Publicamos hoxe o traballo de Fin de grao, gañador ex-aequo, na segunda convocatoria dos Premios TFG e TFM, da autoría de Sara González Veiga, da USC, titulado “Aínda que custe respirar: estudo do amianto con perspectiva de xénero”

13 Maio, 2022 falamos de feminismo

Publicamos hoxe o traballo de Fin de grao, gañador ex-aequo, na segunda convocatoria dos Premios TFG e TFM, da autoría de Sara González Veiga, da USC, titulado “Aínda que custe respirar: estudo do amianto con perspectiva de xénero”, onde se constata a existencia de discriminación no ámbito da seguridade e saúde no traballo, e deixa de manifesto a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero logo de investigar o caso concreto dos efectos adversos do amianto nas mulleres. Refírese tanto as traballadoras como ás familiares de traballadores afectados. Investiga as circunstancias dun colectivo tan reducido que adoita non ser estudado, ignorando patoloxías eminentemente femininas como o cancro de ovarios que aínda non está entre as enfermidades profesionais causadas polo amianto.

 

Ligazón:

https://www.valedordopobo.gal/wp-content/uploads/2022/05/TFG-SGV-Galego.pdf

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal