: Beatriz González Moreno
Persoa responsable: Beatriz González Moreno
Submaterias que leva: administración electrónica, protección de datos, medios de comunicación
Persoa responsable: Isabel Alvite Menor
Persoa responsable: Nuria Palmero Sande
Persoa responsable: Fernando de Andrés Alonso
Persoa responsable: Cristina Fernández San Silvestre
Submaterias que leva: seguridade cidadá, tráfico e protección civil
Persoa responsable: Salvador Fernández Moreda
Persoas responsables: Beatriz González Moreno e Nuria Palmero Sande
Isabel Alvite Menor
Juan Neiro Pulleiro
María Beatriz Moltó Roibal
Gonzalo Feijóo Guillán
David Fernández Hermo
Xan Nogueira Villar
José Antonio Rama Tajes
Relación de postos de traballo: RPT (BOPG 17 de outubro de 2017): RPT 2017
A institución do Valedor do Pobo conta cunha única sede física, sita en Rúa do Hórreo 65, 15700 Santiago de Compostela.
O noso horario de atención ao público comprende mañás e tardes de 9.00-14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas de luns a venres .
O rexistro permanece aberto tamén nesas horas.
Pode contactar connosco por medio do teléfono 981 569 740. E as 24 horas na nosa páxina web.
A institución do Valedor do Pobo é cliente do Laboratorio de Radón de Galicia. Como tal, someteuse e superou con éxito un dos controis máis descoñecidos da seguridade laboral: o risco de exposición á radiactividade natural, lexislado por medio dos decretos RD 783/2001; 1439/2010 e da Instrucción IS-33/2012
Normas polas que se rixe
A Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno para a Comunidade Autónoma de Galicia, crea no seu artigo 33 o órgano colexiado “Comisión da Transparencia” adscrito á institución do Valedor do Pobo. A Comisión celebrou a súa sesión constitutiva o 10 de maio de 2016 (acta da sesión) e dispón de regulamento propio de funcionamento (descargar en pdf)
Composición
A Comisión da Transparencia está integrada na actualidade por:
A valedora do pobo, Milagros Otero Parga. Presidenta.
O adxunto do Valedor do Pobo, Pablo Cameselle Martínez. Vicepresidente.
1 vogal representante da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia, Natalia Prieto Viso. Suplente: Javier Enrique Fraga Campo.
1 vogal representante do Consello Consultivo de Galicia, Ana María López Guizán. Suplente: María José Quintana Acebo.
1 vogal representante do Consello de Contas, Isabel Torralba Mena. Suplente: Manuel José Santana Suárez.
1 vogal representante da Federación Galega de Municipios e Provincias, Lucía González Louro. Suplente: Andrés Núñez González.
Funcións
A Comisión da Transparencia é o órgano independente ao que lle corresponde a resolución das reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública.
Máis información sobre as competencias do Valedor do Pobo no control da transparencia aquí: https://www.valedordopobo.gal/o-valedor-do-pobo-organo-de-control-da-transparencia/
A valedora do pobo está asistida, para o exercicio das súas funcións, por unha Xunta de Coordinación e Réxime Interior, que celebra as súas sesións ordinarias cada mes.
A composición e funcionamento da Xunta veñen definidas polo Regulamento da institución.
Estreamos sección neste 2018 para brindar acceso ás actas das xuntas de coordinación que celebramos.
Actas das Xuntas de Coordinación
As queixas poden chegarnos de múltiples xeitos. Para poder valoralas has de ter en conta que necesitamos unha información mínima para tramitalas. Coñecer os detalles da situación suscitada, así como os teus datos de contacto permitiranos valorala e axilizar a súa resolución
O Valedor do Pobo recibe visitas de grupos organizados (colexios, asociacións…) para percorrer a súa sede e comprender mellor o seu funcionamento.
As visitas realízanse polas mañás. Contan cunha duración aproximada de 30 minutos. Os grupos non deberán superar as 20 persoas.
Durante a visita percórrense diversas estancias do edificio mentres se explica a función do valedor.
O noso compromiso coa transparencia e coas persoas é máximo.
A través desta sección tratamos de dar resposta a todas as necesidades de información máis comúns ou máis significativas sobre a nosa institución que lle poidan xurdir.
Se non atopa a información que busca ou necesita algunha aclaración adicional, non dubide en poñerse en contacto connosco na nosa sede, o noso teléfono, correo electrónico ou a través do formulario adxunto
O noso compromiso coa transparencia e coas persoas é máximo.
A través desta sección tratamos de dar resposta a todas as necesidades de información máis comúns ou máis significativas sobre a nosa institución que lle poidan xurdir.
Se non atopa a información que busca ou necesita algunha aclaración adicional, non dubide en poñerse en contacto connosco na nosa sede, o noso teléfono, correo electrónico ou a través do formulario adxunto
É o defensor do pobo de Galicia. Un alto comisionado do Parlamento de Galicia ao servizo do cidadán, para garantir, con independencia, os dereitos constitucionais e estatutarios e o principio de boa administración.
Se che negan un dereito, sénteste discriminado ou es vítima de abuso, pídenos axuda, podemos defenderte.
Defender os teus dereitos como cidadán, e investigar se a administración pública galega cometeu contigo algunha irregularidade, erro, abuso, arbitrariedade ou neglixencia.
No caso de que así sexa, pode intervir para que o órgano afectado (concello, consellería, deputación, universidade etc.) corrixa a súa actuación.
Podemos realizar tamén suxestións ou recomendacións para que os poderes públicos realicen melloras que beneficien a todos.
O Valedor do Pobo ofrece un servizo gratuíto de atención ás persoas que asiste a todo o mundo que se achega a el para realizar unha consulta ou presentar unha queixa.
Escoitamos sempre á xente que se dirixe á institución e estamos en permanente contacto con entidades que representan a colectivos necesitados de atención.
Abrimos as nosas investigacións a propia iniciativa ou a través das vosas queixas. En función destas podemos solicitar informes ás partes e emitir resolucións para corrixir actuacións das administracións galegas, en caso de ser necesario.
Como alto comisionado do Parlamento de Galicia, estamos obrigados a enviar e resumir ante o pleno da Cámara un informe anual da actividade e/ou os que con carácter extraordinario (sobre temas socialmente alarmantes) podamos emitir en cada momento.
Simplemente necesitas identificarte e describir o teu problema ben en persoa na sede da valedoría (Rúa do Hórreo número 65 de Santiago de Compostela) ou remitirnos o teu caso:
Por carta ao enderezo: Valedor do Pobo. Rúa do Hórreo 65. 15700 Santiago de Compostela.
Por fax ao número: 981 572 335.
Se nos chamas ao 981 569 740 tomaremos nota da túa reclamación.
Por correo electrónico a: valedor@valedordopobo.gal
Cubrindo o formulario dispoñible na nosa web: www.valedordopobo.gal o www.valedordopobo.com
Por medio das redes sociais, enviando unha mensaxe privada a twitter (@Valedordopobo) o Facebook (Valedor do Pobo).
O Valedor do Pobo é o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. Con este fin e en xeral co obxecto de coñecer o pleno respecto á lei e o dereito, o Valedor do Pobo supervisa de oficio ou a instancia de parte (a través dunha queixa) a actividade da administración da Comunidade Autónoma galega e dos seus entes e empresas públicas ou dependentes, así como a da administración local naquelas materias que sexan competencia da nosa autonomía.
O titular é elexido polo Parlamento de Galicia a través dunha maioría cualificada (3/5 dos membros do Parlamento) por un período de 5 anos, e exercerá as súas funcións con autonomía e segundo o seu criterio, sen atoparse suxeito a mandato imperativo e sen recibir instrucións de ningunha autoridade.
Co fin de preservar a súa independencia e imparcialidade establécese que as súas funcións son incompatibles con todos os cargos políticos ou mandatos representativos e en xeral coa actividade política; coa permanencia na administración pública; coa afiliación a un partido político ou co desempeño de funcións directivas neles ou en sindicatos, asociacións ou fundacións, ou co emprego nas mesmas; co exercicio de carreira xudicial ou fiscal; ou con calquera actividade profesional, mercantil ou laboral.
O Valedor do Pobo é unha institución que non exerce funcións de tipo coercitivo, senón unicamente de persuasión, de tal forma que a través das súas diferentes actuacións pon en xogo a súa autoridade, para orientar e corrixir as actuacións ou abstencións da administración que coñece a través dos procedementos correspondentes.