El ex valedor José Ramón Vázquez Sandes en un acto en la institución en 2010 junto con su sucesor, Benigno López González

Pesar na institución polo pasamento de José Ramón Vázquez Sandes, segundo valedor do pobo de Galicia

11 Outubro, 2016 Institución, Novas

A institución do Valedor do Pobo lamenta, con dor e consternación, a importante perda de José Ramón Vázquez Sandes, o que foi segundo valedor do pobo de Galicia no período 2002-2007.  A actual valedora do pobo xa transmitiu hai uns días o pésame da institución á súa familia e achegados, ante a perda dun bo home que contribuiu de xeito notorio a escoitar e traballar “sen límites” na defensa dos dereitos da cidadanía galega.

José Ramón Vázquez Sandes nacera o 01 de setembro de 1929 en Santa María de Neda (A Coruña). Ingresou na carreira xudicial no ano 1956 e o seu primeiro destino foi no Xulgado de Primeira Instancia de Sepúlveda (Segovia), desenvolvendo a súa función de xuíz nos xulgados de Salas de los Infantes (Burgos) e de Noia. Ascendeu a maxistrado no ano 1970 e foi destinado durante dous anos en Badaxoz, incorporándose despois á Audiencia Provincial de Pontevedra.

En 1985 foi nomeado presidente da Audiencia Provincial de Salamanca, exercendo devandito cargo ata que no ano 1990, foi nomeado Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, posto que pcupou ata a súa xubilación en 1999. Durante os anos 2001 a 2002, exerceu as súas funcións como maxistrado emérito do Tribunal Supremo.

O día 19 de febreiro de 2002 foi nomeado Valedor do Pobo polo Pleno do Parlamento de Galicia, cargo do que tomou posesión o día 1 de marzo dese mesmo ano e que ocupou ata a chegada en xullo de 2007 do seu sucesor, Benigno López González.

Como recoñecemento ao seu labor foi distinguido, entre outros méritos, coa Medalla Castelao, a Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort, a Cruz do Mérito Policial e a Gran Cruz do Mérito Militar.

The comments are closed.


GABINETE DE COMUNICACIÓN

Rúa do Hórreo, 65
15700 Santiago de Compostela
A Coruña
Teléfono [+34] 981 56 97 40
FAX [+34] 981 57 23 35

comunicacion@valedordopobo.gal