Resolución da Valedora do Pobo do 11 de febreiro de 2020, polo que se aproban as Normas reguladoras do teletraballo para o persoal ao servizo da Institución coa finalidade de facultar a conciliación.

11 Febreiro, 2020 Novas

 

A implantación da modalidade de teletraballo para o persoal ao servizo da Institución ten como finalidade principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral, e a adaptación ás propias necesidades persoais, que permitirán mellorar a calidade da prestación de servizos, aumentar a motivación e o rendemento do persoal e diminuír o absentismo laboral, ao poder compatibilizar mellor os deberes persoais, familiares e laborais.
Considérase de interese avanzar nas políticas de conciliación persoal, familiar e laboral, regulando o teletraballo e acometer a través das presentes normas a regulamentación desta forma de prestación de servizos, de maneira que sobre a base da súa voluntariedade e reversibilidade, poida acollerse a el o persoal que cumpra determinados requisitos e ocupe postos susceptibles de ser teletrabajables.
De acordo co anterior, tras audiencia do persoal ao servizo da Institución e ,previo coñecemento pola Xunta de Coordinación de data 30 de xaneiro de 2020, A Valedora do Pobo, Dores Fernández Galiño, aproba a implantación na Institución.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal