Acordo da comisión de selección

27 Setembro, 2021 actualidade, bolsas, Novas, Novas

Acordo de 24 de Setembro de 2021 da comisión da selección encargada de instruir o procedemento para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica.

 

Na súa reunión de data 7 de setembro de 2021 a comisión de selección encargada de instruír o procedemento para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica no dito organismo, valorou as solicitudes presentadas polos candidatos e acordou requirir a todos os aspirantes que presentaron a súa solicitude dentro do prazo establecido a documentación precisa para verificar o cumprimento dos requisitos requiridos e os méritos alegados, de conformidade coa base oitava da referida resolución, para o que se lles concedeu un prazo de cinco (5) días hábiles.

Finalizado o referido prazo e logo de examinar a documentación acreditativa dos requisitos e méritos alegados presentada polos aspirantes, a comisión de selección, na súa reunión de data 24 de setembro de 2021,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar na páxina web da Valedora do Pobo a relación definitiva de solicitantes admitidos así como os resultados provisionais da baremación global acadada por cada un dos aspirantes logo de aplicar os criterios de valoración establecidos na base novena da referida resolución.

Segundo. Notificar o referido acordo por correo electrónico aos referidos aspirantes, na que ademais poderán consultar a súa puntuación desglosada en cada apartado do baremo.

Terceiro. Contra o acordo da comisión de selección polo que se publica a relación definitiva de admitidos e os resultados provisionais da baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación por correo electrónico, ao mesmo enderezo electrónico dende o que recibirán a súa puntuación desglosada, para o que se lles concederá un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación na páxina web da Valedora do Pobo.

A aceptación ou o rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta comisión de selección, que se publicará na páxina web da Valedora do Pobo e no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

A prelación provisional das solicitudes é a seguinte, por orde decrecente de puntuación:

ASPIRANTES TOTAL
***7881** 17
***9447** 15
***2217** 14
***9081** 14
***8852** 10
***7822** 9,50
***1086** 9
***7288** 5

 

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal