Victimas da violencia de xénero por Miguel A. Filgueira Bouza.

17 Setembro, 2019 falamos de feminismo

Certamente custa asumir que tantos casos, só algúns, e todos resultan intolerables, con tanta repercusión pública, esa muller tan nova primeiro desaparecida e logo achada en condicións que ben parece que revelaban que soportou o que nunca debeu pasar, ese triplo crime tan recente, non teñan a consideración, non integren as estatísticas oficiais (que quizá sexa o que menos importa pero que resulta significativo), de VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO, si, con maiúsculas.
Hai unha explicación?, claro, aínda que só legal.
A L.Ou. Nº1/2004, a de violencia, e debe lembrarse que só o Estado, o poder lexislativo central, ten competencias para definir os delitos e para deseñar a estrutura xudicial, cinguiu o concepto xurídico penal da violencia de xénero, a definición dos delitos específicos, da competencia dos Xulgados especializados, cun orzamento, a existencia dunha relación, vixente ou pretérita, matrimonial, ou de significación análoga.
Decepcionante?, claro outra vez, porque o evidente, o que é a violencia de xénero, resulta indiscutible, pero integrou un primeiro paso, só un primeiro, aínda que o foi mesmo, en moitos aspectos, pioneiro.
Esperanza?. Non pode perderse desde logo se lembramos que, sinxelamente, depende de todos, si, tamén de ti.
E ademais o camiño non terminou.
O Estado subscribiu pactos internacionais, que importante ese de Istambul, chegou a Pactos que así denomina, de Estado. Non hai tanto tempo. Todo conduce polo mesmo camiño. O que todos podemos comprender.
Falta algo?. Teño que dicir por terceira vez creo que claro, que claro que si, que resulta obvio.
Primeiro a demanda, o clamor, da sociedade, logo só que os poderes executivo e lexislativo, aténdanos, o que sen dúbida ha de suceder se se dá o primeiro. Sen dúbida ha de suceder e ademais é imprescindible.
A violencia de xénero é o que é e todos o sabemos, non chegan, xa, os conceptos pequeniños.
Pero, non nos podemos enganar, todo necesita un esforzo.
A competencia dos delitos derivados da nova definición de violencia, como corresponde, debería asumila os Xulgados especializados, sen dúbida, e se é mellor especializados, cos medios necesarios, imprescindibles, pois iso, mellor.
Pero estamos na administración dos recursos escasos… E nas condicións actuais a atribución da nova competencia colapsaría, xa do todo, os Xulgados de Violencia.
Estás disposto ao investimento en dignidade?.
Compromiso, é suficiente.

Asdo. Miguel Filgueira.
De profesión, triste por tantas cousas.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal