Discurso da Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, nas Xornadas polo día Internacional do Pobo Xitano.

08 Abril, 2021 actualidade, Institución, Novas, Novas

A loita contra a discriminación polo orixe racial o étnico, e en particular do pobo xitano, tan arraigada en moitos lugares de España, non ten descanso. Dan boa fe delo os tres mil casos de discriminación antixitana recollidos nos informes anuais da Fundación Secretariado Gitano dende o ano 2004.

 

Un recente caso xudicial corrobora o moito camiño por percorrer. Temos que remontarnos a principios do Seculo XXI para recordar que unha xitana, casada polo rito xitano, solicitou unha pensión de viuvez, e foille denegada xudicialmente e polo Tribunal Constitucional. Aquela muller, coñecida co alcume de “La Nena”, levou o asunto ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, e gañou pola situación consolidada no tempo recoñecida oficialmente (tiña Libro de Familia e asistencia sanitaria). Desafortunadamente, o Tribunal Europeo non se atreveou a dar o paso decisivo, e decir as cousas polo seu nome: tratábase dunha discriminación interseccional, que afectaba a “La Nena” por ser muller e por ser xitana e una discriminación indirecta ao exixiren aos xitanos o sometemento as reglas do matrimonio payo.

 

Por non dar ese paso decisivo, a historia se repite. Outra muller xitana, casada polo rito xitano, volve a reclamar e a recibir a mesma resposta xudicial, e mesmo volve a incidir na negativa o Tribunal Constitucional: non hai discriminación por razón de orixe racial ou étnico, sen nin siquera valorar a interseccionalidade da raza e do sexo na situación da demandante. O Tribunal Constitucional da as costas a cultura do pobo xitano ao non considerar a sua cultura e tradicións de seu e as mulleres xitanas ao non recoñecerlle a prestación de viudedade por estar casadas según as reglas da sua etnia.

 

Cumpre a estas alturas acabar con esta situación. A loita xudicial non rematou. Pero dende aquí o que quero facer é un chamamento aos poderes lexislativos. A falta de recoñecemento oficial do matrimonio xitano é una situación difícil de xustificar de xeito razoable si consideramos os máis de cincocentos anos que o pobo xitano leva asentado no noso país, e compartido a súa riqueza cultural hasta o punto de que a cultura do pobo xitano é unha seña de identidade da cultura de toda España, e de Galicia. E tamén si consideramos que o matrimonio non é, dende o ano 2007, o único camiño para acceder a unha pensión de viuvez. Agora xa vale para as parellas de feito con sometemento a uns requisitos de inscripción. Si antes deste cambio legal, xa abondaban as razón históricas e de non discriminación por raza, etnia e sexo para o recoñocemento do matrimonio xitano, nesta vixente situación normativa non se acaba de ver a razón de por qué os nosos poderes lexislativos non dan un paso máis adiante.

 

É o momento de facer dende esta tribuna un chamamento para o recoñocemento do matrimonio xitano. É unha débeda histórica. E, sobre todo, unha cuestión de dereitos humanos.

 

E hoxe estamos aquí tamén para unha labor de recoñecemento. Nesta ocasión de persoas referentes que fan posible o progreso do pobo xitano, e que falarán a continuación.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal