Reunión da Valedora do Pobo cos representantes da Cátedra de Idadismo da Universidade de Vigo.

07 Setembro, 2022 actualidade, Novas, Novas

A Valedora do Pobo mantivo unha xuntanza cos representantes da Cátedra de Idadismo da Universidade de Vigo que foi creada en abril do presente ano. Na reunión, á que tamén asistíu a Adxunta á Valedora do Pobo,  estiveron a directora da cátedra, Ana Belén F. Souto, Xaime Fandiño,  membro da Comisión, Luis Barros, CEO de Atendo e  Juan Carlos Rodriguez, Presidente de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheímer  e outras demencias de Galicia).

 

Neste encontro comentáronse as actividades que se están a desenvolver por parte de ambas as institucións e a vontade de colaboración para abordar este novo xeito de discriminación.

 

A Valedora lembrou a celebración da xornada “O idadismo, discriminación por mor da idade” no Carballiño en febreiro pasado, referiu o traballo que se está levando a cabo para definir nun documento da institución os dereitos das persoas maiores, e anunciou a celebración dun encontro que terá lugar no mes de novembro con representantes deste sector ao que convidou a participar á Cátedra.

 

 

 

 

 

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal