Unha realidade silenciada: A violencia machista institucional por Sabela Pérez Martín, finalista no TFG nos I Premios Valedora do Pobo.

03 Decembro, 2021 falamos de feminismo

INTRODUCIÓN

A violencia machista institucional é unha realidade denunciada polo movemento feminista nos últimos anos. Este tipo de violencia de xénero exercida polo Estado a través das súas institucións, goza dunha impunidade derivada da súa falta de recoñecemento na actual lexislación en materia de xénero. Este traballo pretende visibilizar esta violencia a través dunha descrición que mostra as incoherencias entre a normativa legal vixente no Estado español e as prácticas androcéntricas materializadas por unhas institucións que transgriden os dereitos das mulleres en situación de violencia machista.

O Traballo Social é unha profesión cun vínculo intrínseco entre os principios de xustiza social e de protección dos dereitos humanos, por iso as persoas profesionais desta disciplina deben coñecer a realidade á que fan fronte as mulleres que deciden apoderarse das súas vidas e iniciar a Ruta Crítica cara a súa liberdade.

 

1.        MARCO TEÓRICO

1.1.  Violencia institucional contra as mulleres

Ao longo da historia e na inmensa maioría das culturas as mulleres ocupan un lugar de subordinación nunha estrutura social xerarquizada denominada patriarcado. Celia Amorós (2005) define o patriarcado como un sistema metaestable que se adapta aos distintos momentos históricos de organización económica e social conservando a súa esencia, a asignación de poder e prestixio aos homes en relación coas mulleres. A medida que existe un maior desenvolvemento económico e social, o patriarcado mantense a través de formas máis sutís e para preservar o seu poder a coerción é substituída polaincitación (Mayobre, 2009).

Ao vivir, crecer e convivir nun sistema social e cultural discriminatorio coa metade da poboación a través dos costumes e das relacións sociais, estas naturalízanse aparentando ser un feito intrínseco ás persoas, algo que non se pode alterar nin transformar, filoxenético, “unha estrutura ancorada no terreo do simbólico e cuxo epifenómeno son as relacións sociais, as interaccións concretas entre homes e mulleres históricos1” (Segato, 2003, p. 26).

Na sociedade occidental, esta estrutura patriarcal subsiste e tradúcese a través dunha serie de violencias invisibles que por medio da linguaxe e dos instrumentos culturais, manifestan formas de dominación e mecanismos de control de poder

1 As traducións das citas textuais deste documento son de autoría propia.

 

 

(Boladeras, 2019). Esta forma de relación social supón unha serie de privilexios para os homes que se traduce en formas de violencia simbólica contra as mulleres e mediante a asignación de roles diferenciados e a creación de estereotipos, desprazan ao xénero supeditado cara o espazo privado limitando o exercicio da súa cidadanía.

Johan Galtung (1998) distingue entre tres tipos de violencia, a violencia directa que é a visible e se concreta nos actos violentos, a violencia estrutural ou institucional, aquela perpetrada polo conxunto de estruturas sociais que imposibilitan ás mulleres o acceso aos seus dereitos e a violencia cultural ou simbólica que as lexitima, sendo a base das anteriores violencias e manifestándose a través das actitudes (Boladeras, 2018).

Figura 1: Galtung. Triángulo da violencia                            Fonte: Revista Musa

 

A violencia simbólica en forma de poder lexitimado pola costume e as actitudes é o que Laura Segato (2004) chama sexismo automático, unha forma de reprodución inconsciente que opera baixo unha moral que xa non se revisa e que somete ás mulleres polo simple feito de selo. “A violencia simbólica tórnase tremendamente eficaz porque lexitima as condicións previas á violencia para que esta non se perciba como tal (…) convértese no maior aliado do patriarcado” (Adán, 2018, pp. 93-98).

O sexismo automático reprodúcese na sociedade e está inmerso nas institucións, creando unha resistencia no cumprimento dos dereitos das mulleres que se agrava ante situacións de vulnerabilidade. Este sexismo tradúcese en violencia institucional e se exerce en todos os eidos da realidade socio-política. O Estado e as súas autoridades, expresan esta violencia por medio de accións ou omisións e negando a existencia de determinadas necesidades (Bodelón, 2014).

Carole Pateman (1995) na súa obra “El contrato sexual” sinala a autores da Ilustración como Rousseau, Locke e Hobbes, creadores de “El contrato social”, como

 

 

responsables de proxectar un modelo de Estado androcéntrico, deixando fóra asmulleres e derivando os seus dereitos a unha mera prolongación aos dos homes. Nunha orde social de carácter dicotómico entre natureza/cultura, privado/público, muller/home, o papel fundamental das mulleres é manter este sistema mediante a produción da vida no eido doméstico. Nisto consiste o “contrato sexual” que na actualidade segue vixente a través de formas tácitas (Adán, 2018).

A persistencia do patriarcado moderno require dunha estrutura e institucionalidade construída a través do contrato sexual (Colanzi, 2015) onde o instrumento de dominio e sometemento máis eficaz do patriarcado é a violencia contra as mulleres que se materializa a través de diversos canles. Un deles é a violencia institucional.

A violencia machista institucional é aquela que deriva de dinámicas e procesos administrativos burocráticos nos que o Estado é directamente responsable por acción u omisión e que por si mesmos violan os dereitos humanos das mulleres quedando anulada calquera expresión emocional ou de inconformismo individual (Bodelón, 2014).

Este tipo de violencia ten unha importante carga de dimensión moral e presenta un carácter simbólico e administrativo (Pereyra, 2015). “Esta manifestación de violencia estrutural sitúase no lugar intermedio das loitas simbólicas, na fronteira entre o tolerable e o intolerable; o que é causante de sufrimento social, colectivo, grupal e familiar” (Miranda, Bezanilla e Fabiani, 2016, p.n/a).

As institucións están inmersas en estruturas socio-histórico-culturais machistas e Kaës (2004) as define como o conxunto de organizacións sociais instauradas pola lei e o costume, que regularizan as relacións interpersoais, pre-existe á persoa e permanece na psique. Así mesmo, violencia exercida polas institucións é orixinada por dinámicas e procesos burocráticos que por si mesmos atentan á dignidade das mulleres, colocándoas nun lugar de vulnerabilidade máis grave que o xerado polo seu agresor e permanecendo nunha posición de indefensión e desprotección (Miranda et al., 2016).

Esta circunstancia de desamparo na que se atopan as mulleres suscitada polas institucións que deberían protexelas, denomínase revitimización ou vitimización secundaria e a Rede de asistencia a Vítimas a define como:

 

 

“Denomínase vitimización secundaria porque pode constituírse nunha segunda experiencia de vitimización, posterior á vivencia do delito, se no contacto co sistema, o/a ofendido/a experimenta a sensación de recibir trato obxectivante; de descoñecemento da súa calidade de suxeito de dereitos; da perda de tempo e excesiva burocratización; de incredulidade por partes dos/as operadores/as do sistema e/ou simplemente se ser ignorado/a, entre outros” (2009, p. 16).

A revitimización afecta de forma especialmente grave ás mulleres en situación de violencia machista, xa que se ben os sistemas democráticos de dereito parten da premisa de que as persoas somos iguais ante a lei, este feito está lonxe da realidade (Vázquez, 2020).

As institucións do Estado español teñen a obriga de incorporar a perspectiva de xénero de xeito transversal e principal nos procesos normativos, na súa elaboración, interpretación e aplicación, na totalidade das políticas públicas e moi especialmente nos servizos prestados pola Administración e todas as súas institucións. Este proceso, complexo e obrigatorio, provén do neoloxismo mainstreaming gender que foi definido por primeira vez na IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres de Beijín de 1995. (Gil Ruíz, 2014). Esta transversalidade xa foi teoricamente incluída nas políticas europeas a partires do Tratado de Ámsterdam de 1997 no desenvolvemento e a avaliación dos procesos políticos da Unión Europea (Lombardo, 2003).

O mainstreaming debe situar a responsabilidade en todos os actores implicados, pero a súa aplicación require dunha correcta comprensión do concepto para o que é preciso a esixencia dunha planificación coordinada e a intervención de persoal experto en feminismo en todas as áreas do proceso (Adán, 2018).

A transversalidade de xénero non se está aplicando de forma satisfactoria cando existe unha realidade de violencia institucional. Gerda Lerner refire que as reformas lexislativas que promoven a igualdade son precisas pero non suficientes para lograr mellorar as condicións de vida das mulleres xa que non mudan de raíz ao patriarcado. Para que esta evolución se produza é indispensable “integrar estas reformas dentro dunha vasta revolución cultural coa finalidade de transformar o patriarcado e abolilo” (1990, p.316).

 

 

As mulleres en situación de violencia de xénero cando deciden con determinación apropiarse das súas vidas comezan un proceso que Sagot (2000) denomina a Ruta Crítica no que a resposta institucional é fundamental para concluír con éxito. Para isto, é imprescindible aplicar unha perspectiva interseccional de xénero en todas as intervencións para que as mulleres vexan aumentadas as súas posibilidades de recuperación, teñan garantida a protección da súa integridade e a das súas crianzas, atopen o apoio e os recursos precisos para poder rematar coa relación de violencia (Vázquez, 2020).

Nesta Ruta Crítica cara á liberdade, as mulleres que deciden denunciar ao seu agresor, deben de enfrontarse a un duro proceso no que a intervención de todos os axentes van influír notablemente no seu futuro e no seu benestar, incluso na súa supervivencia.

Contrariamente e apesares do esforzo no artellamento e implementación de leis e políticas cara a consecución da equidade formal de xénero, a xustiza segue sendo un reflexo da sociedade e as leis polas que está regulada, foron deseñadas por homes e de xeito androcéntrico. Nunha sociedade marcada por unha cultura machista, racista e heteronormativa, a Administración de Xustiza e as resolucións que emanan desta, continúan sendo o reflexo dos intereses e problemas dos homes, o que convirte o sistema xurídico nun cimento fundamental na preservación do patriarcado (Vázquez, 2020).

A cultura do machismo e toda esa estrutura simbólica que a asenta e a lexitima, está presente na sociedade e na forma de relacionarse das persoas que a compoñen. A pesares de que os contidos formais dos dereitos das mulleres avanzan, o certo é que na práctica a violencia de xénero segue vixente nas rúas e nunhas institucións incapaces de por freo á sucesións de feminicidios que engrosan día a día unhas cifras que soamente amosan unha parte da realidade da violencia machista (Lagarde, 2006).

1.2.  Marco lexislativo

A pesares de que a violencia institucional contra as mulleres é un feito que se reproduce acotío no Estado español, non existe unha lexislación específica que recoñeza e regule esta situación. A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero que se aplica nos xulgados de violencia sobre a muller, alude esta circunstancia. A Lei 11/2007 do 27 de xullo galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero vai un paso máis aló resolvendo dúas importantes eivas da Lei estatal, a aplicación do concepto da violencia

 

 

machista ao vasto espectro que abarca ampliando a súa definición máis aló do eido da parella ou ex-parella e o de superar o marco da denuncia previa para o acceso a servizos e prestacións. Aínda que non describe a realidade de violencia institucional fai alusión ao concepto de revitimización no seu artigo IV.

No eido europeo e internacional, este concepto está desenvolvido en diversas leis e declaracións. A única definición de violencia institucional recollida a nivel internacional é a da Lei Xeral de Acceso das Mulleres a unha Vida Libre de Violencia de México no seu Capítulo IV, que a define como:

“os actos ou omisións das e dos servidores públicos de calquera orde de goberno que discriminen ou teñan como fin dilatar, obstaculizar ou impedir o goce e exercicio dos dereitos humanos das mulleres así como o seu acceso ao desfrute de políticas públicas destinadas a previr, atender, investigar, sancionar e erradicar os diferentes tipos de violencia” (Art. XVIII).

Esta norma nace do fervor crecente do feminismo en México e foi elaborada por un grupo de mulleres, entre elas Marcela Lagarde, empregando unha exquisita perspectiva de xénero. O seu nome que alude á liberdade en lugar da violencia é a presentación dunha lei cun enfoque feminista potente que coloca os dereitos das mulleres en primeiro plano.

Na Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller da ONU de 1993, especifícase: “entenderase que a violencia contra a muller abarca (…) a violencia física, sexual e psicolóxica perpetrada ou tolerada polo Estado, en calquera lugar que ocorra” (Art. II). Nesta mesma Declaración, a ONU especificou que “os Estados deben condenar a violencia contra a muller e non invocar ningunha costume, tradición ou consideración relixiosa para eludir a súa obriga de eliminala” (Art. IV).

Na IV Conferencia Mundial sobre a Muller (1995) con representación do Estado español, nace a Declaración de Beijing que recoñece os dereitos humanos da muller como inalienables e como parte integrante e indivisible dos dereitos humanos universais.

A lexislación europea tamén recolle referencias á responsabilidade dos Estados con respecto ao cumprimento dos dereitos das mulleres e a loita contra as violencias machistas no Convenio do Consello de Europa, do 11 de maio de 2011, sobre prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica (Convenio de Estambul) que supón un importante instrumento de carácter vinculante a nivel europeo. Na Directiva

 

 

2012/29/UE pola que se establecen normas mínimas sobre os dereitos, o apoio e a protección das vítimas de delitos, inclúese unha referencia directa á violencia institucional e os procesos de revitimización que sofren as mulleres en situación de violencia machista “esíxese que as/os profesionais que traten coa vítima antes do proceso penal, durante ou despois deste, teñan unha formación especializada para facilitar o trato e evitar así situacións de vitimización secundaria” (Art. LVII).

1.3.  Revitimización. Mitos e estereotipos da violencia machista

A revitimización á que se ven expostas ás mulleres durante a Ruta Crítica susténtase en mitos e estereotipos que entornan a violencia machista. Estes mitos son crenzas estereotípicas xeralmente falsas estendidas na sociedade e fortemente arraigadas que resultan moi eficaces para minimizar, negar ou xustificar esta violencia.

Bosch e Ferrer (2012), presentan unha análise detallado sobre os mitos da violencia machista agrupados por categorías que se expoñen a continuación:

  • Mitos sobre a realidade Este grupo de mitos sitúan á violencia machista como algo pouco usual, negando o carácter universal deste fenómeno.
  • Mitos sobre os agresores que xustifican a súa violencia poñendo o foco en características persoais dese home en
  • Mitos sobre as mulleres en situación de violencia Estes mitos revitimizan ás mulleres desprazando a responsabilidade da súa situación ás súas características persoais.
  • Mitos que minimizan a importancia da violencia machista. Son crenzas que desnaturalizan e contribúen a negar a existencia deste problema

Este conxunto de crenzas non son inmunes o conxunto das institucións pero a diferenza entre unha persoa común e unha funcionaria radica na responsabilidade das mesmas en protexer os dereitos humanos das mulleres cando se atopan en situación de violencia machista. Alén diso, a súa actuación vai condicionar a futura recuperación destas mulleres ademais de determinar outros aspectos transcendentais como por exemplo a resolución da custodia das súas crianzas.

 

2.        OBXECTIVOS

2.1.  Obxectivo xeral

  • Identificar a violencia institucional cara as mulleres en situación de violencia machista durante e tralo proceso de interposición da denuncia en

 

 

2.2.  Obxectivos específicos

  • Observar, analizar e interpretar os contextos onde se produce violencia institucional contra as mulleres en situación de violencia
  • Definir as eivas existentes nos diferentes
  • Expoñer os mitos sobre a violencia machista nos diferentes axentes institucionais que interveñen no proceso de
  • Analizar o impacto e as consecuencias da violencia institucional nas mulleres en situación de violencia

 

3.        METODOLOXÍA DE INVESTIGACIÓN

Esta investigación de corte cualitativo, utiliza unha metodoloxía etnográfica que permite abordar o obxecto de estudo para comprender e interpretar unha realidade que interatúa nun amplo contexto coa finalidade de alcanzar unha visión holística do ámbito estudado (Álvarez, 2011).

3.1.  Participantes

A selección das persoas informantes no estudo foi realizada a través da técnica de mostraxe non probabilista por bola de neve e redúcese a profesionais das catro provincias galegas, tanto en zonas rurais como urbanas, implicadas no obxecto de estudo, é dicir, no proceso de denuncia das mulleres en situación de violencia machista. Ademais cóntase co relato de dúas entrevistadas que viviron en primeira persoa esta situación, mulleres sobreviventes á violencia machista.

 

Informantes                                                                                                        Número

 

–        Asesora xurídica CIM.

 

–        Psicóloga CIM.

 

–        Asesor xurídico CIM.

 

–        Avogada da quenda de oficio de violencia machista

 

–        Traballadora social CIM.

 

–        Fiscalía

I1
I2
I3
I4
I5
I6

 

 

 

I7
I8
I9
I10
I11
I12
I13
I14

 

  • Muller sobrevivente á violencia machista e educadora social

 

  • Muller sobrevivente á violencia machista

 

  • Axente de policía Vioxén

 

  • Axente de policía UFAM

 

  • Traballador Social IMELGA

 

  • Psicóloga IMELGA

 

  • Psicóloga OAVD

 

  • Xuíza quenda da garda de violencia sobre a muller

 

 

Táboa 1: Persoas informantes                                                                            Fonte: Elaboración propia

 

3.2.  Instrumentos ou técnicas de investigación

Os instrumentos e técnicas de investigación seleccionadas para realizar este estudo de campo son a entrevista en profundidade semiestruturada e a observación participante. Mediante a utilización destas técnicas preténdese coñecer a realidade do obxecto de estudo dende diversos enfoques para unha posterior análise da información máis completa.

A través da entrevista semiestruturada recóllese un relato concreto do tema que se quere tratar directamente da fonte e aínda que enriquece moito a investigación, esta información sempre estará limitada pola interferencia de diversos nesgos. Para corrixir esta carencia, utilízase a técnica da observación participativa a través de acompañamentos e o traballo de campo nun CIM, onde se recollen os datos no medio natural e en contacto cos suxeitos observados mediante un diario de campo.

3.3.  Procedemento

Debido a situación de confinamento, todas as entrevistas levadas a cabo nesta investigación foron realizadas a través de videochamadas e conversas telefónicas gravadas e transcritas integramente, exceptuando a realizada ao policía autonómico do sistema do Vioxén que foi na súa oficina. As entrevistas ao traballador social do IMELGA

 

 

e á axente de policía do UFAM non foron gravadas e a recollida da información foi realizada a través de anotacións.

Os guións das entrevistas aínda que teñen partes en común, son diferentes debido á variedade no perfil da mostra. Estes guións están divididos en varios bloques nos que se tratan diversos aspectos que afondan no obxecto de estudo: eivas e especialización profesional, revitimización, mitos e estereotipos, consecuencias da violencia institucional etc. (ANEXO I).

A observación participante realizouse nas prácticas do Grao en Traballo Social no CIM de Barbadás durante o período comprendido entre setembro de 2019 e xaneiro de 2020 que permitiu, a través da intervención social con mulleres en situación de violencia machista, coñecer as súas experiencias no proceso de denuncia. Ademais, o pasado mes de febreiro realizouse un acompañamento a unha muller que decidiu denunciar ao seu agresor na comisaría da Policía Nacional de Ourense.

3.4.  Análise de datos

Despois de realizar todas as entrevistas e da súa transcrición, así como de recoller anotacións procedentes da observación participante para analizar os datos de forma comparativa xunto coas outras fontes, procedeuse a examinar os documentos extraendo a información máis relevante en coherencia co obxectivos previamente determinados. Ademais, lévase a cabo un estudo do marco lexislativo español e galego en materia de violencia de xénero relacionando os diferentes artigos de dita normativa cos diferentes aspectos a analizar. Coa finalidade de estruturar os datos obtidos con congruencia, defínense seis apartados que fan referencia aos bloques comúns nos que se dividen as entrevistas deseñadas durante o estudo e a algúns bloques específicos segundo as características da mostra.

 

4.        RESULTADOS

4.1.  Eivas no funcionamento dos distintos servizos

A través das entrevistas realizadas pódese afirmar que existen importantes fallas nos diferentes servizos de atención de mulleres en situación de violencia machista.

A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, establece que: “As mulleres vítimas de violencia de xénero teñen dereito a SSSS de atención, de emerxencia, de apoio e acollida e de recuperación integral” (Art. XIX). En Galicia, os CIM son os servizos de referencia para as mulleres en situación de violencia machista, centros que existen en

 

 

todas as cidades e en moitas mancomunidades do rural. A pesares disto, o Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, soamente esixe a contratación dunha/un profesional da psicoloxía e unha/un asesor/a xurídico/a, sendo este un equipo incompleto xa que se require doutras disciplinas como a do traballo e a educación social para poder traballar dun xeito integral con estas mulleres e así cumprir a lei. Ademais estes servizos, sobre todo nas grandes vilas, están sobresaturados o que supón longas listas de espera, redución no tempo de intervención e imposibilidade de realizar acompañamentos.

Por outra banda, as mulleres en situación de violencia machista teñen dereito a asistencia xurídica gratuíta no momento previo á denuncia segundo o artigo 20 da Lei 1/2004 do 28 de decembro. O funcionariado das comisarías de policía ten a obriga de informar ás mulleres deste dereito xa que é un servizo imprescindible para que poidan realizar unha denuncia en boas condicións, dun xeito ordenado e coherente. Aínda que a policía entrevistada refire que as mulleres están informadas deste dereito, as/os avogadas/os da mostra manifestan que a maioría das intervencións de oficio as realizan directamente nos xulgados de instrución. Moitas veces cando as mulleres solicitan a asesoría xurídica, teñen que esperar ata tres horas na comisaría ou incluso máis:

“por premuras, que non se lle facilite pola Policía, non se lle indique de forma adecuada á muller que ten dereito a letrado antes de interpoñer denuncia, outras veces non se fai”. (I3: Avogado)

No programa Vioxén levado a cabo pola policía nacional, local e pola garda civil, existen diferentes formas de funcionamento. Mentres que a policía nacional asígnalle ás mulleres un profesional de referencia que as protexe e as acompaña, no rural a garda civil asígnalles un posto o que fai que estas mulleres non establezan unha relación de confianza coa/o profesional. Os cuarteis das vilas máis pequenas, pechan durante a fin de semana deixando as mulleres desprotexidas ante unha situación de emerxencia. Ademais, nalgúns concellos como o de Ourense, as/os funcionarias/os do programa Vioxén teñen que ir uniformadas/os o que supón tanto un estigma para a muller como unha vantaxe para o agresor que vaia quebrantar a orde de protección imposta, podendo identificar á/ao profesional.

 

 

Nos xulgados tamén existen moitas eivas; os procesos de avaliación externa aos que se someten, avalían o número de casos que se realiza en un tempo determinado e non a calidade coa que se desenvolven os mesmos. Isto sumado á sobrecarga de traballo, deriva nunha urxencia que mingua a calidade da atención forzando, nalgúns casos, uns acordos precipitados entre as partes durante a fase de instrución:

“pola propia dinámica do Xulgado de Instrución, (…) o atascamento fai que a dinámica do proceso sea a veces moi rápida, tomar a declaración á muller…tomar declaración ao agresor… sen profundizar (…) sen pararse a veces. (I3: Avogado)

Outra eiva importante detectada ao longo da investigación é a transgresión do dereito á intimidade das mulleres a través dos medios de comunicación. No artigo 34 da Lei 4/2015, do 24 de abril, do Estatuto da Vítima do Delito figura:

“Os poderes públicos fomentarán campañas de sensibilización social en favor das vítimas, así como a autorregulación dos medios de comunicación social de titularidade pública e privada en orde a preservar a intimidade, a dignidade e os demais dereitos das vítimas. Estes dereitos deberán ser respectados polos medios de comunicación social” (Art. XXXIV).

A Lei 4/2015, de 27 de abril, no título III decreta:

“Os Xuíces, Tribunais, Fiscais e as demais autoridades e funcionarios encargados da investigación penal, así como todos aqueles que de calquera modo interveñan ou participen no proceso, adoptarán, de acordo co disposto na Lei, as medidas necesarias para protexer a intimidade de todas as vítimas e dos seus familiares (…)” (Art.XXII).

A pesares do que establece o marco lexislativo do Estado español, a asesora xurídica entrevistada afirma que os propios tribunais emiten notas informativas aos medios de comunicación para que estes as publiquen o que supón, sobre todo no eido rural, un enorme estigma para as mulleres e a súa familia:

“(…) maltrato institucional, el tema de… de los medios de comunicación que sacan todo con pelos, comas y señales… (…) me llegan aquí ya diciendo que van a retirar: “(…) porque salió todo en el Faro de Vigo, porque salió no sé dónde. No quiero porque no sé qué. Fíjate que disgusto porque no vale, no sé qué… y publicaron esto…” (…) Vale? claro! lo de lo de los medios de comunicación que pero vamos a ver! Es que son los propios tribunales los que les pasan las notas informativas porque pasan calcaditos los autos, los autos

 

 

de acusación particular, la pública, digo, del Ministerio Fiscal. Entonces llega el gabinete del TSJ, que el juicio se van a celebrar en esa Audiencia provincial. Y salen todos los de violencia! calcaditos!! Fue tratada, le hizo no sé cuánto, en el taller, en el pasillo, no sé qué… Claro! Eso es horrible (…) no te ponen foto porque no, no la tienen, si no te pondrían también. (I1: Asesora xurídica CIM)

Outro servizo fundamental e a OAVD xa que supón dotar ás mulleres dun asesoramento, información e acompañamento crucial para afrontar o proceso xudicial. Aínda que no artigo 27 da Lei 4/2015 de 27 de abril, se especifica con claridade as funcións das OAVD, moitas mulleres non se benefician deste servizo xa que non existe un protocolo establecido e o apresuramento do proceso fai que as/os profesionais sexan remisas/os a derivar a este recurso.

“(…) si la jueza dice que va a iniciar el procedimiento y que va a haber una vista oral ya, nadie del personal de la oficina, ningún auxiliar ni… nadie… ningún agente eh… se atreve a llevar, (…) van a retrasar el trabajo del juez por llevar allí a la víctima. (….) Eh… eso tiene que venir de arriba, instaurado así”. (I13: Psicóloga OAVD)

“A OAVD, e neste caso… no caso da violencia contra á muller, ten unha efectividade magnífica, porque as mulleres… chegan cando denuncian con un sentimento de culpa, (…) pensan que están alí porque non superon aguantar a situación, porque non a souberon resolver, (…) non saben si realmente o que están denunciando é un delito, non o é, porque non saben o que é un delito… (. ) pero moitos profesionais… o sea… recelan desa… dese servicio… non están conformes con ese servicio e nos costa moitísimo que derive ás mulleres cando veñen que se estableza como pauta de traballo”. (I6: Fiscala)

Outra forma de revitimización identificada pola maioría das persoas entrevistadas é a da repetición do relato das mulleres durante o paso polas/os diferentes profesionais. Dende o momento da denuncia e durante o proceso xudicial, as mulleres declaran en repetidas ocasións o que supón para elas revivir reiteradamente a situación traumática que atravesan. Un xeito de reparar esta circunstancia é a utilización de métodos audiovisuais para a gravación da declaración creando unha proba preconstituída, medida reflexada no precepto 132 do eixo 3 do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Este sistema tamén corrixiría outras conxunturas revitimizadoras como son que as mulleres e os seus agresores estean na mesma sala durante a celebración do xuízo, moitas veces separadas/os

 

 

por un biombo, recurso que non impide a intimidación que produce a presenza dos agresores sobre ás mulleres. Tamén evitaría o desprazamento aos xulgados do penal das mulleres que habitan en zonas rurais e os inconvenientes que isto supón.

  • A importancia dos

Nos procesos xudiciais por violencia machista é fundamental que as mulleres dispoñan dun espazo de seguridade para elas e as súas crianzas que moitas veces as acompañan, tanto nas comisarías de policía cando se interpón a denuncia como nos xulgados. Na Lei 4/2015, de 27 de abril, o artigo 20 refire:

“As dependencias nas que se desenvolvan os actos do procedemento penal, incluída a fase de investigación, estarán dispostas de modo que se evite o contacto directo entre as vítimas e os seus familiares, dunha parte, e o sospeitoso da infracción ou acusado, da outra (…)” (Art. XX).

O artigo 22 de dita lei expón:

 

“Os Xuíces, Tribunais, Fiscais e as demais autoridades e funcionarios encargados da investigación penal, así como todos aqueles que de calquera modo interveñan ou participen no proceso, adoptarán, de acordo co disposto na Lei, as medidas necesarias para protexer a intimidade de todas as vítimas e dos seus familiares (…)” (Art. XXII).

Segundo os datos obtidos nas entrevistas, en moitas ocasións non se cumpre a lei xa que segue sen haber espazos apropiados que protexan este dereito. Durante o acompañamento realizado a unha muller na interposición dunha denuncia por violencia machista, a sala de espera era común a todas as persoas denunciantes:

“Durante as seguintes horas de espera, as/os funcionarias/os acudían á sala a preguntar á xente presente o motivo polo que estaban alí. A confidencialidade e o respecto pola intimidade das persoas na sala de espera é nula. Ademais da muller á que acompañaba, había outra muller que quería denunciar a súa situación de violencia de xénero; enterouse toda a sala.” (Estrato acompañamento)

Os espazos de encontro entre a/o avogada de oficio e as mulleres onde realizan o traballo previo á declaración nas comisarías e nos xulgados tampouco é axeitado xa que ten lugar nos corredores das instalacións.

 

 

Ademais, durante a entrevista á funcionaria da policía nacional, esta manifesta a necesidade dunha sala de espera específica para as mulleres e as súas crianzas e subliña a falta de medios específicos dispoñibles:

“Debería de haber unha sala de espera específica. Algunhas veces as mulleres están moitas horas alí e non hai medios. Moitas veces veñen cos seus fillos porque non teñen con quen deixalos e teñen fame (…) Sorte que temos unha cafetería para os traballadores e imos a comprar un bocadillo e unha botella de auga, pero temos que pagalo nós…” (I10: Policía UFAM)

A situación nos xulgados mellorou nos últimos anos pero está lonxe de ser satisfactoria existindo unha eiva entre a situación das mulleres nas capitais de provincia e no resto do territorio. Durante a fase de instrución nos xulgados de violencia contra á muller, grazas á insistencia dalgúns/as profesionais e da presión do movemento feminista, habilitáronse estancias para as mulleres sendo estas, en moitos casos, espazos claustrofóbicos e sen ventilación. O problema é máis grave nos procesos que se realizan nos xulgados de garda e nos de penal onde non existen espazos reservados para as mulleres e moitas veces atópanse co seu agresor e a familia do mesmo.

“(…) no todos los sitios están igual, depende por exemplo nas capitales de provincia ou nas provincias (…) podríamos decir que hay víctimas de primera clase y vícitmas de segunda, no? (…) hay dos espacios para la espera de las… de las mujeres que denuncian estos delitos que están sin… son enanos y sin… sin ventilación, sabes? Son dos zulos podríamos decir, enanos (…) con lo cual te digo yo la prioridad que se le da a este tema. Se le da a veces más prioridad a sentar a las, los medios de comunicación cuando vienen a grabar.” (I6: Fiscala)

É un aspecto esencial para o bo desenvolvemento dun proceso xudicial que as mulleres dispoñan deses espazos alleos á presencia do agresor, a súa familia e a/o avogada/o da defensa xa que esta presenza vai a condicionar a través da coacción directa ou indirecta a posterior actuación das mulleres e o seu estado emocional.

4.2.  Revitimización. Mitos e estereotipos da violencia machista.

Unha intervención profesional sen perspectiva de xénero está supeditada á persistencia de visións estereotipadas da violencia machista e das mulleres, así como á reprodución de mitos. Ao longo do traballo de campo reveláronse actitudes machistas

 

 

tanto nos relatos de circunstancias das que foron testemuña as/os profesionais e as mulleres entrevistadas, como nas propias declaracións dalgúns dos suxeitos da mostra. A continuación exporanse diferentes mitos da violencia machista agrupados segundo as categorías desenvoltas por Bosch e Ferrer (2012).

  • Mitos sobre os agresores:

 

“Se un home porque viu na súa casa iso toda a vida, porque o educaron nese ambiente ou por “x” cousas, por moito que lle poñas unha orde de afastamento…” (I9: Policía Vioxén)

Este xeito de concibir ao agresor como transmisor interxeracional da violencia machista resulta errado e xustifica as accións do mesmo. A violencia machista é producida pola cultura da desigualdade e non é un fenómeno illado ocasionado por vivencias concretas do maltratador na súa infancia. Aínda que nalgúns casos se poidan dar estes antecedentes, non pode establecerse unha relación causal entre un pasado de violencia e a súa reprodución actual. (Bosch e Ferrer, 2012)

  • Mitos sobre as mulleres en situación de violencia machista:

 

“E- Cuando hiciste la declaración con la jueza ¿cómo te sentiste?

I8- Siempre cuestionada (…) Solo decían que cómo era posible que: ¿y por qué usted no denunció? ¿Y cómo usted pudo convivir tantos años con una persona así, si le hacía tan mala vida o si la trataba tan mal? ¿cómo usted pudo permitir que sus hijos vivieran esta situación de violencia? ¿cómo usted pudo….?” (I8: Muller sobrevivente)

Este tipo de cuestións demostran o total descoñecemento de conceptos básicos sobre a violencia machista cun efecto tremendamente lesivo para as mulleres xa que a propia interposición da denuncia resulta para elas un proceso culpabilizador. O estado emocional no que se atopan estas mulleres limita gravemente a súa capacidade de toma de decisións. A baixa de autoestima, depresión, medo, perda de autonomía, dependencia do agresor, o síndrome de indefensión adquirida etc. asociados a outros factores como unha falta de apoio socio-familiar, dificultades económicas, sentimento de fracaso producido polas expectativas sociais sobre as mulleres etc. fan que estas naturalicen a situación ou incluso non a recoñezan. Esta serie de circunstancias explican a demora na interposición da denuncia que en moitos casos nunca chega a producirse.

 

Unha realidade silenciada: A violencia machista institucional 1

 

  • Mitos que minimizan a impo1iancia da violencia machista:

“Al apaiiarse las mujeres del procedimiento, que suelen ser vai·ios, de vai·ios agresores, (…) y eso debe… ayudarla, pues le pe1judica porque se crea el estereotipo de “Bueno, a ver… esta mujer no está diciendo la verdad, ya son muchos lo que… ha denunciado” las denuncias falsas… Otro estereotipo (…) es cuando generalmente ellas tienen un procedimiento de divorcio(…) porque están viviendo situaciones totalmente conflictivas, o porque el propio divorcio genera esa situación conflictiva,(…) se utilizaba en el ámbito judicial y jurisdiccional como un elemento para decir: “bueno, esta mujer está utilizando el procedimiento de violencia pai·a divorciarse, entonces utiliza este instmmento pai·a conseguir más ventajas en el procedimiento de divorcio”. (16: Fiscala)

Esta testemuña é un exemplo de como mlha falla na fonnación e perspectiva de xénero produce que as/os profesionais neguen situacións de violencia machista e responsabilicen ás mulleres de provocai· a situación ou mesmo de mentir.

Durante as entrevistas realizadas persiste a afnmación por pa1ie das/os profesionais do!MELGA e das forzas e c01pos de seguridade da existencia das chainadas “denuncias falsas” por violencia de xénero coa finalidade de adquirir mlha prestación ou desfmtai· de vantaxes en medidas civís. Esta inf01mación, ademais de desvirh1ai· gravemente a realidade da violencia machista e colocai· ás mulleres no rol da falsidade, demostra un total descoñecemento do funcionamento xudicial xa que se confunde o sobresemento, o ai·quivo ou a retirada das denuncias, coa falsidade das mesmas. Como se pode comprobai· na gráfica que se mostra a continuación con datos recollidos pola Fiscalía Xeral do Estado no período comprendido entre os anos 2009 e 2018, as denuncias falsas representan unhas cifras ÜTisorias que supoñen mlha media do 0,0069% sobre o total de denuncias por violencia machista.

 

 

0,014

0,012                                                  0,01

0,01       0,0081

1
1

0,008

0,013

 

0,011

0,012

 

 

 

0,0076

 

 

0,006

0,004

0,002

o

0,006

°i 1

0,004

1

 

 

 

0,00059

 

2009          2010           2011

2012

2013

2014

2015           2016

2017

2018

 

 

Figura 2: Condena denuncias falsas violencia de xénero                                                      Ponte: Elaboración propia

 

 

Aínda que existen tráxicas evidencias de que entre as violencias machistas máis graves se encontra a violencia vicaria, cando se incide na cuestión relativa ao dereito dos pais agresores á custodia das súas crianzas, as persoas profesionais do IMELGA fan referencia ao SAP, síndrome que carece de validación científica pero que se utiliza de forma reiterada como argumento para ditar sentenzas de custodia en favor dos pais.

“Alineación parental? Bueno, sí, sí, no le vamos a llamar síndrome. ¿Vale? pero alienación sí, sí, sí, (…) mucha, muchísima. Yo creo que… es algo en el que el 99% de los psicólogos forenses de España estamos de acuerdo. Eh… si no es un síndrome, pues no es un síndrome, yo no tengo conocimientos para valorar… a lo mejor sí puede denominarse síndrome o no, pero que los padres y las madres instrumentalizan a sus hijos en los procedimientos de divorcio sí, mucho, muchísimo. “ (S12: Psicóloga IMELGA)

Este feito constata que existe un grave prexuízo machista contra as mulleres xa que aínda que as crianzas estean consideradas vítimas de violencia machista o certo é que segundo o CXPX en 2019 no Estado español só o 3,86% dos casos de violencia machista se resolve coa suspensión da custodia ao pai violento.

 

Figura 3: Medidas xudiciais de protección                       Fonte – Informe sobre violencia de xénero do CXPX (2019)

 

Outro mito especialmente grave é o abocado sobre as persoas profesionais expertas en xénero que son marxinadas dos procesos xudiciais pola suposta falta de parcialidade derivada da súa formación e experiencia. Este feito reflexa novamente un total descoñecemento da necesidade de aplicación da perspectiva de xénero coa finalidade última, precisamente, de acadar esa obxectividade:

“hai psicólogas do CIM que non interesamos para facer as valoracións ou os informes porque nos ven… bueno, pois o dicen abertamente ás veces que temos intoxicación coa ideoloxía de xénero, outras veces nos chaman feministas como si fóra o peor insulto (…) avogadas e avogados que dicen:

 

 

“Non e que os vosos informes non se teñen en conta porque claro, dicen que sois femnistas y que todo lo hacéis para favorecer a las mujeres.” (I2 – Psicóloga CIM)

“Nos SSSS debería de haber máis homes… así, a perspectiva sería máis imparcial con respecto ao tema da violencia de xénero…” “As profesionais do CIM… teñen un xeito de intervir, unha perspectiva con moita ideoloxía… non son imparciais…” (I10: Traballador Social IMELGA)

Outro dato moi significativo e relacionado coa cuestión anterior, é a expresión explícita das persoas profesionais do IMELGA de termos como “adoutrinamento” en formacións feministas e “ideoloxía de xénero” como un concepto negativo, sendo estes novos mitos negacionistas introducidos pola extrema dereita nos últimos anos.

“creo que hay ciertas formaciones, o sea, eso… que van más encaminadas al adoctrinamiento que a la formación. O sea… a veces es como… nosotras tenemos todos los derechos y los hombres, todos los deberes, y no creo que sea así. Yo creo que hay cosas, eh? Que… que son fundamentales y que… hay que hacer la formación, eso desde una perspectiva. Hay ciertas… a ver, ciertos colectivos que cuando dices no… es que a veces hay denuncias falsas en violencia de género, es que se ponen contra ti que dices tú ¡Dios mío! es que no se puede negar la evidencia”. (I12: Psicóloga IMELGA)

Estes mitos baseados en estereotipos que invisibilizan a violencia machista, deforman a súa realidade e supoñen unha ameaza para a aceptación do fenómeno da violencia machista como un problema social, tendo graves repercusións no tratamento das mulleres a nivel institucional.

4.3.  Unha formación insuficiente.

A formación dos axentes involucrados no proceso de denuncia de violencia de xénero é un aspecto crucial para que se respecten dos dereitos das mulleres evitando así a súa revitimización. A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, establece que:

“O Goberno, o Consello Xeral do Poder Xudicial e as Comunidades Autónomas, no ámbito das súas respectivas competencias, asegurarán unha formación específica relativa á igualdade e non discriminación por razón de sexo e sobre violencia de xénero nos cursos de formación de Xuíces e

 

 

Maxistrados, Fiscais, Secretarios Xudiciais, Forzas e Corpos de Seguridade e Médicos Forenses” (Art. 47).

A pesares desta lei aprobada fai 16 anos, todas as persoas entrevistadas afirman que existe unha carencia na formación dos axentes dos diferentes servizos que traballan coas mulleres en situación de violencia machista. Aínda que nos últimos anos se fixo un esforzo no establecemento de formación obrigatoria de persoas profesionais dalgunhas disciplinas, esta non é suficiente sendo, en moitos casos, unha cuestión de vontade persoal adquirir dita formación.

Nos SSSS especializados en violencia machista como son os CIM, a formación esixida para poder acceder aos postos de traballo é de 200 horas segundo o que establece o Decreto 130/2016, do 15 de setembro, o que resulta insuficiente para unhas/uns profesionais que son o referente de intervención con mulleres nesta situación. Ademais, coa reforma do Decreto no ano 2016, ampliáronse as competencias do servizo estendendo a atención ás persoas dependentes das mulleres usuarias (fillas/os ou maiores) e ao colectivo LGTBIQ+, feito que ademais de desdebuxar o obxecto do servizo e sobrecargalo sen modificar os requisitos mínimos de persoal, non ven acompañado dunha formación específica. Ademais á administración non esixe unha formación de reciclaxe de coñecementos o que deixa a vontade das/os profesionais a súa realización.

Existen outros servizos, como os recursos residenciais para mulleres en situación de violencia machista que están reguladas pola ORDE do 1 de abril de 1997 pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunir os centros de acollida para mulleres vítimas de malos tratos onde non figura a obrigatoriedade dunha formación específica en xénero para as/os profesionais que traballen neste tipo de centros, o que supón unha inmensa eiva na calidade da atención. Ademais, as mulleres que acoden a este tipo de centros son as que atravesan situacións máis vulnerábeis cunha feble rede de apoio e en situacións de precariedade económica, polo que precisan unha intervención integral para recuperar o dominio das súas vidas.

Os corpos e forzas de seguridade do Estado compren un papel fundamental durante todo o proceso de denuncia da violencia machista, moitas veces son a primeira figura profesional e institucional que está en contacto coas mulleres, redactan o atestado, recollen a súa declaración, fan unha valoración de risco e as acompañan durante as medidas de protección que se establezan de xeito cautelar ou mediante sentenza xudicial,

 

 

por iso a súa formación e sensibilización é fundamental. As persoas entrevistadas pertencentes a este ámbito, expoñen que existen varios cursos específicos en violencia machista ó ano pero a maioría non son obrigatorios o que implica que soamente as persoas que traballan especificamente con este colectivo e as máis sensibilizadas acudan a estas formacións.

No eido xurídico e xudicial, as carencias na formación e sensibilización do conxunto de profesionais é alarmante polas graves consecuencias que este feito pode trasladar ao desenvolvemento dun proceso xudicial. Nas entrevistas realizadas, a xuíza e a fiscala, subliñan que existe unha oferta formativa dispoñible asumida polo CXPX, pero que a formación presencial maioritariamente está centralizada nas cidades de Madrid ou Barcelona e por suposto, é unha formación voluntaria. A pesares da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro e do Pacto de Estado aprobado no 2016 que tamén inclúe medidas de formación obrigatoria para xuízas, xuíces e fiscais, non foi ata marzo do 2019 cando se modificou a Lei Orgánica 6/1985, do 1 de Xullo, do Poder Xudicial para impoñer o primeiro curso de formación obrigatorio en violencia de xénero. Nesta reforma lexislativa tamén se inclúe a creación dunha nova especialidade de Violencia Doméstica e de Xénero nos mesmos termos que as de Menores ou Mercantil, onde as xuízas e xuíces que queiran especializarse, deberán acreditar o seu coñecemento na materia. Esta medida non ten carácter retroactivo o que supón que as/os profesionais que actualmente traballan en violencia de xénero, non teñen por que especializarse.

O Colexio de Avogacía de Galicia xestiona as quendas de garda en violencia de xénero e para acceder ao seu exercicio é imprescindible realizar unha formación actualizada anualmente e impartida polo colexio. Aínda así, esta formación limítase a aspectos xurídicos deixando de lado a sensibilización das/os profesionais nesta materia. No acompañamento que se realizou no transcurso desta investigación a unha muller que denunciou a súa situación de violencia na comisaría da policía nacional de Ourense, a avogada da quenda que a atende, mostra un total descoñecemento da perspectiva de xénero:

“aparece a avogada. Grita no corredor que vén a atender a unha vítima e que non sabe quen é (…) Pediulle á denunciante que lle explicara o sucedido(…) Non lle deu ningunha recomendación (…) non entendía a historia. Refería á denunciante: “se tiñas medo da túa parella, por que non te fuches da casa?” ou “Cando te gritaba, ti tamén gritabas?” (Estrato acompañamento)

 

 

Outra gran eiva no sistema é a falta de especialización das/os profesionais do IMELGA. Este equipo formado por unha/un profesional da medicina, da psicoloxía e do traballo social, carece de formación en perspectiva de xénero xa que son profesionais que accederon a esta praza a través da lista de contratación da Xunta de Galicia ou do concurso de traslados entre persoal fixo. As/os profesionais deste servizo realizan valoracións ás mulleres na procura da secuelas físicas, psicolóxicas e sociais. As secuelas físicas son unha evidencia pero para facer unha correcta valoración das chamadas “pegadas psicosociais” da violencia machista, é imprescindible contar cunha formación especializada en xénero. Estas valoracións van seguidas dun informe que resulta determinante no proceso xudicial.

Nas OAVD dos xulgados que constan dunha/un profesional da psicoloxía e do traballo social, existe o mesmo problema. Estas/es profesionais accederon a praza do mesmo xeito, sen requisitos formativos específicos.

Actualmente non se está a solucionar esta evidente eiva formativa nos distintos eidos profesionais da rama xurídica e socio-sanitaria. Nos graos de traballo social, e psicoloxía da UVigo e da USC as materias de xénero son meras optativas. Soamente no Grao de Educación Social da UVigo existe unha materia obrigatoria en xénero non obstante, no mesmo grao impartido na USC esta formación é inexistente. Igualmente ocorre nas carreiras xurídicas impartidas nas tres universidades galegas que prescinden de materias dedicadas á perspectiva xurídica en xénero. Este factor que se mostra tan evidente na erradicación da violencia machista institucional carece de importancia para estes organismos educativos.

A intervención profesional con perspectiva de xénero é un requisito fundamental para unha boa praxe e imprescindíbel para evitar a revitimización das mulleres. É responsabilidade dos poderes públicos aplicar a normativa vixente para a obrigatoriedade desta formación nos distintos eidos institucionais. Polo momento, a especialización do funcionariado depende da vontade individual das persoas profesionais, traducíndose na maior parte dos casos en violencia machista institucional.

4.4.  Consecuencias da violencia machista institucional.

As consecuencias da violencia machista institucional sobre as mulleres supoñen un serio retroceso na súa recuperación que é un proceso xa en si mesmo moi complexo. A psicóloga do CIM entrevistada, engade ademais que as mulleres que se enfrontan á

 

 

violencia machista institucional poden presentar unha serie de manifestacións psicolóxicas e físicas graves como depresión, crise de ansiedade, trastornos psicosomáticos, estrés postraumático, ideacións e tentativas suicidas e incluso nos casos máis extremos, pode levar á morte.

Outro efecto devastador da violencia machista institucional é que as mulleres que sofren esta desprotección, deixan de confiar no sistema e en todas as institucións que o compoñen renunciando a exercer o seu dereito a asistir aos servizos especializados para a súa recuperación ou retirando a denuncia para non prolongar esta tribulación. En moitos casos esta renuncia supón que as mulleres, ao non restablecer a súa situación, poidan retomar a súa relación co agresor ou iniciar unha nova relación de violencia.

“(….) é unha traba y para o seu proceso de recuperación (…) é un paso non, 25 pasos para atrás… no proceso de recuperación dunha… dunha muller a maiores, a desconfianza sobre o sistema, a desconfianza sobre o resto das institucións. É dicir, veño ao CIM pero xa sei que non me vas a solucionar nada (…) o único que quero é estar tranquila… e… olvidarme e que esto se acabe todo e esto impide a súa recuperación a todas luces (…) Entón é entender ademais que dunha situación de violencia, hai que recuperarse a unha misma… eso é moi difícil de entender por parte das mulleres… Eh… si o sistema xa as maltratou (…) vai ser moi difícil, moito máis complicado recurperar a esa muller (…) un sistema que as traicionou… e que ela xa viu as eivas.” (I5: Traballadora Social CIM)

“(…) mi recuperación fue de la primera relación a la segunda no trabajé nada de… de… lo que fueron las secuelas de violencia, porque me alejé totalmente de la red de violencia. No… no quería sentirme otra vez juzgada como me había sentido en un primer recurso y… y eso hizo que no… que no siguiera buscando ayuda, (…) caí en otra… en otra relación con… con otro agresor. (…) Entonces tuvo una repercusión enorme la… lo que me pasó en la primera para… y el… el alejarme tanto y… y las denuncias, pues el directamente con este juez que… que me juzgara de esa manera, pues me hundió bastante (…) se me quitaron todas las ganas ya de de realmente volver a… volver a un juzgado y volver a declarar delante de un juez, (…) lo recordaba con mucho sufrimiento. (I7: Muller sobrevivente)

 

 

Cando neste proceso crítico para as mulleres existen menores de por medio, a situación complícase xa que, a pesares de que o artigo primeiro da Lei Orgánica 8/2015 de 22 de xullo, de modificación do sistema de Protección á Infancia e á Adolescencia recoñece ás/os menores como vítimas directas de violencia machista obrigando á xudicatura e os tribunais a pronunciarse expresamente sobre as medidas cautelares que lles afectan e podendo suspender o réxime de visitas, a realidade é que moitas veces prima o dereito dos pais agresores sobre o principio de interese superior da/o menor. Esta situación coloca ás mulleres nunha situación que as culpabiliza enormemente debido á desprotección a que , en moitas situacións, se enfrontan as súas crianzas.

“E: Se volveras atrás volverías a interpoñer a denuncia?

 

S8: Que va, que va No, no, no, no. Ni loca, ni loca, ni loca. No, no, yo lo que están viviendo mis hijos y que mi hijo me tenga que decir: “es que tú te has librado y yo no ¿Por qué me haces esto? ¿porque me obligas a ir?” Y eso, eso te parte el alma, (…) Pf. es que cuando estaban en casa por lo menos los defendía, ¿sabes? Pues los encerraba en una habitación y no les tocaba. Pero ahora ¿Quién los defiende? Nadie, Es que nadie, no sé. Yo no, no denunciaría. Vamos, quitaría la denuncia, pero… pero. al vuelo, al vuelo. Y lo tengo dicho muchas veces y ojalá me hubiera matado, que por lo menos él estaría en el Pereiro y mis hijos estarían libres, sin tener que estar padeciendo todo lo que él les hace”. (I8: Muller sobrevivente)

Como se pode apreciar nas diferentes testemuñas expostas, as transgresións ós dereitos das mulleres en forma de violencia machista institucional ameazan a saúde mental e física das mesmas e as poñen en risco ao verse abocadas a novas situacións de perigo.

 

5.        CONCLUSIÓNS.

A violencia machista institucional é aquela violencia estrutural sostida por unha cultura patriarcal que o Estado tolera e/ou perpetra a través de omisións ou neglixencias cometidas polas súas institucións. Estas accións veñen derivadas das continuas transgresións a unhas políticas públicas que asemade silencian esta circunstancia tendo

 

 

como resultado a vulneración dos dereitos das mulleres en situación de violencia machista, feito que infire na revitimización das mesmas.

 

 

 

Figura 4: Violencia machista institucional                                         Fonte: elaboración propia

 

Esta é unha realidade á que se ven expostas as mulleres galegas en situación de violencia machista cando acceden aos diferentes servizos públicos. Aínda que esta violencia é perpetrada en primeira orde polas persoas funcionarias das diferentes institucións, ven derivada en última estancia da pasividade do Estado ante esta vulneración dos dereitos das mulleres.

O labirinto institucional co que tropezan as mulleres e os diferentes obstáculos aos que se enfrontan ao seu paso por múltiples profesionais e institucións fai que moi probablemente, sexa de maneira consciente ou inconsciente, se enfronten á unha ou varias vulneracións dos seus dereitos.

Esta evidencia que se revela na cotiandade, non se contempla no marco xurídico do Estado español e aínda que inclúe referencias á revitimización, non fai alusión á violencia institucional ao igual que exclúe, evidentemente, á violencia machista institucional. Este feito non é un acto trivial xa que “o que non se nomea non existe” e nun intento por non asumir a súa responsabilidade, os poderes públicos a minimizan a través da súa ocultación.

 

 

A pesar de que a Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, foi pioneira a nivel internacional e colocou ao Estado español como un referente en lexislación en materia de xénero definindo e visibilizando a violencia machista como un problema social, pasados máis de 15 anos da súa aprobación, esta lei non se aplica na súa totalidade

Posteriormente entraron en vigor outras leis e normativas como a Lei 4/2015 do 27 de abril, e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero (2017) cun contido amplo de medidas dirixidas a paliar deficiencias en todas as áreas, máis concretamente na Ruta crítica á que se enfrontan as mulleres no proceso de denuncia da situación de violencia machista. A pesares dos sutís avances reportados por estas melloras lexislativas, o certo é que moitos elementos do seu contido non pasan de ser, ao menos polo momento, meras declaracións de intencións.

Para a súa efectividade, é necesaria a implicación e compromiso dos gobernos a todos os niveis que teñen a obriga de implementar plans, protocolos e medidas específicas para que, a través das institucións, se cumpran todos os preceptos das diversas leis coa finalidade do efectivo amparo e protección das mulleres en situación de violencia machista.

Certo é que existen profesionais nos diferentes servizos de atención ás mulleres que desenvolven unha ardua labor na procura de solucións ás diversas eivas institucionais que confrontan na súa labor profesional en detrimento dos dereitos das mulleres, mais a realidade é que isto depende da vontade persoal destas/es profesionais e non de directrices impostas polos poderes públicos. Por isto mesmo, é preciso recalcar que é unha responsabilidade institucional evitar este sometemento á dobre discriminación ao que se ven abocadas as mulleres.

Dito isto, as fallas do sistema na aplicación das diversas leis e demais normativas repercuten no desenvolvemento da atención directa as mulleres, feito que se traduce no comportamento neglixente das persoas funcionarias dos servizos públicos. A asunción de visións mitificadas e estereotipadas da violencia machista derivadas da falla formativa dirixida aos diversos axentes, as eivas nos diferentes servizos e a resistencia destas institucións a ofrecer espazos específicos para as mulleres, tradúcese nunha violencia machista institucional que infire na revitimización das mesmas e que deriva en serias consecuencias.

 

 

Os efectos desta violencia machista institucional poden recrear unha espiral de revitimización cunha prognose fatídica. Tras unha primeira vivencia de dobre vitimización, as mulleres deixan de crer na efectividade do sistema desistindo do apoio de persoal especializado en violencia de xénero o que pode supoñer o establecemento de novas relacións de violencia. Esta conxuntura pode ser interpretada de forma estereotípica polas persoas profesionais desacreditando de novo a situación de violencia.

Figura 5: Espiral da violencia institucional                               Fonte: Elaboración propia

 

Por todo isto, as persoas profesionais do Traballo Social xunto con outras/os profesionais das diversas disciplinas do eido social, están na obriga de esixir unha formación continua en perspectiva feminista ás institucións nas que exercen a súa profesión ou nas que adquiren as titulacións. Esta é unha cuestión imprescindible para realizares un correcto desenvolvemento das intervencións respectando, protexendo e reivindicando os dereitos das mulleres. Tamén é esencial poñer en práctica un exercicio de autocrítica que permita a mellora progresiva na calidade da atención ás mulleres evitando así a súa revitimización.

 

 

6.        BIBLIOGRAFÍA.

 

Adán, Carme. (2018). Feminicidio, Vigo: Galaxia.

 

Álvarez, Rosa. (2009). La investigación etnográfica: una propuesta metodológica para Trabajo Social. Revistas Científicas y Arbitradas de la UNAM, (20), 73-97.

Amorós, Celia. (2005). La gran diferencia y sus pequeñas consecuencias… para la lucha de las mujeres. Madrid: Cátedra.

Bodelón, Encarna. (2014). Violencia institucional y violencia de género. Anales de la Cátedra Francisco Suárez. 48(131-155).

Boladeras, Margarita. (2019). Violencia Institucional por incumplimiento de derechos.

Musas, vol. 4(1), 60-67.

 

Bosch-Fiol, Esperanza e Ferrer-Pérez, Victoria. (2012) Nuevo mapa de los mitos sobre la violencia de género en el siglo XXI. Psicothema , 24(4), 548-554.

Colanzi, Irma. (2015). (Per)versiones del patriarcado: mujeres y violencia institucional.

Derecho y Ciencias Sociales. 12, (8-32).

 

Consejo General del Poder Judicial. (2019). Informe anual sobre violencia de género. file:///C:/Users/sabel/Downloads/Violencia%20sobre%20la%20mujer%20% 20-%20Informe%20Anual%20de%202019%20(2).pdf

Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento. Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 188, de 3/10/2016.

Directiva 2012/29/UE del Parlamento Europeo y del Consejo de 25 de octubre de 2012 por la que se establecen normas mínimas sobre los derechos, el apoyo y la protección de las víctimas de delitos, y por la que se sustituye la Decisión marco 2001/220/JAI del Consejo. Diario Oficial de la Unión Europea L315/57, 18.11.12.

Fiscalía General del Estado. (2009). Memoria de la Fiscalía General del Estado 2009. https://www.elconfidencialdigital.com/media/elconfidencialdigital/files/201 9/06/28/MEMFIS18.pdf.

 

 

Galtung, Johan. (1998). Tras la violencia, 3R: reconstrucción, reconciliación, resolución. Afrontando los efectos visibles e invisibles de la guerra y la violencia. Bilbao: Gernika Gogoratuz.

Gil Ruíz, Juana. (2014). La violencia institucional de género. Anales de la Cátedra Francisco Suárez. 48, 9-16.

Kaës, René. (2004). Complejidad de los espacios institucionales y trayectos de los objetos psíquicos. Psicoanálisis APdeBA. 26, (3).

Lagarde, Marcela. (2006). Del femicidio al feminicidio. Desde el Jardín de Freud.

Bogotá: Universidad Nacional de Colombia, (6), 216-225.

 

Ley General de acceso de las mujeres a una vida libre de violencia (1/02/2007). https://www.cofemer.gob.mx/LGAMVLV.pdf

Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Boletín Oficial do Estado, 313, de 29 de decembro.

Lei Orgánica 8/2015 de 22 de xullo, de modificación do sistema de Protección á Infancia e á Adolescencia. Boletín Oficial do Estado, 175, de 23 de xullo.

Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Diario Oficial de Galicia, 152, de 7 de agosto de 2007.

Lei 4/2015, de 27 de abril, do Estatuto da vítima do delito. Boletín Oficial do Estado, 101, de 28 de abril de 2015.

Lerner, Gerda. (1990). La creación del patriarcado. Barcelona: Crítica.

 

Lombardo, Enmanuela. (2003). El mainstreaming: la aplicación de la transversalidad en la Unión Europea. Aequalitas: Revista jurídica de igualdad de oportunidades entre mujeres y hombres. (13), 6‐11.

Mayorbe, Pilar. (Setembro de 2009). Micromachismos invisibles, los otros rostros del patriarcado. “Miedos, culpas, violencias invisibles y su impacto en la vida de las mujeres: ¡A vueltas con el amor!” VI Congreso Estatal de Isonomía sobre Igualdad entre Mujeres y Hombres. Universitat Jaume I, Castellón de la Plana.

 

 

Ministerio da Presidencia, Realcións coas Cortes e Igualdade. (2019). Documento refundido de medidas del Pacto de Estado en materia de violencia de género. https://violenciagenero.igualdad.gob.es/pactoEstado/docs/Documento_Refu ndido PEVG 2.pdf

Miranda, Amparo; Bezanilla, Manuel e González, Humberto. (2016). Violaciones graves a derechos humanos: Violencia institucional y revictimización. Cuadernos de crisis, (15), 2.

Nacións Unidas. (1993). Declaración sobre la eliminación de la violencia contra la mujer

 

https://www.ohchr.org/sp/professionalinterest/pages/violenceagainstwomen. aspx

Nacións Unidas. (1995). Informe de la IV Conferencia Mundial sobre la Mujer. (96.IV.13).

https://www.un.org/womenwatch/daw/beijing/pdf/Beijing%20full%20report

%20S.pdf

 

Orde do 1 de abril de 1997 pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunilos centros de acollida para mulleres vítimas de malos tratos.. Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 96, de 25 de abril 1997.

Pateman, Carole. (1995). El contrato sexual, Barcelona: Anthropos.

 

RAV- Red de Asistencia a Víctimas, REV (2009). Manual de capacitación en temas victimológicos para profesionales, técnicos y funcionarios policiales de la Red. Santiago de Chile: Ministerio de Interior

Sagot, Montserrat (2000). La ruta crítica de las mujeres afectadas por la violencia intrafamiliar en América Latina. Programa mujer, salud y desarrollo, (99- 102).

Segato, Rita (2003). Las estructuras elementales de la violencia. Ensayos sobre género entre la antropología, el psicoanálisis y los derechos humanos. Buenos Aires: Universidad Nacional de Quilmes.

Vázquez, Iria (coord.): Cómplices. A violencia machista institucional, Vigo: Galaxia.

 

 

7.        ANEXOS Entrevista tipo 1 – Fiscalía

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

  1. Por favor, preséntese a nivel profesional e describa a súa

 

Bloque 2 – Eivas e especialización profesional.

 

  1. En que consiste o traballo cotiá na especialidade de violencia sobre as mulleres?
  2. As/os fiscais desta especialidade teñen que ter un perfil ou cumprir uns determinados requisitos?
  3. Con que problemas se atopa á hora de levar a cabo o seu exercicio profesional?
  4. Como cre que se poderían solucionar estas eivas?

 

Bloque 3 – Procedemento xudicial.

 

  1. Por favor, explique o procedemento xudicial ao que se enfronta unha muller que decide denunciar unha situación de violencia
  2. Cre que se debe proceder a unha reforma estrutural da Lei de Axuizamento Criminal?

Bloque 4 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Que é para vostede a violencia machista institucional?

 

 

  1. Nos procesos xudiciais nos que están inmersas as mulleres en situación de violencia machista, observa violencia machista institucional? Pode poñer algún exemplo?
  2. Cre que algunha ou algún das súas compañeiras/os reproduce violencia machista institucional contra as mulleres?
  3. Como se produce esta violencia machista institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nas figuras mencionadas anteriormente?
  4. Cre que os espazos nos Xulgados (sala de espera, corredores, sala de xuízos etc.) respectan os dereitos das mulleres? Existe intimidade?
  5. Como cre que este feito lles afecta ás mulleres con respecto ao procedemento xudicial?

Bloque 5 – Consecuencias da violencia machista institucional na sentencia xudicial.

 

  1. Cales cre que son as repercusións da violencia machista institucional ou máis ben dos estereotipos e prexuízos que poden darse por parte da xudicatura, fiscalía e avogacía nas sentenzas xudiciais?
  2. Existen diferencias entre os Xulgados específicos en violencia machista e os ordinarios? En que se poden contemplar?

Bloque 6 – Solucións á violencia machista institucional.

 

  1. Cal pode ser a solución á violencia machista institucional?
  2. Cre que é suficiente a formación esixida ás/aos profesionais do eido xurídico en materia de violencia machista?
  3. Que aspectos teóricos e metodolóxicos cre que ten que dispoñer unha/un profesional para poder intervir satisfactoriamente?
  4. Ademais da sensibilidade e do coñecemento dos aspectos teóricos da violencia machista a través da formación, cre que se volve inevitable a violencia institucional debido á natureza do seu proceso? Por que?

 

 

Entrevista tipo 2 – Muller sobrevivente á violencia machista

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

Bloque 2 – Presentación

 

  1. Describa a grandes trazos a situación de violencia a que se enfrontou e o elemento que desencadeou a denuncia contra o seu

Bloque 3 – Proceso de saída da situación de violencia machista.

 

  1. Despois de tomar a decisión de romper coa relación de violencia, a que recurso acudiu?
  2. Coñecía os dispositivos dirixidos ás mulleres en situación de violencia?

 

Bloque 4 – Proceso de denuncia.

 

  1. Por favor, explique o proceso ao que se enfrontou cando denunciou ao seu
  2. Como se desenvolveu a súa denuncia? Tivo acceso a un profesional da quenda de garda da avogacía no momento da denuncia?

Bloque 5 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Que é para vostede a violencia machista institucional cara as mulleres?
  2. No proceso xudicial ao que se enfrontou pensa que se cometeu violencia machista institucional contra vostede?
  3. E na comisaría?
  4. Pode describir estas situacións de violencia machista institucional que sufriu?

 

 

  1. Cre que os espazos nos Xulgados (sala de espera, corredores, sala de xuízos etc.) respectan os dereitos das mulleres? Existe intimidade?

Bloque 6 – Consecuencias da violencia machista institucional na sentencia xudicial.

 

  1. Como cre que puido influír os prexuízos, mitos e estereotipos machistas por parte dos diferentes axentes intervintes no proceso de denuncia na sentenza xudicial?
  2. Cales cre que son foron as repercusións da violencia machista institucional na súa recuperación?
  3. Cre que esta vitimización secundaria supuxo para vostede unha vitimización terciaria (revitimización por parte do seu contexto social)?
  4. Se puidera volver atrás, tería interposto a denuncia contra o seu agresor?

 

Bloque 7 – Solucións á violencia machista institucional.

 

  1. Que cousas cre que teñen que cambiar no sistema para que a experiencia das mulleres en situación de violencia estean protexidas polas institucións?

 

 

Entrevista tipo 3 – Profesionais da avogacía da quenda de oficio de violencia.

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

Por favor, preséntese a nivel profesional e describa a súa actividade

 

Bloque 2 – Eivas e especialización profesional.

 

  1. Que é a quenda de garda de violencia de xénero?
  2. Que requisitos teñen que presentar as/os profesionais desta quenda?
  3. Cre que existen eivas no funcionamento destas quendas de oficio? Cales?
  4. Como cre que se poderían solucionar estas eivas?

 

Bloque 3 – Proceso de denuncia.

 

  1. Por favor, explique o proceso ao que se enfronta unha muller que decide denunciar unha situación de violencia
  2. Cales son os aspectos fundamentais que debe de conter a declaración dunha situación de violencia de xénero? Para que esta se leve a cabo correctamente, cales son os pasos precisos a realizar?
  3. Cando se soe producir a solicitude da profesional da avogacía da quenda de garda, antes ou despois da denuncia? Se é despois, cal cres que é o motivo?
  4. Diría que hai situacións nas que non é recomendábel proceder á interpoñer unha denuncia contra o agresor? Por que?

 

 

Bloque 4 – Violencia machista institucional – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Que é para vostede a violencia machista institucional cara as mulleres?
  2. Nos procesos xudiciais nos que están inmersas as mulleres en situación de violencia machista, observa violencia machista institucional?
  3. Nas comisarías cre que se produce?
  4. Cre que algunha ou algún das súas compañeiras/os reproduce violencia machista institucional contra as mulleres as que defende?
  5. Como se produce esta violencia machista institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nas figuras mencionadas anteriormente?
  6. Cre que os espazos nos Xulgados de Ourense (sala de espera, corredores, sala de xuízos ) respectan os dereitos das mulleres? Existe intimidade? Este edificio é moi recente, por que cres que non se compren os requisitos arquitectónicos para salvagardar os dereitos das mulleres?
  7. Como cre que este feito lles afecta ás mulleres con respecto ao procedemento xudicial?
  8. Cres que a cidade de Ourense precisa un Xulgado Específico de violencia de xénero?

Bloque 5 – Consecuencias da violencia machista institucional na sentencia xudicial.

 

  1. Cales cre que son as repercusións da violencia machista institucional ou máis ben dos estereotipos e prexuízos que poden darse por parte da xudicatura e fiscalía nas sentenzas xudiciais?
  2. Existen diferencias entre os Xulgados específicos en violencia machista e os ordinarios? En que se poden contemplar?

Bloque 6 – Solucións á violencia machista institucional.

 

  1. Cal pode ser a solución á violencia machista institucional?
  2. Cre que é suficiente a formación esixida ás/aos profesionais desta quenda de garda en materia de violencia machista?
  3. Que aspectos teóricos e metodolóxicos cre que ten que dispoñer unha/un profesional para poder intervir satisfactoriamente?

 

 

  1. Ademais da sensibilidade e do coñecemento dos aspectos teóricos da violencia machista a través da formación, cre que se volve inevitable a violencia institucional debido á natureza do seu proceso? Por que?

 

 

Entrevista tipo 4 – Profesionais do CIM

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

Por favor, preséntese a nivel profesional e describa a súa actividade

 

Bloque 2 – Proceso de saída da situación de violencia machista.

 

  1. As mulleres en situación de violencia machista que acoden ao CIM en que momento do proceso se atopan?
  2. Que porcentaxe aproximado diría que denuncian a súa situación? Cal cre que é o motivo polas que algunhas mulleres non denuncian?
  3. Diría que hai situacións nas que non é recomendábel proceder á interpoñer unha denuncia contra o agresor? Por que?
  4. Coa potestade (xa vixente na lei galega) que confire o Pacto de Estado aos servizos sociais en recoñecer a condición de vítima de violencia machista e o acceso a dereitos que supón esta condición, cre que segue a ser “interesante” para a vítima someterse a este proceso xudicial?

Bloque 3 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Como definiría a violencia machista institucional cara as mulleres en situación de violencia?
  2. As mulleres que acoden ao servizo detectan este tipo de violencia? En que servizos as detectan?

 

 

  1. En que eidos cre que se produce esta violencia machista institucional cara as mulleres en situación de violencia machista?
  2. Como se produce esta violencia machista institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nos distintos eidos?

Bloque 4 – Consecuencias da violencia machista institucional no proceso de recuperación das vítimas.

  1. Cales cre que son as repercusións da vitimización secundaria na recuperación das mulleres?
  2. Cre que esta vitimización secundaria supón unha vitimización terciaria (revitimización por parte do contexto social das mulleres)?

Bloque 5 – Solucións á violencia machista institucional.

 

  1. Cal pode ser a solución á violencia machista institucional?
  2. Cre que é suficiente a formación esixida nos distintos eidos para intervir de xeito correcto con mulleres en situación de violencia machista?
  3. Que aspectos teóricos e metodolóxicos cre que ten que dispoñer unha/un profesional para poder intervir satisfactoriamente?
  4. Ademais da sensibilidade e do coñecemento dos aspectos teóricos da violencia machista a través da formación, cre que se volve inevitable a violencia institucional debido á natureza do seu proceso? Por que?

 

 

Entrevista tipo 5 – Profesionais do VIOXEN.

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración. Por favor, preséntese profesionalmente.

Bloque 2 – Eivas e especialización profesional.

 

  1. Que é o protocolo VIOXEN?
  2. Que requisitos teñen que presentar as/os profesionais que traballan neste servizo?
  3. Cre que existen eivas no funcionamento deste servizo? Cales?
  4. Como cre que se poderían solucionar estas eivas?

 

Bloque 3 – Acompañamento.

 

  1. Por favor, explique o proceso de acompañamento que fai coas mulleres en situación de
  2. Cales son as medidas de protección que se poñen en marcha nunha situación de violencia machista?
  3. Cales cre que son os aspectos máis importantes a ter en conta no proceso de protección ás mulleres?
  4. Existe unha coordinación co resto de servizos (SS básicos, CIM, SEPE )?

 

Bloque 4 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Que é para vostede a violencia institucional cara as mulleres?

 

 

  1. Cre que algunha ou algún das súas compañeiras/os reproduce violencia institucional contra as mulleres? E a/os demais profesionais (avogacía, fiscalía, xudicatura, )?
  2. Como se produce esta violencia institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nas figuras mencionadas anteriormente?

Bloque 5 – Consecuencias da violencia institucional na sentencia xudicial.

 

  1. Cales cre que son as repercusións da violencia institucional poden ter para as mulleres?

Bloque 6 – Solucións á violencia institucional.

 

  1. Cal pode ser a solución á violencia institucional?

 

 

Entrevista tipo 6 – Xudicatura

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

  1. Por favor, preséntese a nivel profesional e describa a súa

 

Bloque 2 – Eivas do servizo e especialización profesional.

 

  1. En que consiste o traballo cotiá na especialidade de violencia sobre as mulleres?
  2. As xuízas e xuíces desta especialidade teñen que ter un perfil ou cumprir uns determinados requisitos?+
  3. Cre que é suficiente a formación esixida ás/aos profesionais do eido xurídico en materia de violencia machista?
  4. Que diferencias hai entre un Xulgado específico de violencia de xénero e un ordinario?
  5. Que diferencias hai entre un Xulgado específico de violencia de xénero exclusivo e un que leva outras materias penais?
  6. No rural que diferencias existen para as mulleres que denuncian a violencia de xénero con respecto ás que denuncian nas cidades?
  7. Con que problemas se atopa á hora de levar a cabo o seu exercicio profesional?
  8. Como cre que se poderían solucionar estas eivas?

 

Bloque 3 – Procedemento xudicial.

 

  1. Por favor, explique o procedemento xudicial ao que se enfronta unha muller que decide denunciar unha situación de violencia

 

 

  1. Pode explicar cando se producen os xuízos rápidos e cando non?
  2. Cre que se debe proceder a unha reforma estrutural da Lei de Axuizamento Criminal?

Bloque 4 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Que é para vostede a violencia machista institucional?
  2. Nos procesos xudiciais nos que están inmersas as mulleres en situación de violencia machista, observa violencia machista institucional? Pode poñer algún exemplo?
  3. Cre que algunha ou algún das súas compañeiras/os reproduce violencia machista institucional contra as mulleres?
  4. Como se produce esta violencia machista institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nas figuras mencionadas anteriormente?
  5. Cre que os espazos nos Xulgados (sala de espera, corredores, sala de xuízos etc.) respectan os dereitos das mulleres? Existe intimidade?
  6. Como cre que este feito lles afecta ás mulleres con respecto ao procedemento xudicial?

Bloque 5 – Consecuencias da violencia machista institucional na sentencia xudicial.

 

  1. Cales cre que son as repercusións da violencia machista institucional ou máis ben dos estereotipos e prexuízos que poden darse por parte da xudicatura, fiscalía e avogacía nas sentenzas xudiciais?

Bloque 6 – Solucións á violencia machista institucional.

 

  1. Cal pode ser a solución á violencia machista institucional?
  2. Ademais da sensibilidade e do coñecemento dos aspectos teóricos da violencia machista a través da formación, cre que se volve inevitable a violencia institucional debido á natureza do seu proceso? Por que?

 

 

Entrevista tipo 7 – Profesionais do CIM xurídico

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

Bloque 2 – Descrición da actividade profesional

 

  1. Describa a súa actividade

 

Bloque 3 – Proceso de saída da situación de violencia machista.

 

  1. As mulleres en situación de violencia machista que acoden ao CIM en que momento do proceso se atopan?
  2. Que porcentaxe aproximado diría que denuncian a súa situación? Cal cre que é o motivo polas que algunhas mulleres non denuncian?
  3. Diría que hai situacións nas que non é recomendábel proceder á interpoñer unha denuncia contra o agresor? Por que?
  4. Coa potestade (xa vixente na lei galega) que confire o Pacto de Estado aos servizos sociais en recoñecer a condición de vítima de violencia machista e o acceso a dereitos que supón esta condición, cre que segue a ser “interesante” para avítima someterse a este proceso xudicial?

Bloque 4 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Como definiría a violencia machista institucional cara as mulleres en situación de violencia?
  2. As mulleres que acoden ao servizo detectan este tipo de violencia? En que servizos as detectan?

 

 

  1. En que eidos cre que se produce esta violencia machista institucional cara as mulleres en situación de violencia machista?
  2. Como se produce esta violencia machista institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nos distintos eidos?

 

 

Bloque 5 – Consecuencias da violencia machista institucional no proceso de recuperación das vítimas.

  1. Cales cre que son as repercusións da vitimización secundaria na recuperación das mulleres?
  2. Cre que esta vitimización secundaria supón unha vitimización terciaria (revitimización por parte do contexto social das mulleres)?

 

 

Entrevista tipo 8 – Profesionais da avogacía da quenda de oficio de violencia.

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración. Por favor, preséntese profesionalmente.

Bloque 2 – Quenda de garda de violencia de xénero.

 

  1. Que é a quenda de garda de violencia de xénero?
  2. Que requisitos teñen que presentar as/os profesionais desta quenda?
  3. Cre que existen eivas no funcionamento destas quendas de oficio? Cales?
  4. Como cre que se poderían solucionar estas eivas?

 

Bloque 3 – Proceso de denuncia.

 

  1. Por favor, explique o proceso ao que se enfronta unha muller que decide denunciar unha situación de violencia
  2. Cales son os aspectos fundamentais que debe de conter a declaración dunha situación de violencia de xénero? Para que esta se leve a cabo correctamente, cales son os pasos precisos a realizar?
  3. Cando se soe producir a solicitude da profesional da avogacía da quenda de garda, antes ou despois da denuncia? Se é despois, cal cres que é o motivo?
  4. Diría que hai situacións nas que non é recomendábel proceder á interpoñer unha denuncia contra o agresor? Por que?

 

 

Bloque 4 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Que é para vostede a violencia machista institucional cara as mulleres?
  2. Nos procesos xudiciais nos que están inmersas as mulleres en situación de violencia machista, observa violencia machista institucional?
  3. Nas comisarías cre que se produce?
  4. Cre que algunha ou algún das súas compañeiras/os reproduce violencia machista institucional contra as mulleres as que defende?
  5. Como se produce esta violencia machista institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nas figuras mencionadas anteriormente?
  6. Cre que os espazos nos Xulgados de Ourense (sala de espera, corredores, sala de xuízos ) respectan os dereitos das mulleres? Existe intimidade? Este edificio é moi recente, por que cres que non se compren os requisitos arquitectónicos para salvagardar os dereitos das mulleres?
  7. Como cre que este feito lles afecta ás mulleres con respecto ao procedemento xudicial?
  8. Cres que a cidade de Ourense precisa un Xulgado Específico de violencia de xénero?

 

 

Bloque 5 – Consecuencias da violencia machista institucional na sentencia xudicial.

 

  1. Cales cre que son as repercusións da violencia machista institucional ou máis ben dos estereotipos e prexuízos que poden darse por parte da xudicatura e fiscalía nas sentenzas xudiciais?
  2. Existen diferencias entre os Xulgados específicos en violencia machista e os ordinarios? En que se poden contemplar?

Bloque 6 – Solucións á violencia machista institucional.

 

  1. Cal pode ser a solución á violencia machista institucional?
  2. Cre que é suficiente a formación esixida ás/aos profesionais desta quenda de garda en materia de violencia machista?
  3. Que aspectos teóricos e metodolóxicos cre que ten que dispoñer unha/un profesional para poder intervir satisfactoriamente?

 

 

Entrevista tipo 9 – Profesionais da UFAM.

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración. Por favor, preséntese profesionalmente.

Bloque 2 -Eivas do servizo e especialización profesional.

 

  1. Como funciona a unidade?
  2. Que requisitos teñen que presentar as/os profesionais que traballan neste servizo?
  3. Cre que existen eivas no funcionamento deste servizo? Cales?
  4. Como cre que se poderían solucionar estas eivas?

 

Bloque 3 – Proceso de denuncia.

 

  1. Por favor, explique o proceso ao que se enfronta unha muller que decide denunciar unha situación de violencia
  2. Cre que é necesaria a presenza dunha/dun profesional da avogacía no proceso de denuncia? Por que?
  3. Cal diría que é a porcentaxe aproximada de mulleres que demandan unha avogada de oficio?
  4. Cre que os tempos de espera poden ser prexudiciais para as mulleres que denuncian?
  5. Cre que os espazos están adaptados as necesidades que poden presentar as mulleres que se atopan nesta situación? Este espazo respecta a intimidade e o dereito a confidencialidade das mulleres?

 

 

  1. Diría que hai situacións nas que non é recomendábel proceder á interpoñer unha denuncia contra o agresor? Por que?

Bloque 4 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Que é para vostede a violencia institucional cara as mulleres?
  2. Nas comisarías, no momento no que as mulleres interpoñen a denuncia ao seu agresor, cre que se produce violencia institucional?
  3. Cre que algunha ou algún das súas compañeiras/os reproduce violencia institucional contra as mulleres? E as/os profesionais da avogacía?
  4. Como se produce esta violencia institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nas figuras mencionadas anteriormente?

Bloque 5 – Consecuencias da violencia institucional na sentencia xudicial.

 

  1. Cales cre que son as repercusións da violencia institucional poden ter para as mulleres?

Bloque 6 – Solucións á violencia institucional.

 

  1. Cal pode ser a solución á violencia institucional?

 

 

Entrevista tipo 10 – Profesionais do IMELGA

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración. Por favor, preséntese a nivel profesional

Bloque 2 – Eivas do servizo e especialización profesional.

 

  1. Que é o IMELGA?
  2. Que requisitos teñen que presentar as/os profesionais que traballan nesteservizo? Precisan algunha formación específica en xénero?
  3. Cre que existen eivas no funcionamento deste servizo? Cales?
  4. Como cre que se poderían solucionar estas eivas?

 

Bloque 3 – Pericia psicolóxica e social ás mulleres en situación de violencia machista.

 

  1. Como se realiza a peritaxe ás vítimas de violencia de xénero? Utilízase algún indicador de valoración obxectivo?
  2. Existe a coordinación con outro tipo de servizos (CIM, Puntos de ..)?
  3. A Lei Orgánica 8/2015, de 22 de xullo, de modificación del sistema de protección á infancia e á adolescencia considera que ás/ós menores cuxas nais son vítimas de violencia de xénero teñen condición tamén de vítimas? Cre que isto se ten en conta ao facer as peritaxes no IMELGA?
  4. A medida 204 do Pacto de Estado contra a violencia de xénero establece o carácter imperativo da suspensión do réxime de visitas en todos os casos nos que a/o menor tivera presenciado, sufrido ou convivido con manifestacións de

 

 

violencia. Cre que esta medida se ten en conta á hora de realizar as peritaxes así como nas sentencias xudiciais?

  1. Cre que prima o dereito dos e das persoas adultas sobre o principio do interese superior da ou do menor?
  2. Cree que en algunhas ocasións existe alienación entre as nais ou os pais e as súas crianzas?
  3. Cre que os espazos están adaptados as necesidades que poden presentar as mulleres que se atopan nesta situación?

Bloque 4 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Que é para vostede a violencia institucional cara as mulleres?
  2. Cre que algunha ou algún das profesionais do IMELGA reproduce violencia institucional contra as mulleres? E as/os profesionais do eido xudicial?
  3. Como se produce esta violencia institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nas figuras mencionadas anteriormente?

Bloque 5 – Consecuencias da violencia institucional na peritaxe.

 

  1. Cales cre que son as repercusións da violencia institucional como pode ser unha peritaxe medico psicosocial errónea poden ter para as mulleres?

Bloque 6 – Solucións á violencia institucional.

 

  1. Cal pode ser a solución á violencia institucional?

 

 

Entrevista tipo 11 – Profesionais da Oficina de Atención á Vítima do Delito

 

Bloque 1 – Presentación da persoa entrevistada – Consentimento informado de gravación.

Estimada/o participante. Como alumna da Universidade de Vigo estou levando a cabo unha investigación sobre a violencia machista institucional que atravesan as mulleres en situación de violencia machista. A continuación procederemos a realizar unha entrevista que será gravada coa finalidade de recoller os datos con maior precisión para despois analizalos. Toda a información relativa a entrevista ten un carácter CONFIDENCIAL. Por favor, intente que as súas respostas sexan o máis honestas posibles. Durante o desenvolvemento desta entrevista pode evitar contestar as preguntas que vostede considere con total liberdade.

Moitas grazas pola súa colaboración. Por favor, preséntese a nivel profesional

Bloque 2 – Eivas do servizo e especialización profesional.

 

  1. Que é a oficina de atención á vítima?
  2. Que requisitos teñen que presentar as/os profesionais que traballan nesteservizo? Precisan algunha formación específica en xénero?
  3. Que eivas cre que existen neste servizo?
  4. Como cre que se poderían solucionar estas eivas?
  5. En que situación chegan as mulleres que utilizan este servizo?

 

Bloque 3 – Revitimización. Mitos e estereotipos.

 

  1. Que é para vostede a violencia institucional cara as mulleres?
  2. Cre que algunha ou algún das profesionais da OAVD reproduce violencia institucional contra as mulleres? E as/os profesionais do eido xudicial?
  3. Como se produce esta violencia institucional? Pode poñerme exemplos que coñeza desta violencia nas figuras mencionadas anteriormente?

Bloque 5 – Consecuencias da violencia institucional.

 

  1. Cales cre que son as repercusións da violencia institucional poden ter para as mulleres?

 

 

Bloque 4 – Solucións á violencia institucional.

 

Cal pode ser  pode ser a solución á violencia institucional?

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal