PROPOSTA DE RESOLUCIÓN

14 Outubro, 2021 bolsas

Por Resolución do 22 de xullo de 2021 a Valedora do Pobo convoca dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica neste organismo.

Mediante Resolución do 24 de setembro de 2021 faise pública a relación definitiva de solicitantes admitidos e os resultados provisionais da baremación global acadada por cada un dos aspirantes, así como a prelación provisional de solicitudes, por orde decrecente de puntuación, outorgándolles un prazo de tres días hábiles para formular alegacións.

Finalizado dito prazo de reclamación e analizadas as presentadas, de acordo co establecido nas bases oitava e  décima, apartado e), da Resolución do 22 de xullo de 2021, formulo a seguinte

 

PROPOSTA:

Primeiro.- Conceder as dúas bolsas convocadas aos solicitantes que se relacionan no Anexo I, por ter obtido a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 22 de xullo de 2021.

Segundo.- Facer pública a Resolución definitiva de concesión de bolsas e a relación complementaria de suplentes (Anexo II), de conformidade coa base décimo primeira da convocatoria.

Terceiro.- De conformidade coa base décimo segunda da convocatoria, as persoas seleccionadas deberán incorporarse para o desenvolvemento dos labores de formación ao día seguinte da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorridos sete días naturais desde a dita data, a incorporación das persoas seleccionadas non se producise, a bolsa poderase entender rexeitada, salvo causa xustificativa.

Cuarto.- A presente Resolución entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Valedora do Pobo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela.

A Xefa de Servizo de Administración e Persoal

 

Resolución do 4 de outubro de 2021, da Valedora do Pobo, pola que se aproba a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica na institución da Valedora do Pobo, convocadas por Resolución do 22 de xullo de 2021 (DOG núm. 150, do 6 de agosto)

 

Vista a proposta formulada pola Xefa de Servizo de Administración e Persoal para a concesión das bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica na institución da Valedora do Pobo, convocadas por Resolución do 22 de xullo de 2021 (DOG núm. 150, do 6 de agosto)

 

RESOLVO:

Primeiro.- Conceder as dúas bolsas convocadas aos solicitantes que se relacionan no Anexo I, por ter obtido a maior puntuación de conformidade cos criterios de valoración fixados na base novena da Resolución do 22 de xullo de 2021.

Segundo.- Facer pública a Resolución definitiva de concesión de bolsas e a relación complementaria de suplentes (Anexo II), de conformidade coa base décimo primeira da convocatoria.

Terceiro.- De conformidade coa base décimo segunda da convocatoria, as persoas seleccionadas deberán incorporarse para o desenvolvemento dos labores de formación ao día seguinte da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorridos sete días naturais desde a dita data, a incorporación das persoas seleccionadas non se producise, a bolsa poderase entender rexeitada, salvo causa xustificativa.

Cuarto.- A presente Resolución entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Valedora do Pobo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela.

María Dolores Fernández Galiño

Valedora do Pobo

 

 

ANEXO I

ASPIRANTES TOTAL
***7881** 17
***9447** 15

 

 

ANEXO II

ASPIRANTES TOTAL
***2217** 14
***9081** 14
***8852** 10
***7822** 9,50
***1086** 9
***7288** 5

 

 

 

 

 

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal