Con ocasión do grave suceso ocorrido en Carballo nos últimos días no que dúas mozas foron agredidas, esta institución desexa manifestar o seu profundo respecto ao dereito á intimidade das vítimas e rexeita tódalas actuacións dirixidas a atentar contra as persoas pola súa orientación sexual e identidade de xénero. A Constitución recoñece o dereito á non discriminación por razón de calquera condición ou circunstancia persoal ou social, así mesmo a lei 2/2014, do 14 de abril, garante a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero.
The comments are closed.