Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, mantivo unha xuntanza coas mulleres da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia. Coñeceu o traballo diario que ven a desenvolver esta asociación no rural da provincia de Ourense dende fai mais de 10 anos, incluso antes de constituírse como asociación no ano 2011, coas mulleres do rural. O novo programa desta asociación: X-Nosotras, dirixido a acometer unha intervención integral a muller do rural, abarca dende o apoio e asesoramento persoal, atención psicolóxica, xurídica, mediación intercultural e familiar ata medidas de orientación laboral e acompañamento na busca activa de emprego as mulleres do rural.
The comments are closed.