Publicamos hoxe o traballo fin de Master de Ana Feijoo Rodriguez, denominado A muller no deporte: estereotipos, valores e logros. Un estudo de caso de mulleres deportistas en halterofilia, gañador ex aequo na Segunda Convocatoria dos Premios TFG e TFM

07 Xuño, 2022 actualidade, falamos de feminismo, Novas, Novas

Neste traballo analízase  como os diversos factores psico sociais e estereotipos transmitidos ao longo da historia en torno ao xénero e ao deporte seguen estando presentes e inflúen na práctica deportiva das mulleres. Tradicionalmente, considerábase que algúns deportes eran máis aptos en función do xénero e hoxe en día, aínda que de xeito menos marcado, segue existindo unha barreira invisible que considera uns deportes máis masculinos e outros máis femininos. Este estudo centrouse na influencia destes estereotipos e valores, así como a violencia simbólica nos medios de comunicación en relación cos seus logros e recoñecementos que inflúen no seu desenvolvemento persoal en mulleres que practican halterofilia.

Ligazón TFM Galego

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal