O Valedor do Pobo Ć© unha das institucións bĆ”sicas e mĆ”is emblemĆ”ticas de cantas recolle e regula o Estatuto de AutonomĆa de Galicia. No contexto dunha Comunidade Autónoma nacente, o lexislador quixo crear un mecanismo de control (figura estatutariamente relevante) dos dereitos da cidadanĆa galega e de supervisión dos defectos mĆ”is comĆŗns da administración autonómica.
O artigo 14 do Estatuto de AutonomĆa de Galicia establece: āCorrespóndelle Ć” Comunidade Autónoma a creación e organización, mediante lei do seu Parlamento e con respecto Ć” institución do Defensor do Pobo establecida no artigo 54 da Constitución, dun órgano similar que en coordinación con aquela exerza as funcións a que se refire o mencionado artigo e calquera outra que o Parlamento de Galicia poida encomendarlle”. O desenvolvemento lexislativo do artigo 14 non se iniciou ata que no mes de setembro de 1982, o entón deputado do Grupo Mixto, Camilo Nogueira RomĆ”n, presentase no Parlamento de Galicia unha Proposición de Lei para crear a figura do comisionado autonómico coa denominación de āDefensor do Poboā. O 26 de novembro dese ano, a Mesa do Parlamento aceptaba a proposición.
O 19 de decembro de 1983 viu oficialmente a luz o informe emitido pola Ponencia no que, para evitar confusións innecesarias co órgano estatal, se decidiu adaptar o nome Ô idiosincrasia galega e chamar Ô institución Valedor do Pobo.
Tras mellorarse a proposta e modificarse en Comisión, a lei foi debatida en pleno e foi aprobada por unanimidade por todos os grupos, entrando en vigor o 5 de xuño de 1984.
A aprobación do regulamento de rĆ©xime interior demorarĆase ata o ano 1997. Durante eses anos, a institución só se rexiu por unhas normas bĆ”sicas de xestión económica aprobadas pola mesa do Parlamento o 3 de xullo de 1990.
O Pleno do Parlamento de Galicia, na sesión celebrada o dĆa 30 de maio de 1990, elixiu ao primeiro valedor do pobo. A toma de posesión tivo lugar o 8 de xuƱo dese ano, Ā nun acto organizado para o efecto, ante a Mesa do Parlamento de Galicia e coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, o Defensor del Pueblo, asĆ como dos titulares das institucións semellantes das comunidades autónomas.
A pesares de que a lei reguladora do alto comisionado parlamentario fora aprobada o 5 de xuƱo de 1984, non foi ata este momento cando se iniciou o proceso encamiƱado Ć” posta en marcha da institución cunha dobre preocupación desde os seus comenzos: atender Ć”s queixas que lle Ća presentando a cidadanĆa e, en segundo lugar, conseguir unha axeitada e eficaz organización da oficina do Valedor.
Nos seus inicios, e grazas Ô colaboración do Parlamento de Galicia,  desde a toma de posesión se habilitou un espazo no Pazo do Hórreo para que o titular e o seu equipo de colaboradores cumpriran co seu desempeño. Estivo ubicado na ala frontal do actual edificio.
Para dotar Ô oficina de funcionarios, tanto o Parlamento de Galicia como a Xunta permitiron a adscrición de persoal que prestaba servizos nas súas respectivas administracións. A 31 de decembro de 1990 a institución contaba con 2 asesores, 1 xefe de servizos administrativos, 2 auxiliares e un conductor.
A institución do Valedor do Pobo quedou definitivamente consolidada tres anos despois da súa posta en marcha, cando dispuxo dunha sede propia nun edificio anexo ao pazo do Hórreo, onde estivera a farmacia militar do antigo acuartelamento e que foi acondicionado para o seu novo uso.
O proxecto de reforma foi encargado ao arquitecto ourensƔn Iago Seara.
Ao acto de inauguración asistiron numerosas personalidades como os entón conselleiros de Educación e Pesca, Piñeiro Permuy e López Veiga; José de Cora, Victorino Núñez e Antonio Carro asà como CÔndido Castiñeiras na esquina. O acto celebrouse o 14 de maio de 1993.
En mÔis de 30 anos de historia, foron 4 as persoas que dirixiron a instirución do Valedor do Pobo: José Cora, José Ramón VÔzquez Sandes, Benigno López GonzÔlez e Milagros Otero Parga.
Foi elixido Valedor do Pobo en sesión plenaria do Parlamento de Galicia o 1 de xuƱo de 1990. O 13 de xuƱo tomaba posesión como primeiro valedor do pobo, exercendo esta responsabilidade por un total de 10 anos, perĆodo no cal se inaugurou a actual sede do Valedor na RĆŗa do Hórreo, 65.
A elección deste ex-presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como primeiro Valedor do Pobo, foi o resultado dun acordo entre os dous grupos maioritarios, PP e PSdeG-PSOE, que incluĆu a designación de JosĆ© Carlos RodrĆguez e Celso Montero como vicevaledores.
Este pacto supuxo o desenvolvemento da lei que estaba pendente dende a sĆŗa aprobación en 1984. O Defensor del Pueblo, Gil Robles, actuou como padriƱo na sĆŗa toma de posesión unha semana despois. Cora recibiu no seu primeiro dĆa de traballo sete reclamacións, que se uniron a outras vinte e unha pendentes.
Na súa despecida, a CÔmara viviu unha situación nada habitual, con todos os deputados postos en pé dedicÔndolle unha longa ovación. Cora presentou o seu último informe correspondente ao ano 1999 e aproveitou a ocasión para realizar balance do traballo que despregara ao longo da década. O alto comisionado ponderou naquel momento a consolidación e o recoñecemento da institución e lamentou a pervivencia das súas denuncias mÔis habituais. Os portavoces dos tres grupos aplaudiron a súa obxectividade e recoñeceron a súa independencia no traballo realizado.
JosĆ© Ramón VĆ”zquez Sandes exerceu como Alto Comisionado do Parlamento de Galicia un lustro, en concreto foi nomeado Valedor do Pobo o 19 de febreiro de 2002 e tomou posesión o 1 de marzo dese ano. Acabou o mandato en marzo de 2006, aĆnda que exerceu un ano mĆ”is en funcións o posto pola falta de consenso na procura dun sucesor.
Benigno López GonzÔlez foi nomeado Valedor do Pobo o 17 de xullo de 2007 e tomou posesión o 22 de xullo dese mesmo ano. O 15 de maio de 2012, pouco antes de expirar o seu mandato de 5 anos, presentou a dimisión.
O  ata entón maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, converteuse no terceiro Valedor do Pobo co apoio unÔnime de toda a CÔmara. A súa toma de posesión tivo lugar durante un solemne acto celebrado no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, coa asistencia do entón presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, destacou na súa intervención a boa valoración desta figura estatutaria que pon as institucións ao servizo dos mÔis débiles.
Tras o cesamento de Benigno López GonzĆ”lez, houbo un perĆodo de interinidade no Valedor do Pobo. Por medio dunha resolución do 24 de maio de 2012, da Presidencia do Parlamento de Galicia (DOG nĆŗmero 99 do 25 de maio de 2012, pĆ”xina 19861) atribuĆu o desempeƱo das funcións de Valedor do Pobo interinamente ao que entón ocupaba o posto de Vicevaledor Primeiro, JosĆ© Julio FernĆ”ndez RodrĆguez. Este perĆodo de interinidade prolongouse ata o 2 de setembro de 2015.
Milagros Otero Parga, actual valedora do pobo, foi elixida Valedora do Pobo o 3 de agosto de 2015 nunha sesión plenaria extraordinaria do Parlamento de Galicia. Tomou posesión o 2 de setembro de 2015 do posto que ocupou ata o 23 de xullo de 2019, sendo a primeira muller valedora da historia da institución.