Imaxe corporativa

A Valedora do Pobo conta dende o ano 2008 cun manual propio de identidade corporativa, que fixa as pautas para utilizar os elementos básicos da identidade institucional, fixando normas para a utilización do logotipo e outros elementos propios da imaxe corporativa institucional.

Neste manual encóntranse detallados todos os elementos constitutivos da identidade visual da Valedora do Pobo e ten como obxectivo definir e normalizar a utilización e aplicación de todos eles.
 
Os elementos básicos desta identidade son o logotipo, as tipografías institucionais e a definición dos seus usos segundo o soporte necesario.
 
Este documento constitúe un manual de consulta ao servizo dos nosos colaboradores ao que se debe acudir para garantir o bo uso da nosa imaxe institucional.
 
Todalas reproducións que se fagan dos diferentes elementos do manual deben reproducir con fidelidade o orixinal e as súas posibles versións. Se producirán sempre coa mellor calidade posible adaptada ao soporte elixido.
 
Antes de utilizar algún destes elementos, rogámoslles nolo fagan saber por medio do correo electrónico comunicacion@valedordopobo.gal .