Rexeitamento da valedora ao artigo da Asociación de Empresarios de Sada por fomentar un entorno intimidatorio e segregador das persoas LGTBI

01 Xuño, 2017 Institución, Novas, Sexualidade, Violencia de xénero

Santiago de Compostela, 1 de xuƱo de 2017. A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, remitiu hoxe un oficio Ć” Asociación de Empresarios de Sada, no que amosa o seu rexeitamento ao artigo de opinión publicado na sĆŗa revista no que, como di, “non se transmite unha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada” das persoas LGTBI.

Con esta comunicación, a valedora reacciona ante a publicación do artigo La homosexualidad es pecado na revista editada por esta entidade. “Unha vez analizado dito contido coincidimos en que se trata de afirmacións que prexudican a dignidade e o respecto das persoas LGTBI”, informa a valedorĆ­a. “Son manifestacións que fomentan un entorno intimidatorio, hostil, degradante, humillante, ofensivo ou segregador” das personas LGTBI, indica Ć” presidencia da Asociación.

Tal e como recolle o oficio, o contido exposto no artigo é contrario ao previsto na Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

A valedora afirma descoƱecer se a publicación recibe axudas pĆŗblicas directa ou indirectamente. “En caso positivo consideramos oportuno que a administración ou administracións que as concedan revisen os criterios ao respecto, de acordo co previsto no CapĆ­tulo IX da lei 2/2014”, indica.

Milagros Otero considera que existen razóns suficientes para concluír que as manifestacións analizadas non resultan adecuadas aos principios constitucionais, en especial ao principio de non discriminación por razón de sexo ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Tampouco encaixan co espírito da normativa autonómica de igualdade de trato e non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais, ca que os termos nos que se producen son rexeitables.

A institución do Valedor do Pobo ten encomendadas funcións de salvagarda dos dereitos das persoas LGTBI pola Lei 2/2014, que faculta Ć” institución como ā€œautoridade independente para velar pola igualdade de trato e non discriminación por razón das causas previstas nesta lei, tanto no sector pĆŗblico como no privadoā€.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIƓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A CoruƱa
TelƩfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal