PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A VALEDORA DO POBO, DOLORES FERNÁNDEZ GALIÑO, E A FEGAMP PARA O DESENVOLVEMENTO DE INICIATIVAS DE COLABORACIÓN.

24 Abril, 2021 actualidade, Novas, Novas

A valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño e Alberto Varela, presidente da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) asinaron onte un protocolo de colaboración para desenvolver actividades conxuntas coa finalidade de aumentar a calidade dos servizos e atención á cidadanía.

 

O documento contempla accións de formación e difusión entre os concellos respecto ao desenvolvento do exercicio da Valedora do Pobo, incluíndo aspectos das especialidades máis relevantes nos procedementos de supervisión desenvoltos pola defensora cidadá.

 

Entre outras informacións ou actuacións, a Valedora do Pobo ofrecerá resolucións de interese para os concellos, mentres que a Fegamp trasladará á Valedora as memorias ou valoracións que lle poidan axudar no desenvolvemento das súas funcións.

 

Este protocolo é froito da xuntanza o pasado 12 de marzo entre o presidente da Fegamp, Alberto Varela, e a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño no que fóra a primeira aproximación da historia entre as dúas institucións.

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal